Eduardo Pondal

+3

No comments posted yet

Comments

Slide 1

EDUARDO PONDAL Tema 9

Slide 2

Uso da presentación Para a aplicación deste material será precisa unha aula cunha pantalla, un canón conectado a un portátil e conexión a internet. Ademais do que contén a presentación, pódese ampliar a información do tema a través de hiperenlaces, unhas veces ligados a páxinas web, outras a medios sonoros ou mesmo audiovisuais e outras simplemente aos anexos da propia presentación. Para todos eses enlaces aparecerá sempre a mesma simboloxía: unha cor chamativa nunha palabra ou conxunto de palabras remite a un enlace cunha páxina web que aporta información sobre ese termo. O símbolo dunha cámara de vídeo remite a un medio audiovisual propio ou da rede. O símbolo dun altofalante remite a un arquivo sonoro, ben propio ben tirado da rede. O símbolo dun libro antigo remite a textos. Canti-gas de amigo Sofia Rama

Slide 3

EDUARDO PONDAL Eduardo Pondal (1835-1917) é o poeta do Rexur-dimento que máis coidou a lingua, por iso é con-siderado o primeiro grande estilista moderno. Para el o prioritario era a creación dunha lingua literaria culta, limpa de impurezas (castelanismos, vulga-rismos…) e chea dos cultismos comúns a todas as linguas románicas, mais dos que o galego ca-recía polas circunstancias históricas ás que se veu sometido a partir do séc. XV. Esta foi a razón da súa escasa produción poética (poemas soltos: Rumores, refundido en Queixumes; e Os Eoas, inacabado). Pondal abandonou a súa profesión de médico para adicarse (grazas á solvencia econó-mica da súa familia fidalga) á poesía. Mais propú-xose pulir indefinidamente a súa obra poética, po-lo que só completou en vida un único poemario, intitulado Queixumes dos pinos (1886). Esa acti-tude escrupulosa, que o autor adoptou ante os seus escritos, obrigábao a unha actividade poética próxima á maldición. Talvez por iso a súa neurose progresiva agravouse de tal xeito nos derradeiros anos da súa vida que o levou á loucura.

Slide 4

Fidalgo galego Pondal foi un aristócrata de Ponteceso, que recibiu unha magnífica formación en cultura clásica greco-latina (que deixará importantísima pegada na súa obra). Coñeceu a Murguía, a Rosalía e a Aurelio Aguirre sendo estudante de medicina en Compostela. Reunidos en torno ao Liceo de la Juventud, todos eles conformaban o grupo progresista galeguista que, en marzo de 1856 (dez anos despois dos fusilamentos de Carral) participarán nunha reunión clandestina de estudantes, artesáns, obreiros e intelectuais, nun bosque próximo a Santiago, e que pasará á Historia co nome de O Banquete de Conxo. Nese acto, a lectura que Pondal fai dun poema, en castelán, de exaltación liberal, case lle vale o desterro.

Slide 5

Bardo do pobo galego Ossianismo Bardismo Celtismo Helenismo Iberismo Simbolismo e paisaxe Misoxinia

Slide 6

En 1867, por medio Murguía, Pondal coñece os poemas ossiánicos de Macpherson, o que marcará profundamente a súa concepción poética. Macpherson era un mestre de escola escocés que, en 1760, edita un libro de poemas pertencente a un ancián bardo celta, Ossián. Todos os intelectuais europeos da época divulgaron o encanto daquela poesía primitiva. Mais todo fora impostura: Macpherson inventara a figura de Ossián para espallar os seus propios poemas, creados a partir da tradición oral escocesa sobre mitos e heroes celtas. Importancia de Ossián na obra de Pondal: A aparición do bardo, cantor das fazañas doutros tempos. O pasado glorioso é o espello no que se debe mirar a nación postrada. Denuncia dun presente opresivo do que hai que liberarse. Ossianismo Bardo do pobo galego

Slide 7

A través da súa poesía, Pondal autoerixiuse en guieiro do humillado pobo galego, para o que creou un esplendoroso pasado celta, destinado a devolverlle o orgullo perdido. Trazos do bardo: O poeta identifícase plenamente co bardo (sacerdote-poeta-adiviño celta, transmisor da sabedoría da tribo, destinado a inculcar no seu pobo o orgullo de perten-za ao clan). O bardo caracterízase como un guía a través do seu aspecto: vestimenta, barba medrada, actitude corpo-ral… (aspecto patriótico e aristocrático en Pondal) O bardo sente tendencia á melancolía, á soedade… O bardo identifícase coas aves, que simbolizan o canto da liberdade. O bardo é o portador da dignidade e dos signos de identidade do pobo. O bardo ten a misión de espertar a conciencia durmida do seu pobo. O bardo é o profeta do seu pobo. Bardismo Bardo do pobo galego

Slide 8

Celtismo As teorías celtistas dos historiadores románticos (Murguía e Vicetto), que consideraban a raza celta como verdadeira raíz da nosa nación, prenderon ferazmente en Pondal, para quen o elemento diferenciador de Galiza, con res-pecto aos outros pobos ibéricos, era o seu sustrato celta, que ademais a emparentaba con outras nacións atlánticas (Irlanda, Bretaña, Gales, Escocia…). Pondal acabou con-vertíndose na figura máis senlleira da Cova Céltica (a li-brería que Carré Aldao rexentaba en A Coruña). Ante a necesidade de crear unha mitoloxía inexistente: Usou a toponimia galega, especialmente a bergan-tiñá, para darlles nomes aos seus heroes. Recurriu a mitoloxías análogas doutros lugares, especialmente mitos celtas (Ossián e Breogán), mais tamén greco-latinos (guerreiros espartanos) Bardo do pobo galego POEMA SOLTO

Slide 9

Helenismo A forma que lle deu ao seu discurso foi a da tradición culta, recreando a tradición popular a través dos mitos e das métricas clásicas. Pondal adopta as influencias helénicas coa fin de fornecer a lingua galega dunha poesía culta. Trazos da cultura helénica: Presenza de palabras gregas nos poemas. Caracterización militar da maior parte dos seus heroes. Visión militarista do home: virilidade fundamentada nunha ética castrense, rudimentaria, intransixente… espartana. Uso dun ton poético ás veces próximo á arenga militar (chamada ao combate loando a morte en batalla como a máis gloriosa causa). Alusións a criaturas míticas de procedencia helénica. Uso de xéneros clásicos para recrear o ruralismo (poesía bucólica). Bardo do pobo galego POEMA SOLTO

Slide 10

Iberismo A súa visión profética da historia lévao a anunciar un futuro común para todos os pobos ibéricos, liderados pola nazón de Breogán (Galiza), pois ela é a ponte entre hispanos e lusitanos. A fala galega é a “fala de Breogán” e o “verbo de Camoens”, é a mesma para galegos e portugueses. Por iso a lingua é a bandeira da redención galega, ademais do vínculo de unión con Portugal. Esta visión pondalina da lingua formou parte, desde as Irmandades da Fala (1916), do galeguismo. Na liña do pensamento rexionalista, Pondal manifesta un ideario federalista para a confederación dos pobos ibéricos. Este iberismo non morreu co século XIX, senón que se reactivou na II República (Castelao) e volve latexar na actualidade (Saramago). Bardo do pobo galego

Slide 11

Simbolismo e paisaxe Bardo do pobo galego A natureza ocupa un papel moi relevante na poesía de Pondal, ou personificada o cun valor simbólico, sempre adquire vide propia. Esa natureza interésalle salvaxe porque fica preservada das alteracións humanas. Ademais é a través dela que fala o bardo. A natureza, nomeada cos topónimos bergantiñáns, adquire un valor simbólico cando se trata de aves, árbores e fragas, que sitúan ao autor nunha concepción precristiá e panteísta do mundo. A árbore: Raíz: o pasado, a memoria colectiva do pobo Tronco: o presente Copa: o futuro, volta á Idade Dourada. O vento:Sacode as árbores: emiten os sons da terra que o bardo interpreta As aves: Son trasuntos do bardo, representan a ansia de ascensión espiritual do poeta. A fraga: Fogar do bardo.

Slide 12

Misoxinia Bardo do pobo galego Moitos dos poemas de Pondal abordan a relación entre o bardo e as mulleres. De todos eles podemos deducir dúas posturas ante o feminino: Unha perspectiva platónica, derivada do trobadorismo medieval . O poeta mostra unha actitude cabaleiresca ante dous tipos de figuras femininas: A heroína guerreira As fadas Unha perspectiva misóxina: Ao estilo naturalista, propio da tradición popular, no que o poeta mitiga o seu desexo sexual a tra-vés de elementos afectivos. Ao estilo guerreiro espartano, propio dun primi-tivismo vulgar no que a muller é un botín para o home, quen pode usar e abusar dela libremente… Esta última é a actitude que habitualmente mostra ante as mulleres do país (case sempre pastoras ou taberneiras) ou ante a muller en xeral, que para o poeta simboliza a debili-dade.

Slide 13

A súa obra

Slide 14

QUEIXUMES DOS PINOS (1886) 91 POEMAS: 89 en galego, 2 bilingües. circular Inicio: canto dun “boo bergantiñán” Desenvolvemento: “servidume da patria” Peche: o bergantiñán alude á “escravitude dos eidos” Evocación do pasado celta glorioso Exhortación aos galegos para a loita pola liberdade no presente Incomprensión da que é vítima o bardo A morte digna e heroica A posesión sexual violenta da muller O paso do tempo A reivindicación do idioma galego Reducida e repetitiva

Slide 15

QUEIXUMES DOS PINOS (1886) Depuración de castelanismos Uso frecuente da metonimia e doutros recursos estilísticos propios da literatura culta: hipérbato, hipérbole, símil… Mestura de elementos propios da fala de Bergantiños con cultismos Uso de topónimos e antropónimos de resonancias celtas (a maioría creados a partir dos topónimos bergantiñáns) Uso antitético dunha serie de adxectivos relacionados con dous polos opostos: a virilidade (polo positivo) / o muliebre (polo negativo) Escasa presenza do diminutivo galego por excelencia: -iño/a. Valor simbólico dos elementos da natureza. Uso abundante dos paralelismos formais

Slide 16

OS EOAS Eoas significa en grego “fillos do sol”. Así lles chamaban os indíxenas americanos aos españois que desembarcaran nas súas terras. Extracto do diario de Colón, de Frei Bartolomé de las Casas Os Lusíadas, de Camoes. Extenso poema epopeico que relata a grande aventura de Colón. Tema obsoleto, demasiado parecido coa obra de Camoes. O imperialismo español opoñíase directamente ao galeguismo pondaliano. Enorme extensión do poema e uso dunha lingua excesivamete culta,de difícil comprensión. O empeoramente da súa neurose.

Slide 17

A súa pegada… Queixumes dos pinos contén un poema, intitulado Os Pinos, cuxas primeiras estrofas foron elixidas polos emigrados en Cuba como letra para un himno, con música do compositor mindoniense Pascual Veiga.

Slide 18

A súa pegada… Como case todos os autores do XIX, Pondal tamén adica poemas a cuestión da lingua. Para el o esquecemento da lingua propia significa sometemento, escravitude. A lingua é un signo de identidade que é preciso preservar a toda costa, polo que os que non o empregan son ilotas, escravos. Para Pondal a lingua non é só a fala popular, é a “fala de Breogán” !

Slide 19

Actividades… Despois de toda a información exposta en torno a Pondal, podemos observar , cando menos, tres aparentes contradicións: Unha, o seu galeguismo non parece casar co imperialismo español narrado no seu longo poema épico Os Eoas; Dúas, a súa defensa a ultranza da lingua galega parece destinada a unha elite culta, mais non ao pobo que a fala, ademais el mesmo serviuse sempre do castelán para todo o que non fose a poesía (e mesmo, nun principio, comezou sendo poeta romántico en español); Tres, a súa poesía mostra dúas maneiras antagónicas de aproximarxe ao feminino, unha delas aparentemente despreciábel. Despois de ler os textos de Pondal, despois de enfrontar a súa misoxinia, sabendo da súa amizade con Rosalía e do feminismo desta… En fin, despois de teres observado todas estas contradicións, elabora un artigo no que argumentes a favor dunha hipótese que explique esas aparentes incongruencias.

Slide 20

Actividades… 2. Dos poemas recollidos na Selección… elixe un e busca nel todos os aspectos estilísticos enumerados nesta presentación. 4. Olla os seguintes documentais sobre a Historia de Galiza e do Galeguismo, tamén sobre os intelectuais que defenderon a lingua e crearon o símbolos de identidade do noso país. De todos os labores levados a cabo polos galeguistas, cales corresponderon a Pondal? Elabora un informe sobre O galeguismo de Pondal. 3. Despois de revisar a información vista sobre Os Eoas, redacta un tema no que explicas o seu significado, a súa orixe e a súa función na poética pondaliana. 5. Na páxina web da Xunta de Galicia dáse información sobre os símbolos identitarios galegos. Na primeira páxina infórmase sobre a bandeira e o escudo, mais houbo escudos distintos ao que hoxe é oficial. Busca información e imaxes sobre eles. http://www.xunta.es/a-bandeira

Slide 21

FONTES Información xeral: GALIPEDIA (Só se recolle a primeira entrada á galipedia) BVG XUNTA Obras,Textos: RAG PRAZA DAS LETRAS BVG INSTITUTO CAMOES SON DE POETAS PENSA GZ Imaxes: GOOGLE Presentacións: Xenevra Actividades: Proposta didáctica para traballar co himno galego. Hoxe: Pondal recúa (El País) Contra o himno (faro de Vigo) Enlaces comprobados o 20/07/2011 Sofia Rama Vídeos: Himno Galego Banquete de Conxo A cova céltica Temática por alumnoas Presentación de Os Eoas por M.. Ferreiro Himno galego (versión rock) Himno galego por Los Suaves Himno galego (17-maio-1010, Praza do Obradoiro) Versión de Juan Pardo de A Fala e Falade Galego Manuel Ferreiro le un poema de Pondal en defensa da lingua.

Slide 22

IMAXES IMAXES RECOLLIDAS ENTRE O 04/072011 E O 10/07/2011. CLICANDO SOBRE ELAS LEVARANNOS AO SEU LUGAR DE PROCEENCIA.

Slide 23

BIBLIOGRAFÍA Literatura Galega. Aportacións a una Historia crítica. Anxo Tarrío Varela, ed. Xerais. Vigo, 1994. Manual e escolma do Rexurdimento. Román Raña, ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela 1995. Lecturas de nós. Introdución á Literatura Galega. Ramón Gutiérrez Izquierdo, ed. Xerais. Vigo, 2000. Literatura Galega Contemporánea (problemas de método e interpretación). Francisco Rodríguez, ed. Do Cumio. Pontevedra, 1990 Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro. Francisco Rodríguez, ed. AS_PG, 1988 Literatura Galega Contemporánea. Ricardo Carvalho Calero, ed. Galaxia, 1981 Literatura Galega da Idade Media ao século XIX. Elvira Roiz Mesías e Manuel Rei Romeu, ed. A Nosa Terra. 2002 Lingua e Literatura 1 - Bacharelato, VVAA, ed. Xerais. Vigo, 2005 Lingua e Literatura 1 – Bacharelato, VVAA, Consorcio editorial Galego. Vigo, 2008. Lingua Galega e Literatura. Bacharelato. A Literatura, VVAA, ed. Galaxia. Vigo, 2001. Lingua Galega e Literatura 1º Bacharelato. VVAA, ed. Obradoiro Santillana. Sofia Rama

Slide 24

ANEXOS

Slide 25

Brindo por quien, señores, la victoria, muerto mas no vencido, dio al tirano; el ilustre varón de alta memoria, el célebre Catón republicano: de nuestra idea a la futura gloria; Y brindo por el pueblo soberano, y a quien acate, libre como el viento, el vuelo del humano pensamiento. Oye, !oh pueblo!, sectario de una Idea, bendecido por Dios: oid hermanos; no abandoneis el campo de pelea; todos sois en la tierra soberanos. Ya rompe nuestra aurora y centellea, y ha quemado la frente a los tiranos, que cobardes, los ciega y les asusta el resplandor de la verdad augusta. Campeones de Dios, sabio y clemente; iguales os formó la naturaleza: soltad el vuelo a la abrasada mente, levantad a los cielos la cabeza. Decid: ¿quién hizo al hombre diferente de su hermano? ¿Quién dio mayor nobleza al corazón de un déspota tirano, que al honrado sudor del artesano? Responde: ¿No sentís todos latiendo gigante un corazón dentro del pecho, un pensamiento en la cabeza ardiendo que a todos juzga con igual derecho? ¿Hay razón a que uno esté gimiendo y duerma el otro en el dorado lecho, convirtiendo de Dios los hijos bravos en tropel de reptiles y de esclavos? Y tú, pueblo, el que sufres resignado, el que da hijos a la inicua guerra, el que hace, pobre, de sudor bañado, en pardas mieses reventar a tierra; tú, que ignorante vives y humillado. Tu grande porvenir en ti se encierra. ¡Pueblo libre!: levántate, y, valiente, el sol contempla con osada frente. No hay vallas para ti: sobre ti brilla grande la libertad; libre es tu ciencia: tu sagrado corazón y sin mancilla; libre tu pensamiento y tu creencia; un baldón de tu raza la cuchilla que viola la voz de tu conciencia. ¿Quién es tu juez, oh pueblo? No tu hermano: tú eres de ti mismo soberano. No es tu suerte alcanzar sangrienta palma para un poder sin leyes y sin vallas, el quebrantar las alas de tu alma, y el entregar tu cuerpo a las batallas: no servir de esclavo a quien con calma, te mira revolverte en las metrallas, y, enemigo inhumano de tu vida, asaltarte en combate fraticida. Caiga, pues, esa turba de reptiles que ostenta con orgullo tus blasones: písalos todos cual gusanos viles: queme el fuego sus necias distinciones, y habiten los cernícalos sutiles la oscura soledad de sus mansiones, y arrebaten los roncos torbellinos el montón de sus viejos pergaminos. Brinde de Pondal no Banquete de Conxo

Tags: galego literatura rexurdimento pondal

URL:
More by this User
Most Viewed