LIBROS E LIBRERÍAS

+1

No comments posted yet

Comments

Slide 1

LIBROS E LIBRERÍAS Vigo, Setembro 2011

Slide 2

O vento sopra tras as illas, sentimos que acaba o tempo de verán…

Slide 3

Os tranquilos atardeceres de setembro invitan á levedade dos soños…

Slide 4

…e, como non, do plácido acubillo entre as páxinas douradas da historia dun libro elixido, que queremos acabar antes de que acabe tamén o tempo de lecer.

Slide 5

As LIBRERÍAS: lugares de encontro, de achados, de amizade, de conversa, lugares de intercambio de ideas ou de impresións sobre o real ou sobre o imaxinado nos libros; esas historias inventadas que acaban parecendo tan reais como os sucesos cotiáns, porque sexa como sexa acaban falando da esencia da vida.

Slide 6

É nas librerías das vilas máis cercanas onde entramos na busca dos libros requeridos. Algunhas deixaron de existir ¡onde vai xa!: na esquina de Gran Vía con Urzaiz estaba a Librería La Rápida…, “de toda a vida”

Slide 7

…a clásica Librería Cervantes, foi convertida hoxe na Botica de Cervantes.

Slide 8

A Librería Mañán pechou, pero no seu lugar abriu Peles Guedellas, para ofrecer Literatura Escollida, Libro Infantil e Ilustrado, como reza no seu cartel.

Slide 10

Algunhas das máis frecuentadas están no centro de Vigo: como Librouro, que tomou o relevo das máis antigas e ten a solera deses espazos onde atopas a complicidade do libreiro que sabe do seu oficio

Slide 11

…e ocupa varios pisos, como unha fértil torre de babel

Slide 12

Versus mantén as súas portas abertas, hai xa uns cantos anos, e acolle a quen alí entra con boas palabras, con poesía (un dos donos é poeta) e con actos culturais diversos…

Slide 13

En todas atopamos libros para todo tipo de lectoras e lectores. A realidade convertida en número di que len maís as mulleres cós homes…

Slide 15

E… porque os nomes teñen significado, e versus significa contra, por oposición a: hai libros contra a desigualdade, contra a violencia, contra as inxustizas, contra o odio, contra a guerra, contra… ¡uf, tantas cousas coas que estar en contra!

Slide 16

Hai libros serios… …e outros máis divertidos

Slide 17

Hai escaparates de roupa, de videoxogos…; e tamén escaparates de libros. Todos son atractivos. Hai libros intemporais, coma un bo traxe, e libros de moda: se pasan ou permanecen o tempo o dirá…

Slide 18

En diferentes barrios da cidade hai diversas librerías para atender a todo o público. En todas defenden o “Pracer de Ler”

Slide 20

Rayuela Hai librerías con nome de obra mestra da literatura.

Slide 21

Mendinho E hai librerías con nome de autor, como o deste trobador medieval

Slide 23

Hainas especializadas, como Andel, que vende libro galego e portugués nos seus andeis

Slide 27

Tan rompedor e atractivo este pequeno local dunha vella rúa, que nos últimos anos vende Banda Deseñada

Slide 29

Un dos seus donos, Melo, é o noso asesor e confidente de todo canto de interese é publicado neste - cada vez máis grande - universo do Comic, onde nos comentaba que o 90% dos lectores eran homes. Pero, sabede que na súa tenda hai un 30% de mulleres lectoras de BD, entre as que nos contamos.

Slide 30

Pasen e vexan!! Amablemente abriunos as portas da BD para seguir estando ao día ¡E sempre hai novidades!

Slide 31

Como vedes hai libros, xogos, figuriñas dos maís variados personaxes escapados de entre as súas páxinas, ou das imaxes animadas dos filmes, dos videoxogos, do anime…; diferentes medios que conviven felizmente e se complementan.

Slide 32

Heroes, superheroes, modernas princesas, malvados, aventureiros, malvadas, aventureiras, tanto como personaxes cotiáns, que a través das viñetas dos TVOs, do manga ou da novela gráfica teñen mil vidas que contar

Slide 34

Algúns dabondo coñecidos surcan o ceo… …pero quedan outros por coñecer

Slide 35

Coma os que todos os agostos nos presentan no Festival de Banda Deseñada de A Coruña.

Slide 36

L’ Casa del Libro é un dos lugares máis visitados desta cidade, incluso tivo cafetería dentro, onde era moi doado quedar e encontrarse. ¡Mágoa que xa non a teña!

Slide 39

Estas Librerías son algunhas das que permanecen nesta cidade, cada unha coa súa personalidade; pero outras tiveron que pechar: pola crise, pola competencia desigual da venda de libros en grandes superficies como El Corte Inglés, ou en hipermercados como Carrefour que, segundo os datos deste último ano, foi o lugar que máis libros vendeu en Vigo.

Slide 40

Na veciña cidade de Pontevedra, onde moitos frecuentamos durante anos a Librería Michelena - unha das que mellores fondos tiña - recibimos desolados a mala nova de que desaparecía. ¡¡Non podía ser!!

Slide 41

O lugar fora aberto grazas a un grupo de amigos a quen lles tocou unha quiniela a principio dos anos 80. Un deles xa era libreiro, pero deixou a librería de Madrid e viu traballar neste proxecto, que mantiveron uns 30 anos.

Slide 42

Ah!! …mais, menos mal que un par de socios decidiron seguir adicando o seu traballo a este mundo tan atractivo dos libros e abriron unha nova Michelena na Alameda desta cidade… .

Slide 43

…onde seguen acollendo a todos os que alí entramos para enterarnos de miles de cousas que nos contan os libros, os libreiros, ou quen pasa pola sala do piso alto, para nos presentar libros e temas diversos

Slide 44

O verdadeiro motivo que me levou a facer esta entrada ao comezo deste curso, foi o definitivo e triste peche da Librería Babel de Vigo, a modo de homenaxe por todos os anos que estiveron con nós estas mulleres libreiras…

Slide 45

…que nos ofrecían obras escritas en todos os idiomas, como unha Babel de comprensión e de comunicación posible…

Slide 47

…e que tiveron o detalle de nos deixar esta fermosa adicatoria de futuro.

Slide 48

“…y encontró de repente cierto parecido entre la escritura y las caricias, entre las palabras y el afecto, entre la memoria y la complicidad”. Alberto Méndez Los girasoles ciegos

Slide 49

Coa devandita cita tamén nós queremos adicarlle a nosa lembranza e agradecemento

Slide 54

*Andel: Rúa Pintor Lugrís. Vigo *BD. Banda Deseñada: Rúa Cataluña (Calvario). Vigo *Don Bosco: Rúa Venezuela. Vigo *L’ Casa del Libro: Rúa Velázquez Moreno. Vigo *Cartabón: Rúa Urzáiz (Calvario).Vigo *Librouro: Rúa Eduardo Iglesias.Vigo *Mendinho: Avd. Castelao (Travesas-Coia). Vigo *Michelena: Rúa Alameda. Pontevedra *Rayuela: Praza da Independencia. Vigo *Versus: Rúa Venezuela. Vigo *Librería La Rápida: Gran Vía-Urzáiz. Vigo *Librería Cervantes: Rúa Policarpo Sanz. Vigo *Librería Babel: Rúa Venezuela. Vigo Música: Take five. George Benson

Slide 55

Quizá no fondo desexamos deter o tempo - tan veloz - e sermos quen de contar ás novas xeracións o que para moitos de nós significaron os libros e as librerías, ante un tempo futuro en que quizá esa relación se perda en aras dunha forma distante de achegarse aos libros a través da rede,

Slide 56

que está aí, que é unha revolución, que é magnífica, que permitirá termos a man calquera cousa;… …mais quero pensar que seremos quen de crear novos lugares de encontro, ou cando menos, que estes que existen perduren aínda durante moito tempo, reinventándose ante a presenza do libro dixital.

Slide 57

Benvidas e benvidos a este novo tempo e a este espazo xa coñecido da BE, que vos ofrecemos como canle de comunicación, sobre todo mentres non acabamos de organizar a nosa biblioteca para o novo curso, que esperamos abrir a principios de Outubro. Aproveitamos para pedir desculpas polas molestias ocasionadas. A Coordinadora de BE Paula Fdez. Bañuelos Salceda de Caselas. BE. IES Pedras Rubias

Summary: Librerías de Vigo e Pontevedra

Tags: librería

URL: