Cunqueiro_1

+1

No comments posted yet

Comments

Slide 2

Slide 44

Introdución. I: Infancia e mocidade 1: Mondoñedo e Lugo. II: Infancia e mocidade 2. Compostela III:. Cunqueiro xornalista do réxime franquista. IV: O regreso á Terra. V: Anos de colleita e recoñecemento. VI: Últimos anos.

Slide 1

1911-1936 Infancia e mocidade

Slide 2

I. Infancia feliz Mondoñedo

Slide 3

“Dunha maneira ou doutra, nos meus libros está un pouco Mondoñedo”. (Cunqueiro)

Slide 4

Casa natal de C. no núm. 1 da antiga rúa Méndez Núñez. Alí pasará a súa infancia cos seus pais e irmáns. Nace Cunqueiro o 22-10-1911 na nobre e episcopal Mondoñedo, unha das sete capitais do Antigo Reino.

Slide 5

SITUADA nun fondo val, encerrada polos montes de Corda e a Serra de Meira, Mondoñedo é unha das vilas máis relacionadas coas letras da nosa xeografía. Alí naceron, ademais de Cunqueiro, os escritores NORIEGA VARELA e LEIRAS PULPEIRO, PASCUAL VEIGA (o insigne compositor do Himno galego)... A súa relación coa cultura venlle a Mondoñedo de tempos remotos, xa que na vila funcionou, no século XVI, UNHA DAS PRIMEIRAS IMPRENTAS DO REINO.

Slide 6

As Terras de Miranda (entre o Miño e o Eo) proporcionoulle todo un universo literario. Aquí situou o marco da súa imaxinación portentosa e moitas das súas máis fascinantes criaturas.

Slide 7

Casa natal de Cunqueiro ÁLVARO PATRICIO é o segundo de cinco irmáns. Fonte con parladoiro, situada en fronte da casa de Cunqueiro

Slide 8

“EU NASCÍN /ENTRE AS ZOCAS E OS LÓSTREGOS / NA MITADE DA NOITE/ corenta e sete días despois do primeiro aeroplano / aínda colgaban do aramio da anteguerra / todas as intactas maravillas inauditas” (“Poemas do si e do non”, 1933)

Slide 9

Alí, o rapaz entra en contacto coa sociedade tradicional e coa natureza do país. Mondoñedo é un marco que vai deixar unha grande pegada en Cunqueiro.

Slide 11

«Cunqueiro, que amaba o anacronismo literario, tivo a sorte de nacer nun. En 1911 Mondoñedo era iso: un anaco da Galicia medieval onde familias como a súa vivían a vida de personaxes de novela do XIX, entre libros, tertulias de rebotica e misas. Fidalga e labrega, adormecida e excéntrica, Mondoñedo é o punto de partida...» (M.A. Murado)

Slide 12

O PAI Emparentado con Valle-Inclán, co Padre Feijoo, con Benito Vicetto… ’ ’ D. Xoaquín Cunqueiro Montenegro, natural de Cambados, boticario. Xoaquín Cunqueiro Montenegro

Slide 13

Xoaquín Cunqueiro Montenegro « moitas tardes, cunha escopeta do 28 dobrada debaixo da zamarra, saíamos de paseo». (A.C.) Nomeado en 1923 alcalde de Mon-doñedo, don Xoaquín, bo cazador e pescador, botánico, zoólogo, exce-lente gastrónomo… exercerá no fillo grande influencia.

Slide 14

«Ensinábame todo e aprendín deseguida. Eu sabía todalas herbas do mundo: a frestuca pantesis, a daptila numenta (…) Tamén os páxaros: si o que voaba era o merlo, si o que cantaba era o xílgaro ou o calambre». (A.C.) A Fábega. Mondoñedo

Slide 15

Subida a Lindín.

Slide 16

Dna. Pepita Mora Moirón Dicía dela Cunqueiro que tiña unha grande fantasía. «Contaba historias, recitaba romances, e cantaba. Sabía tódalas zarzuelas. Inventaba contos para que estivéramos calados e quietos». (A.C.) A NAI Descendente dunha importante familia da bisbarra, coñecida como os Moirón de Cachán, Terra de Miranda no universo cunqueirano.

Slide 17

Álvaro era dado aos xogos e ás trasnadas Cos pais e unha tía.

Slide 18

Os irmáns Cunqueiro Mora CARME ÁLVARO XOAQUÍN CARLOS PEPE A nai trasmitiu aos fillos o hábito da lectura. Facíalles redactar resumes e impresións sobre o lido. Nesta tarefa destacaba máis aínda Carlos que Álvaro. Pero Carlos e tamén Xoaquín, morreron moi novos.

Slide 19

Os Cunqueiro-Mora en festa de campo

Slide 20

Unha infancia feliz... …e lendo moito: Hugo, Verne, Stendhal, Pondal, Renan, libros de cabaleirías... vixiando os niños dos paxaros, asando castañas nas fragas, vestíndose coas follas das árbores o primeiro de maio...

Slide 21

Álvaro asistíu á escola da Sociedade de Obreiros Católicos. Alí foi compañeiro de moitos rapaces da vila, fillos de artesáns, polo que coñecerá de preto os oficios tradicionais. Gustáballe tanto ir á escola que un día, coa ansía, marchou sen zapatos…

Slide 22

Barrio dos Muíños desde o monte do Padornelo. Os Muíños Imaxe antiga do Barrio dos Muíños

Slide 23

Canle do río Valiñadares no barrio dos Muíños.

Slide 24

No barrio dos Muíños, Cunqueiro foi aprendiz de alfareiro cun oleiro do lugar. Canle do río Valiñadares no barrio dos Muíños.

Slide 25

Mondoñedo. Os Muíños, 1925 AS DÚAS MANIFESTACIÓNS DE CULTURA CONFORMAN A RICA PERSONALIDADE DO FUTURO ESCRITOR. “Alvarito”, extrovertido, curioso, agudo ... bebe por igual da tradición culta que da popular. Conversa coa xente culta das tertulias e tamén coa xente do pobo. Coñece costumes, oficios, fala...

Slide 26

Frecuentaba a farmacia do pai en cuxa rebotica se cele-braban tertulias con cregos, médicos, cazadores… Fachada do pazo episcopal na Praza da Fonte Vella, en cuxo baixo estivo a botica de Joaquín Cunqueiro Dende o primeiro contacto coa farmacopea na botica do pai, quedou fascinado pola maxia da curación. Durante anos recolleu noticias sobre o tema e en 1976 publicou Tertulia de boticas prodigiosas. Aquelas tertulias fascinaban a Alvarito. Outra fonte da que bebeu aquel rapaz foi da labia do seu querido tío Serxio, que tiña sona de gran contador, e tamén da empregada doméstica Esperanza, que contaba historias de misterio con grande fantasía e talento. Desde pequeno ficou seducido pola química da palabra.

Slide 27

Frecuentaba tamén a barbaría de D. Manuel Ledo, o Pallarego. Edificio cuxo baixo albergou a barbaría Considerábao o seu mestre: del aprendía filosofía, música (era barbeiro e violinista), literatura, xeografía...

Slide 28

Edificio cuxo baixo albergou a barbaría

Slide 29

Alí ía o rapaz todos os días lerlles o xornal aos que estaban e inventaba a metade das noticias… Cunqueiro facía obras de teatro sobre as anécdotas que acontecían e alí as representaban. Tamén facían rondallas... (Estaba dotado para a fabulación desde moi novo…)

Slide 30

O primeiro que escribiu en galego foi cando tiña dez anos. Era unha historia do Oeste. Os rostros pálidos falaban en castelán e os indios -os seus favoritos- en galego.

Slide 31

En 1921 Cunqueiro trasládase a LUGO para completar o bacharelato.

Slide 32

Primeiro interno no colexio dos Maristas, antes de vivir nunha pensión preto da estación de ferrocarril. Maristas. Lugo Foi unha ruptura abrupta da infancia. Daqueles primeiros anos só lembraba con agarimo cando chegaba o sábado e regresaba ao seu benquerido Mondoñedo.

Slide 33

Despois dos Maristas matriculouse no Instituto Xeneral e Técnico da rúa San Marcos. Pazo de San Marcos

Slide 34

Os irmáns Cunqueiro Mora en 1923

Slide 35

Cunqueiro aprendendo a escribir na vella Smith Premier nº 10, fiel compañeira toda a vida e onde escribiu toda a súa obra.

Slide 36

Cunqueiro en Mondoñedo

Slide 37

No instituto coincide con Del Riego (de Lourenzá), a quen xa coñecía, e farase tamén amigo de Ánxel Fole, que escribía no periódico do centro. Del Riego Ánxel Fole

Slide 38

Fole acércao aos irmáns Correa Calderón e a Pimentel, o home que o animou a escribir. Luís Pimentel Correa Calderón Luís Pimentel “De non ser por Pimentel, quizáis nunca tería publicado unha liña.” (A.C.)

Slide 39

Lugo

Slide 40

“tan profundamente sentida, Lugo” (A.C.) «ate me deu por andar un pouco elegante. E merquei un gabán marelo. Cousa da mocedade». (A.C.) Fole andaba cun gabán verde…

Slide 41

«o descubrimento máis sensacional e importante da miña vida: o idioma galego. [...] Até os apuntes de Química os facía en galego.» Praza do Campo, 1932

Slide 42

E sentiu fasci-nación ante o mapa de Galiza de Fontán. As distintas seccións estaban colgadas nas paredes do instituto. DOMINGO FONTÁN, autor do traballo cartográfico de Galicia máis importante do séc. XIX: a Carta Xeométrica de Galiza, a escala 1:100.000. «Foi o meu grande encontro co meu país galego: alí estaba a miña terra, a terra da miña vocación e dos meus días». (A.C.) Álvaro Cunqueiro

Slide 43

Paseo da Muralla, Lugo, 1925 Prefería dar voltas e voltas á muralla que ir a clase. Os profesores xulgaban que tiña imaxinación “de máis”...

Slide 44

Elvira Roiz Mesías. IES “Concepción Arenal”. Ferrol, 2011. CONTINÚA

URL:
More by this User
Most Viewed