cuadríptico_Cunqueiro

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo en 1911. Desde moi pequeno, o rapaz, ávido lector, ficou se-ducido pola química da palabra oral. Na botica do pai, tivo a oportunidade de entrar en contacto coas lendas e cos tipos populares do país. En 1922 trasladouse a Lugo para cursar o Bacharelato, e despois a Compostela para estudar Historia na Facultade de Filosofía e Letras, onde se decantou polas tertulias, as lecturas e pola escrita antes do que polas aulas. Autores como Yeats, Rilke, Breton, Verlaine e outros vangardistas deixarán pega-da nos seus primeiros poemarios: Mar ao Norde (1932), Cantiga nova que se chama Ribeira (1933) e Poemas do si e do non (1933). Nas tertu-lias do Derby e do Español coincidirá con Ánxel Fole, García-Sabell, Carva-lho Calero, Luís Seoane, Torrente Ballester, Maside, Colmeiro e moitos ou-tros integrantes do movemento artístico compostelán. Estes contactos acentuaron en Cunqueiro a consciencia do país e da lingua, que xa descu-brira en Lugo xuntamente cos seus amigos Francisco del Riego e Fole. Moi activo, de volta en Mondoñedo, participou no movemento editorial dos anos trinta promovendo a aparición de varias publicacións (Papel de color, Galiza, Editorial Un...), inseridas no ambiente vangardista da época. Foi poeta monolingüe até que a guerra civil, que cortou dun mazazo aqueles anos esperanzados da República. O mindoniense, con 24 anos e militante até entón do Partido Galeguista, afiliouse á Falanxe. Exerceu de periodista e de mestre en Ortigueira e en Vigo e logo de periodista en Donostia e Madrid. Na capital do Estado reiniciou a produción literaria, agora en castelán. En 1944 o réxime franquista retiroulle a súa confianza e o carné de xornalista, polo que en 1947 tivo que volver a Mondoñedo. Tras retomar á literatura en galego co poemario Dona do corpo delgado (1950), comezou a súa andaina como narrador na nosa lingua: novelas (Merlín e familia, As crónicas do Sochantre e Si o vello Sinbad volvese ás illas) e libros de relatos (Escola de Menciñeiros, Xente de aquí e de aco-lá...). Tamén retoma a escrita de pezas dramáticas, como O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca (1958). Ingresou na Real Academia Galega en 1961, ano en que fixou a súa residencia na cidade olívica para traballar no xornal Faro de Vigo. Nos derradeiros anos e até a súa morte en 1981, sucedéronse as homenaxes: Doutor Honoris Causa pola Univer-sidade compostelá, Pedrón de Ouro, homenaxe pública en Vigo... O lirismo, o humor, a recreación de figuras e mitos, o tratamento do elemento popular, a incorporación de técnicas propias da oralidade, a superación do concep- to tradicional dos xéneros e a intertextualidade e co- herencia do seu universo literario, son os trazos que identifican a produción do multifacético e prolí- fico escritor, nunha magna obra inzada de co- ñecementos etnográficos, plásticos, musicais, filolóxicos e literarios. O seu extraordinario testamento poético ficou recollido en Herba aquí ou acolá (1980).   Sabías que … …. ía todos os días a unha barbaría lerlles aos veciños o periódico, pero el, - fabulador nato, invéntaballes os finais das noticias? … cando neno, o seu pai, boticario, lle permitía estar nas tertulias que médicos, cazadores, cregos… facían a cotío na trastenda da súa farmacia? … o que acabou sendo Doctor Honoris Causa pola Universidade compos- telá foi un mal estudante que non acabou a carreira pero que adquiriu unha grande cultura de xeito autodidacta, lendo e contactando co . mundo intelectual artístico e literario? … estaba tan fascinado co galego que – xa na década dos 20! – usábao até para escribir os apuntamentos de Química ? … tiña tanta fascinación polos oficios populares que mesmo foi aprendiz de oleiro? BIBLIOTECA “Saturnino Hermida” IES “CONCEPCIÓN ARENAL”. FERROL IES “Concepción Arenal” de Ferrol Centenario Álvaro Cunqueiro (1911-1981) Biblioteca “Saturnino Hermida” … sentiu fracaso e soedade por máis dunha década pois, abandonado pola súa muller – o amor da súa vida– per- deu non só o contacto coa familia (tiña dous fillos) senón tamén o aprezo de moitos vellos amigos que sufriran traizón pola súa colaboración co réxime? … o que fora membro do Partido Galeguista acabou, por medo ao fascismo, meténdose na Falanxe e loubando a Xosé Antonio Primo de Rivera e a Franco? XENIO DA FABULACIÓN, magnífico poeta e drama-turgo, erudito ensaísta, retratista certeiro da so-ciedade tradicional, incansable defensor do idio-ma galego… a multifacética personalidade de Cunqueiro estivo, por preconceptos ideolóxicos e estéticos, minusvalorada moito tempo. Nuns anos nos que dominaba o realismo social, o seu mun-do, que gustaba da fábula e os mitos, da historia e as lendas, abríase a contrapelo. A súa recreación dos heroes clásicos (Merlín, Simbad, Hamlet...) fixeron de Cunqueiro un autor “raro” no pano-rama do seu tempo. Só a partir dos 80 foi reva-lorizado e considerado xustamente un dos maio-res escritores galegos. Traducido a moitas lin-guas, é hoxe considerado un renovador da na-rrativa universal contemporánea, precursor do realismo máxico. Cunqueiro figura á beira dos modernos fabuladores universais, entre os grandes mestres na arte de soñar a realidade. 100 anos con Álvaro Cunqueiro No niño novo do vento hai unha pomba dourada, meu amigo! Quén poidera namorala! Canta ao luar e ao mencer en frauta de verde olivo. Quén poidera namorala, meu amigo! Ten áers de frol recente cousas de recén casada, meu amigo! Quén poidera namorala! Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río. Quén poidera namorala, meu amigo! (Cantiga nova...) ACOLÁ ESTÁN AS ILLAS... Acolá están as illas. Paso a man polo lombo do vento que mas deu coma un can no monte dá perdiz agardo que se ergan e voen sobre o mar. A alma anda nestes inventos porque non lle abonda o que é como é do mundo quixer facer pombas con auga e amieiros de pruma e en vez de carro que polos camiños do monte baixase cantando a lúa arrastrada por un tiro de peixes prateados. - Pro estes inventos soio sirven pra distraer a alma das suas contas, tanto de amor e bágoas, dez por cento de perdidos amores, e oitenta de soedade que a vistes áspera como unha camisa de estopa e queres pór unha ollada de seda no mencer e nóna tés, veciño da tristura e do medo a metade de ti morto sin enterrar pra que a outra metade se decate. Entón disimulando canto, e coas mentiras fágome unha sorrisa de xardín en festas. (Herba aquí ou acolá) De todolos amores o voso amor escollo: Miñas donas Giocondas, en vós ollo todalas damas que foron no país, unhas brancas camelias, outras froles de lis. Le temps s'en va! Ou dádesme ese bico que cheira a rosas de abril do Mil e Pico ou finarei chorando na miña soedá, namentras envellezo: Le temps,le temps s'en va! (Dona do corpo delgado) Con auga de sede vella namorar eu namoreina, meu amigo! Con unha herba lixeira namorar eu namoreina, meu amigo! Namorar eu namoreina con unha cantiga leda meu amigo! Namorar eu namoreina con áer da primaveira, meu amigo! (Cantiga nova...) Agora trobo o vento e máila lúa fría, non o cervo do monte que a ágoa volvía. Agora trobo o mare e máila nao veleira non a amiga que canta só da abelaneira. Agora trobo a lúa e máilo vento irado, non o cervo do monte, meu amigo pasado. Agora trobo a nao e máila mar maior, e non aquela amiga, miña branca señor. (Dona do corpo delgado) … dende o primeiro contacto coa farmacopea na botica do pai (axudáballe a facer as menciñas) quedou fascinado pola maxia da curación e escribiu sobre o tema? … ademais de narrador, poeta, dramaturgo, ensaísta e periodista, foi editor, profesor, tradutor, experto en gastronomía e en viños, guionista e conferenciante? … tamén chegou a facer de actor no Teatro de Beneficencia de Ortigueira? … o seu talento e esforzo lle permitiu escribir unha media de 50 artigos mensuais? … a pesar de todo iso, ao final dos seus días temía ter perdido o tempo e dubidaba do valor da súa obra? … aínda que nunca tocou a temática sociopolítica, a censura puxo atrancos á repre-sentación do seu Hamlet, e que na estrea, no Teatro Colón en 1959, o público en pé cantou publicamente por primeira vez no período franquista o Himno Galego? … perdida a confianza do réxime e desprovisto do seu carné de periodista por un incidente coa embaixada francesa, tivo serios problemas económicos por non ter onde poder publicar? … el, que estivo inhabilitado para o periodismo na década dos 40 e dos 50, foi director do “Faro de Vigo” na década dos 60?

Slide 2

aínda mandou forrar de verde a carroza, que verdes eran os ollos de Caria e verde a súa cor favorita; houbo guitarras so os balcóns da tiple, merendas nos xardíns do visconde, e outras moitas finezas e agasallos. E Braga enteira non durmía indo e vindo consulta-la táboa de caoba, por se estaba nela a aspa venérea xa labrada, e aínda hoxe se dá por certo, cando este paso se conta, que ía a escuso o pincerna da Catedral por ver se tivera boa fin a amorosa liorta, por pasarlle aviso ó coengo penitenciario, quen estaba preparando un sermón de táboa contra o novo Tenorio. E cantou por derradeira vez a compañía italianano teatro de Braga a función que chaman "O solicitante de amor", e despediuse para Oporto, e acudiu don Esmeraldino a darlle adeuses á signorina Ca-ria con beixamán e o agasallos dun abano envariñado en ouro, e estivo o cabaleiro no medio da rúa acenando cun pano verde ata que a dili-xencia dobrou polo Adro da Canela. Seguindo dos seus amigos retor-nou lentamente e con ledo parrafeo don Esmeraldino ó seu pazo, des-pediuse do séquito, e estaba media cidade de Braga curiosa na rúa dos Confidentes, e antes de subir ás súas cámaras, vai o señor visconde de Ribeirinha e deulle o bastón a un criado, e do peto do chaleque verde, verde coma os ollos de Caria cantora, sacou a ditosa navalliña e labrou na táboa de caoba unha aspa máis retorneada e grande que as de cos-tume. E a concorrencia aplaudiu coma no teatro. Correuse por todo Portugal a novidade, e era en toda parte louvada a cortesía lusitana de don Esmeraldino, que agardou a que Caria se fose para propalar que houbera o que o señor xuíz de Abadín chamaba "re-tracto de colindantes". E axuntado en sesión o Estamento Nobre, acor-douse facer homenaxe a tanta cortés cabaleiría, digna de tempos anti-gos, e foi unha deputación de Lisboa a Braga, presidida por un marqués que en Evora, entre andaluzas e portuguesas, tallaba tanto cáseque co-ma don Esmeraldino en Braga, e aínda que a vella señoría de Braga non quixo, por non alarmar, asistir á homenaxe, estaban os populares de festa por rúas e prazas. E aconteceu que don Esmeraldino agasallou ós seus pares cun refrescos, e aplaudía o pobo na rúa, e acordaron os titu-lados saír ó balcón a agradece-los vivas, e don Esmeraldino estaba pá-lido coa emoción, e o marqués de Évora, parecéndolle que era xusto ceder paso ó visconde, quitándose a chistera de tres fíbelas, berrou: — ¡Por Braga dúas veces primada! ¡Aquí está o galo de Portugal! E naquel intre, don Esmeraldino púxose rubio, azul, amarelo, rompeu coma un foguete, e converteuse en galo: nun galo moi fermoso e logra-do de crista e rabilongo, que voou dun balcón a outro e rematou pou-sándose no ferro onde, coma anuncio de mesón inglés, colgaba a táboa na que estaban aspas mil, das amorosas lirotas índice completo. Pasmou o Estamento Nobre, berraron e correron os populares, desma-iáronse as mulleres, un franciscano clamou que era xusto castigo a tan-to pecado, e un sobriño de don Esmeraldino tivo arte para suxeita-lo galo e engaiolalo. O penitenciario adiantou un mes o sermón para pór moi aparente o pago que agarda ós fanáticos do libre fornicio, e pode dicirse, asegurábame o criado de librea e esco- peteiro de don Esmeraldino, que Portugal ficou triste, escasea- ron as serenatas, murcháronse as mulleres, e abonda dicir que só en Braga tiveron que pecha-las por-tas dúas perfumerías… Posto don Esmeraldino nunha gaiola moi pintada, foron médicos a ve-lo (…). Unha tardiña de verán, Alberte Merlo deulle ao seu cabalo unha merenda de herba fresca, e despois sentouse no cepo de partir a leña a ler o xornal. O cabalo merendou, e pasou a súa cabeza por derriba do ombreiro dereito do amo, e con voz humana preguntoulle: — Como vai o mundo? Este foi o comezo das longas conversas que durante varios meses mantiveron Alberte e o seu cabalo. Falaban, según Alberte, de política, das contribucións, de cómo foran os pre-cios na derradeira feira de Noia, e de bodas e de difuntos. Un día o cabalo díxolle a Alberte que non lle gustaba que lle chamasen Moro, e que millor sería que lle buscase un nome máis decente, aínda que fose francés. Alberte consultou cun mestre de Muros, mui amigo de seu, e este díxolle que lle cha-mase ao seu Moro simplemente como se chaman aos cabalos en Francia. Que lle chamase Cheval. Pasando os meses, Cheval íbase amosando mui vivo de xe-nio, celábase de que Alberte falase coa xente sin estar el dian-te, de que lle asubiase ao can Tirol, e de que lese o xornal en voz alta á muller, que non sabía ler. — Dabondo fas con durmir con ela! Comentaba Cheval dis-gustado. Iba cumplirse un ano dende a primeira conversa de Alberte co seu cabalo, cando un mediodía, regresando os dous amigos do muíño, carregada a besta con dous sacos de fariña e outro de farelo, Cheval parouse na ponte, e díxolle a Alberte con voz grave: — Vai facer un ano que nos falamos, e si queres que siga-mos comentando o mundo tes que prometerme que de agora en adiante soio vas falar comigo. Despois de todo son o único cabalo da provincia que fala co amo! E non me fío da túa pa-labra que máis dunha vez xa che escoitei contar algunha men-tira. Tes que facer un documento. Si non o fas, calo pra sem-pre! A Alberte non lle non parecía nada doado o consultar este asunto cun abogado. O abogado seguro que o tomaba por to-lo si entraba no seu despacho explicándolle que falaba co seu cabalo Cheval, e que este quería un escrito no que Alberte de-clarase que soio falaría con el, e que se entendese por señas co resto dos galegos. Foi Alberte a Muros visitar ao seu amigo o mestre. Este dí-xolle que escribira calquer cousa nun papel de barba, que era seguro que Cheval non sabía ler. — Quen sabe que non sabe ler?, insistía Alberte. O mestre, en papel selado de tres pesetas, escribiu unha de-claración xurada na que Alberte se comprometía a non falar coa xente si non era co permiso do seu cabalo Cheval, denan-tes conocido por Moro… Firmou e rubricou Alberte Merlo… “O CABALO DE ALBERTE MERLO” Cando chegou á casa co documento e llo amosou ao cabalo, este fixo que llo lera por dúas veces. — Mui ben! Agora tes que levalo ao Rexistro! Alberte quedouse coa boca aberta mirando para Cheval. — Ao Rexistro! Conozo o procedemento! Lémbrate que denantes de ser o teu ca-balo fun o cabalo do procurador Abeledo. Un procurador famoso, do que se decía que tiña na memoria o Código das Arga-lladas… Alberte anda agora coa declaración xurada na man, sube e baixa polos ca-miños, séntase nese chanto ou arrímase a aquel carballo, pensando sempre no choio, sin saber que facer, si ir ao Rexistro de Noia ou non… E mentras, o cabalo non lle fala e olla para el de esguello. (Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes) Sempre lle oín falar ó meu señor-amo Merlín con moito respeto da antiga cidade de Braga, de onde era nativo, e nela tiña rico aposento nun pazo da rúa dos Confi-dentes, un xentil cabaleiro portugués, de fina nobreza e moitos posibles, don Esmeraldino da Cámara Mello de Lima, visconde de Ribeirinha. Foi este don Esme-raldino visconde, polo que del teño escoitado a un seu criado de librea e escope-teiro, o home máis famoso de Portugal no seu tempo, moi lucido de lunares, e cunha mirada tan triste nos grandes e mouros ollos, que parecía, dicen, que cando demoradamente vos miraban, que era coma se unha brétema de escuros aloumi-ños saíse, para envolvervos, por entre a azadeante seda das longas perfebas. Con só esta mirada espertaba grandes amores, pero aínda lle axudaba o que era pe-queno e moi xeitoso de movementos, convidador en galanos de mérito a vontade moi dada. Traía a Braga as modas de París tanto de vestir e chaleques coma de baile, tanto de peiteados coma de xogos, e aínda poñía verbas de moda cando de Francia viña, como sentimental, bombón, nenúfar, e "la merde latine" e "le doré aux cochons", frases estas derradeiras para sinalar, dispensando, ós cregos e ó ar-cebispo, respectivamente, e que moi vivas se me quedaron , quizaves porque me animaron a iso os revoos liberais daqueles días insurrectos... Pero tódalas xentile-zas e engados que envasaba aquel corpo fidalgo, só lle servían a don Esmeraldino para contrarrestar no sexto mandamento, no que estaba sempre presto e puntual, e para non perde-la conta das fazañas mandou cravar na porta do seu pazo un ferro brizado, e colgou del unha pequena táboa de caoba na que ía marcando os triunfos de Venus, facendo el mesmo cunha navalliña o sinal dunha aspa. Disto gustaban os bracarenses, que de seguida se puñan a seguirlle os pasos ó visconde, a discutir de quen sería a dama caída, que galano serviu de cepo, ou se foi amor, e todos aseguraban oír serenatas secretas, e toda Braga se encheu de falsos teste-muños doadamente levantados de doncelas desvirgadas e maridos cornudos, ca-balmente asentados neles, tal que mellor non o fixera escribán de número en pa-pel selado. Estaba o visconde de Ribeirinha moi feliz no seu trato e boato, encumado por amoroso en todo Portugal, cando chegou a Braga unha compañía italiana de ópera, e o maior adorno que traía era unha tal primadona signorina Caria, loira, desvestida e trinadora. Xa na primeira función fíxose presentar don Esmeraldino, quen tiña platea con reposteiro no teatro, e aconteceu que a cantante Caria era moi dada a xoias. Don Esmeraldino puxo a traballar para el a tódolos xoieiros de Portugal, tal que signorina Caria puido estrear tódolos días un escaparate. Da Fonda Suíza ó teatro e do teatro á Fonda Suíza levaba e traía o fidalgo á fermosa, e “O GALO DE PORTUGAL” (Cunqueiro: Merlín e familia. Fragmento) «Louvado sexa Deus, que me permitiu nacer, medrar, facerme home e agora en-vellecer neste gran reino que chamamos Galicia; neste grande reino do Fisterre que vai desde os montes deica o mar, onde brillan pés do vento, a este país dos dez mil ríos, do vello camiño das peregrinacións, a este país dos mil vales, a este país fermoso e eternamente verde, patria querida. Louvado sexa Deus tamén por terme dado o don da fala nosa. Por terme ensinado a dicir “rula” e “abidueira” e “dorna” e “ponte” e “fonte”. Entón eu, sabendo estas pa-labras era verdadeiramente dono da rula e da abidueira, e da dorna e da ponte e da fonte. (…) Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continua-se e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase MIL PRIMAVERAS MÁIS». Obra en galego completa (3 Tomos) Ed. Galaxia Escola de menciñeiros e fábula de varia xente. Ed. Galaxia Merlín e familia i outras historias. Ed. Galaxia O ano do cometa. Ed. IGAEM Narrativa curta : Antoloxía. Ed. AS-PG As crónicas do sochantre. Ed. Galaxia Si o vello Sinbad volvese ás illas...Ed. Galaxia Os outros feirantes. Ed. Galaxia Vida e fugas de Fanto Fantini. Ed. Positivas San Gonzalo. Ed. Ir Indo Xente de aquí e de acolá.  Ed. Galaxia Herba aquí ou acolá. Ed. Galaxia Don Hamlet e tres pezas máis. Ed. Galaxia O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Ed. Galaxia A cociña galega. Ed. Galaxia Encuentros, caminos y noticias en el reino de Galicia. Ed. El Correo Gallego Rías Bajas gallegas. Ed. Everest Lugo. Ed. Everest Pontevedra. Rías Bajas. Ed. Everest Entrevistas con A. Cunqueiro / Estudio, compilación e notas de Ramón Nicolás Cada día tiene su historia y otras series: comentarios radiofónicos, RNE, A Coruña 1956-1981. Ed. F."Pedro Barrié de la Maza" …E UN MONTÓN DE TÍTULOS QUE ESTUDAN A SÚA MARABILLOSA OBRA!!! LIBROS DE CUNQUEIRO Á TÚA DISPOSICIÓN NA BIBLIOTECA “SATURNINO HERMIDA”

Tags: língua galego normalización cunqueiro

URL: