|
|
GUÍA do LÉREZ III
USOS tradicionais do RÍO
O primeiro dos usos da auga do río foi o regadío como se ve nas leiras de Forcarei onde se cultivaba millo mentres nas de secaño o protagonista era o centeo
O pasto fresco permitía criar gando, as vacas rubias eran as que había
Pescaría (Forcarei)
Moitos labregos amañábanse para fabricar cestos e cestas coas canas, xuncos, vimbios,salgueiros e a bidueiras das ribeiras que poñían a abrandar na auga . Aquí temos un exemplo que conten o ferrado ou medida para gran
A xente do rural aproveitaba a madeira das árbores das ribeiras e das proximidades para facer mangos de ferramenta, leña, carbón ...Tamén flores e cortizas para facer “remedios” para certas doenzas
Recollían os froitos das árbores para consumo humano ou dos animais e algúns, como as piñas, para prender o lume no fogar ou vender nas casas dos “ricos”
O río, xeneroso, prestou a súa forza para mover os muíño que convertían en fariña o gran do cereal do que se alimentaba a poboación rural
Presa e inferno nun muíño de Cotobade
Interior do inferno co rodicio
A canle pola que entra a auga
O muíño do Couto aínda moe coa súa roda nova e a espincela. Foi restaurado
Tamén movía a maquinaría das vellas ferrerías (Forcarei)
Nas súas ribeiras instalábanse fábricas de curtidos como esta, desaparecida, xunto á ponte do Burgo
Nalgúns tramos ten augas sulfurosas, “sanadoras”, como aquí, xunto ao vello balneario de Sacos
Casimiro Gómez aproveitou a sona das augas e creou este hotel-balneario de gran luxo en Monte Porreiro que pouco durou
O emigrante retornado e rico montou tamén unha fábrica de envasado de auga mineral
As augas servían para refrescarse e xogar no verán como fan estes nenos ¡hai xa algún tempo! na confluenza do Gafos e o Lérez
Hoxe tanto o Lérez como os seus afluentes ofrecen: - Auga para uso doméstico -Pesca deportiva -Zonas de baño e lecer -Recursos turísticos: sendeirismo, deportes de auga..... - Electricidade, etc.
O río Rons embalsado no Pontillón do Castro da de beber a Pontevedra, Marín, Poio e Sanxenxo
Couto pesqueiro en Cotobade
Piscina casi natural no Almofrei
Praia fluvial do Canal en Xeve
Praia fluvial urbana
Carballeira de San Xusto
Senda do Lérez no antigo Balneario de Monte Porreiro
Ponte para senderear en Cotobade
Camiño en Carballedo
Practicando remo nos Salóns do río
¡ Toda esta riqueza e fermosura está en perigo!
by Biblioiris2bibliotec | Added: 8 months ago
Language: Galician | Topic: Education
| 10 Views | 12 Downloads | 5 Embeds |
Summary: Continuación da Guía do río Lérez
| URL: |
No comments posted yet
Comments