|
|
GUÍA do RÍO LÉREZ I M.D
As cen caras do río
O Lérez nace no alto de San Bieito, a 900 m. de altitude, na Serra do Candán, concello de Forcarei, provincia de Pontevedra
A súa cabeceira está formada pola confluencia dos regatos: Dedra, Pao Dereito, Rego das Latas e Forno Telleiro
Nos primeiros tramos baixa saltando entre penedos, formando fermosas fervenzas entre a espesa vexetación
É un río típico do réxime hídrico pluvial do clima de tipo oceánico, en consonancia coas características da súa conca, dado que pola súa altitude recolle anualmente entre 1.500 e 2.000 mm. ademais dos moitos aportes da multitude de afluentes tanto ríos como regatos que chegan a el
Como todos os ríos galegos da vertente atlántica ten un percorrido curto, de uns 57 quilómetros e descorre en dirección norleste a suroeste regando os concellos de Forcarei, Cerdedo, Cotobade, Campo Lameiro e Pontevedra Cotobade Campo Lameiro
No concello de Forcarei ten o seu curso alto e no de Cerdedo inicia o medio
Confluencia de regatos en Aciveiro
Pola ponte Vella do Forno Telleiro en Aciveiro
Na aldea de Andón, esta ponte medieval levántase sobre un río aínda novo, no seu curso alto
Chegando a Dúas Igrexas o río colle forza
Saltando polas pedras en Valiñas
Remansado en Forcarei
Espello na Ponte do Crego
Pasando por Ponte Maril
Pasais para “expertos” no Espindo, preto de Maril
Pasando pola ponte de Gomail medieval e esquecida
Entrando no concello de Cerdedo
Suave na anoitecida de Cerdedo
Xa no concello de Cerdedo, baixo a ponte medieval de Parada absolutamente descoidada
Fervenza preto de Ponte do Pego
Na Ponte de Santo Antón despois do último temporal
Pola Ponte das Valoutas camiño de Cotobade achegándose a primavera
En Vichocuntín suave e sereno
Outonizo en Pedre, baixo a fermosa ponte medieval que debeu ser romana outrora
Nos concellos de Cotobade e Campo Lameiro atopamos o curso medio, un río xa maduro pero caprichoso
Encaixado en terras de Cotobade
Ruxindo baixo o ceo gris
Brillando baixo o sol, entre penedos, en Sacos
Marchando entre paredes poderosas
Caprichos erosivos da auga clara (Sacos)
Os efectos escultóricos da erosión
Ponte Nova en San Xurxo
Saltando a presa
Un remanso no camiño
Alegre e claro en San Xurxo
Marmita xigante na canle
Xogando coa luz
No balneario de Sacos
Baixo a ponte colgante de Calvelos que une Cotobade con Campo Lameiro
Camiño para as follas
Remanso en Lodeiro
Recollido entre árbores
O río vén morrer á Ría de Pontevedra despois de regar as parroquias de Xeve, Bora, Lérez e Monteporreiro e alimentar unha cunca de 449,5 quilómetros cadrados coas súas augas
Espello azul da verde ribeira (Xeve)
Manso en Gargallóns (Xeve)
by Biblioiris2bibliotec | Added: 8 months ago
Language: Galician | Topic: Education
| 6 Views | 8 Downloads | 5 Embeds |
Summary: GuÍa do río Lérez
| URL: |
No comments posted yet
Comments