|
|
Río Lérez Contaminación e outros problemas
Estamos a perder a riqueza e beleza do noso río e dos seus afluentes
Polos efectos da contaminación causada por: VERTIDOS DE AUGAS RESIDUAIS DE ORIXE DOMÉSTICO directamente ou por filtracións ao río ou aos seus afluentes. VERTIDOS CLANDESTINOS DE DIVERSA ORIXE entre eles de procedencia industrial. USO ABUSIVO DE ABONADO MINERAL que pasa a fontes subterráneas ou directamente á canle do río pola escorrentía. VERTIDO DE PURÍNS DAS GRANXAS das marxes. SÓLIDOS ORGÁNICOS E MINERAIS PROCEDENTES DE INCENDIOS FORESTAIS incorporados ás augas. DEPÓSITO DE RESTOS de todo tipo nas augas e nas ribeiras. ACUMULACIÓN DE LODOS e materia orgánica que impide a osixenación. FALTA DE LIMPEZA FALTA DE ATENCIÓN á problemática da contaminación polas autoridades. CONSTRUCCIÓN DE OBRAS PÚBLICAS sen estudo de impacto.
Vertido indeterminado augas arriba
Vertidos urbanos na rúa Uruguai
Coloración anormal por un vertido industrial preto da ponte da Lira
Mancha de gasóleo cerca da ponte de Santiago
Outra mancha de gasóleo no peirao deportivo. Aos muxos non parece afectarlles
Manchas orgánicas, de graxa e outras xunto á ponte dos Tirantes ou da Lira
Mancha branca atribuída ás obras do AVE no Gafos
Vertidos ilegais urbanos no Gafos
Escombros na canle do río Tomeza
Mortandade de peixe no río Alba
Acumulación de lixo xunto á Ponte da Ría
Lixo na Xunqueira de Alba
¡Ata bicicletas vellas se poden atopar se seguimos o curso do río!
Vertedoiro incontrolado nas marxes do río Almofrei. Ata un canón se pode ver na imaxe ...
Os resto dunha “festa” abandonados na marxe do Gafos tres días despois dunha limpeza na zona urbana do río
Os animais mortos na canle do río son outra mostra do “incivismo” dalgúns e da falta de vixiancia doutros
A falta de protección e limpeza degradan humedais como as marismas do Vao
Manchas orgánicas na desembocadura do Gafos
O peirao da Moureira presenta este estado aínda que a cisnes e gaivotas, como ás autoridades, non parece importarlles
A acumulación de materia orgánica e lodos están deixando sen calado o río. Estes barcos xa quedaron en “seco” en varias ocasións
Tubo de desaugue e materiais varios amoreados na desembocadura do Gafos
Detalle ampliado da imaxe anterior
O río Gafos está quedando sen canle porque nela acumúlanse area e pedras arrastradas polo propio río que ninguén retira. A consecuencia será inundacións das beiras se chove un pouco con mareas cheas
Outra vista do mesmo problema
Resultado do “arranxo” dunha ponte é o que se ve: terra e árbores botados á canle do río en Xeve
Lodos na canle do río por descoido do seu coidado
Tubaxe e vexetación “esquecidos” no río en Monte Porreiro
O túnel do AVE en Lérez provoca unha alteración total
Impacto das obras do AVE na marxe esquerda do río, ben visible dende a avenida de Bos Aires
Este elegante cisne xa non poderá buscar a paz neste lugar dos “Salóns do Lérez”
A nova ponte das Correntes estreitará aínda máis a canle do río
O evidente estreitamento da canle do río xunto á desembocadura do Alba xa case tapada polos arrastres de terra dos temporais
Acumulación de materiais de “arrastre” baixo a ponte das Correntes, na desembocadura do río Alba
TAMÉN ....
Consecuencias da construcción de MINICENTRAIS Destrucción de camiños, construción indiscriminada de estradas por todos os lados, explosións, etc. Cambio do leito do río, destrución en varios quilómetros do río xa que quedan secos ou case secos. Destrucción do terreo e as súas especies especialmente das árbores de ribeira e polo tanto da fauna asociada a elas. Augas estancadas e sen vida. Cambio local do clima porque humedecen o ambiente ao crear focos de néboa. Deixan de funcionar os sistemas de autodepuración constituídos pola corrente do río. Diminución de especies sobre todo de insectos e plantas. Desaparición de especies migratorias que non poden escalar, morren nas turbinas ou sofren estrés e non desovan. Cambios de nivel das augas por baixo da presa que afectan a moitas especies o mesmo que os cambios bruscos da temperatura das augas. Morte de moitas especies na canle de desviación. Destrucción de posibilidades turísticas.
Túnel no salto de San Xusto
¡Adeus a esta imaxe de río bravo!
Minicentral en Cerdedo
Impacto da construcción dunha minicentral no río Almofrei
Impacto da construcción dunha minicentral
¡Adeus a paraxes coma este!
Isto será o que veremos se fan máis minicentrais
Cando deixen de consideralas “productivas” quedará isto e ninguén se molestará en limpar
Xa perdemos isto: as xunqueiras
¡Vanos quitando tamén fermosas paisaxes como esta!
Para realizar esta GUÍA levouse a cabo unha investigación previa sobre o río empregando todas as fontes posibles, fixéronse fotografías, recolléronse fotos antigas e pediuse a compañeir@s, familiares e amigos fotografías tomadas por el@s. Como non tiñamos todo o que queriamos recorremos a internet. Dende aquí damos as grazas a tod@s as persoas que teñen colgada información gráfica do noso río e dos seus afluentes. No derradeira imaxe aparecen citadas as fontes
BIBLIOGRAFÍA: Breve xeografía de Galicia, Albrey Vázquez, José A. Xeografía de Galicia, Pérez Alberti, Augusto. Ed. Sálvora Xeografía de Galicia, Pérez Alberti, Augusto. Ed. Gran Enciclopedia Galega Xeografía de Galicia, Río Barja, Francisco J. Xeografía de Galicia, Mª Pilar Torres de Luna. Universidade de Santiago Pontevedra, Terra de Montes, Deza e Condado, Laredo Verdejo, Xosé L. Ed. Xerais
Páxinas web utilizadas: www.sendereando.com www.flickr.com especialmente as fermosas imaxes de Pepa Loba www.panageos.es www.wikipedia.org Tamén empregamos imaxes de prensa O resto son imaxes propias ou de amig@s e familiares
by Biblioiris2bibliotec | Added: 8 months ago
Language: Galician | Topic: Education
| 21 Views | 9 Downloads | 5 Embeds |
Summary: Contaminación e outros problemas
| URL: |
No comments posted yet
Comments