Rosalía de Castro

+9

No comments posted yet

Comments

Slide 1

ROSALÍA DE CASTRO Tema 8

Slide 2

Uso da presentación Para a aplicación deste material será precisa unha aula cunha pantalla, un canón conectado a un portátil e conexión a internet. Ademais do que contén a presentación, pódese ampliar a información do tema a través de hiperenlaces, unhas veces ligados a páxinas web, outras a medios sonoros ou mesmo audiovisuais e outras simplemente aos anexos da propia presentación. Para todos eses enlaces aparecerá sempre a mesma simboloxía: unha cor chamativa nunha palabra ou conxunto de palabras remite a un enlace cunha páxina web que aporta información sobre ese termo. O símbolo dunha cámara de vídeo remite a un medio audiovisual propio ou da rede. O símbolo dun altofalante remite a un arquivo sonoro, ben propio ben tirado da rede. O símbolo dun libro antigo remite a textos. Canti-gas de amigo Sofia Rama

Slide 3

ROSALÍA DE CASTRO Rosalía de Castro (1837-1885) é a figura máis importante e universal da Literatura Galega. Porén, despois da súa morte teceuse conscientemente unha imaxe distorsionada da nosa escritora: unha “santiña”, unha “chorona”, unha coitada aldeá non moi culta que escribía porque lle mandaba ou lle ditaba o home, M. Murguía. Unha imitadora de Bécquer, unha romántica rezagada, unha autora inconsciente do papel que xogaba e da importancia das súas obras, unha espontánea versificadora sen coñecementos de arte poética … Ou como resumiu Unamuno: “una pobre aldeana gallega metida a poeta”…Menos mal que houbo outros que souberon ante que e ante quen se atopa-ban. Como Enrique Díaz Canedo: “cuando todos cantaban, ella se atrevía a hablar”… A realidade fala de todo o contrario, dunha muller culta, con criterios propios e contestata-ria; consciente de ser muller, de ser galega e de ser escritora e querer vivir da súa profesión.

Slide 4

Muller

Slide 5

Galega

Slide 6

Galega

Slide 7

Galega

Slide 8

Escritora

Slide 9

Os falsos tópicos Rosalía foi considerada , e segue a selo, na historiografía da literatura española, como unha romántica rezagada . Pero… …na súa obra hai unha identificación coa realidade e unha denuncia das condicións de vida dos máis débiles. Rosalía non foxe! …na súa obra hai unha visión do pobo como colectividade, hai unha defensa do social, do comunitario, da solidariedade. Rosalía non vive nunha torre de marfil! …na súa obra non hai finximento, porén é unha poeta e, como afirmaba Pessoa, O poeta é un fingidor. Finge tao completamente que chega a fingir que é dor a dor que deveras sente. Non romántica 2. Rosalía foi considerada unha pobre aldeá sen cultura, que chegou a onde chegou polo grande talento do seu home, M. Murguía. Pero… …os intelectuais da época escribían a Murguía para lle pedir consello a Rosalía. …os duros ataques que recibiu foron por querer ser muller, galega e escritora, non por ser a muller de. (Si tu marido es un hombre de talento)… Ya nada de lo que escribes es tuyo. Tu marido es el que escribe y tú la que firmas. A musa dos pobos Que vin pasar eu, Comesta dos lobos, Comesta se veu… CURROS ENRÍQUEZ …como puro poeta romántico (piénsese en un Heine o en un G. A. Bécquer, tan emparentados con nuestra genial compostelana) siempre dispuesta al definitivo adiós, … CAMILO JOSÉ CELA

Slide 10

A súa obra

Slide 11

Cantares Gallegos (1863) LÍRICA POPULAR E TRADICIONAL LIBRO DE LOS CANTARES. ANTONIO TRUEBA (1852) PRÓLOGO : Captatio benevolentia Intencións 36 POEMAS 1. Reivindicar a validez do noso idioma para todo tipo de poesía 2. Denunciar a explotación e o desprezo que sofren os labregos, as mulleres e os emigrantes galegos. 3. Combater a negativa imaxe que se tiña de Galiza.

Slide 12

Cantares Gallegos (1863) PRÓLOGO. Introdución: Unha rapaza é invitada a cantar. Has de cantar, meniña gaiteira… CORPO POÉTICO Aparecen outras voces no poema: o eu-poético trasunto de Rosalía e a voz doutras personaxes de extracción social popular e galega. FOLCLÓRICA. Poemas costumistas. Refliten a idiosincrasia do pobo galego. 2. SOCIAL. Poemas de denuncia social: contra a emigración… Refliten a ideoloxía galeguista. 3. INTIMISTA. Poemas introspectivos, de saudade e de soidade. Anticipan os poemas de Follas Novas. EPÍLOGO. Despedida: A moza declara ter cum- prida a súa misión. Eu cantar, cantar, cantei… A protagonista do poemario, que fala desde o inicio, é unha rapaza que simboliza o pobo de Galiza.

Slide 13

Cantares Gallegos. A emigración PESSOA: minha pátria, minha língua! CANTARES GALLEGOS FOLLAS NOVAS. AS VIÚVAS… FLAVIO

Slide 14

Cantares Gallegos. A soidade Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades, e das entrañas me doio. Dóiome de dor ferida, que antes tiña vida enteira i hoxe teño media vida. Sólo media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron… De pena me consumiron. Cantar popular glosa

Slide 15

Follas Novas (1880) SIMANCAS, 1868-1870 Publícase o mesmo ano que Aires da miña terra de Curros e Saudades gallegas de Lamas Carvajal PRÓLOGO : Dúas palabras da autora Arte poética Intencións 137 POEMAS Obra persoal e filosófica. Só algúns poemas continúan a liña de Cantares… Concebido no “desterro”. Ton pesimista 1. Vaguedás 4. Da terra 3. Varia 2. Do íntimo! 5. As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos. Orixinalidade métrica, con moldes inusuais e cunha rima asonante que exemplifica o paso do XIX ao XX (Vangardas). Galiza deixa de ser a protagonista, aparece só en ocasións, porén mantense como pano de fondo.

Slide 16

Follas Novas (1880) 1. Vaguedás 4. Da terra 3. Varia 2. Do íntimo! 5. As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos. POESÍA SUBXECTIVA (INTIMISTA) MESTURA POESÍA OBXECTIVA (SOCIAL)

Slide 17

Follas Novas. A poesía social

Slide 18

Follas Novas. A poesía social

Slide 19

Follas Novas. A poesía intimista ¡

Slide 20

Follas Novas. A poesía intimista ¡

Slide 21

Follas Novas. A relixiosidade ¡ Estranxeira na súa patria Na xa vella varanda entapizada de hedras e de lirios foise a sentar calada e tristemente frente do tempro antigo. Interminable precesión de mortos, uns en corpo nomais, outros no esprito, veu pouco a pouco aparecer na altura do direito camiño que monótono e branco relumbraba, tal como un lenzo nun herbal tendido. Contemprou cal pasaban e pasaban collendo hacia o infinito, sin que ó fixarse nela os ollos apagados e afundidos deran siñal nin moestra de habela nalgún tempo conocido.

Slide 22

Follas Novas. A sombra e as sombras ¡

Slide 23

Follas Novas. O sentido da escrita ¡

Slide 24

A súa pegada…

Slide 25

A súa pegada…

Slide 26

A súa pegada…

Slide 27

A súa pegada…

Slide 28

Actividades... 1. Despois de ler o artigo co que se inicia a páxina adicada a Rosalía de Castro no blogue Literatura Galega, intenta responder ás seguintes preguntas: Por que a historiografía española marxinou e marxina deliberadamente a Rosalía? Por que interesou colocala sempre á beira de Bécquer, como aprendiz súa, formando parte dun Romanticismo tardío? 2. Busca información sobre Emilia Pardo Bazán e trata de esplicar por que sendo unha muller, como Rosalía, escritora e culta, do séc. XIX, denosta a súa obra, agás o pintoresquismo de Cantares Gallegos? 3. A medida que vas lendo os Cantares…, anota as impresións que che van causando (frases breves, mesmo incoherentes, versos soltos, paráfrases do texto rosaliano… todo vale!). Ao acabar a lectura da obra, crea un CANTAR dosCANTARES, imitando a forma e a estrutura escollida por Rosalía para as composicións desta obra e tamén recorrendo aos temas que a autora aborda nela. Podes ler a obra na Biblioteca Virtual Galega. 4. Parafrasea cada un dos poemas de Follas Novas, que aparecen na Selección de textos. Detente especialmente nos que traten o tema do amor. Compáraos cos de Cantares… e tenta explicar como concibe o amor Rosalía de Castro. Pode axudarte a información deste blogue http://acasademerlin.blogspot.com/search/label/Rosal%C3%ADa.%20O%20amor 5. Escoita aversión que NAO fixo do poema A xustiza pola man. Despois, elabora un comentario literario do poema. Pode servirche este modelo http://personales.jet.es/a-rede/comentariosgal/silenzo.html . webquest

Slide 29

Tarefa: SON MULLER, E QUE? Ao longo dos temas sobre a Historia da Literatura Galega anterior ao séc.XX, vistos até agora, só mencionamos a catro mulleres: a soldadeira María Balteira, na Idade Media; a condese de Altamira e Francisca de Isla, na Ilustración e agora, no Rexurdimento, a Rosalía de Castro, acompañada tamén no período finisecular por Francisca Herrera Garrido. Só catro mulleres para chegar á xenialidade de Rosalía!? Só ela se atreveu a saír do papel asignado por unha sociedade tradicionalmente machista? Ningunha outra ousou escribir? Ningunha se atreveu a usar o galego con dignidade? Non houbo máis mulleres na Historia? U-las? Ou será que a Historia foi escrita só polos homes e só para os homes? Parece evidente que mulleres, habelas, houboas! O que haberá que facer é buscalas até atopalas…

Slide 30

Tarefa: SON MULLER, E QUE? Esta tarefa é para realizar no grupo-aula. Todo o alumnado debe implicarse no reparto do labor e cada un debe asumir as súas responsabilidades. O labor máis entretido é a busca de información. O máis aburrido, a selección da información.O máis difícil a conversión desa información en coñecemento, ao crear algo novo, redactando unha NOVA HISTORIA DA LITERATURA GALEGA. O labor máis divertido, o deseño e a elaboración artística do produto final nunha presentación (tamén pode recollerse todo nun documento de texto). A tarefa consiste en elaborar, unha historia da literatura galega, mais na que só aparezan mulleres. Non se trata de analizar a presenza das mulleres ao carón dos homes, como elementos subsidarios. Na nosa Historia non haberá homes, só mulleres como únicas protagonistas, como o foi Rosalía no seu momento (e aínda hoxe) sen que ningún home lle poida facer sombra.

Slide 31

Tarefa: SON MULLER, E QUE? Os pasos a seguir serán: Buscar información sobre as mulleres das que falamos (as páxinas que se indican son unha pequena suxerencia, mais na rede será máis difícil atopalas que en vellos libros e enciclopedias varias): María Balteira http://www.culturagalega.org/album/docs/Carmen%20Blanco.pdf http://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Balteira Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira http://gl.wikipedia.org/wiki/Isabel_Castro_e_Andrade Francisca de Isla (non atopei información na rede) http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mar%C3%ADa_Francisca_de_Isla_e_Losada&action=edit&redlink=1 Rosalía de Castro (a información recollida nesta presentación e no blogue permite acceder a toda a información que desexes) Francisca Herrera Garrido http://gl.wikipedia.org/wiki/Francisca_Herrera_Garrido

Slide 32

Tarefa: SON MULLER, E QUE? 2. Buscar máis mulleres a través dos seguintes sitios: As mulleres na Historia http://culturagalega.org/album/docs/linatempo.pdf Album de mulleres http://www.culturagalega.org/album/ Índice de mulleres http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=116 As letras das mulleres http://www.culturagalega.org/album/detalle_especial.php?id=166 Páxina web de intelectuais españolas ( a ver se aparece algunha galega?) http://pcwww.liv.ac.uk/~chomik/2home_GAL.html 3. Ollar as seguintes reportaxes: Historia de ser muller (1) http://youtu.be/oPgetuRj77A Historia de ser muller (2) http://youtu.be/Jzd7anObQoQ Historia de ser muller (3) http://youtu.be/z5g0w00G7WI 4. Consultar a seguinte presentación : http://www.slideshare.net/trafegandoronseis/muller-na-lite2 5. Ler e escoitar o poema de Rosalía Tecín soia a miña tea http://sondepoetas.blogspot.com/2008/05/tecn-soia-mia-tea.html

Slide 33

Tarefa: SON MULLER, E QUE? 5. Completar a información: Descubrindo que as mulleres temos dereitos: Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá http://gl.wikipedia.org/wiki/Declaraci%C3%B3n_dos_Dereitos_da_Muller_e_da_Cidad%C3%A1 Texto cos artigos da Declaración… http://gl.wikisource.org/wiki/Declaraci%C3%B3n_dos_Dereitos_da_Muller_e_da_Cidad%C3%A1 Botándolles unha ollada aos seguintes documentos: Artigo xornalístico: De como ser muller e non morrer no intento http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=266&seccion=13# Artigo xornalístico: O papel da muller galega na nosa Alta Idade Media http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=729&seccion=13 Artigo ensaístico: O personaxe feminino na novela do século XX http://www.letrasgalegas.org/servlet/SirveObras/p2/04709485479303095207857/p0000001.htm

Slide 34

FONTES Información xeral: GALIPEDIA (Só se recolle a primeira entrada á galipedia) BVG PÁXINA WEB MONOGRÁFICA (Rosalía de Castro) CULTURAGALEGA.ORG. (Álbum de mulleres) GALICIA ESPALLADA A CASA DE MERLIN NA PUNTA DA LINGUA AULA DE LITERATURA GALNARCISO Obras,Textos: BVG RAG PORTAL GALEGO DA LÍNGUA WIKISOURCE POEMAS DE ROSALÍA SON DE POETAS PÁXINA WEB MONOGRÁFICA (OBRA COMPLETA EN ESPAÑOL E EN GALEGO) CERVANTES VIRTUAL Imaxes: GOOGLE Enlaces comprobados o 13/07/2011 Sofia Rama Vídeos: Lingua de reis, lingua do pobo Castellanos de Castilla Rosalía 21, Abe Rábade (contra os falsos tópicos) Rosalía fai autoestop (Air Galicia) Castellanos de Castilla por Mofa e Befa Adiós ríos, adiós fontes Airiños airiños aires Campanas de Bastavales Negra sombra Presentacións: XENEVRA VARIAS PRESENTACIÓNS EN SLIDESHARE Actividades: ENIGMAS. A CASA DE MERLIN CAMPANAS DE BASTAVALES O TEMA DO AMOR EN ROSALÍA WEBQUEST

Slide 35

IMAXES IMAXES RECOLLIDAS ENTRE O 04/072011 E O 10/07/2011. CLICANDO SOBRE ELAS LEVARANNOS AO SEU LUGAR DE PROCEENCIA.

Slide 36

BIBLIOGRAFÍA Literatura Galega. Aportacións a una Historia crítica. Anxo Tarrío Varela, ed. Xerais. Vigo, 1994. Manual e escolma do Rexurdimento. Román Raña, ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela 1995. Lecturas de nós. Introdución á Literatura Galega. Ramón Gutiérrez Izquierdo, ed. Xerais. Vigo, 2000. Literatura Galega Contemporánea (problemas de método e interpretación). Francisco Rodríguez, ed. Do Cumio. Pontevedra, 1990 Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro. Francisco Rodríguez, ed. AS_PG, 1988 Literatura Galega Contemporánea. Ricardo Carvalho Calero, ed. Galaxia, 1981 Literatura Galega da Idade Media ao século XIX. Elvira Roiz Mesías e Manuel Rei Romeu, ed. A Nosa Terra. 2002 Presencia de Rosalía. (VVAA). Patronato Rosalía de Castro, ed. Artes Gráficas Galicia, 1975 Follas Novas. Rosalía de Castro. Edición de Henrique Monteagudo e Dolores Vilavedra. Ed. Galaxia, 1993 Lingua e Literatura 1 - Bacharelato, VVAA, ed. Xerais. Vigo, 2005 Lingua e Literatura 1 – Bacharelato, VVAA, Consorcio editorial Galego. Vigo, 2008. Lingua Galega e Literatura. Bacharelato. A Literatura, VVAA, ed. Galaxia. Vigo, 2001. Lingua Galega e Literatura 1º Bacharelato. VVAA, ed. Obradoiro Santillana. Sofia Rama

Slide 37

ANEXOS

Slide 38

O Romanticismo de Bécquer O enigma de Rosalía Mentres os demais cantaban, Rosalía xa falaba!

Slide 39

Por esto, inda achándome debil de forzas, e n´habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna, e que foran recolldos polo meu corazón como harencia propia, atrevinme a escribir estos cantares (...) Sin gramáticas nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarán os oídos dun purista, pro ó menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo. Prólogo de CANTARES GALLEGOS, ROSALÍA DE CASTRO - 1863

Slide 40

Gardados estaban, ben podo decir que para sempre, estes versos, e xustamente condenados po-la sua propia índole á eterna olvidanza, cando, non sin verdadeira pena, vellos compromisos obrigáronme á untalos de presa e correndo, ordenalos e dalos á estampa. N'era esto, en verdade, o qu'eu queria, mais n'houbo outro remedio; tuben que conformarme c'o duro d'as circunstancias que asi o fieron. —Vayan en boa hora, lles dien estonces, estes probes enendros d'a miña tristura; vaya antr'os vivos ó que a é po-la sua propia natureza, cousa d'un-ha morta ben morta!—E fóronse, sin qu'eu sepa pra que, nin me faga falla ô sabelo.     Mais de dez anos pasaron —tempo casi-que fabuloso á usgar po-la presa con que hoe se vive—desque á mayor parte d'estos versos foron escritos, sin que as contrariedades d'a miña vida desasosegada, e un-ha saude decote endebre, me permitise apousar n'eles os meus cansados ollos y o meu fatigado esprito. Ô leelos de novo, vin ben craro, como era incompreto e probe este meu traballo poetico, canto Ile faltaba pra ser algo que valla, e non un libro mais, sin outro merito que á perene melancolía que o envolve, e que alguns terán, non sin razon, como fatigosa e monotona. Mais as cousas teñen de ser com'as fan as circunstancias, e s'eu non puden nunca fuir âs miñas tristezas, os meus versos menos. Escritos n'o deserto de Castilla, pensados e sentidos n'as soidades d'a natureza e d'o meu corazon, fillos cativos d'as horas de enfermedade e d'ausencias, refrean quisais con demasiada sinceridade, o estado d'o meu esprito un-has veces, outras á miña natural disposicion (que n' en valde son muller) á sentir como propias as penas alleas.

Tags: galego literatura rexurdimento rosalía de castro

URL:
More by this User
Most Viewed