|
|
A LITERATURA NO SÉCULO XIX. PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO Tema 7
Uso da presentación Para a aplicación deste material será precisa unha aula cunha pantalla, un canón conectado a un portátil e conexión a internet. Ademais do que contén a presentación, pódese ampliar a información do tema a través de hiperenlaces, unhas veces ligados a páxinas web, outras a medios sonoros ou mesmo audiovisuais e outras simplemente aos anexos da propia presentación. Para todos eses enlaces aparecerá sempre a mesma simboloxía: unha cor chamativa nunha palabra ou conxunto de palabras remite a un enlace cunha páxina web que aporta información sobre ese termo. O símbolo dunha cámara de vídeo remite a un medio audiovisual propio ou da rede. O símbolo dun altofalante remite a un arquivo sonoro, ben propio ben tirado da rede. O símbolo dun libro antigo remite a textos. Canti-gas de amigo Sofia Rama
O SÉCULO XIX No século XIX e nos comezos do séc. XX desenvólvese un movemento de recuperación da lingua, da literatura e da cultura galegas que permite a consolidación dun sistema literario galego autónomo. Resulta admirable o labor dos nosos escritores e escritoras do Rexurdimento, que comezan a utilizar como lingua literaria un idioma desprezado pola cultura oficial e relegado a lingua rural e familiar. A utilización do galego é reflexo dunha actitude de compromiso, o que explica a abundante temática comprometida da literatura galega contemporánea. No século XIX a literatura galega corre paralela á orixe e ao desenvol-vemento da ideoloxía galeguista. Primeiro provincialista, para os precursores; despois rexionalista, para os autores do Rexurdi-mento pleno; máis tarde nacionalista para os creadores do grupo Nós.
Condicionanates históricos 1. A pegada da Ilustración 5. O impacto do Romanticismo na primeira metade do séc. XIX 7. A chegada do Realismo a partir de 1850 2. A loita contra a invasión napoleónica 3. A retirada do título de Reino a Galiza e a división do territorio en catro provincias dependentes directamente de Madrid (1833) 6. O nacemento do Galeguismo: O Provincialismo e os Mártires pola Liberdade, en Carral, en 1846. 4. As miserables condicións de vida nas que se atopaba o pobo galego, condenado á emigración para sobrevivir. A marxinación de Galiza e da súa lingua por parte dos poderes centrais. MAMASUNCIÓN, CHANO PIÑEIRO. 1984
A SOCIEDADE O caciquismo O traballo das mulleres na fábrica de tabacos de A Coruña As conserveiras O século XIX (sociedade) Na Galiza do XIX, o 80% da poboación era esencialmente rural e atopábase dispersa polo territorio. Os campesiños non eran donos das terras que traballaban e estaban suxeitos , ademais de ás rendas forais, a moitos outros impostos: laudemio, rateos, apeos, décimos para a Igrexa e trabucos para o Estado. A pesar da desamortización de Mendizábal, en Galiza a estrutura feudal do Antigo Réxime mantívose inalterada, allea ao novo sistema económico capitalista baseado na industrialización, aquí case non existía e estaba en mans da burguesía comercial foránea. A produción agraria era destinada ao autoabastecimento dos labregos e á vida disipada dos señores da terra. As vías de comunicación estaban defasadas e o ferrocarril tardaría en chegar. A terceira parte da poboación galega emprendeu o éxodo cara a América. Sen terra Sen pan Sen liberdade Cheos de impostos EMIGRACIÓN
O ROMANTICISMO Reacción contra o racionalismo ilustrado. Ansias de liberdade e defensa do individualismo. Berce dos nacionalismos iden-titarios. As nacionalidades euro-peas (as modernas nacións-es-tado) xorden desta defensa ro-mántica do patriótico, así como as reclamacións de indepen-dencia dos países colonizados. Orixe alemá, estendido a Fran-cia Gran Bretaña e resto de Eu-ropa e aos EEUU, na primeira metade do séc. XIX. Movemento do gusto burgués pola súa defensa do individuo e a súa exaltación do sentimento fronte á razón. As súas pegadas chegan até o Surrealismo, pasando polo Mo-dernismo. Da Revolución Francesa naceu a Declaración dos De-reitos do Home e do Cidadán (1789), dela o Dereito a Autodeterminación dos Pobos e a moderna Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948). Sen elas e sen a defensa da cultura tradicional, do folclore, das lendas e mitos de cada pobo, do pasado lendario… abrazados polo Romanticismo, non se terían producido as revolucións románticas do XIX, nin tería eclosionado o Galeguismo, nin o inicio do rexurdir cultural de Galiza coa poesía romántica prerrosaliá. Porén o Rexurdimento pleno non está baixo o signo do Romanticismo, senón do Realismo.
O GALEGUISMO O nacemento da conciencia reivindicativa xorde do panorama desolador no que se atopaba a Galiza decimonónica: Atraso económico Inhumana situación do labrego Emigración como única alternativa Escaseza de vías de comunicación Caciquismo Illamento físico, político, económico, social e cultural. + GALEGO + A lingua será a bandeira destas reivindicacións, como vehículo das mesmas e como causa reivindicada. Os sucesos de 1846 vistos por Xaquín Marín
O GALEGUISMO O Galeguismo é o movemento ideolóxico no que callará esa conciencia reivindicativa nacida no seo dunha sociedade farta de vivir na marxinación. Trátase dun movemento social, político e cultural que pretende que Galiza e o pobo galego recuperen a súa identidade e fagan patente a súa personalidade. A lingua galega convértese no símbolo máis representativo do movemento. Sitúase o seu nacemento no ano 1846, cando se produce o Levantamento de Solís ligado ás reivindicacións do poeta romántico Antolín Faraldo. Os sucesos de 1846 vistos por Xaquín Marín
O GALEGUISMO. O Provincialismo (1833/40-1868) En 1833, a rexente Mª Cristina, retíralle o título de Reino a Galiza e divide o territorio en catro provincias dependentes directamente de Madrid. En 1846, o comandante Solís levántase contra o ministro Narváez e as súas medidas económicas. O levantamento triunfa en Galiza ao unírense xentes de toda condición, estudantes e intelectuais como Antolín Faraldo que reivindica Galicia como unidade política por riba da división en catro provincias. Acababa de nacer o Galeguismo co nome de Provincialismo. O movemento foi sufocado. Solís tivo que retirarse na Batalla de Cacheiras e loitar polas rúas de Compostela. Apresado el e once dos seus homes, son fusilados en Carral, sen xuízo, o 26 de Abril de 1846. Dez anos despois serían nomedos “beneméritos da patria” e en 1904 novos galeguistas erixirán un monumento aos Mártires pola Liberdade.
LABOR CULTURAL DOS PROVINCIALISTAS: Defensa da cultura e da lingua de Galiza. Creación de sociedades culturais (Academia Literaria e Artística de Santiago, 1840). Difusión da prensa interesada no rexurdir de Galiza (El Iris de Galicia, El Idólatra de Galicia, La Situación de Galicia, La Aurora de Galicia. FARO DE VIGO). Creación das bases do estudo da Historia de Galiza, atribuíndolle unha personalidade propia (Verea Aguiar, Benito Viceto). Inicio dos estudos gramaticais e léxicos sobre a lingua galega (Francisco Mirás, Saco e Arce). Publícanse os primeiros dicionarios (Fco. Xavier Rodríguez, Xoán Cuveiro Piñol, Marcial Valladares). Desenvolvemento dunha produción musical para difundir as composicións poéticas galegas (Xoán Montes, Pascual Veiga, Xosé Castro “Chané”). Creación literaria en galego. O GALEGUISMO. O Provincialismo (1833/40-1868) 8. O Banquete de Conxo. 1856 (dez anos despois de Carral…)
O GALEGUISMO. O Rexionalismo (1886-1906/1916) Tras o esmorecemento da primeira xeración de galeguistas e antes de iniciarse o Rexionalismo, o Galeguismo pasou por unha segunda etapa carente de repercu-sións socioculturais: o Federalismo. Este movemento propugnaba as ideas republi-canas , perseguía a mobilización das clases medias e reclamaban a creación dun estado federal en España, mesmo redactaron un Proxecto de Constitución para o Estado Galaico. Concibe Galiza como unha rexión coas súas peculiaridades culturais. Reclamaba maior descentralización administrativa e autonomía política. Dividiuse en dous sectores: o tradicionalista, liderado por Alfredo Brañas, e o liberal-progresista, liderado por Manuel Murguía. Na última década do séc. XIX entrou en crise. Recuperouse nos inicios do séc. XX e esmoreceu entre os movementos agraristas até dar paso en 1916, co nacemento das Irmandades da Fala, á terceira etapa do Galeguismo: o nacionalismo.
A Literatura anterior a 1833 PRERREXURDIMENTO As circunstancias históricas condi-cionaron o silencio da Literatura Galega no fin da Idade Media e, cando rexurdiu no século XIX, a nosa literatura volveu nacer con dúas características que a condi-cionaron desde o comezo: 1. A carencia de tradición literaria escrita: os nosos escritores deci-monónicos descoñecían o lega-do medieval. 2. A significación ideolóxica: trá-tase dunha literatura de resisten-cia. Ademais os primeiros textos do XIX volven estar fortemente condiciona-dos polas circunstancias históricas. A pegada napoleónica ao pé do Ulla Fusilamentos do 2 de Maio. Goya.
A Literatura anterior a 1833 LITERATURA DE CIRCUNSTANCIAS PRERREXURDIMENTO ESCRITOS CONTRA A INVASIÓN FRANCESA. A guerra da independencia provocou a aparición de textos propa-gandísticos antifranceses, escritos en galego para facilitar a súa comprensión. ESCRITOS DE PROPAGANDA IDEOLÓXICA. Na pugna entre absolu-tistas e liberais, estes últimos servíron-se de escritos en galego para difundir as súas ideas e combater a ignorancia do pobo. Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento. Anónimo, 1808. Proezas de Galicia. X. Fdez. de Neira, 1810. Os rogos dun gallego establecido en Londres. M. Pardo de Andrade, 1813. O tío Farruco. P. Boado Sánchez, 1823. Tertulia de Picaños. 1836. AS PANXOLIÑAS DE NADAL. Nas catedrais de Santiago e Mondoñedo continuouse con esta tradición até os primeiros anos do séc. XX.
NICOMEDES PASTOR DÍAZ. Foi o primeiro escritor en usar o galego na poesía moderna con finalidade estética e intención artística. Foi un recoñecido poeta romántico en español. En galego adianta os tres temas fundamentais do séc. XIX: A paisaxe Os personaxes populares A saudade da Terra. A Literatura anterior a 1833 PRIMEIROS TEXTOS DE VALOR LITERARIO PRERREXURDIMENTO Alborada ANTONIO BENITO FANDIÑO. As súas ideas liberais levárono ao cárcere, mais iso non o fixo calar e escribiu poemas satíricos e populares. Mais na súa obra fundamental, escrita no cárcere de Santiago en 1812, creou á Celestina galega. A casamenteira Égloga de Belmiro e Benigno
A Literatura a partir de 1833 O REXURDIMENTO Períodos Os Precursores O Rexurdimento pleno O período finisecular X.M. Pintos Francisco Añón Outros: Alberto Camino, Vicente Turnes… Marcial Valladares Rosalía de Castro Eduardo Pondal Curros Enríquez López Ferreiro Outros: Aurelio Ribalta, Manuel Leiras Pulpeiro, Francisca Herrera Garrido… Lugrís Freire Galo Salinas Álvarez Nóvoa (1833-1863) (1863-1888) (1888-1916*) V. Lamas Carvajal Fco. Mª de la Iglesia Autores que simpatizaron e/ou pariciparon no Provincialismo e publicaron en galego antes de 1963. Etapa en que coinciden as publica-cións dos tres grandes autores: Rosalía, Pondal e Curros. Etapa de decliva dos temas trata-dos polos mestres. Mais nesta eta-pa xorden as primeiras mostras narrativas e teatrais.
A Literatura a partir de 1833 O REXURDIMENTO OS PRECURSORES (1833-1863) XOÁN MANUEL PINTOS (1811-1876) A GAITA GALLEGA (1853) A OBRA: Mestura de prosa, verso, diálogos, vocabularios… Escrita en galego, latín e español. Función didáctica e finalidade ideolóxica: Defensa da lingua e crítica á castelanización Necesidade dunha norma culta e denuncia da diglosia Estrutura dialogada entre o gaiteiro (galego, alterego do autor) e o tamborileiro (castelán que viaxa a Galiza porque soubo que esta acolle e trata mellor aos estranxeiros que aos propios fillos). Importancia: “pedra e alicerce do noso Rexurdi-mento”, segundo R. Cabanillas. Xoán Manuel Pintos, vinculado á xurisprudencia por estudos e profesión, practicou o xornalismo e mostrou fonda preocupación polo idioma galego. A obra pola que figura nun lugar destacado da nosa Historia literaria levaba o longo título de A gaita gallega, tocada po lo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis.
A Literatura a partir de 1833 O REXURDIMENTO OS PRECURSORES (1833-1863) FRANCISCO AÑÓN A GALICIA (Xogos florais,1861) Francisco Añón entrou de cheo no Provincialis-mo ao participar na revolución galega de 1846, polo que tivo que exiliarse a Portugal. A súa obra poética é variada e dispersa, recompilada despois da súa morte. O seu poema A Galicia resultou gañador no célebre certame dos Xogos Florais de A Coruña, en 1861, preludio do inicio do Rexurdi-mento pleno. Añón é sobre todo coñecido por ter-se convertido en personaxe da obra máis polémi-ca do século XIX, O divino saninete de Curros E. A OBRA: Escribiu en galego, castelán e portugués. Compón poesías de circunstancias, humorís-ticas e satíricas. Pero tamén costumistas. Os máis importantes son os destinados a Galiza: A denuncia da situación de Galiza Os recordos da infancia A vivencia da paisaxe A esperanza no progreso do futuro
A Literatura a partir de 1833 O REXURDIMENTO PLENO (1863-1888) Rosalía de Castro Eduardo Pondal Curros Enríquez Os tres grandes protagonistas deste período reci-ben unha maior atención nunha presentación individualizada para cada un deles e con páxina propia no blogue Literatura Galega. Clicando sobre a imaxe de cada un, accédese a eses recursos.
A Literatura a partir de 1833 O REXURDIMENTO O PERÍODO FINISECULAR (1888-1916*) MARCIAL VALLADARES (1821-1903) MAXINA OU A FILLA ESPÚREA (1880) Marcial Valladares publica Majina ou a filla espú-rea, por entregas, na revista La Ilustración Gallega y Asturiana, que dirixía Manuel Murguía. É a primeira novela publicada en galego, en 1880. A alta calida-de da poesía dos tres mestres ensombreceu o labor duns prosistas que tiveron o mérito de saltar por enriba do máis irrazonable dos prexuízos lingüís-ticos: a crenza de que o galego, sendo poético por natureza, nunca serviría para facer novela ou discur-so científico. A OBRA: Heteroxénea: realista, costumista, con fondo ro-mántico folletinesco, elementos moralizantes… Ambientación variada: rural e urbana, mundo galego e foráneo (Madrid) Lingua galega para as clases populares e cas-telá para a aristocracia. Riqueza léxica e fraseolóxica da época, con va-riados rexistros. PROSA LITERARIA. NOVELA.
A Literatura a partir de 1833 O REXURDIMENTO O PERÍODO FINISECULAR (1888-1916*) ANTONIO LÓPEZ FERREIRO (1837-1910) A TECEDEIRA DE BONAVAL (1894) Antonio López Ferreiro foi un coengo compostelán grande estudoso da Historia de Galiza e o novelista máis destacado do séc. XIX. A súas novelas retratan épocas históricas do pasado galego: A tecedeira de Bonaval (1894), ambientada no séc. XVI O castelo de Pambre (1894), céntrase nas consecuencias da guerra sucesoria que cambiou o curso da nosa Historia no séc. XIV. O niño de pombas (1905) , recrea a época do arcebispo Xelmírez, no séc. XII. A OBRA: Narrativa histórica de tradición romántica Numerosas descricións Abundantes datos históricos (fragmentos de documnetos medievais) Galego arcaico Ideoloxía tradicionalista e católica. PROSA LITERARIA. NOVELA.
A Literatura a partir de 1833 O REXURDIMENTO O PERÍODO FINISECULAR (1888-1916*) PROSA LITERARIA. RELATO./ XORNALISMO LAMAS CARVAJAL (1849-1906) GALLEGADA (1887) O TÍO MARCOS DA PORTELA (1876-1889) O CATECISMO DO LABREGO (1889) Valentín Lamas Carvajal foi o pai de tres grandes creacións decimonónicas: o relato galego (Galle-gada, 1887), a prensa galega (O Tío Marcos da Portela,1876-1889) e a subversión con fins didác-ticos dun texto relixioso (O Catecismo do labrego, 1889). Ademais de ser un seguidor da escola rosa-liana e publicar libros de poemas como Saudades Gallegas (1880) ou A musa das aldeas (1890). A OBRA: O único texto coñecido e memorizado polo pobo era o catecismo do Padre Astete. Lamas adopta o seu molde e verque nel a denuncia da precaria situación do campesiñado. De aí o éxito do Catecismo do labrego. O pobo era analfabeto e só falaba galego. La-mas escolleu o galego e unha linguaxe popular para tratar temas cotiáns e próximos ao mundo rural que lle permiten chegar ao seu destinatario: o paisano galego, a través de O Tío Marcos… Na cabeceira do periódico figuraba o seguinte verso: “Os mandamentos do Marcos fora da eirexa son seis: facer a todos xustiza, non casarse con ninguén, falar o galego enxebre, cumprir co que manda a lei, loitar polo noso adianto con entusiasmo e con fe, vestir calzóns e monteira”.
A Literatura a partir de 1833 O REXURDIMENTO O PERÍODO FINISECULAR (1888-1916*) ÁLVAREZ DE NÓVOA (1873-1836) PÉ DAS BURGAS (1895) PROSA LITERARIA. RELATO Francisco Álvarez de Nóva é un escritor innovador e atrevido: introduce por primeira vez na literatura galega ambientes burgueses; lonxe do realismo costumista, predomina neles o formalismo e a estética neo-romántica. A OBRA: Abandono do costumismo e do patriotismo rexionalista. Temática universal e moderna Tráxicas escenas mariñeiras Evocacións da infancia Lembranzas melancólicas Historias de amores fanados
A Literatura a partir de 1833 O REXURDIMENTO O PERÍODO FINISECULAR (1888-1916*) TEATRO FRANCISCO DE LA IGLESIA (1827-1897) A FONTE DO XURAMENTO (1882) Francisco de la Iglesia foi o autor da obra A fonte do xuramento, tradicionalmente considerada a ini-ciadora do teatro galego. Mais hai que lembrar que está suficientemente constatada a existencia dun teatro popular desde épocas ben lonxanas, ademais do Entremés famoso… do séc. XVIII e de varias obras que hoxe se sabe que foron publicadas con anterioridade. Con esta obra iníciase o teatro culto galego. As razóns da súa inexistencia son coñecidas: Regulamentacións que censuraban os textos e prohibían o uso de idiomas distintos ao castelán. Actitude hostil dos receptores de obras de teatro (clases altas) cara a lingua galega. Carencia de compañías teatrais profesionais galegas. A partir da estrea desta obra, os rexionalistas crea-rán a Escola Rexional de Declamación e asentarán as bases do teatro galego contemporáneo.
Manuel Lugrís Freire representa o teatro social e anticaciquil fronte ao teatro costumista e sentimental de Francisco de la Iglesia. Neste sentido Lugrís céntrase : Na denuncia da situación do campesiñado galego Na protesta contra a emigración (a súa obra A costureira da aldea estréase na Habana, 1885). Na crítica das actitudes dos representantes dos estamentos oficiais. Na loita anticaciquil, recollida nos seus dramas A ponte (1903) e Minia (1904). No anticlericalismo, que destaca na súa obra Mareiras (1904) A Literatura a partir de 1833 O REXURDIMENTO O PERÍODO FINISECULAR (1888-1916*) MANUEL LUGRÍS FREIRE (1863-1940) A PONTE (1903) TEATRO
A Literatura a partir de 1833 O REXURDIMENTO O PERÍODO FINISECULAR (1888-1916*) MANUEL MURGUÍA (1833-1823) HISTORIA DE GALICIA (1911) EL REGIONALISMO GALLEGO (1889) ENSAIO Manuel Murguía coa súa obra Los precursores (1886) marcará o inicio do Rexionalismo e tres anos despois desenvolverá a súa teoría rexionalista progresista, fronte á tradicionalista de Alfredo Brañas. Defenderá: A definición nacional de Galiza baseada nunha historia propia, cuxas orixes el remonta aos celtas, e á pervivencia dunha lingua e dunha cultura propias. Para fundamentar isto elaborou a súa Historia de Galicia (1911) O idioma como bandeira de todas as reivindica-cións (aínda que só o utilizou no discurso dos Xo-gos Florais de Tui, 1891). A descentralización do estado e un reparto de competencias entre o poder central e a “rexión”. En 1891 nace o primeiro partido político de ámbito exclusivamente galego: Asociación Regionalista Gallega, que Murguía presidirá. Foi un dos funda-dores da RAG (1906) e o seu primeiro presidente.
Obxectivos e actuacións dos autores do Rexurdimento Mudar a consideración negativa que existía na sociedade respecto ao galego. Ampliar os ámbitos de uso do galego. Estudar, depurar e perfeccionar a lingua, en busca dunha norma culta. Recuperar o pasado histórico recén descoberto. Erradicar os males da política caciquil. Reivindicar a singularidade de Galiza como un pobo que ostenta todos os requisitos esixíbeis a unha nación: lingua e cultura propias, territorio ben definido, conciencia colectiva. PRESTIXIAR A LINGUA TESES CELTISTAS RECUPERACIÓN DOS XÉNEROS LITERARIOS CREACIÓN DA RAG CREACIÓN DO PRIMEIRO PARTIDO POLÍTICO DE ÁMBITO GALEGO (ARG)
A situación da lingua O REXURDIMENTO SOCIOLINGÜÍSTICA Durante o século XIX, o proceso de castelanización idiomática de Galiza, avanzou a un ritmo vertixinoso, debido a novos factores sociais: Xorden os medios de comunicación escritos. Esténdense as escolas de educación primaria. Refórzase a administración centralizadora do Estado. Instálanse en Galiza moitos burgueses vidos de fóra. Os emigrantes do rural galego emigran a países de fala hispana. Medran enormemente os prexuízos nacidos nos Séculos Escuros. EN CASTELÁN! EN CASTELÁN! EN CASTELÁN! EN CASTELÁN! GALEGO=POBREZA GALEGO=MISERIA GALEGO=ATRASO GALEGO=MARXINALIDADE EN CASTELÁN! QUEN É O CULPÁBEL DO ATRASO DE GALIZA??????????? A ATRASADA, INCULTA E MONTUNA LINGUA GALEGA
Actividades... 1. O movemento galeguista foi iniciativa dun grupo de individuos de clase media (pequena burguesía e algún fidalgo) cultos e sensibles aos males do país, mais absolutamente incomprendidos polo pobo e polas clases poderosas. Tiveron que loitar contra os obstáculos do poder e contra a oposición interna (Emilia Pardo Bazán) e externa (Juan Valera). Ante esta situación hostil é máis doado comprender as contradicións nas que caen moitos deles, especialente Murguía. Cales foron esas contradicións? Que opinas ao respecto? Por que os grandes autores do XIX só utilizaron o galego para a poesía? Cal era a situación da lingua nesa altura? Acadou o Galeguismo os seus obxectivos? As actitudes lingüísticas asentadas no séc. XIX perduran hoxe? Cal é a situación actual? 2. Elabora un comentario literario do poema de X. M. Pintos Ou Galicia, boi de palla 3. Busca no poema de Añón os temas recorrentes na su poesía. 4. Por que o Catecismo do labrego tivo tanto éxito na súa época, mentres o teatro non apareceu até a década dos 80? 5. De onde tirou Lavas Carvajal o nome do tío Marcos da Portela?
Tarefa: EM GALEGO! Os autores do séc. XIX esfórzanse en defender a lingua galega, en prestixiala e dignificala. Mais todos eles mostran unha grande preocupación por careceren de “gramáticas nin regras de ningunha clas”, como afirma Rosalía de Castro no prólogo aos seus Cantares Gallegos (1863). En case todos os prólogos da´s obras dos autores decimonónicos podemos atopar esta preocupación. A razón está no decoñecemento da Literatura Medieval por parte de moitos, mais tamén na carencia dunha norma culta. A solución que escolleron case todos foi a ortografía etimológica , como afirma Francisco de la Iglesia, na súa “Advertencia” introdutoria á súa obra dramática en dous actos, A fonte do xuramento (1882) Sofia Rama
Tarefa: EM GALEGO! A tarefa consiste en elaborar un pequeno manual do REINTEGRACIONISMO(de información básica e consumo rápido) . Para iso deberás seguir estes pasos: Buscar información sobre a “ortografia etimológica”. http://gl.wikipedia.org/wiki/Ortograf%C3%ADa#Ortograf.C3.ADa_fon.C3.A9tica_e_ortograf.C3.ADa_etimol.C3.B3xica Expor exemplos dos textos do séc. XIX que testemuñen a existencia dunhas grafías galegas distintas ás de hoxe. Revisar as grafías dos textos medievais, das cantigas en busca de exemplos semellantes. Buscar textos portugueses onde aparezan esas grafías. http://pt.wikipedia.org/wiki/Portugal Buscar información sobre o Reintegracionismo ou Lusismo (definición, orixe, historia, actualidade…) http://www.agal-gz.org/corporativo/ Explicar o porqué da nosa normativa ortográfica actual. http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego Expor a túa opinión sobre cal debería ser a normativa do galego. Creado o teu documento (manual) recollendo estes contidos (brevemente) e engadindo imaxes adecuadas, deberás publicalo servíndote de ISSU, http://issuu.com/ Sofia Rama
FONTES Información xeral: GALIPEDIA. (dos enlaces á Galipedia só se recolle o 1º) GALEGO.ORG SXPL. O SÉCULO XIX CULTURA DE GALICIA BLOGUE AULA DE LITERATURA VELLO VIEIROS Xaquín Marín PROVINCIALISMO Levantamento de Solís. Antolín Faraldo Batalla de Cacheiras Autores: A. BRAÑAS M. MURGUÍA NICOMEDES PASTOR DÍAZ A. BIEITO FANDIÑO MURGUÍA. MANUEL LUGRÍS CULTURAGALEGA.ORG RAG Autores, obras,Textos: BVG CIRP PRAZA DAS LETRAS RAG AGAL Presentacións: MOSTEIRO DESCOÑECIDO/A 1 DESCOÑECIDO/A 2 Enlaces comprobados o 09/07/2011 Sofia Rama Vídeos: O século XIX (sociedade) Loita contra a invasión napoleónica A emigración / Mamasunción Os mártires de Carral O caciquismo O traballo das mulleres A industria conserveira A emoción da terra (música romántica gal) O banquete de Conxo Actividades: XANOCEBREIRO Hoxe: Artigo sobre a obra de Pintos. Bicentenario de Pintos 150 anos dos Xogos Florais de 1861 Os Valladares, un dos clans con máis avoengo O cancioneiro de Valladares. 600 anos de Historia Antonio López Ferreiro O niño de pombas Pé das Burgas, relados do vello Ourense 125 anos de teatro galego Revista Murguía Xogos Florais de Tui , 1891 Galiza nazón de Breogán 1 Galiza nazón de Breogán 2 Galiza nazón de Breogán 3
IMAXES IMAXES RECOLLIDAS ENTRE O 04/072011 E O 10/07/2011. CLICANDO SOBRE ELAS LEVARANNOS AO SEU LUGAR DE PROCEENCIA.
BIBLIOGRAFÍA Literatura Galega. Aportacións a una Historia crítica. Anxo Tarrío Varela, ed. Xerais. Vigo, 1994. Manual e escolma do Rexurdimento. Román Raña, ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela 1995. Lecturas de nós. Introdución á Literatura Galega. Ramón Gutiérrez Izquierdo, ed. Xerais. Vigo, 2000. Literatura Galega da Idade Media ao século XIX. Elvira Roiz Mesías e Manuel Rei Romeu, ed. A Nosa Terra. 2002 Lingua e Literatura 1 - Bacharelato, VVAA, ed. Xerais. Vigo, 2005 Lingua e Literatura 1 – Bacharelato, VVAA, Consorcio editorial Galego. Vigo, 2008. Lingua Galega e Literatura. Bacharelato. A Literatura, VVAA, ed. Galaxia. Vigo, 2001. Lingua Galega e Literatura 1º Bacharelato. VVAA, ed. Obradoiro Santillana. Sofia Rama
ANEXOS
A GAITA GALLEGA tocada polo gaiteiro, ou sea CARTA DE CRISTUS para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega,e aínda máis. ADVERTENCIA Os que pensan que gentes mal escrito1 está con g, poñamos por enxempro; ou digan que taberna, pan e carne son termos castellanos non gallegos; aqueles que sentenzan que jamais1 non é da nosa terra puro termo; os que dicen que o o de foliada debe ser u fundándose no vento; ós que fan máis reparos e murmuran das letras e palabras en secreto, suplícolles e rógolles que agarden e queiran dar vagar e tempo ó tempo. Inicio de A Gaita Gallega, de X. M. Pintos (1853)
Óu Galicia, Galicia boi de palla Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro! O aguillon que che menten è de aceiro E con el muita forza te asoballa. No lombo teu zorrega, bate e malla Fasta o máis monicreque ferrancheiro, E calesquer podenco forasteiro Te vafa, de vergonza sin migalla! Agarima alleeira eses ingratos Ou vívoras que postas ò teu peito Co ferrete che rompen mil buratos! Si o sangre teu refugas do teu leito, Malas novas, madrasta de insensatos, Dos fillos teus ò amor non tès dereito. Fragmento de A Gaita Gallega, de X. M. Pintos (1853)
Ay esperta, adorada Galicia, D'ese sono en q'estás debruzada; D'o teu rico porvir a alborada Po-l'o Ceo enxergándose vay. Xa cantando os teus fillos te chaman, E c'os brazos en cruz se espreguizan... Malpocados! O q'eles cobizan É un bico d'os labios d'a Nay. D'ese chan venturoso arrincado Pol'a man d'o meu negro destino, Hastra mesmo soñando maxino Eses campos risoños cruzar. E correr po-l'as hortas e prados, Onde leda pasou miña infancia, Respirando a suave fragancia De xasmin, caravel, azahar. (…) Inicio de A Galicia, de Francisco Añón (1853)
Otilia ergueus'estonces d'o tabolete en qu'estaba, e paseando po-l-o cuarto queijábase, retorcíase e apuábas'hasta de cand'en cando n'os ombreiros de sua nai. Animaba-a esta docemente e paseaba as veces tamen co-ela, mentras non veu o café, que serviron Adria e Inés: á primeira traguendo o líquido n'unha pequecha taza blanca de porcelana c'o seu correspondente plato, a segunda, tirando d'unha lacena outro plato con azucre e unha culler de bujo moi fregada. Caitan quedouse n'a cociña. Tomando o café a enferma, non por eso deijaba de suspirar e retorcerse, siquera algo disimulase. Inés miraba-a e remiraba: gustáball'a sua lindura e chocáballe, por outro lado, aquelo de non querer deitarse. Continuou mirando-a, ourservando-a de riba a baijo, coma s'estudiase n'ela pr'asegurarse d'o que queria decir, e vovendose logo a nai, dijo con solermeiría: — Anqu'o que o sabe n'o dí, aventuro, e n'hei de perder, qu'o mal d'a señorita e o que tiven eu hai dous meses. ¿Veu ahí n'a cociña un meniño que durmindo esta n'o berce? Pois neno, ou nena, vai a ser o qu'a sua señorita nos pouse aqui esta noite, Dios mediante. ¡En verdá que cedo empeza! ¡Tan noviña e ja casada! ¡No por eso!... Otilia ruborizous'o punto; Adria clavou os ollos n'a señora; mais Inés sigueu dicindo: — Comprendo agora o seu repuno a cama. ¡Qué milagre, meu-caravel! N'estes lances naide a quere porqu'o primeiro e parir; pro facer hei de facerlla, pra que dempois descanse; faremoslla as duas, doña Adra -dirigindos'a esta-, qu'así quedará millor. - Hable V. bajo, mi buena Inés -interrumpeu a nai d'Otilia-, no sea que la oiga alguien. - ¿Quen nos ha d'oir, señora -replicou Inés, sonrindo, e como dona d'a sua casa, dominando ja a situacion-, se soilos aquí vivimos o meu Caitan e eu? Quéijese, señorita, canto queira -dirigindos'á Otilia-; ánimo e fora medo qu'o meu home a ajudará. Elle carpinteiro, señorita, e cando ll'está de chola, maña e pacencia tenlle. Fragmento do inicio de MAJINA …
Otilia, sua nai e Adria non puderon ménos de sonrir tamen, o oi-l-o chiste d'Inés que, chamando imediatamente po-l-o home, díjoll'así que o veu: — Acordate, meu Caitan, d'hai dous meses e está t'hoj'o lado d'esa señorita, com'o lado meu estivech'estonces. Caitan baijou a testa e arrimouse con respeto á unha esquina d'o bufete. Inés volveu a decir á Otilia: — Señorita, fora medo; apúese sin recelo n'o meu home; eu soilo á él lle fun encargo e así nada o colle de novo: a cobardía n'estes casos, non ll'e boa; o qu'importa e sair ben e canto antes d'o apuro. — Eso únicamente es lo que importa —añadeu Adria—. Aproveche V., pues, todos los momentos favorables, ya que el Sr. Cayetano viene en su ayuda; nada de vergüenza. El Sr. Cayetano es un casado, su esposa está presente y los demás somos tambien mujeres. ¿No es su mamá misma de las que aquí estamos con V.? Otilia tiña vengonza, grande vergonza, emporeso ardia e non fumeaba; bulian n'a sua cabeza pensamentos qu'o corazon ll'anegrian, lidaba con moitas cousas, pasaba á un tempo por moitos lances e n'o seu angelical lánguido rosto sólo a nai e Adria podian ver o qu'a infelis sufria. Pro a delor non repara cand'o apreta, e a sua era tan intensa, tan complicada e viva que, cedendo ó cabo, estirou os brazos e encolgouse case n'o pescozo de Caitan. Ajudaban'a este con azelmosas falas, n'o que podia; paseaban d'o brazo, paraban, volvia á encolgas'Otilia e así estuveron com'unha hora, e n'o intre, sua nai rezando, pedindo á Dios por éla; Adria e Inés facendo, primero á cama, dempois unha larga faja con tiras de panos que rachou aquela, e fora, cantando as cotovías alá n'os montes; n'as eiras os labradores qu'o seu milliño esbrugaban. O fin, preto d'as oito, unha escorreita nena saeu á lús. Marcial Valladares (1880)
(...) Pero, pol-a miña parte, protesto que estou prestes a adoutar e siguir ao pe da letra as regras que d' algun modo oficial se poñan e establezan. Agora fáltame dicir algo sobre o acento, ou seya o tono e infleusion da voz conque falamos os gallegos. Moito se nos apopea e desprecia aos gallegos; poI-o noso acento, sin facérense de cargo os que nos critican, que tamen eles neste punto teñen bastante que rascar. É certo co noso acento (e agora non falo dos defeutos na pernunciacion) é algo froxo, e, si se quer, arrastrado, e que, pol-o consiguente, forma un vivo contraste co dos castellanos, que é seco e súpeto como un estalo (1); pero non ten as afeutaciones e os finxementos dos d' outros sitios. Recórdese a propósito desto, o que dice Cervantes da Gitanilla, que falaba ceceoso, non porque esto nas xitanas fose naturaleza, pois era artificio. Pero como nos Madriles, que é a corte, se da a pauta pra o gusto, e aló impera o artificio e non o que é naturaleza, de aqui é que fagan bulra e mofa do acento gallego, e, en cambio, dean as laudes e poñan nas nubes a outros mais viciosos e defeutuosos. Non é de estrañar, pol-o tanto, que o nosso dioma, aquel dioma a quen en outro tempo tanto respetaron e apreciaron D. Afonso o Sabio, o Arcebispo de Toledo D. Gonzalo de Palomeque, o Marqués de Santillana, e outros insines literatos, teña que retirarse agora avergonzado, e esconderse, e, a portas cerradas, para que naide o vexa, atender aas suas cousas. E sin embargo, desta fala tan aldraxada, hoxe vense craros refrexos n-aquela obra inmortal que é o representante mais xenuino e lexítimo da literatura española. Prólogo de A tecedeira de Bonaval . Antonio López Ferreiro (1894)
UN CONSELLO A eso das duas da tarde de un bretemoso dia de Decembre do ano 1543, baixaba pol-o Picho da Cerca, en Santiago, unha vella como de unhos 60 anos, ben limpa e arrombadiña para artesana, segun paricia poI-o seu porte. O seu andar era pausado ainda mais do que pedian os anos, e revelaba unha persona fraca e achacosa. E ainda non era esto soilo para a probe vella, sinon que paricia que iba moy moito preocupada por algunha triste ideya. Asi foy camiñando hastra a Porta da Mámoa, entrou na cidá, tomou pol-o canton da Rua Nova e parouse diante de unha casa do Outeiral, frente aa grande dos Ulloas. Sentouse nun poyal que habia a porta, como para tomar folgo e recollerse en si cos seus pensamentos, e logo preguntou a un dos mozos que entraban e saian si estaba o siñor Rodrigo de Bendaña, e pideulle que lle dixese que estaba ali Catalina, a teceláa de Bonaval, que lle queria unha palabriña. De ahí a un bóo pouco saeu o mozo correndo, e sin querer mirar para ela, díxolle:—Que subades. Sin necesidá de mais introdutor, subeu Catalina, que xa ben conocia a casa, e meteuse nunha espaciosa cámara escasamente alumeada por duas ou tres ventáas, non grandes ainda contando ca engadiga do mainel. Nun dos rincoos da sala, ao pee de unha ventáa e detrás de un ancho bufete, hachábase sentado nun sillon de baqueta, un siñor regordete, vestido de chupa e xubon, cerrado éste por unha larga e espesa fileira de miúdos botons de ambra en forma de abeláa. O qual asi que se adoitou de que entraba a teceláa, levantou a cabeza, pois estaba escribindo. —Ola Catalina —díxolle— qué milagre por aquí ¿ou vesme a trager a tea? —Boas tardes nos de Dios, siñor Rodrigo. Primeiro capítulo de A tecedeira de Bonaval
Inicio do Catecismo do Labrego, de Lamas Carvajal (1876…)
Inicio do Catecismo do Labrego, de Lamas Carvajal (1876…)
ADEVERTENCIA.— An que son partidario d'a Ortografía etimológica, á falicidade con que se confundían n-os ensayos os encargados de representar este drama, obrigáronm'a empregar a x en geral n-os casos en que debía escribir con g ou j. Sr. Presidente d'o Liceu Brigantiño: A letura d'o scomenzo d'o noso Regramento, que, ó dar razón d'a índole d'a sociedade á quen debe servir de pauta a describe d'esta maneira: «Un ente moral con vida própea; verdadeiro centro de recreyo é d'ilustrazón, creando intereses e inspirando afeutos de hirmandade entre viciños; que faga renacere un purísemo amor ás venerandas tradiciôs d'a madre pátria, d'a nosa amada Galicia, rindindo o xusto e debido homenaxe, ou sexa xuramento de fidelidade ás cencias, ás artes, ó comercio é á industria, inxemprando n-os seus afiliados incrinación e gusto hácia o bello, útil e ameno, que nos ofrecen os incesantes adiantamentos e perfeizós d'o noso sigro:» O têr eu persentes todas estas consideraciós d'os seus erguidos intentos dinos d'o millor respeto por todos cantos de bôs gallegos se prezan ; déum'alento d'abondo para escribir A Fonte d'o Xuramento, primeiro ensayo dramáteco d'os costumes d'as nosas Mariñas, sin rivás en fermosura; homilde traballo que hoxe teño eu a yalta honore en poder adicar á primeira Sociedade que, adiquirindo inmortal renome n-os fastos d'a gallega literatura, soupo erguer a sua garrida e docísima Musa ó dourado scano d'o palco escénico, onde con tantos adiantos campéa á língua de Castilla. Prólogo de A fonte do xuramento de Fco. de la Iglesia (1882)
...nos hallaríamos con que el gallego es padre y origen del portugués , y este tiene vida propia y tan lozana como el castellano, una vez que si puede perderse y olvidarse en la porción dl territorio en el cual ondea la bandera lusitana, todavía le queda un refugio en el basto imperio del Brasil. Padre dichoso, el gallego revive en sus hijos. No morirá pues... Estudiémosle y conozcámosle y así le amaremos; usémosle como lengua literaria y así sabremos cuanto vale y decuanto es capaz. La ilustración gallega y asturiana, M. MURGUÍA ,1879 Las lenguas son las verdaderas banderas nacionales: llevan sus propios colores (...) la nuestra refleja nuestra vida intelectual y afectiva; se ha criado en nuestras entrañas, es a un tiempo nuestra madre y nuestra hija: diez siglos pusieron en ella cuanto nos pertenece. El estudio y renovación de las lenguas no oficiales es una de las obras más patrióticas e interesantes que puedan emprender los pueblos con habla propia. Discurso inaugural do Certame Literario e Artístico de Pontevedra, M. MURGUÍA , 1886 O gallego, que é o que nos da dereito a enteira posesión da terra en que fomos nados, que nos di que pois somos un povo distinto debemos selo (...) Nel (...) háchanse os principais elementos da nosa nacionalidade, de novo negada e ainda mais, escarnecida. Discurso dos XOGOS FLORAIS DE TUI, M. MURGUÍA – 1891 Fragmentos de textos e/ou discursos de M. Murguía
Por esto, inda achándome debil de forzas, e n´habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna, e que foran recolldos polo meu corazón como harencia propia, atrevinme a escribir estos cantares (...) Sin gramáticas nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarán os oídos dun purista, pro ó menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo. Prólogo de CANTARES GALLEGOS, ROSALÍA DE CASTRO - 1863 Prólogo de Cantares Gallegos, Rosalía de Castro, 1863
El idioma de una nación es su alma, su carácter ..., es el espejo donde más al vivo y con más fidelidad se reflejan su índole y tendencias, sus gustos y costumbres. Despreciar su idioma, es despreciarse a sí mismo... El Heraldo Gallego, SACO Y ARCE - 1888 Saco y Arce (autor dunha Gramática Gallega) nun artigo en El Heraldo Gallego, 1888
El Regionalismo, que profesa el dogma de las dos patrias, es decir, de la patria común española y de la regional, admite como necesarios, armónicos y mutuamente complementarios dos lenguajes: el común y el regional. El lenguaje interregional o común será el castellano por ser entendido y hablado generalmente en todas las regiones. El lenguaje regional gallego será de uso potestativo entre los naturales de nuestra región, tanto en la esfera oficial y pública como en la privada, y obligatorio en las Escuelas primarias en concurrencia con el castellano. Bases Generales del Regionalismo, ALFREDO BRAÑAS - 1889 Bases del Regionalismo gallego. Alfredo Brañas, 1889
Los maestros y maestras de instrucción primaria que enseñasen a sus discípulos la doctrina cristiana u otra cualquier materia en un idioma o dialecto que no sea la lengua castellana, serán castigados por primera vez con amonestación por parte del Inspector Provincial de Primera Enseñanza, quien dará cuenta del hecho al ministro del ramo, y si reincidiesen, después de haber sufrido una amonestación , serán apartados del Magisterio Oficial, perdiendo cuantos derechos les reconoce la ley. REAL DECRETO DE 1902 Real decreto de 1902
| URL: |
No comments posted yet
Comments