A prosa medieval

+2

No comments posted yet

Comments

Slide 1

A PROSA MEDIEVAL Tema 5 (parte II)

Slide 2

Uso da presentación Para a aplicación deste material será precisa unha aula cunha pantalla, un canón conectado a un portátil e conexión a internet. Ademais do que contén a presentación, pódese ampliar a información do tema a través de hiperenlaces, unhas veces ligados a páxinas web, outras a medios sonoros ou mesmo audiovisuais e outras simplemente aos anexos da propia presentación. Para todos eses enlaces aparecerá sempre a mesma simboloxía: unha cor chamativa nunha palabra ou conxunto de palabras remite a un enlace cunha páxina web que aporta información sobre ese termo. O símbolo dunha cámara de vídeo remite a un medio audiovisual propio ou da rede. O símbolo dun altofalante remite a un arquivo sonoro, ben propio ben tirado da rede. O símbolo dun libro antigo remite a textos. Canti-gas de amigo Sofia Rama

Slide 3

A PROSA MEDIEVAL A poesía dos Cancioneiros medievais galegos constitúe un fito na historia da lírica europea pola súa orixinalidade, calidade e abundancia de composicións. Fronte a esta poesía, a prosa medieval galega tivo menor cultivo e relevancia debido a determinados condicionamentos históricos. Aínda así, posuímos mostras de enorme interese do que puido ter dado de si a prosa galega, no suposto de seguir un desenvolvemento parello ao das súas irmás románicas. Non faltaron nobres galegos interesados en ler relatos na propia lingua e por iso existen recreacións interesantes de textos escritos inicialmente noutras linguas (latín, castelán, francés…). O feito de estarmos diante de traducións e refundicións desde outras linguas é un factor que distrae a atención dos estudosos sobre este aspecto da nosa historia literaria. Pero debemos ter en conta que “traducir” na Idade Media non posúe o mesmo valor que na actualidade. Pois esas versións gozan de enorme liberdade respecto aos modelos nos que se basean , son auténticas recreacións arredor dun tema, que, xeralmente, é común a outras moitas literaturaturas europeas desa mesma altura. Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas, privilexio dado polo rei Afonso IX. Primeiro documento conservado escrito en territorio galego en lingua galega. Allariz, 1228.

Slide 4

Ámbito xeográfico e cronolóxico Etapa galego-portuguesa Ámbito galego-portugués Primeiras glosas (séc. IX) Etapa de esplendor da Lírica Primeiros documentos conservados en prosa (séc. XIII) Etapa final do período trobadoresco (1350, morte de d. Pedro, conde de Barcelos) Etapa galega Ámbito galego Órbitas políticas diferenciadas para Galiza e para Portugal. Diferenzas entre os esquemas culturais galegos e portugueses Esmorecemento da lírica trobadoresca Galiza perde a súa autonomía o que provocará a falta de desenvolve-mento e a escaseza da súa prosa. Desde as súas orixes (Glosas do séc. IX) até 1350 Desde o ano da morte de don Pedro, conde de Barcelos, 1350

Slide 5

4. O sometemento dos derradeiros nobres galegos rebeldes . …Os documentos até entón redactados en galego comezan a se elaboraren en castelán, pois os funcionarios galegos son desprazados polos de fóra. 6. A ignorancia na que durante longos séculos permaneceu o tesouro da prosa medieval galega. 1. O latín seguía a ser a lingua de prestixo para a prosa. 2. A carencia dunha corte propia e a dependencia da monarquía castelá 3. A falta de axustes e primeiras normas ortográficas para o galego. 5. A imposición do castelán a partir do século XV. Condicionamentos históricos …A substitución do latín por unha lingua vernácula non reacaeu no galego, senón no castelán. …Impediu o mecenado para que copistas, tradutores e cronistas realizaran o seu labor en galego …Os axustes ortográficos das linguas vulgares de Europa comezaron a se asentar cando o reino de Castela iniciou a doma y castración del Reino de Galicia. …Puxo fin ao emprego do galego na prosa. …Temos que agardar a fins do século XIX para coñecer os estudos de Andrés Martínez Salazar e a 1967 para coñecer a obra que Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros, adicada ao estudo e divulgación da nosa prosa medieval.

Slide 6

Primeiros textos conservados Textos latinos con palabras galegas (GLOSAS) Doaçao à igreja de Sozello. 870. Trátase do máis antigo docu-mento latino-galego-portugués, encontrado en Portugal. É coñecido como Doação à Igreja de Sozello, encóntrase no Arquivo Nacional da Torre do Tombo, en Lisboa. Foi data-do no ano 870, mais só se conserva unha copia do séc. XI

Slide 7

Textos latinos con palabras galegas (GLOSAS) O máis antigo documento latino-portugués orixinal coñecido é a Carta de Fundação e Dotação da Igreja de S. Miguel de Lardosa, preservada no Arquivo Nacional da Torre do Tombo, datada no 882 e escrita en letra visigótica cursiva. Carta da fundaçao e dotaçao da igreja de Sao Miguel de Lardosa. 882 Primeiros textos conservados

Slide 8

Textos latinos con palabras galegas (GLOSAS) Diploma do cartório da Sé de Coimbra. 1008 O Diploma orixinal do 25 de Agosto de 1008, proveniente do cartório da Sé de Coimbra é um documento latino-galego-portugués do ano 1008 Primeiros textos conservados

Slide 9

Textos latinos con palabras galegas (GLOSAS) Pacto dos irmaos Gomes e Ramiro Pais. 1173 Parecía ser o máis antigo texto en galego-portugués, pero o Pacto entre os irmaos Pais resultou estar escrito nun latín tardío con morfoloxía e sintaxe galego-portuguesa. Primeiros textos conservados

Slide 10

Textos latinos con palabras galegas (GLOSAS) Notícia de fiadores. 1175 A Notícia de fiadores (1175), é, segundo algúns estudosos, o documento datado en escrita galego-portuguesa máis antigo coñecido. É unha pequena lista de nomes que termina cunha única frase que presenta sintaxe e morfoloxía galego-portuguesas. Primeiros textos conservados

Slide 11

Textos latinos con palabras galegas (GLOSAS) Auto das partilhas. 1192 O Auto de partilhas entre Rodrigo Sanches e seus irmáns Vasco, Mendo e Elvira é un orixinal de 1192. Atopouse no mosteiro de Vairão e está hoxe no Arquivo Nacional da Torre do Tombo, em Lisboa. Primeiros textos conservados

Slide 12

Primeiros textos conservados en galego-portugués (inicios séc. XIII) Notícia de Torto. 1211, 1214, 1216 ? A Notícia de Torto, non datado, terá sido escrito entre 1211 e 1216. É unha longa narrativa dos agravios que o nobre Lourenço Fernandes da Cunha sofreu a mans de outros senhores. Permanece como o máis antigo documento particular conhecido escrito en galego-portugués. Primeiros textos conservados

Slide 13

Primeiros textos conservados en galego-portugués (inicios séc. XIII) Testamento de Afonso II. 1214 O Testamento de Afonso II (1214), é o texto escrito en galego-portugués máis antigo que se coñece e é consensuada-mente aceptado como tal pola comuni-dade científica. Consérvanse dous testemuños do documento, un en Lisboa, outro en Toledo. Primeiros textos conservados

Slide 14

Primeiros textos conservados Primeiros textos conservados en galego-portugués (inicios séc. XIII) Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas, privilexio dado polo rei Afonso IX. Primeiro documento conservado escrito en territorio galego en lingua galega. Allariz, 1228. Foro do bo burgo de Castrocaldelas. 1228

Slide 15

Primeiros textos conservados en galego-portugués (séc. XIII) Inquiriçoes de d. Dinis. 1288 As Inquiriçoes de d. Dinís (1288): Trátase de requerimentos reais sobre a legalidade da posesión das terras, pois moitos señores feudais anexábanse territorios que non lles pertencían por dereito. Primeiros textos conservados

Slide 16

Tipos Escritos elaborados con fins utilitarios Ordenamentos xurídicos: Fragmentos da tradución das Sete Partidas de Afonso X (fins séc. XIV) PROSA TABELIÓNICA Regulamentos de confrarías e gremios: Livro dos cambeadores de Santigo. Ordenanzas dos acibecheiros de Santiago (1443) Escritos notariais: preitos, partillas, testamentos, doazóns; ordenanzas, pregóns… Libros de contas: Livro das posisoes do espital dos pobres da vila de Muros. Manuais ou tratados para aprender oficios ou actividades: Tratado de montaría (séc. XIV). Arte de Trovar (CBN, 1350)

Slide 17

Tipos Prosa con finalidade propagandís-tica e lexitimadora. Hoxe resulta máis novelesca e fantástica que histórica. (Cronicoes) Livros de linhagens (1340-1344) Catro libros que describen as principais familias do reino de Portugal PROSA HISTORIO-GRÁFICA Crónica Xeral Galega (fins séc. XIII) . Tradución á nosa lingua da Crónica General e da Crónica de Castilla de Afonso X. General Estoria (inicio séc. XIV). Versión galega da obra alfonsí. Crónica Geral de Espanha de 1344 Compilada por don Pedro, conde de Barcelos, fillo de don Dinís e bisneto de Afonso X. Crónica Galega de 1404. Un dos poucos textos en prosa escritos orixinariamente en galego. Xunto coa Coronica de Santa María de Iria, constitúen os exemplos da prosa historiográfica propiamente galega.

Slide 18

Tipos Textos centrados na vida, obra e milagres de apóstolos e santos. Vida de Barlaan e Josafat (versión galega do séc. XIV). Trátase dun relato de orixe oriental orixinado dun canto brahamánico do séc. VI a. C. na India, que conta a conversión do príncipe Siddharta en Buda. Tras múltiples traducións, versións e adaptacións no seu camiñar de Oriente a Occidente, chegou á Península Ibérica, onde no séc. XIII tivo varias traducións, seguindo o modelo dos contos orientais que Afonso X recolleu na súa obra Calila e Dimna. Consérvanse exemplares do séc. XIV en galego-portugués, en castelán e en catalán. A nosa versión foi atribuída a Hilario de Lourinha. PROSA HAXIOGRÁFICA OU XACOBEA Visión de Túndalo (dúas versións de fins do XIV ou principios do XV). A orixe está nun texto irlandés do séc. XII que narra a enfermidade e o debate entre a vida e a morte dun nobre irlandés, quen ao longo de tres días ten no seu delirio visións do Inferno, do Purgatorio e do Paraíso. Logo esperta coa finalidade de predicar as súas visións. Resulta sinxelo establecer unha relación temática coa Divina Comedia (principios séc. XIV) de Dante.

Slide 19

Tipos Textos centrados na vida, obra e milagres de apóstolos e santos. Milagres de Santiago (finais do séc. XIV). Versión galega do Codex Calixtinus ou Liber Sancti Iacobi. PROSA HAXIOGRÁFICA OU XACOBEA Crónica de Santa María de Iria (segunda metade do séc. XV). Feita polo clérigo Rui Vázquez de Mazaricos, nun galego bastante castelanizado.

Slide 20

Tipos Prosa narrativa agrupada por ciclos temáticos PROSA LITERARIA CICLO ARTÚRICO CICLO CLÁSICO CICLO CAROLÍNXEO Materia de Bretaña: narracións relacionadas co rei Artur e os cabaleiros da táboa redonda. Materia de Troia: relatos inspirados nas lendas sobre a destrución de Troia e os seus heroes (Ulises e Eneas). Materia épica carolinxa: narra as batallas de Carlomagno na Península, en defensa da cristiandade.

Slide 21

CICLO ARTÚRICO Lendas célticas, que circularon primeiro en verso (Lais de Bretanha), reelaboradas por escritores cultos a partir do séc. XII) Ideoloxía cabaleiresca Misticismo cristián Tópicos do amor cortés de orixe trobadoresca A espada Excalibur é un dos obxectos míticos do ciclo artúrico Nos tempos da cabaleiría andante a táboa redonda era característica do ciclo artúrico. Fora fundada por Merlín para reunir en torno unha Orde de cabaleiros. Acábase convertendo o Graal no cáliz no que Xosé de Arimatea recolleu o sangue de Cristo despois da súa morte

Slide 22

CICLO ARTÚRICO TEMAS Lenda do rei Artur. Un caudillo do séc. VI que capitaneara a galeses e bretóns contra a invasión dos anglo-saxóns , en torno ao cal se teceu o mito. O pobo bretón agarda o seu regreso da Illa de Avalón. Lenda do Graal. Talvez a súa orixe estea no caldeiro dos druídas, mais a súa primeira referencia literaria aparece en Chrétien de Troyes (Perceval ou o Conto do Graal). Aí aparece como un recipiente misterioso e salvador, obxecto da demanda dos cabaleiros artúricos. Despois identificouse co cáliz empregado por Cristo na derradeira cea. Lenda de Tristán. Narra os amores tráxicos de Tristán e Isolda. Tristán sae de Cornualles para pedir a man de Isolda para o seu tío, o rei. Liberará Irlanda dun dragón e traerá consigo a Isolda. Mais por un erro os dous tomarán un bebedizo que os fará namorarse dun xeito imposible. Ao final Tristán morre traxicamente e Isolda cae sobre o seu cadáver Ciclo narrativo máis importante debido á cantidade de textos conservados, ao seu ámbito galego-portugués (séc. XIV) e á súa influencia na literatura posterior.

Slide 23

CICLO ARTÚRICO Un home rico, Xosé de arimatea, é o encargado de enterrar o corpo de Cristo. Recolle ó seu sangue no Graal, o cáliz empregado na última cea. Tras a resurección, Xosé de Arimatea é acusado de roubar o corpo e debe parmanecer no cárcere, onde sobrevive grazas ao cáliz sagrado. Liberado polo emperador Vespasiano, diríxese coa súa familia ao norte de África. Tras a conversión deo rei de Sarras, diríxese a Gran Bretaña. Alí morrerá e deixará o Graal custodiado no castelo de Corberic. Galaaz, fillo de Lancelot e descendente de Xosé de Arimatea, é armado cabaleiro e chega á corte de Camelot, onde ocupa a “cadeira perigosa”, porque quen nela sentase, de non ser puro, morrería. Galaaz é puro e o único capaz de arrincar a espada Excalibur da pedra aparecida ao carón do palacio de Artur. Aquí iníciase a demanda do Graal, na que participan todos os cabaleiros artúricos. Despois de moitas aventuras, Persival, Boorz e Galaaz atopan o cáliz. Mais Persival faise ermitán e morre pouco despois. Boorz regresa á corte de Camelot inmersa na traxedia desde que Artur descubrira os amores adúlteros da raíña Xenebra con Lancelot. Artur debe guerrear contra Mordred, que pretende usurparlle o trono. Na batalla final, Artur é ferido e, deitado nunha barca, marcha mar adentro cara á Illa de Avalón. Só Galaaz accederá aos misterios do Graal antes de morrer.

Slide 24

CICLO ARTÚRICO Xosé de Arimatea (copias). Refire a historia e o significado do cáliz sagrado e o seu traslado a Bretaña. Livro de Merlín (fragmentos). O meigo anuncia os novos tempos tras a chegada do predestinado que acadase o Graal. Demanda do Santo Graal (copias). Conta as aventuras e os feitos dos cabaleiros de Artur na busca do cáliz sagrado, poñendo a proba a súa virtude. Livro de Tristán (fragmentos). Conta a historia do amor adúltero entre Tristán, un cabaleiro córnico, e Isolda, unha princesa galesa. Santo Graal II Santo Graal I Santo Graal III Santo Graal IV Santo Graal V

Slide 25

CICLO ARTÚRICO NA NOITE ESTRELECIDA (1926) Na noite estrelecida é un poemario no que Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionan como símbolos da nación galega. Trátase dun texto no que un coidadísimo formalismo está ao servizo dun proceso de exaltación mítico-patriótica: os cabaleiros da Mesa Redonda veñen sendo os precedentes directos dos novos cabaleiros das Irmandades da Fala a procuraren o Santo Grial que é a redención de Galicia. Segundo o propio Cabanillas, trátase da máis lograda das súas obras, opinión que é compartida por unha parte importante da crítica actual.

Slide 26

CICLO ARTÚRICO NA NOITE ESTRELECIDA (1926) MERLÍN E FAMILIA En Merlín e familia aparecen personaxes da "materia de Bretaña", que Cunqueiro sitúa en Miranda (concello de Castroverde) e que participan en historias fantásticas narradas por Felipe de Amancia, paxe de Merlín. Trátase dunha serie de relatos cun esquema común: visitantes que acoden ao pazo de Miranda para que o Merlín lles resolva os problemas, que o mago resolve coas súas artes máxicas.

Slide 27

CICLO ARTÚRICO NA NOITE ESTRELECIDA (1926) Percival e outras historias (1958) Amor de Artur (1982) Bretaña Esmeraldina (1987) MERLÍN E FAMILIA En Percival e outras historias, Ferrín recrea, nun ambiente no que fantasía e realidade se mesturan, as aventuras do mítico cabaleiro medieval personificadas nun aristócrata do século XX. En Amor de Artur, o autor recupera os vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín. . ., supón o retorno á materia de Bretaña. Os vellos heroes cos seus grandes ideais viven novas aventuras . En Bretaña, Esmeraldina seguen proxectándose no fondo os ideais de xustiza a través do novo modelo de heroe xurdido da materia de Bretaña, así como a procura da identidade, como os cabaleiros artúricos procuraban o Graal A materia de Bretaña en Galicia

Slide 28

CICLO ARTÚRICO NA NOITE ESTRELECIDA (1926) Percival e outras historias (1958) Amor de Artur (1982) Bretaña Esmeraldina (1987) MERLÍN E FAMILIA A materia de Bretaña en Galicia A APORTACIÓN DA MATERIA DE BRETAÑA Á LITERATURA UNIVERSAL CÉNTRASE NUN NOVO TIPO DE HEROE QUE VAI MÁIS ALÁ DO GUERREIRO DOS CANTARES DE XESTA, QUE ESTÁ AO SERVIZO DUNHA DAMA, PARA QUEN DEBE SER DIGNO POLA SÚA ELEVACIÓN MORAL. LOITA POR UN IDEAL DE XUSTIZA CONTRA OS INIMIGOS HUMANOS E CONTRA SERES FABULOSOS, FORZAS MISTERIOSAS E PODERES SOBRENATURAIS.

Slide 29

CICLO ARTÚRICO TRISTÁN E ISOLDA (1865) GRUPO GRIAL DE DANÇA DEMANDA DO GRAAL (1997) RICHARD WAGNER XOSÉ DE ARIMATEA (2009) KIKO VENENO UN YANKEE NA CORTE DO REI ARTURO (1889) MARC TWAIN MERLÍN (2009) SERIE PARA TV HARRY POTTER (primeiro manoscrito1995) J. K. ROWLING HARRY POTTER ASTERIX , O GALO (1959) RENÉ GOSCINNY ALBERT UDERZO

Slide 30

Visión do mundo grego antigo desde unha óptica medieval combinada con motivos cristiáns Combinación de motivos épicos con elementos cristiáns e cabaleirescos. CICLO CLÁSICO Material épico-mítico Fontes na literatura greco-latina: Iliada e Odisea, atribuídas a Homero. Eneida, de Virxilio. As versións galegas proceden da novela de Benoit de Saint Maure, Le roman de Troie. (1160)

Slide 31

CICLO CLÁSICO A Crónica Troiana é unha versión galega de fins do XIV Autor/es: Fernán Martíns, capelán dos condes de Andrade e outros anónimos amanuenses. 185 follas de pergamiño, conservadas na Biblioteca Nacional de Madrid Permite intuír un estado de madureza da lingua, a pesar da falta de unidade lingüística da obra, o cal tamén permiten observar as distintas variedades dialectais. A Historia troiana é unha versión incompleta e bilingüe: castelán e galego. A mestura de elementos épicos e míticos gregos con elementos cristiáns provoca a presenza de numerosos anacronismos.

Slide 32

CICLO CLÁSICO O tratamento da muller: Orixe do conflito bélico. Figura supeditada aos requerimentos masculinos. Cando a muller asume o protagonismo bélico, como no caso das guerreiras amazonas, xorden entre os heroes masculinos actitudes machistas. Penélope como ideal de muller perfecta para os parámetros da época e que seguen vivos na tradición cristiá a través da figura da Virxe. Na obra parece contraporse a personaxe de Penélope ao resto das mulleres, dun xeito similar á relación que Afonso X establece nas Cantigas de Santa María entre a Ave e Eva. O tratamento da homosexualidade: Na obra recóllense as “amizades intensas” entre homes, así como a celebración dun matrimonio homosexual. No seu recente ensaio (aínda non publicado a día de hoxe), Carlos Callón analiza o nacemento dos prexuízos homófobos nos séculos XI a XII, consolidados posteriormente. A polémica en torno ao intento de borrar o nome do autor galego da obra. No séc. XIX riscáronse até dez liñas da obra, nas que figuraba o nome do autor, a súa condición e o do mecenas desta versión galega, tratando de facelos desaparecer da historia.

Slide 33

CICLO CAROLÍNXEO Versión galega do Codex Calixtinus ou Liber Sancti Iacobi, atribuído ao papa Calixto III e composto no séc. XIII Inclúe 5 libros: Antoloxía litúrxica: un verdadeiro manoscrito musical con pezas polifónicas e mesmo unha a tres voces, con homilías, cánticos litúrxicos , de peregrinos… Miragres de Santiago. Libro da translación do corpo de Santiago a Compostela. Historia de Carlomagno e de Rolando, libro coñecido como o Pseudo Turpín, por serlle atribuído a Turpín, o bispo de Reims. Foi o libro máis difundido do Códice. Guía do peregrino de Santiago de Compostela.

Slide 34

Actividades... 4. Consultando o seguinte enlace, explica por que cres que tratou de borrarse o nome de Fernán Martíns da Crónica Troiana? http://www.carloscallon.com/2010/12/prosa-medieval-en-galego-e-damnatio.html 1. Revisando esta presentación e á vista dos primeiros textos conservados, elabora un informe sobre O primeiro texto en prosa conservado na nosa lingua. 2. Revisando esta presentación, razona por que no século XIII comezan a aparecer versións galegas da obra historiográfica e tabeliónica elaborada na corte de Afonso X en castelán nese mesmo século? 3. Consultando o seguinte enlace, explica por que cres que Afonso X escribiu as Cantigas de Santa María en galego , se el foi o primeiro impulsor do castelán como lingua culta e cortesá? http://marlou-literaturagalega.blogspot.com/p/lirica-relixiosa.html 5. Busca información sobre como foron atopados os fragmentos do Livro de Merlín, coñecidos como a Suite Merlin. Sofia Rama

Slide 35

Actividades... 7. Constrúe un relato que recolla a tradición galega do Grial e a súa relación co santuario do Cebreiro. http://www.concellodepedrafitadocebreiro.es/municipio/historia.php 6. Elabora un “facebook”, un libro de foto-biografías, cos personaxes da Materia de Bretaña: rei Artur, raíña Xenebra, Dama do Lago, mago Merlín, Lancelot, Galaaz, fada Viviana, fada Morgana… Podes crearlles un perfil a cada un no facebook – rede social ou, pola contra, elaborar unha presentación cunha diapositiva para cada un deles. 8. Despois de todo o visto sobre a Literatura Medieval Galega ou Galego-portuguesa, redacta un tema baixo o título 700 anos de normalidade para o galego. 9. Partindo da actividade anterior, prepara a túa postura para participar nun debate sobre: Foi algunha vez o galego unha lingua normalizada? Sofia Rama

Slide 36

Tarefa: AMADÍS DE GAULA Sofia Rama A tarefa consiste en elaborar un artigo ensaístico no que se recolla o resultado da túa investigación en torno a esta obra, o Amadís de Gaula, considerada a máis importante novela de cabaleirías da Idade Media. Para iso debes saber que un artigo é un texto en prosa no que o asinante defende unha opinión en relación a un tema. Habitualmente está relacionado co mundo xornalístico, mais aquí imos situalo no mundo do ensaio, isto é unha obra en prosa na que o autor trata un tema a fondo expresando a súa opinión. É dicir, non tés que escribir unha obra, senón un artigo, pero deberá ter as características do ensaio: partindo dunha hipótese inicial, deberás presentar argumentos a favor da mesma que che conduzan cara a demostración desa hipótese, convertida no final do artigo en tese. Pode servirche como modelo o artigo de Carlos Callón, A prosa medieval en galego e a damnatio memoriae de Galiza.

Slide 37

Tarefa: AMADÍS DE GAULA Sofia Rama Para realizar a tarefa deberás seguir estes pasos: Averigua que é unha novela de cabaleirías: http://translate.google.es/translate?hl=gl&langpair=es%7Cgl&u=http://es.wikipedia.org/wiki/Libros_de_caballer%25C3%25ADas Averigua cal foi a orixe do Amadís de Gaula e quen foi o seu autor: http://translate.google.es/translate?hl=gl&langpair=es%7Cgl&u=http://es.wikipedia.org/wiki/Amad%25C3%25ADs_de_Gaula Completa a túa información ollando este vídeo sobre unha exposición adicada á obra: http://youtu.be/HW7Jtkii2o8 Busca unha hipótese (sobre o xénero, a súa orixe, o seu autor, a súa temática, a súa influencia no Quixote...) que queiras defender e, posteriormente argumenta a túa defensa servíndote da información atopada. Redacta o teu artigo ensaístico.

Slide 38

FONTES Información xeral: Galipedia O portugués antigo Apuntamentos da USC en Scribd PensaGZ. VV AA. USC, ILG, CCG. A EMERXENCIA DO GALEGO COMO LINGUA ESCRITA NA IDADE MEDIA CIRP. Wikipedia portuguesa Aula de Literatura Portuguesa Mª ROSA LIDA DE MALKIEL . La lite. Artúrica en Esp. Y Port. MIGUEL PÉREZ ROSADO. PROSA MEDIEVAL ESPAÑOLA Textos e obras: MEDIEVAL TEXTS na páxina ORBIS LATINUS INSTITUTO CAMOES NOVO MILENIO GALICIAN-PORTUGUESE BIBLIOTECA LUSITANA TESTAMENTO DE AFONSO II DE PORTUGAL (1214) NOTICIA DE TORTO(1216)   FORO DO BURGO DE CASTROCALDELAS (ALLARIZ, 1228) GALIPEDIA HENRIQUE MONTEAGUDO (CCG) CRÓNICA DE SANTA MARÍA DE IRIA CÓDICE CALIXTINO Santiago nace dun libro (blogue de Marcos Calveiro) / Enlaces comprobados o 21/06/2011 Sofia Rama MATERIA DE BRETAÑA DEMANDA DO SANTO GRAAL CRÓNICA TROIANA Fragmento Matrimonio homosexual A figura feminina CARLOS CALLÓN. DAMNATIO MEMORIAE DE GALIZA HISTORIA TROIANA SETE PARTIDAS CRÓNICA DE SANTA MARÍA DE IRIA CRÓNICA GERAL E CRÓNICA DE CASTELA Ed. De Lindley Cintra da Cronica Geral de Espanha de 1344 GERAL ESTORIA   Orixe e motivacións: HISPANISMO LAICO Presentacións: LOLI CID CLAUDIA HELOÍSA CUNHA Vídeos: ESCOLA DE TRADUTORES DE TOLEDO CÓDICE CALIXTINO Hoxe: A materia de Bretaña en Galicia

Slide 39

IMAXES IMAXES RECOLLIDAS ENTRE O 23/06/2011 E O 30/06/2011. CLICANDO SOBRE ELAS LEVARANNOS AO SEU LUGAR DE PROCEENCIA.

Slide 40

BIBLIOGRAFÍA Literatura Galega Medieval (Manual e antoloxía), Xosé Ramón Pena, ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1993. Literatura Galega. Aportacións a una Historia crítica. Anxo Tarrío Varela, ed. Xerais. Vigo, 1994. Lecturas de nós. Introdución á Literatura Galega. Ramón Gutiérrez Izquierdo, ed. Xerais. Vigo, 2000. Literatura Galega da Idade Media ao século XIX. Elvira Roiz Mesías e Manuel Rei Romeu, ed. A Nosa Terra. 2002 Lingua e Literatura 1 - Bacharelato, VVAA, ed. Xerais. Vigo, 2005 Lingua e Literatura 1 – Bacharelato, VVAA, Consorcio editorial Galego. Vigo, 2008. Lingua Galega e Literatura. Bacharelato. A Literatura, VVAA, ed. Galaxia. Vigo, 2001. A Literatura Medieval. Dolores Vilavedra, ed. AELG, co apoio de Xunta de Galicia, Tourgalicia e Xacobeo 2010 Historia da Literatura Galega. X. M. Freire López (?) Sofia Rama

Slide 41

ANEXOS

Slide 42

Crónica Xeral Galega. (fins séc. XIII)

Slide 43

Miragres de Santiago.(fins séc. XIV)

Slide 44

Livro de Tristán.(séc. XIV)

Slide 45

Crónica Troiana.(Fernán Martins, 1373)

Slide 46

Miragres de Santiago. Ciclo Carolínxeo: A morte de Roland (fins séc. XIV)

Slide 47

Miragres de Santiago. Ciclo Carolínxeo: A morte de Roland (fins séc. XIV)

Tags: galego literatura medieval prosa

URL: