INTRODUCIÓN XERAL Á LITERATURA GALEGA

+5

No comments posted yet

Comments

Slide 1

INTRODUCIÓN XERAL Á LITERATURA GALEGA Tema 0

Slide 2

Uso da presentación Para a aplicación deste material será precisa unha aula cunha pantalla, un canón conectado a un portátil e conexión a internet. Ademais do que contén a presentación, pódese ampliar a información do tema a través de hiperenlaces, unhas veces ligados a páxinas web, outras a medios sonoros ou mesmo audiovisuais e outras simplemente aos anexos da propia presentación. Para todos eses enlaces aparecerá sempre a mesma simboloxía: unha cor chamativa nunha palabra ou conxunto de palabras remite a un enlace cunha páxina web que aporta información sobre ese termo. O símbolo dunha cámara de vídeo remite a un medio audiovisual propio ou da rede. O símbolo dun altofalante remite a un arquivo sonoro, ben propio ben tirado da rede. O símbolo dun libro antigo remite a textos. Canti-gas de amigo Sofia Rama

Slide 3

A Literatura Galega Do mesmo xeito que os poemas que Goethe es-cribiu en francés non pertencen á literatura ale-má, os Seis poemas galegos de Lorca forman parte da Literatura Galega, pero La colmena, de Cela, pertence á Literatura Española, aínda que o seu autor nacera en Padrón. Por moi galego que sexa o mundo recreado en Los pazos de Ulloa ou por moi galego que resulte o estilo valleinclanes-co, nin Valle nin Pardo Bazán pertencen á Litera-tura Galega. Entre o século XIX e o XX, os máis grandes autores/as galegos téñense expresado en castelán, mais esa parte da súa obra non for-ma parte da nosa literatura, só significa que a Li-teratura Castelá posúe obras de temática galega ou, por outra banda, que escritores/as nacidas en Galiza foron e son escritores/as casteláns. Cando nos atopamos ante escritores bilingües, como os tres grandes do Rexurdimento, á Historia da Lite-ratura Galega só lle compete a súa obra en gale-go; porque, como aseguraba R. Carvalho Calero, seguindo o criterio filolóxico por consideralo o máis científico, só a literatura escrita en galego é Literatura Galega.

Slide 4

Características propias Expresión da forma de ser, de pensar e de vivir dos galegos/as. Símbolo de identidade, desde o séc. XIX Figuras de relevancia universal: Rosalía, Castelao, Blanco-Amor, Cunqueiro… Non é un apéndice da literatura española: Lingua distinta Desenvolvemento histórico diferente 1. LITERATURA AUTÓNOMA

Slide 5

Características propias 1. LITERATURA AUTÓNOMA 2. LITERATURA COMPROME-TIDA Literatura de resistencia, conformadora dunha conciencia galega libre de prexuízos e de falsificacións históricas. Vehículo de denuncias sobre a situación do país: marxinación, miseria, emigración, desprezo… Compromiso ideolóxico co uso dun idioma minusvalorado, desprezado, marxinado e perseguido.

Slide 6

Características propias 1. LITERATURA AUTÓNOMA 2. LITERATURA COMPROME-TIDA 3. LITERATURA REALISTA E POÉTICA Estética predominante realista até os anos 80. Xénero maioritariamente poético, até os anos 80, pola falta de normalidade lingüística. A poesía está máis pegada aos sentimentos e menos condicionada comercialmente no mundo español das editoriais.

Slide 7

Características propias 1. LITERATURA AUTÓNOMA 2. LITERATURA COMPROME-TIDA 3. LITERATURA REALISTA E POÉTICA 4. LITERATURA SILENCIADA Os Séculos Escuros, que para outras literaturas foran de “ouro” (Renacemento e Barroco para as literaturas castelá e portuguesa), supuxeron o silencio da expresión literaria culta e escrita. De aí ven o empeño constante por resultar “actual”, por renovarse técnica e tematicamente e por asimilar as correntes máis relevantes da literatura universal (Grupo Nós, Manuel Antonio, Rafael Dieste…).

Slide 8

Características propias 1. LITERATURA AUTÓNOMA 2. LITERATURA COMPROME-TIDA 3. LITERATURA REALISTA E POÉTICA 4. LITERATURA SILENCIADA 5. LITERATURA RECUPERADA Rexurdimento, despois de case catrocentos anos de silencio, grazas á tradición oral. Desde o século XIX vivimos nun permanente rexurdimento, nun proceso de lenta conquista de novos campos, prestixio e lectores. Recuperación da poesía a mediados do XIX Recuperación da prosa a finais do XIX Recuperación do teatro, do ensaio e da prosa científica no primeiro terzo do séc. XX.

Slide 9

Características propias 1. LITERATURA AUTÓNOMA 2. LITERATURA COMPROME-TIDA 3. LITERATURA REALISTA E POÉTICA 4. LITERATURA SILENCIADA 5. LITERATURA RECUPERADA 6. LITERATURA NON NORMALIZADA Literatura non normalizada, porque o idioma no que se expresa non o é. Cando a normalización do idioma avanza, a literatura vive unha etapa de esplendor; cano o idioma é silenciado, reprimido ou perseguido, a literatura cala. Vehículo de consolidación da normativa. Instrumento valioso de normalización lingúística. Ferramenta básica para prestixiar a lingua.

Slide 10

Escritor@s e Lector@s A figura do escritor monolingüe, na Literatura Contemporánea é recen-te (Castelao, Manuel antonio…) O número de lectores galegos, aínda tendo aumentado considerablemente, é escaso. A marxinación do galego de ámbitos como a escola provocou que os galegos fosen analfabetos na súa propia lingua. A invisibilidade da nosa cultura nos grandes medios de comunicación social provocou que os galegos ignoren o que teñen de seu. Os escritores galegos non poden vivir do seu traballo. Os lectores acceden máis doadamente a calquera obra en castelán (mesmo ás traducións da literatura universal). O conflito lingüístico provoca a falta de normalidade da nosa literatura e esta a existencia de escritores e lectores “militantes”. Maior número de escritoras Escaso número de asociacións que representen os seus intereses. Aumenta o número de lectores entre o profesorado, estudantado, funcionarios, as mulleres, nas profesións liberais, … Son persoas novas, cun alto nivel de estudos e do ámbito urbano. O libro en galego é moito máis que un ob-xecto es-tético ou de con-sumo cultural. É un ele-mento simbóli-co e identita-rio. Vehi-culiza a defensa e a reivin-dicación da lingua na que está escrito.

Slide 11

Periodización LITERATURA GALEGA ETAPA MEDIEVAL (fins s.XII – fins s.XV) SÉCULOS ESCUROS (séc. XVI-XVII) ILUSTRACIÓN (séc. XVIII) REXURDIEMNTO (séc. XIX) LITERATURA DO SÉC. XX-XXI Período de esplendor (1196-1350) Período de decadencia (1350-1500) Período precursor (1808-63) Rexurdimento pleno (1863-1888) Decadencia finisecular (1888-1917) Segundo Rexurdimento (1914-1939) Silencio interior e exilio (1939-1950) Nova e Lenta eclosión (1950-1980) Período actual (1980- ate hoxe)

Slide 12

IMAXES IMAXES CON ENLACES COMPROBADOS O 26/07/2011

Slide 13

BIBLIOGRAFÍA Literatura Galega Contemporánea (problemas de método e interpretación). Francisco Rodríguez. Ed. Do Cumio, 1990. Literatura Galega. Aportacións a una Historia crítica. Anxo Tarrío Varela. Ed. Xerais. Vigo, 1994. Lingua e Literatura 1 – Bacharelato, VVAA, Consorcio editorial Galego. Vigo, 2008. FONTES Información xeral: GALIPEDIA Cronoloxía da Historia da Literatura Galega: EPA PONTEVEDRA Características da Literatura Galega: Literatura Galega e identidade nacional… Víctor Freixanes. A anormal normalidade da Literatura Galega. Fran Alonso. AELG Escritores e lectores: TERRA E TEMPO

Tags: galego literatura introducion periodizacion

URL:
More by this User
Most Viewed