|
|
OS SÉCULOS ESCUROS E A ILUSTRACIÓN Tema 6
Uso da presentación Para a aplicación deste material será precisa unha aula cunha pantalla, un canón conectado a un portátil e conexión a internet. Ademais do que contén a presentación, pódese ampliar a información do tema a través de hiperenlaces, unhas veces ligados a páxinas web, outras a medios sonoros ou mesmo audiovisuais e outras simplemente aos anexos da propia presentación. Para todos eses enlaces aparecerá sempre a mesma simboloxía: unha cor chamativa nunha palabra ou conxunto de palabras remite a un enlace cunha páxina web que aporta información sobre ese termo. O símbolo dunha cámara de vídeo remite a un medio audiovisual propio ou da rede. O símbolo dun altofalante remite a un arquivo sonoro, ben propio ben tirado da rede. O símbolo dun libro antigo remite a textos. Canti-gas de amigo Sofia Rama
OS SÉCULOS ESCUROS O galego-portugués, común a Galiza e a Portugal, tivo séculos de existencia plena como lingua nativa dunha comunidade lingüística do noroeste peninsular, mais as derrotas que os nobres galegos sufriran a finais do século XIV e principios do século XV, provocaron a asimilación da nobreza galega e a dominación castelá, levando ao desaparecimento público, oficial, literario e relixioso do galego como lingua de cultura até o século XIX. Son os chamados Séculos Escuros. O portugués, pola contra desenvolveuse libremente polo feito de Portugal ter sido o único territorio peninsular que ficou fóra do dominio político do Reino de Castela e do dominio lingüístico do castelán. O século XV, co final de Idade Media e o comezo da Idade Moderna, supón o final de toda unha época esplendorosa e o inicio dun longo período de postración para o noso idioma, reducido a penas ao uso rural, pois son escasísimas as mostras literarias en galego deste período. Mapa do Reino de Galiza, feito por Iohanes Baptista Vrints no séc. XVI
1. Decadencia da Escola Trobadoresca (segunda metade do séc. XIV) Condicionamentos históricos "Houbo un tempo", escribía o marqués de Santillana no século XV, na súa Carta proemio ao condestable don Pedro de Portugal, "en que todos os poetas destas terras, fosen casteláns, andaluces ou de Estremadura, compoñían as súas obras en lingua galega ou portuguesa".
1. Decadencia da Escola Trobadoresca (segunda metade do séc. XIV) Condicionamentos históricos "Houbo un tempo", escribía o marqués de Santillana no século XV, na súa Carta proemio ao condestable don Pedro de Portugal, "en que todos os poetas destas terras, fosen casteláns, andaluces ou de Estremadura, compoñían as súas obras en lingua galega ou portuguesa".
2. Guerra entre Pedro de Borgoña e Henrique de Trastamara (1366-1369) Condicionamentos históricos 1. Decadencia da Escola Trobadoresca (segunda metade do séc. XIV) PRIMEIRA SUBSTITUCIÓN NOBILIAR INTRODUCIÓN DO CASTELÁN COMO LINGUA DO PODER
2. Guerra entre Pedro de Borgoña e Henrique de Trastamara (1366-1369) Condicionamentos históricos 1. Decadencia da Escola Trobadoresca (segunda metade do séc. XIV) 3. Fracaso das revoltas antinobiliarias dos Irmandiños (séc. XV)
2. Guerra entre Pedro de Borgoña e Henrique de Trastamara (1366-1369) Condicionamentos históricos 1. Decadencia da Escola Trobadoresca (segunda metade do séc. XIV) 3. Fracaso das revoltas antinobiliarias dos Irmandiños (séc. XV) 4. Loita entre Isabel, a Católica, e Xoana, a Beltranexa, pola coroa de Castela (1480) Capitanía Xeral Santa Irmandade Tribunal da Inquisición Real Audiencia Xunta do Reino
2. Guerra entre Pedro de Borgoña e Henrique de Trastamara (1366-1369) Condicionamentos históricos 1. Decadencia da Escola Trobadoresca (segunda metade do séc. XIV) 3. Fracaso das revoltas antinobiliarias dos Irmandiños (séc. XV) 4. Loita entre Isabel, a Católica, e Xoana, a Beltranexa, pola coroa de Castela (1480) 5. Distanciamento cada vez maior de Portugal, que inicia un imperio ultramarino (1500, chegada a Brasil)
2. Guerra entre Pedro de Borgoña e Henrique de Trastamara (1366-1369) Condicionamentos históricos 1. Decadencia da Escola Trobadoresca (segunda metade do séc. XIV) 3. Fracaso das revoltas antinobiliarias dos Irmandiños (séc. XV) 4. Loita entre Isabel, a Católica, e Xoana, a Beltranexa, pola coroa de Castela (1480) 5. Distanciamento cada vez maior de Portugal, que inicia un imperio ultramarino (1500, chegada a Brasil) 6. Nacemento dun novo grupo social no séc. XVI, a fidalguía, integrada pola baixa nobreza ou por burgueses que serven de intermediarios nos arrendamentos.
2. Guerra entre Pedro de Borgoña e Henrique de Trastamara (1366-1369) Condicionamentos históricos 1. Decadencia da Escola Trobadoresca (segunda metade do séc. XIV) 3. Fracaso das revoltas antinobiliarias dos Irmandiños (séc. XV) 4. Loita entre Isabel, a Católica, e Xoana, a Beltranexa, pola coroa de Castela (1480) 5. Distanciamento cada vez maior de Portugal, que inicia un imperio ultramarino (1500, chegada a Brasil) 6. Nacemento da fidalguía no séc. XVI, integrada pola baixa nobreza ou por burgueses que serven de intermediarios nos arrendamentos. 7. Instauración da monarquía borbónica e nacemento da nación estado española, no séc.XVIII. Triunfo do Absolutismo e Despotismo ilustrado. Máis emigración Ilustrados que comezan a reclamar dignidade para Galiza e para os galegos.
CONSECUENCIAS SOCIOLINGÜÍSTICAS Como consecuencia da dominación, da marxinación política, da masiva emigración, da extrema pobreza en que vivían moitos galegos, nacerá no resto da Península unha imaxe do galego como pobo torpe, bruto, mísero, atrasado, inculto… E Galiza será contemplada como unha terra inhóspita, improdutiva e desagradábel, sepultada polas néboas e a chuvia. Con un cuerto de turrón y con agua y con gragea, goza un Píramo barata Cualquier Tisbe Gallega ( ) (Clara referencia ás criadas galegas, das cales os satíricos ríanse delas por sucias e estúpidas) Quevedo "Gallegos. Gente non sancta. Esto el vulgo que los nobles es de lo mejor de España". Lope de Vega Galicia, nunca fértil de poetas mas si de casas nobles ilustres capitanes y letrados Hay gallega, rolliza como un nabo entre puerca y mujer, que baja al río y lava más gualdrapas que un esclavo cantando como un carro en el estío". "No le faltará una moza gallega que le quite los zapatos, que aunque tiene las tetas grandes, es ya cerrada de años, y como vuesa merced no cierre la bolsa, no haya miedo que cierre los brazos". Quixote de Avellaneda Oh montañas de Galicia Cuya, por decir verdad Hermosura es suciedad, Cuya maleza es malicia Tal, que ninguno codicia Besar estrellas pudiendo, Antes os quedais haciendo Desiguales horizontes; Al fin, gallegos y montes, Nadie dirá que os ofendo. Pálido sol en cielo encapotado, Mozas rollizas de altos coloseos, Tetas de vacas, piernas de correos, Suelo menos barrido que regado. Campo de tojos todo matorrado, Berzas gigantes, pulgas filisteos, Platos de cairo, búcaros pigmeos, Toscos trajes y estilo mal limado. Papas de millo en concas de madera, Cuestas que suben a la ardiente esfera, Valles profundos, ásperos collados. Casas de paja con techos ahumados, Pan de borona lleno de tiricia, Esto es, en suma, el Reino de Galicia. Luís de Góngora
CONSECUENCIAS SOCIOLINGÜÍSTICAS Como consecuencia da dominación, da marxinación política, da masiva emigración, da extrema pobreza en que vivían moitos galegos, nacerá no resto da Península unha imaxe do galego como pobo torpe, bruto, mísero, atrasado, inculto… E Galiza será contemplada como unha terra inhóspita, improdutiva e desagradábel, sepultada polas néboas e a chuvia. O 95% da poboación galega segue a ser monolingüe en galego. Pero a minoría situada no poder é monolingüe en castelán. Polo que iníciase neste momento o proceso de castelanización desde as capas máis altas da sociedade cara ás máis baixas. Provocando unha situación de diglosia e o inicio da substitución lingüística. O galego non se conformou como lingua de Estado ao quedar Galiza baixo a dependencia da coroa de Castela. O galego deixou de empregarse na redacción de documentos notariais (o derradeiro conservado en galego é de 1554) O galego seguiu sendo a lingua maioritaria de Galiza (o 95% da poboación era monolingüe en galego), pero foi considerada de clase baixa pois o castelán entrara polo poder, era a lingua que traían consigo as novas clases dirixentes. Desde o séc. XVI a Igrexa Católico adoptou o castelán para a homilía, para a catequese e para o ensino. A recén nacida Universidade de Compostela (1495) pasou do uso do latín ao uso do castelán. O galego non participou do acopio de léxico greco-latino favorecido polo Renacemento e o Barroco. O galego non tivo gramaticas nin dicionarios. Non acadou unha variedade estándar, de norma común. O galego, ao carecer dun modelo culto de referencia, comeza a izarse de castelanismos, especialmente nos seus topónimos e antropónimos Todo o anterior provocou a castelanización e a vulgarización da lingua. Como resultado disto, nace o auto-odio, un sentimento estendido pola sociedade que empeza a crer que o galego é unha lingua inferior, inadecuada para certas funcións. As consecuencias estámolas a vivir hoxe. Podemos comprobalo só con ollar, ou mellor, escoitar ao noso redor…. CONFLITO LINGÜÍSTICO DIGLOSIA SUBSTITUCIÓN LINGÜÍSTICA CASTRAPO
Mostras literarias Conxunto de xéneros moi variados, de creación e disfrute popular, continuadora da tradición da que partira a cantiga de amigo. Literatura de transmisión oral, cantada ou contada de xeración en xeración. A memoria colectiva esqueceuna e só se conserva unha pequena porción recompilada por ilustrados como Sarmiento. Un mesmo texto presenta múltiples versións e variantes. Require ser aceptada pola comunidade que a emprega. Creación anónima, aínda que cun papel fundamental da muller, pois eran as que educaban aos nenos e as que realizaban os labores domésticos e agrícolas. Finalidade: divertir, ensinar e establecer lazos de unión entre os membros do grupo A poesía acostuma acompañarse con melodía e a prosa con escenificacións teatrais. CON-TOS. CAN-TIGAS. RE-FRÁNS. ADI-VIÑAS. CAN-TIGAS DE LA-VAN-DEI-RAS, COS-TUREIRAS, MUI-ÑA-DAS, EN-FOR-NA-DAS. LEN-DAS.
Mostras literarias ALALÁS, ANINOVOS, DESAFÍOS, ENCHOIADAS, ENDECHAS FÚNEBRES, ENSALMOS CURATIVOS, ESCONXUROS, CANTIGAS DE MAIO, CANTIGAS DE BERCE OU ARROLO, PANXOLIÑAS, PARRAFEOS, REGUEIFAS, CANTIGAS DE REIS, CANTIGAS DE SEITURA OU SONS DA SEGA, COPLAS SATÍRICAS… Saqueo de Cangas polos turcos en 1617 Rebelión a axustizamento de Pardo de Cela en Mondoñedo polos Reis Católicos en 1483. PRANTO DA FROUSEIRA
Mostras literarias ALALÁ DAS MARIÑAS Teño unha casiña branca na Mariña entre os loureiros teño amores, teño barcas i estou vivindo no ceo ! Ailalelo, ailalalo Adiós á miña casiña Portelo do meu quinteiro Auga da miña fontiña Sombra do meu laranxeiro Ailalelo, ailalalo
Mostras literarias Eu de noite iría de noite, no medio do temporal. Ir de día á luz do día dáme medo miña nai. No fondo do teu ollare unha gamela abanea. Quen se puidera afogare na ardora dunha misteira. O que soño é verdade como o silencio é un falare. Se roubei o teu retrato foi para aprender a mirare. Eu non sabía que había tanta alegría nas bágoas nin neve nas bidueiras nin esperanza nas mágoas. Eu de noite iría de noite, no medio do temporal. Ir de día á luz do día dáme medo miña nai. ALALÁ DA NOITE. Poema de Manuel Rivas, musicado por Berrogüeto.
Mostras literarias PRANTO DA FROUSEIRA A min chaman Todomira, señora do gran tesouro; por estrela clarecida xago neste Valedouro. Mais traidor foi que un mour o vilán que me vendeu que de Lugo a Ribadeu todos me tiñan tremour. De min, a triste Frouxeira que por traición foi vendida derrubada na ribeira, que xamais se veu vencida. Por traición tamén vendido Xesús noso Redentor, e por aquestes traidores Pero Pardo, meu señor. Vintedous foron chamados os que vendido lo han, non por fame de sustento, de carne, viño nin pan. Nin por outro menester que falsean de bondade senón por súa vilancia e mais por mala intención. Eles quedan por traidores e o seu amo por leal, pois os reis á súa filla as súas terras mandan dar. A Deus darán contadelo, que lles queira perdoar, co que acabou a Frouxeira e a vida do Mariscal...
Mostras literarias CON-TOS. CAN-TIGAS. RE-FRÁNS. ADI-VIÑAS. CAN-TIGAS DE LA-VAN-DEI-RAS, COS-TUREIRAS, MUI-ÑA-DAS, EN-FOR-NA-DAS. LEN-DAS. Marabillosos: personaxes fantásticos, animais que falan, castelos encantados… Exemplares: finalidade didáctica e/ou moral. Humorísticos. Etiolóxicas: explican a orixe ou causa dun feito, o nome dun lugar. Haxiográficas: feitos relixiosos. Históricas.
Mostras literarias Os VILANCICOS son composicións musicais consideradas tradicionalmente produtos da Literatura Galega, mais en realidade foron introducidas no séc. XVII polo rei Filipe III como VILANCICOS DE GALEGO, relacionadas coa liturxia do Nadal, aparentemente empregaban o galego , pero a súa intención era burlesca. Así comezou a facerse popular a figura de pastores galegos nas representacións así como a identificación da pobreza e afastamento de Galicia con Galilea e de Ourense con Oriente. O seu éxito estendeuse por toda a Península e chegou ás igrexas de América, mesmo o rei Joao IV de Portugal, cando recuperou a independencia do seu reino, quixo introducilos en Portugal crendo que as composicións eran galegas. Cando o éxito decaeu fóra, comezaron os músicos e poetas galegos a compor en Compostela e en Mondoñedo os seus vilancicos, desde finais do séc. XVIII até a primeira metade do séc. XIX. VVAA (Ramón Gutiérrez Izquierdo). Lingua e Literatura Galega, Bacharelato 1º. VG-303-2002
Mostras literarias Canción galega en loor de d. Diego das Mariñas (1595) Soneto de Monterrei (1530) Soneto con falda, Gómez Tonel (1612) Respice finem, Vázquez de Neira (1612) Décimas do Apóstolo, Martín Torrado (1617) nove romances das Festas Minervais de 1679 Aracana naçao… Poema adicado a Alonso de Ercilla pola condesa de Altamira en 1587.
Ja que nos pujo o certamen A porfía ou o probrema Na nosa lingua esquecida No máis que por ser galega Mostras literarias En case todas estas mostras literarias podemos atopar un sentimento de marxinación da lingua galega e, polo tanto, de todo o galego. Son versos que mostran a dificultade da escrita en galego nesa época. Fragmentos de composicións das Festas Minervais Señores, eu ben quixera Escribir, pero non sei Nin o romance galego; I é natural non saber. (…) O Mundo Reyna, o Rey sua Margarida, A fe colúa, a Virtud exempro A pedra (cujo engarce foy) España. Chore nosa Montaña Do gando, leyte, o novidad espida. Semellando as Abellas no exempro. Que si sua Margarida, Reyna, preço, Colúa, Pedra, Tempro Perden Rey, Mundo, Fe, Virtud, España Tu que tal perda viche Ó magoada Galizia que perdiche? Soneto con falda, de Juan Gómez Tonel
ENTREMÉS FAMOSO SOBRE A PESCA NO RÍO MIÑO, de GABRIEL FEIXOO DE ARAÚXO, 1671. Esta é a única peza teatral conservada, formada por 433 versos repartidos en nove escenas , que aborda o conflito entre pescadores galegos e portugueses no río Miño e remata coa reconciliación. Desta obra tívose noticia en 1953, a través de Fermín Bouza Brei. Mostras literarias Hai noticias da existencia de pezas curtas: farsas, encontros de mouros e cristiáns, entremeses, representacións de entroido, que continuarían a recreación dos xogos burlescos medievais, pero nada se conservou. Hai referencias que testemuñan a existencia dun teatro litúrxico desde tempos antigos, pero non se conserva ningunha dstas pezas dramáticas relacionadas cos Vilancicos de Nadal.
A ILUSTRACIÓN (séc. XVIII) A pesar da súa situación de abandono e marxinalidade, no século XVIII, Galiza non ficou illada do pensamento ilustrado que percorreu Europa. Máis ben todo o contrario: os grandes ilustrados españois centraron os seus estudos e as súas reivindicacións en Galiza. O primeiro deles, o Padre Feixoo, era de Ourense e a el se debe a grande obra da Ilustración española, o TEATRO CRÍTICO UNIVERSAL, que, en castelán, constitúe o primeiro estudo filolóxico en torno ao galego. O seu avezado alumno, Frei Martín Sarmiento, continuará e completará o seu labor despois de visitar e coñecer Galiza por si mesmo.Como todos os pensadores ilustrados, apoiában-se na forza da razón para acadar as refor-mas sociais necesarias, as cales terían que chegar a través da formación dos cidadáns e da resolución dos problemas que afectaban a cada país.
A pesar de que segue a escaseza de textos publicados en galego, neste século vaise producir en Galiza un novo ambiente cultural, que abre o camiño para o Rexurdimento da nosa Literatura no séc. XIX, especialmente da man de Frei Martín Sarmiento e a súa defensa da lingua galega e xunto con ela xorde tamén o interese polo pobo que a fala e polas súas creacións, pola literatura popular. Deste xeito, en Galiza a Ilustración convertiuse nunha reacción dun grupo de personalidades cultas ante o panorama desolador polo que o país atravesaba nestes Séculos Escuros: agroma a conciencia de que Galiza era unha realidade diferenciada, que estaba a recibir un trato discriminatorio. MARTÍN SARMIENTO PADRE SOBREIRA CORNIDE SAAVEDRA DIEGO A. CERNADAS E CASTRO (O cura de Fruíme) PLÁCIDO E ANSELMO FEIXOO MONTENEGRO PADRE FEIXOO Mª FRANCISCA ISLA LOSADA A ILUSTRACIÓN (séc. XVIII)
Frei Martín Sarmiento é o intelectual clave neste século para iniciar a recuperación da identidade, da lingua e da cultura do país. Tras a súa viaxe por Galiza no 1745, xorden as súas obras Viaje a Galicia e Coplas de 24 gallegos rústicos e a súa preocupación pola promoción social e económica de Galicia, pero sobre todo xorde o seu labor na defensa da lingua e da cultura galegas. Sorprende a modernidade das súas reflexións críticas: Ensino do galego e ensino en galego Obrigatoriedade de que os funcionarios públicos e o clero coñezan a lingua de Galicia. Necesidade de acabar co sentimento de minusvaloración do idioma de moitos galegos. Elaboración dun estándar culto para a lingua galega. MARTÍN SARMIENTO PADRE SOBREIRA CORNIDA SAAVEDRA DIEGO A. CERNADAS E CASTRO (O cura de Fruíme) PLÁCIDO E ANSELMO FEIXOO MONTENEGRO PADRE FEIXOO Mª FRANCISCA ISLA LOSADA A ILUSTRACIÓN (séc. XVIII)
MARTÍN SARMIENTO A ILUSTRACIÓN (séc. XVIII) En 1944 creouse o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, coa pretensión de continuar o labor do Seminario de Esdudos Galegos Ninguno que no sepa la lengua gallega con bastante extensión, podrá enseñar bien el latín a un niño gallego. Destierro todo vocabulario alfabético y entablo que todas las reglas gramaticales se escriban en gallego puro. Afirmo, y firmo que jamás se sabrá ciencia alguna con fundamento, si no se estudia con el idioma que se ha mamado. É desatinado crer que un neno que aínda non saiba a lingua propia, poida aprender outra estranxeira. En cada cidade ou vila de Galicia habería de haber algúns que se dedicasen a ensinarlles ós nenos a lingua galega, con extensión e con propiedade.
MARTÍN SARMIENTO A ILUSTRACIÓN (séc. XVIII) En 1944 creouse o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, coa pretensión de continuar o labor do Seminario de Esdudos Galegos ...Y siendo el latín lengua anticuada para los gallegos, es más necesario que ya que no la aman, la estudien. Y es bárbara crueldad y necedad excusada que unos forasteros enseñen a los niños gallegos mediante la lengua castellana, que no saben, la lengua anticuada que no deben saber, y castigándoles si se les escapa alguna voz o frase gallega de las que han mamado.Todo maestro de Gramática que no fuera gallego y erudito en su lengua patria, se debe excluír de ser maestro de niños gallegos, aunque sea un Cicerón o un Quintiliano. ...Es una desalmada necedad poner los niños gallegos a la jerga de la Gramática Latina antes de saber, con mucha estensión la lengua gallega, y todas las voces de la Historia Natural, a lo menos de las visibles de su país. Házte cargo que al portugués se le enseña el latín en portugués, al francés en francés, al italiano en italiano (...) al castellano en castellano. Pues qué tiranía es que al gallego no se le enseñe en gallego el latín? Qué fatuidad es que al gallego se le enseñe una lengua ignota en la lengua castellana, que no entiende? Había que quemar todo libro de Gramática, que pasase a Galicia, y que no estuviese explicado en lengua gallega.
MARTÍN SARMIENTO A ILUSTRACIÓN (séc. XVIII) En 1944 creouse o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, coa pretensión de continuar o labor do Seminario de Esdudos Galegos ...No pocas veces he pensado en cuál ha sido la causa de que en Galicia se haya introducido el uso o abuso de escribir en castellano lo que antes se escribía en latín o en gallego. No hay género de escritura, testamento, donación, venta, contrato, foro, arriendo, (...) etc., que yo no haya visto o leído en Galicia o en latín o en gallego y sé que se pueden cargar carros de estos documentos que se conservan en Galicia. No habiendo pues precedido ni concilio ni cortes, ni consentimiento uniforme de los gallegos para actuar, otorgar, comerciar en lengua castellana, quién lo introdujo? La respuesta está tan patente que Galicia llora y llorará siempre: no los gallegos, sino los no gallegos que a principios del siglo XVI inundaron el reino de Galicia, no para cultivar sus tierras, sino para hacerse carne y sangre de las mejores y para cargar con los más pingües beneficios así eclesiásticos como civiles. Esos han sido los que por no saber la lengua gallega ni por palabra ni por escrita, han introducido la monstruosidad de escribir en castellano para los que no saben sino el gallego puro. Un non aguanta cando sente que alguén esqueceu o seu idioma nativo. Que diremos dos que fixeron por esquecelo? É unha necidade pensar que poida haber unha lingua, viva ou morta, que sexa mellor para explicar os seus conceptos ca aquela que cada un mamou e usou en toda a súa infancia. É moi útil que se estudien, se saiban, se entendan e se falen linguas estrañas, pero sen esquecer a nativa. (…) Xa se irá vendo neste glosario que a lingua galega non teñen por que desprezala os casteláns palurdos, que non a entenden, (…) nin merece ser esquecida dos nativos, aínda que leven moitos anos en rexións remotas.
A ILUSTRACIÓN (séc. XVIII) PADRE SOBREIRA CORNIDE SAAVEDRA DIEGO A. CERNADAS E CASTRO (O cura de Fruíme) CASTRAPO: "los gallegos que habitan los lugares muy populosos o de comercio, estos ni hablan puro gallego, ni puro castellano, sin el tercer idioma champurrado". ¿Viche, Filida amada, o pajariño que arando desos aires nas campiñas, descoidado se achanta polas liñas que cauto cazador pon no camiño? ¿Viche que forza fai para soltarse e levar a bicada ós seus pajaros (parte do corazón e fillos caros), que deixara no niño ó remontarse? Pois viche a quen che adora pola vida, que, chantado no ichó de un imposibre, cata aquí, cata alí se acha saída para fugir, podendo verse libre e acurrujarse firme no teu seo, en que chorara atento o seu deseo. Ä morte de Feixoo, Cernadas escribe este memento: "á súa moi Nobre, Moi Respetable e Moi Amada Nai a Nación Galega" Escoiten, que falo eu na miña lingua galega, que anque teño a musa lega e pra copras non naceu, unha nai que me pareu i autra vella, miña tía, deron conmigo a porfía sobre o galego falar, e nil me mandan glossar el acaso de este día. Pero eu ben podo dezir que, anque en ela me criei, eínda falar nona sei nin eínda a sei escrivir, mas por non dar que sentir á nai que en min se revé, gardando de fillo a fee, dijen: "Eu porei na glossa unha acción tan religiosa y el ver los reyes a pie". PLÁCIDO E ANSELMO FEIXOO MONTENE-GRO PADRE FEIXOO O Padre Feixoo, fronte a opinión xeralizada dende o Renacemento, afirma que o galego non é un dialecto ou unha corrupción do español, senón unha lingua, pois como as demais variantes romances deriva do latín. Mª FRANCISCA ISLA LOSADA Romance ao Cura de Fruime (1775) “…Deixame estar á meu cabo layandome do meu mal, que abofè llas fartas teño, gracias a Deus, que mo dà” (…) “Soi mentes en Deus do Céo, agarimo podo achàr, pois cuitadiña de min, já non teño Pay, nin Nay” (…) “Eu só unha probe viuda mal pocado de min ¡aÿ! que esta remembranza sò me fay decote choràr”
Actividades... Sofia Rama Le as afirmacións recollidas na seguinte páxina web, elixe unha delas para investigar a súa veracidade, reflexiona sobre o as razóns para borrar o Reino de Galiza da Historia de España. Finalmente prepara unha alocución para expor os teus argumentos na aula. http://boards5.melodysoft.com/app?ID=bngquiroga&msg=142&DOC=61 2. Por que os galegos, nos Séculos Escuros, deixaron de usar o galego como lingua de cultura? Foron verdadeiramente estes séculos, centurias de silencio? 4. Unha das manifestacións literarias desta época foi o conto popular. A súa vitalidade chegou até os nosos días e hoxe está a ter enorme éxito, especialmente entre os contadores que fan as súas narracións orais nos centros de ensino. Busca información sobre o “pai” de todos eles, sobre o contador que recuperou e renovou o xénero na actualidade. Elabora a súa biografía servíndote de texto e de imaxes , podes crear un GLOG, seguindo este modelo http://masan1.glogster.com/glog-3485-1823/ 3. Durante os Séculos Escuros esténdese por toda a Península unha actitude antigalega. Cales cres que foron as razóns? Que consecuencias tivo esa actitude en Galiza? Busca, na prensa cotiá, actitudes semellantes que se estean a producir hoxe en día contra os galegos e/ou contra calquera pobo. 5. Nesta etapa da nosa Historia, a Literatura galega está a vivir os seus Séculos Escuros. Averigua que etapa lle corresponde á Literatura Castelá. Que opinión che merece o contraste?
Ai!, se nosos Deus Galego se face, Vamos a cantar A chociña en que nace. Ai!, se a súa mai É de Compostela, Vamos a cantar fermosa galega. Todo galeguiño Toque churumbela, Que o meniño belo É da nosa terra. Façamolle todos A dança galega, Que está desnudiño E chora e tembra. Pois nace en Galiza Á falda da serra, Galego se face É da nosa terra. VILANCICO ANÓNIMO DE 1637 Actividades... Tendo en conta o dito ao respecto de Vilancicos de Nadal, panxoliñas e Vilancicos de Galego, xustifica a cal deles pertence este texto.
Actividades... Sofia Rama Por que os ilustrados non utilizan o galego como lingua vehicular a pesar de defender e reclamar a súa dignificación? 2. Algunhas persoas, traballadoras pola normalización da lingua, consideramos que Sarmiento foi o primeiro intelectual da nosa Historia en iniciar ese labor. Por que cres que o consideramos o primeiro “normalizador”? 4. É o século XVIII un “século escuro”? 3. Le comprensivamente as citas de Sarmiento. Imaxina que aparecesen como titulares nalgún xornal actual. Cres que hoxe serían “politicamente correctas”? Que cres que opinaría a maioría da sociedade galega ao respecto? 5. En 1985 atopouse un texto dramático, anónimo, do século XVIII, intitulado Entremés do portugués . Algo semellante ocorreu varias veces ao longo do século XX, coas cantigas trobadorescas, coa nosa primeira peza teatral…Por que cres que actualmente se seguen a atopar textos galegos de séculos pasados?
Tarefa: Eu nunca serei yo A tarefa consiste en deseñar unha campaña para a galeguización de antropónimos e topónimos que foran castelanizados ou nos que se prescindira da forma galega. Podes seguir o modelo de calquera das campañas da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) ou na páxina antiga da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (SXPL). Antes de comezar coa campaña debes informarte e reflexionar sobre o que pensas ao respecto; despois deberas escoller que é o que queres transmitir e como queres transmitilo. Terás que buscar a maneira de convencer á xente para que galeguice o seu nome ou o nome da súa rúa… Terás que crear algo que poidas “venderlles” ou regalarlles! Sofia Rama
Tarefa: Eu nunca serei yo Para a realización da tarefa debes seguir estes pasos: Visita este blogue: Milprimaveras Escoita o tema na versión de Leo i Arremecaghoná Averigua por que existen mapas e textos con topónimos galegos como Seijo, Carballino, Arteijo, Noya, Niño de la Guía, Valle del Oro, Sangiao, Rianjo… Por que cres que hai xente hoxe que pensa que as poboacións galegas poden levar un nome galego e outro castelán segundo a lingua que se fale? Recolle exemplos da toponimia da túa comarca e da antroponimia dos familiares e amigos que che rodean e castelanízaos. Posteriormente realiza o exercicio contrario: recolle antropónimos casteláns e topónimos dun mapa de Castela ou Andalucía e galeguízaos. Que opinión che merecen os resultados? Que cres que opinan os afectados? Cres que para unha persoa é importante o seu nome ou o nome do lugar no que vive ou qo que pertence? Finalmente busca a mellor maneira para informar e convencer á sociedade que che rodea de por que os nomes das persoas e dos lugares, en Galiza, deberían figurar en galego. NOTA: O resultado debe ser un obxecto que se poida fabricar e un tríptico que se poida distribuír. Sofia Rama
FONTES Información xeral: GALIPEDIA. SÉCULOS ESCUROS ILUSTRACIÓN APUNTAMENTOS USC EN SCRIBD LOIA ED. GALAXIA IES AS TELLEIRAS GALEGO.ORG MATUQUÍN SIMPLEMENTE GALICIA GALIZA CARLOS PAULO MARTÍNEZ PEREIRO O SÉCULO XVIIII Textos e obras: CANCIONEIRO DE BAENA CANCIONEIRO GERAL DE GARCÍA DE RESENDE WIKIPEDIA PT PROJECTO VERCIAL PROSA. FERNAO LOPES TEATRO ENTREMÉS FAMOSO… JULIO MONTA / BVG SAQUEO DE CANGAS… PRANTO DA FROUSEIRA POESÍA POPULAR ANINOVOS ENCHOIADAS VARIOS SARMIENTO CORNIDE SAAVEDRA Entremés do portugués TRATO CARA AOS GALEGOS NO RESTO DA P.I. M. A. TEIJEIRO FUENTES XAVIER LAGO MESTRE Enlaces comprobados o 06/07/2011 Sofia Rama Autores: FEIXOO SARMIENTO MAIS .VIEIROS BVG FRANCISCA ISLA Vídeos: Gal/port. Irmandiños A revolta A igrexa en mans dos RRCC A Inqueisición contra María Soliña Traizón ao Mariscal Pardo de Cela Cuidado com a língua Emigración Góngora Comercio galego nos SSEE Entremés famoso… SARMIENTO A escola das areas Historias de Galicia Ilustración Presentacións: Xenevra Mosteiro Actividades: O reino de Galiza borrado da Hisoria Glog sobre o Pranto da Frouseira
IMAXES IMAXES RECOLLIDAS ENTRE O 23/06/2011 E O 30/06/2011. CLICANDO SOBRE ELAS LEVARANNOS AO SEU LUGAR DE PROCEENCIA.
BIBLIOGRAFÍA Literatura Galega Medieval (Manual e antoloxía), Xosé Ramón Pena, ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1993. Literatura Galega. Aportacións a una Historia crítica. Anxo Tarrío Varela, ed. Xerais. Vigo, 1994. Lecturas de nós. Introdución á Literatura Galega. Ramón Gutiérrez Izquierdo, ed. Xerais. Vigo, 2000. Literatura Galega da Idade Media ao século XIX. Elvira Roiz Mesías e Manuel Rei Romeu, ed. A Nosa Terra. 2002 Sarmiento. Un intelectual ilustrado. Pilar Allegue, ed. Xerais e peto. Vigo, 2001. Lingua e Literatura 1 - Bacharelato, VVAA, ed. Xerais. Vigo, 2005 Lingua e Literatura 1 – Bacharelato, VVAA, Consorcio editorial Galego. Vigo, 2008. Lingua Galega e Literatura. Bacharelato. A Literatura, VVAA, ed. Galaxia. Vigo, 2001. Sofia Rama
ANEXOS
RESPICE FINEM Morte cruel, esa tredora maña de roubar de non cato á humana vida con que ollos á podeche ver comprida na santa REINA que oge perde España? Se aquel rancor que te carcome e laña che tiña á mao para matar ergida, non deras noutra parte esa ferida donde nô fora á lástima tamaña? Non se torçera aquel fatal costume y á ley que yguala do morrer na sorte, os altos Reis, co os baijos labradores? Terrible en fin é teu poder, ó Morte, pois diante de ti Reis, e señores son néboa, sombra, poo, son bento e fume. VÁZQUEZ DE NEIRA (1612)
Santo da barba dourada, vello honrado, meu patrón, raio, fillo do trebón, capitán de roxa espada, señor da cruz colorada, valente e forte guerreiro quen todo o mundo enteiro polo mar e pola terra, chama, na paz e na guerra, Sant-Iago o cabaleiro. Eu, meu santo, oín agora ao crego desta maneira: que vos dan por compañeira unha santa, gran doutora. ¡Vállame Nosa Señora! Ende, ¿vós non bastás sóo para desfacer en póo cantos mouros e xudeus houber contra a fe de Deus? Decíao el meu abóo. ¿Elo é que non podés? Eu non sei como isto sexa, ou debe ser de envexa do ben que a España facés. Eu non vin tal entremés: que a un crego lle fagan ter unha freira por muller. ¡Arreda, vai Satanás! Santo, vós, se casás, dais ao mundo en que entender. Ora, pese a tal, comigo, non vos deran por compadre a San Lourenzo, ou ao padre San Vincenzo, ou San Domingo; en tal preito non delingo. E a nosa Santa Tereixa, ¿Non ha te-la mesma queixa, pois vola dan por muller sen preguntar se ela quer, se ela toma ou se ela deixa? Meu santo, agora digo eu, con perdón, se a min mo dá: a xente da miña la, ¿onde ha de ir ao xubileo? non ha de faltar un xudeu que nos diga que ninguén, sen ir a Xerusalén, nestas vosas estacións non pode gañar perdóns por Xesús de Nazarén. En fin, eu xa teño dito que acho de vende-los bois e ir a Roma despois ao Padre Santo bendito e ao noso señor o Rei, que manden pór unha lei que sexas, pois é inxusticia, patrón só da milicia de España contra Mafoma, mentres for San Pedro en Roma, vós, Sant-Iago, en Galicia. DÉCIMAS AO APÓSTOLO. MARTÍN TORRADO (1617)
PORTOGUESA Meu quirido, meu mimo, meu morgado, meu ouro fino, meu mui doce amado, meu espello, meu gosto, meu contento, meu bein, en quein eu tinha o pensamento. Que anamigo raivoso te matou e de joia tan bela me privou? Quein foi o desalmado i atrevido que te quebrou, espello tan lucido? Quein meu minino morgado marchitou à frol da idade? Quein vos dirribou do trono, en que posto estaváis, do cariño e mimo de teis pais? A vosa cabeleira priciosa, como está tan suja? Quein a pus ludosa? A cara que à prata aventajava, a gala que do corpo vos sobrava, os ollos, con que às mininas dávais pena co ollar grave e vista taon serena..., quein vos roubou tudo isto? Donde fica? Quein foi o que cortou rosa tão rica? Atacar as sirolas não sabia i espada de três braços ja cinjia, que, pujando por ela, fes que ciscacen mutos muta e dela. No Alantejo ganou mutas vitorias, como bein contarão largas historias; ò Doiro as espumas lle tenjeu con sangue ruiva que o castelão verteu. Era, con ser mínino, tão valente que pudia por campo a muta jente. I agora, mal-pecado, veo a morrer nun charco aufegado, i a sua moleiriña dilicada, aberta coa pura cacheirada. Esperava-vos eu vitorioso e tinha três testoins de pão fromoso, meo savle cocido e meo asado, meu casco de cebola e allo petado, neto e meo de vinho na borracha pera os que convosco ivão facer cacha. Mais a raiva galega tão travesa escachou-vos a todos a cabeça. Mufina de min, mufina, que farei? Sein alma, gosto e vida, donde irei? Volve teus ollos a estes tristes braços, dar-vos-ei despois de morto mil abraços. Para ambos farei a sepoltura, e co'iço darei fin a tal tristura. Entremés famoso sobre a pesca no río Miño. G. Feixoo de Araúxo (1671)
Ai!, se nosos Deus Galego se face, Vamos a cantar A chociña en que nace. Ai!, se a súa mai É de Compostela, Vamos a cantar fermosa galega. Todo galeguiño Toque churumbela, Que o meniño belo É da nosa terra. Façamolle todos A dança galega, Que está desnudiño E chora e tembra. Pois nace en Galiza Á falda da serra, Galego se face É da nosa terra. VILANCICO ANÓNIMO DE 1637
| URL: |
No comments posted yet
Comments