Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros

+2

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Do esplendor medieval aos séculos escuros

Slide 2

IDADE MEDIA ALTA IDADE MEDIA s. V – s.XI BAIXA IDADE MEDIA s. XII – s.XV Nacemento das linguas románicas s. VIII-IX Nacemento das literaturas románicas s.XI-XII-XIII

Slide 3

SOCIEDADE FEUDAL O feudalismo presenta unha sociedade moi xerarquizada na que a nobreza señorial e eclesiástica posuía o poder mentres que o pobo debía pagarlles un FORO por cultivar as súas terras. Os artesáns e os comerciantes que vivían nos burgos opúñanse a estes privilexios.

Slide 4

O PODER DA IGREXA Compostela era o centro da cultura cristiá europea, a través do Camiño de Santiago. Peregrinaxes iniciadas a partir do s.IX, pola suposta descoberta do sartego do Apóstolo Santiago en Compostela. Nace así a Rota Xacobea ou Camiño de Santiago, como 1ª vía de comunicación, relación e constitución da Europa cristiá occidental. A nobreza eclesiástica Brasóns das casas nobiliares dos Traba e dos Castro. O Arcebispo Xelmírez inicia a construción da catedral no s.XII. O Mestre Mateo realiza o Pórtico da Gloria. Compónse o Códice Calixtino.

Slide 5

A GALIZA MEDIEVAL (s. V – s. XV) Mapa político do sureste europeo arredor do 600 dc

Slide 6

REINO DE GALIZA Mapa de Galicia a través do tempo (411-1833) 411 Nacemento do primeiro reino cristián da Europa Occidental: O reino suevo da Gallaecia romana. O reino suevo estivo no noroeste peninsular entre 411 e 585. Na imaxe a península ibérica no ano 560.

Slide 7

Crónica Albeldense, manoscrito medieval que é unha crónica histórica que abrangue desde o reino visigodo até o ano 833. REINO DE GALIZA s. IX

Slide 8

Mapa político do noroeste da Península Ibérica no ano 891 (s. IX) REINO DE GALIZA s. IX

Slide 9

Mappamundi do Beato de Burgo de Osma. Ano 1086. Na Península Ibérica apréciase na metade sur o nome "Span" (Hispania), en todo o norte-noroeste o nome "Gallecia" e na súa franxa costeira norte "Asturias". REINO DE GALIZA S. XI

Slide 10

Mapa da disputa territorial por Castela entre os monarcas de Galiza e Navarra, a comezos do século XI. REINO DE GALIZA S. XI

Slide 11

(...)Los que escaparon desta rota fueron a llevar las tristes nuevas al Rey don Alonso, que estava en Toledo;fuele dolorosa y amarga, porque no tenia otro hijo, lloróle como un David a Absalon; y en la lengua que se usaba dixo con dolor, y lagrimas que quebrava el coraçon: Ay meu fillo, Ay meu fillo, alegria de mi coraçon, et lume dos meos ollos, solaz de miña vellez; Ay meu espello, en q me soya ver, et con quen tomava moy gran prazer. Ay meu herdero mayor; Estas palabras dizen que dezia el Rey, y otras tales diria, que la causa del dolor era grande (...) Afonso VI, rei de Galiza e León (Castela aínda non era reino), Chora a morte de seu fillo, en galego porque era a súa lingua, a que se usaba. REINO DE GALIZA

Slide 12

REINO DE GALIZA Afonso Reimúndez (Afonso VII), fillo de dona Urraca e neto de Afonso VI, é coroado rei de Galiza en Compostela, polo conde de Traba e o arcebispo Xelmírez. Como rei de Galiza gobernou Toledo. Cando en 1126 morre súa nai, herda os reinos de León e Castela, afirmando así Gallaecia a súa hexemonía política na Península. En 1135 é coroado Emperador en León, coa participación dos nobres e os bispos galegos. En 1143, Afonso Henriques (Afonso I de Portugal), curmán de Afonso Reimúndez, fillo de dona Tereixa (irmá de dona Urraca) e neto tamén de Afonso VI, proclama a indepenencia do Condado Portucalense, que en 1174 é recoñecido como reino de seu polo papa de Roma. Lingua galega: normalidade e conflito. (Ed. Laiovento, 1997). X. R. Freixeiro Mato Contemplando á luz desta perspectiva histórica a esgrevieza e dignidade de que entón gozaba a lingua galega, fica un, máis que doído, abraiado de que a esa mesma lingua, pervivente ao longo dos séculos, pretenda negárselle hoxe, por algúns moito menos outos varóns, o pan e o sal, e poda ser tida por outros como “pouco fina”. Presencia da lingua galega. (Ed. Do Castro, 1973) Sebastián Martínez-Risco 1111

Slide 13

Mapa político dos reinos do Norte da Península Ibérica. Fins do século XII REINO DE GALIZA S. XII

Slide 14

s. XIII REINO DE GALIZA Miniaturas medievais de Fernando II e Afonso VIII. Derradeiros reis de Galiza e León. Tumbo de Toxosoutos. s.XIII.

Slide 15

Foro do Burgo de Castro Caldelas, privilexio rodado do rei Afonso VIII. Primeiro documento real conservado en lingua galega. Allariz, 1228. s. XIII REINO DE GALIZA

Slide 16

s. XIII REINO DE GALIZA Período Afonsino Afonso X, rei de Castela fillo de Fernando III Afonso III, rei de Portugal, Pai de Don Dinís Afonso X de Castela, Toledo e León. O Rei Sabio

Slide 17

s. XIV As guerras dinásticas pola coroa de Castela (FACTORES SOCIO-POLÍTICOS) levarán o Reino de Galiza á primeira substitución nobiliar REINO DE GALIZA Henrique de Trastamara Pedro I, o Cru

Slide 18

REINO DE GALIZA s. XV A REVOLTA DOS IRMANDIÑOS. A mediados do s. XV, os burgueses e os labradores, levántaronse contra a violencia e os abusos dos señores, derrotando parte das fortalezas e castelos señoriais. Entre 1461 e 1467 os irmandiños queimáron arredor de 130 castelos. Os nobres, desposuídos dos seus castelos buscaron refuxio en Castela. Atopárono na raíña Isabel I reorganizáronse, derrotaron aos Irmandiños e recuperaron as súas posesións.

Slide 19

A revolta dos Irmandiños Castelo de Sandiás, destruído polos irmandiños no 1467. REINO DE GALIZA s. XV

Slide 20

REINO DE GALIZA s. XV Xoana a Beltranexa Isabel, a Católica Nova guerra dinástica pola coroa de Castela. FACTORES SOCIOPO-LÍTICOS levarán o Reino de Galiza á segunda substitución nobiliar. Finalizada, Galiza ficará sometida a Castela. Ao ganar Isabel a Católica, suprimiu o reino de Galiza, o seu dereito a voto nas cortes e implantou un novo sistema administrativo. A partir desa época, só se imprimiron escritos en castelan e en latín, o galego quedou reducido a un ámbito coloquial, apartado do ensino, só se mantivo como lingua oral. Galego: Lingua do pobo

Slide 21

REINO DE GALIZA s. XV Resistencia dos nobres galegos ós Reis Católicos Artigo principal: Doma y castración del Reino de Galicia. “En aquel tiempo se comenzó a domar aquella tierra de Galicia, porque no sólo los señores y caballeros della pero todas las gentes de aquella nación eran unos contra otros muy arriscados y guerreros (cronista aragonés, Jerónimo de Zurita)

Slide 22

Lingua de reis O GALEGO NA IDADE MEDIA Lingua do pobo Séculos IX-XV 700 anos de Normalidade lingüística Galego: idioma para a educación dos reis Galego: lingua lírica de poetas non galegos Sociedade galega medieval: monolingüe en galego

Slide 23

O GALEGO NA IDADE MEDIA Do monolingüismo á substitución lingüística s.IX – s.XI Galego: lingua oral Galiza: monolingüe en galego s.XII – s.XV s.XII Galego: lingua oral e lingua escrita (Primeiros textos literarios: 1196) s.XIII Galego: lingua literaria da PI (Inicio da castelanización do poder: Fernando VII e Afonso X) s.XIV s.XV Galego: comeza a súa decadencia. Galiza: sen corte e sen chancelería. Morte do Conde de Barcelos en1350. Fin da escola trobadoreca gal-port. Galego: lingua do pobo. Castelán: lingua do poder. Galiza: sometida á coroa de Castela.

Slide 24

SÉCULOS ESCUROS XVI-XVII Mapa dos reinos e territorios gobernados polos Reis Católicos arredor do ano 1500. A dúas cores os reinos que foron sometidos no seu mandato: Galicia, Navarra e Granada.

Slide 25

Mapa cartográfico do Reino de Galiza. s.XVI. Feito por Ioannes Baptista Vrints. S. XVI

Slide 26

Portada da obra "Descripción de la costa del reyno de Galizia", cartografía da costa do reino, realizada por Pedro de Teixeira Albernas arredor de 1625 De mîn a triste Frouseyra, que por treyçon foy vendida, derribada na ribeyra, ca jamais se veo vencida. Por treyçon tamben vindido Jesus nosso redentor, e por aqueestes tredores, Pero Pardo meu señor. Pranto da Frouseira, século XV-XVI. Anónimo s.XVI s.XVII

Slide 27

Mapa do reino de Galiza elaborado por Gérard Mercator e Jodocus Hondius, cun detalle do mesmo no que aínda se situaba a Ponferrada como entrada do reino. 1619. O reino de Galiza …borrado da Historia. S.XVII

Slide 28

Desprezo dos galegos na literatura castelá dos Séculos de Ouro (XVI-XVII) O pobo galego foi obxecto dun proceso secular de desprestixio etno-cultural por parte da cultura rival de Castela. O poder cultural tratou de asoballar a cultura e a lingua galegas porque éstas cuestionaban coa súa existencia a unidade da patria. A lingua castelá tiña o privilexio do control ideolóxico e social na Coroa de Castela. Numerosos exemplos nos proporcionan os escritores casteláns, principalmente do Século de Ouro español, para demostrar a proceso de desprestixio dos galegos e das galegas, e da súa cultura minorizada... Xabier Lago Mestre, presidente da Asociación Fala Ceibe do Bierzo

Slide 29

Desprezo dos galegos na literatura castelá dos Séculos de Ouro (XVI_XVII) "Gallegos. Gente non sancta. Esto el vulgo que los nobles es de lo mejor de España". Lope de Vega Galicia, nunca fértil de poetas mas si de casas nobles ilustres capitanes y letrados Hay gallega, rolliza como un nabo entre puerca y mujer, que baja al río y lava más gualdrapas que un esclavo cantando como un carro en el estío". Porque han de ser los criados (salvo en todo los gallegos) obedientes como ciegos, y, como mudos, callados Quevedo Con un cuerto de turrón y con agua y con gragea, goza un Píramo barata Cualquier Tisbe Gallega (…) (Clara referencia ás criadas galegas, das cales os satíricos ríanse delas por sucias e estúpidas) Corita en cogote, y Gallega en ancas; Gran mujer de pullas para los que pasan (…) Novo exemplo da burla pola fealdade das galegas. Quixote de Avellaneda "No le faltará una moza gallega que le quite los zapatos, que aunque tiene las tetas grandes, es ya cerrada de años, y como vuesa merced no cierre la bolsa, no haya miedo que cierre los brazos".

Slide 30

FONTES Material das presentacións feitas polo alumnado de 3º ESO PDC, durante o curso 2008-09, no CPI Viaño Pequeno de Trazo. -Manuel Parente, -Motserrat Rodríguez, -Noelia Mosquera, -Vanesa Louzán, -Verónica Añón. 2. Material das presentacións de Román Landín e Mosteiro García, aloxadas no “slideshare”. 3. Lingua galega: normalidade e conflito. X. R. Freixeiro Mato. (Laiovento, 97). 4. Páxina web “wikipedia” (“galipedia”). 5. Artigos da prensa cotiá. 6. Libro de apoio (Consorcio Editorial) ACTIVIDADES - Exercicios 1, 2, 3 e 4 da páxina 54 do Libro de apoio.

Tags: galego idade media reino de galiza séculos escuros

URL:
More by this User
Most Viewed