|
|
FLORA do río LÉREZ II
MATOS, FENTOS e CANAS
MATOS
XESTA, cytisus scoparius, É unha planta arbustiva de 1 a 2 m de altura, con ramas delgadas, estriadas, de cor verde e con poucas follas. Flor amarela e papilionada. O froito é un legume negro pilosa. A floración é de abril a xullo. Pertence á: Clase: magnoliopsida Orde: fabais Familia: leguminosae Xénero: cytisus
O froito é un legume negro e piloso. Ten uso medicinal polas súas propiedades cardiotónicas e estimulantes. Tamén se usan as flores como diurético. Uns e outras son tóxicas para os animais domésticos
Hai uns anos, cando perdían a folla, os labregos cortaban xestas para facer vasoiras que servían para limpar os fornos e as lareiras. Tamén anoaban as ramas para pedir un desexo
TOXO ou ulex europea, É un arbusto moi espiñento con ramiñas moi tesas e espiñas fortes e dereitas. Non ten verdadeiras follas. Pertence á: Clase : dicotiledóneas Familia: leguminosas Xénero: ulex En Galicia danse tres tipos que se distinguen polo tamaño e pola época de floración, os tres poden atoparse preto do noso río e dos seus afluentes
Toxo gateño (ulex nano) é o máis pequeno e florece no outono. Antes collíase para botar nas cortes do gando e facer esterco pero hoxe xa non se fai
Toxo femia (ulex galli) é máis grande que o anterior e florece no verán. Como xa non se corta e hai moitos terreos de cultivo abandonados está a estenderse moito, invade os terreos que non se cultivan xa
Toxo arnal (ulex europeus) é o máis grande, pode chegar aos tres metros de alto. Florece na primavera. A infusión de flores de toxo é moi boa para as enfermidades do fígado, tamén se fai licor dela e houbo un “intento” de fabricar combustible para coches pero parece que non “funcionou”
QUEIRUGA, queiroa, carrasca, etc. son algúns dos nomes galegos da calluga vulgaris é un mato leñoso moi ramalludo que pode chegar ata un metro de altura, pelado ou con peluxes, de ramiñas avermelladas e de pequenas follas moi imbricadas dispostas sentadas sobre as ramiñas. Pertence á: Clase: magnoliopsida Orden: ericais Familia: ericaceae
CARROUCHA ou erica cinerea, moi parecida a anterior pero máis pequena e coas flores lixeiramente diferentes. Florece na primavera. Din que ten propiedades diuréticas e que é moi boa para tratar males de riles e de próstata
Moi parecida ás anteriores é a UZ MOURA (erica australis) que antigamente se empregaba para facer carbón para as ferrerías
CARQUEIXA, chamaespartium tridentium. É unha planta arbustiva da: Clase: magnoliopsida Orden: fabais Familia: fabaceae. É rara nas proximidades do noso río pero hai algunhas cerca do seu nacemento.
A carqueixa fai uns anos era moi apreciada en tódolos pobos de Galicia: era un bo esterco; ademais ardía moi ben, polo tanto servía perfectamente para quentar o forno. Tamén para prender o lume e como alimento para o gando que comía mal porque estimula o apetito
Xa frei Martín Sarmiento falaba das súas propiedades curativas: "nalgúns casos, a carqueixa, pode curar moitas enfermidades, como son as reumáticas, os hematomas, as dificultades para eliminar líquidos e todo xénero de obstruccións'‘,ademais serve para curar catarros e gripes, bronquite e outras doenzas pulmonares
Flores de toxo, carqueixa e xesta que moita xente equivoca pola súa cor pero que son diferentes como se ve aquí
CARPAZA ( cistus psilosepalus). É unha planta arbustácea da: Familia: cistaceae Xénero: cistus Especie: psilosepalus Forma pequenas matas que non superan os 80 cm.As follas son lanceoladas, sen pecíolo e abrazan ao talo, son un pouco brillantes. As flores de pétalos brancos, solitarias ou en pequenos grupos. É fácil vela nas abas dos montes que baixan ao río, pero non a vimos na beira mesma
HERBA DOS BOIS, carqueixa boieira, carrasca, herba de ouro, carroucha e melga son algúns dos nomes do halimium alyssoides. É unha planta arbustiva de follas peludas que forma pequenos matos preto do río nas zonas máis altas. Pertence á: Familia: cistaceae Orde: malvais Xénero: halimium
Chámanlle “herba de ouro” pola fermosa cor dourada das súa flores e polos estames, eses fíos finos que brillan como ouro, pero hai outra planta co mesmo nome coa que non temos que equivocala
HERBA DE OURO (ranunculus repens) que é unha planta herbácea que aparecen nos prados, beiras de camiños e preto de regatos e ríos, buscando sempre a humidade. As flores posúen cinco pétalos amarelo brillante moi rechamante. Non é este o seu sitio, porque é unha herbácea, pero poñémola para distinguila
XILBARDEIRA, silbarda, xenxibardeira, xarda, xardo, xardiña, picanceira, rascacú ou azoutacristos,son algúns dos nomes desta planta arbustiva ou ruscus aculeatus que pertence á: Familia: ruscaceae Orde: asparagais Xénero: ruscus Non é moi amante da claridade por iso vive no sotobosque aínda que as veces medra nas árbores como parásita, tampouco abonda pero nun pequeno bosque preto do mosteiro de Aciveiro hai bastantes
É unha planta arbustiva e sempre verde, de talos arqueados que se aplanan formando falsas follas, terminadas nunha espiña, de cor verde escuro opaco. Dá pequenas flores verdosas que se transforman en froito vermello brillante vistosos, dispostas directamente sobre os talos
Antigamente as raíces da xilbardeira empregábanse como xarope aperitivo, hoxe tamén se usa en medicina para facer cremas e infusión para mellorar a circulación, pero o seu froito, esas boliñas vermellas tan chamativas, é tóxico
CODESO (adenocarpus complicatus). É unha planta arbustiva moi frecuente na beira dos nosos ríos e que se pode confundir coa xesta se non se mira ben. Pertence á: Familia: fabaceae Orde: fabais Xénero: adenocarpus
O codeso distínguese da xesta polas follas e flores. As primeiras son lanceoladas e flores amarelo - alaranxadas en ramiños finais, moitos e mesturados, ademais son máis pequenas que as da xesta.
TORVISCO (dafne gnidium). É unha planta arbustiva que forma matas nas zonas máis soleadas do bosque próximo ao río, especialmente na zona alta do mesmo, no concello de Forcarei. Pertence á: Familia: thymelaeaceae Orde: malvais Xénero: dafne Especie: dafne gnidium
Os seus froitos conteñen unha resina moi tóxica para persoas e animais pero as follas usánse para fabricar tinte negro e crema para eliminar a caspa. Antes era utilizada para sanar as orellas cando se facía o burato para os pendentes. Tamén como como insecticida, para matar piollos e formigas
As follas do torvisco son urticantes pero moitos paisanos crían que a planta tiña propiedades máxicas, que alonxa o mal de ollo e a a envexa e utilizábano como “protector” colgando ramas detrás das portas. Tamén se usaba para “entorviscar”, é dicir, para pescar botando follas de torvisco na auga, parece que estas quitan o osíxeno e os peixes morren en unha ou dúas horas
SILVA (rubus fruticosus). É unha planta vivaz, leñosa e moi invasiva, con longos talos flexibles cheos de espiñas. Pertence á: Familia: rosaceae Orde: rosais Xénero: rubus Especie: rubus fruticosus
As follas son pinnadas e divídense en foliolos ovais, dentados, con peliños pola parte inferior; están cubertas de finas espiñas, especialmente pola nervadura media. As flores son de cor branca ou rosado e agrúpanse en acios terminais
Os froitos son as amoras. As diversas cores que adopta determinan o grao de maduración (verde, vermello e negro, respectivamente). A planta presenta ao mesmo tempo a floración e os diversos graos de maduración do froito, feito inusual noutras plantas
Esta planta faise leñosa pasados os dous anos. Sendo tan “molesta” e invasiva ten moitísimas propiedades medicinais, por exemplo as follas teñen tanino e pectina, entre outras sustancias, polo que son moi boas para a diarrea e para facer gargarismos
As amoras serven para comer directamente, para facer marmelada, para facer viño e vinagre. Teñen vitamina C, ácidos como o fólico e o isocítrico, o succínico, o oxálico, o málico e o láctico e pigmentos naturais. O vinagre de amoras é un antianémico moi poderoso
HERBA do MUNDO, ou HERBA NEVE ( viborum opulus). É unha planta arbustiva da: Familia: adoxaceae Orde: dipsacais Xénero: vibunum Especie: v. opulus Non abonda no noso río pero hai algúns exemplares, como este, nas beiras do Almofrei.
Os froitos son vermellos e chamativos, tóxicos en grandes cantidades. En medicina natural emprégase como tónico cardíaco e tamén como un sedante nervioso e antiespasmódico na asma e nalgunhas alteracións nerviosas.
MIRTO ( myrtus communis). Non é un arbusto corrente nos nosos ríos, pero no Gafos atopamos unha grande mata contra o muro dunha antiga fábrica. de curtidos. Pertence á: Familia: myrtaceae Orde: mytais Xénero: myrtus Especie: m. communis
Na antigüidade o mirto era símbolo de beleza e amor. Ten propiedades sudoríforas e o seu froito e rico en aceites aromáticos polo que é moi empregado en perfumería. Como é un arbusto moi aromático emprégase como planta ornamental, xa que ademais ten unhas flores pequenas pero moi fermosas, aínda que aquí só están apuntando a maioría.
Flor de mirto
FENTOS
FENTO, fieito (pteridium aquilinum). É unha planta moi común en todas partes. Pertence á: Familia: hypolepydaceae Orde: pteridais Xénero: pteridium Especie: pteridium aquilinum
Fentos na beira do río augas arriba
Fentos no río dos Gafos
FENTO MACHO é unha variedade tamén moi común. O seu nome científico é dryopteris affinis, pertence á: Familia: dryopteridacaea Orde: polypoidais Xénero: dryopteris Especie: affinis
Fentos macho novos entre as pedras no Gafos
FENTO FEMIA (athyrium filix-femina) Distínguese ben polos soros –puntiños que se ven no envés das fondes- Pertence á: Familia: woodsiaeae Orde: polypodiais Xénero: athyrium Especie: filix-femina Gústanlle os lugares húmidos e sombríos por iso abonda nas beiras dos ríos, baixo as árbores
FENTA (blechnum spicant). Pertence á: Familia: blachnaceae Orde: thyriais Xénero: blechnum Especie: b. spicant Abonda nas beiras do noso río e dos seus afluentes
Fentas e neve na Serra do Candán
FENTO das BOTICAS (asplenium trichomanes) Nace nas paredes, muros e rochas húmidas, preto de ríos e fontes. Pertence á: Familia: aspleniaceae Orde: polypoidais Xénero: asplenium Especie: a. trichomanes Cremos que lle chaman fento das boticas porque del facían remedios que se empregaba popularmente para enfermidades de fígado e bazo. Tamén din que é un bo expectorante
FENTO REAL, dente de agrón, dentabrún ou lentexil son algúns dos nomes galegos da osmunda regalis. Pertence á: Familia:osmundaceae Orde: osmundais Xénero: osmunda Especie: o. regalis
Fentos reais nun recuncho do río
CABRITIÑA (davallia canariense). Medra en calquera sitio húmido, mesmo nas árbores e permanece sempre verde. Pertence á: Familia: davalliaceae Xénero: davallacia Especie: d. canariense
Cabritiña sobre mofo
FENTO das PEDRAS (polypodium cambricum). Nace nas fendas dos muros e nas árbores cando hai moita humidade. Pertence á: Familia: polypodiaceae Orde: polypoidais Xénero: polypodium Especie: p. cambricum Se ten humidade abonda permanece sempre moi verde
FENTO do MAR (asplenium marinum). Pertence á: Familia: polypodaceae Orde: polypoidais Xénero: asplenium Especie: a. marinum Nace nos ocos das rochas e pedras ás que chega a auga salgada. Só se atopa na desembocadura do Gafos e do propio Lérez
CAXATO de ABADE (cibotium glaucum). Non é un fento corrente en Galicia, é de procedencia tropical, do surleste de Asia. Este sobrevive con dificultades nun curruncho do paseo do Gafos, diante dos restos do muíño do Coto. Pertence á: Familia: cibiteaceae Orde: cyatheais Xénero: cibotium Especie: c. glaucum
As “varas” novas teñen forma de caxatos de abade, como se ve na da dereita, de aí o nome deste fento. Outro exemplar no mesmo lugar
Moito mellor conservado está este exemplar do castelo de Soutomaior
CANAS
CANA BRAVA ( arundo donax) a que se emprega para as viñas, suxeitar legumes, facer cercas, etc. A máis corrente en Galicia e a máis abonda. Pertence á: Familia: poaceae Orde: poiais Xénero: arundo Especie: a. donax
As flores forman unha especie de plumeiro violáceo mentres son novas. O talo emprégase para facer lingüetas para algúns instrumentos de vento e as follas para facer infusións contra a caída do pelo. É unha planta moi invasiva, para acabar con ela hai que arrincar todas as raíces e, as veces, nin así.... Canas bravas no río Alba
Canas bravas entre fiuncho e salgueiros na Xunqueira de Alba á tardiña
CANA “INDIA” ou BAMBÚ (phyllostachys viridiglaucenses), en realidade cana china. Pertence á: Familia: poeceae Subfamilia: bambusoideae Orde: poeais Xénero: phyllostachys Especie: phyllostachys viridiglau-cescens É unha cana de importación pero é fácil atopala nos nosos ríos aínda que é moi buscada polos pescadores de cana pola súa resistencia e elasticidade.
Vellas canas indias no río dos Gafos
Canas indias no río Rons
HERBA “AMERICANA” ou CANA da PAMPA (cortaderia selloana). ë unha herba “importada” terriblemente invasiva que despraza á vexetación autóctona. Pertence á; Familia: poaceae Orde: poais Xénero: cortaderia Especie: c. selloana Foi introducida como planta ornamental polos seus vistosos plumeiros pero está a se converter nunha praga
As súas enormes inflorescencias plumosas fórmanse ao final do verán, para permanecer na planta durante parte do outono ata que terminan por desintegrarse e soltar miles de diminutas sementes, isto fai que a especie teña unha reprodución moi prolífica, de aí que ince os espazos próximos con tanta facilidade. Hai exemplares a centos na zona da desembocadura do río, pero estas están no río dos Gafos
PLÁTANO de CUBA (canna indica) Tamén é unha planta importada e ornamental, en xeral cultivada, pero nas beiras dos nosos ríos aparece con frecuencia. Na avenida de Bos Aires hai algúns exemplares como este. Pertence á: Familia: cannaceae Orde: zingiberais Xénero: canna Especie: c. indica
Plátanos de Cuba na beira do Almofrei
by Biblioiris2bibliotec | Added: 9 months ago
Language: Galician | Topic: Education
| 36 Views | 14 Downloads | 7 Embeds |
Summary: Continuación do traballo anterior
| URL: |
No comments posted yet
Comments