Cunqueiro_2

+1

No comments posted yet

Comments

Slide 39

ESTAMOS EN 1936. HAI ELECCIONS EN FEBREIRO E EN XA NEIRO O PG DECIDE SE INTEGRASE OU NON NA FRONTE POPULAR. El historiador Ian Gibson, en 'Cuatro poetas en guerra', explica que en aquellas elecciones todo apuntaba a un triunfo de la CEDA, aunque el resultado final dio la victoria el Frente Popular. 25 de xaneiro, pero de 1936, o Partido Galeguista aproba nunha asemblea extraordinaria o seu ingreso na Fronte Popular para concorrer nas eleccións xerais con cinco candidatos galeguistas, Castelao, Alexandre Bóveda, Xerardo Álvarez Gallego, Ramón Suárez Picallo e Antón Vilar Ponte.

Slide 43

O amarelo - último- do mindoniense Bernardino Vidarte .

Slide 44

Slide 51

Introdución. I: Infancia e mocidade 1: Mondoñedo e Lugo. II: Infancia e mocidade 2. Compostela III:. Cunqueiro xornalista do réxime franquista. IV: O regreso á Terra. V: Anos de colleita e recoñecemento. VI: Últimos anos.

Slide 1

“A COMPOSTELA acércase un como quen se acerca a un miragre” II. Os anos composteláns

Slide 2

«ASÍ QUE chego a Santiago, quedo asombrado, absorto. Aínda hoxe, cada vez que entro na cidade chego como un bobo... Recorro todo en soidade e me gusta entrar e saír polas súas rúas... (A.C) Rúa Nova Rúa do Vilar

Slide 3

...e chantarme ante a Catedral, e mirala, mirala...” (A.C.)

Slide 4

En 1927 matricúlase como alumno libre na Facultade de Filosofía e Letras, sec. Histo-ria, da Univ. compostelá. Estudantes de Filosofía e Letras

Slide 5

DEBUXO DE CUNQUEIRO nunha edición d´A Divina Comedia, editada en 1868

Slide 6

Até 1934 compaxina prolongadas estancias en Mondoñedo cos estudos en Compostela. Adoraba pasear polas rúas compostelás, partillar experiencias con outra xente nova, intercambiar libros, visitar os pisos dos compañeiros e as tascas do casco vello... Cunqueiro prefería asistir a faladoiros, actos literarios e veladas. Non ía con regularidade ás clases… Alternaba cualificacións brillantes con estrepitosos suspensos.

Slide 7

Na Rúa Ensinanza, 11, estaba a pensión de C. e de Fole. …e tertulia. Eran famosas as dos Cafés Español e Derby. Café Derby Ánxel Fole Con Fole comparte pensión…

Slide 8

Tertulia na imprenta Nós debuxada por Seoane Entre os seus mellores AMIGOS, Fole, Paco del Riego, R. Carvalho Calero, C. Maside, X. Eiroa, D. García Sabell, G. Torrente Ballester… O piso de Garcia-Sabell convértese na súa verdaderia universidade. Alí escoitaban música.

Slide 9

Cunqueiro, Del Riego e Carvalho Calero

Slide 10

Efervescente e decidido, multiplica as súas actividades e comezará a publicar como poeta e crítico de arte. Ensoño dos sete colores

Slide 11

Fole e C. forman parte do grupo de mozos intelectuais (Seoane, Eiroa, Maside, Colmeiro, Cuadrado,) que, desde as artes (plásticas /literarias), seguen a estela vangardista galega. Carlos Maside Cunqueiro e Fole Seoane, Eiroa e Cuadrado Colmeiro Manuel Antonio Na Literatura, a chamada xeración do 25 (Manuel Antonio, Pimentel, Dieste…, que xa publicara na década anterior). En artes, son “os renovadores”.

Slide 12

C. era un exemplo curioso de maridaxe entre vangarda e tradición. Amaba tanto as novelas de cabaleirías como a poesía do surrealista Paul Eluard. Gravado de Seoane Escultura de Eiroa El se sabía distinto, que a súa obra ía ser feita en soidade e a contrapelo de modas… Cunqueiro pintado por Maside

Slide 13

Cunqueiro por Maside

Slide 14

Rondalla Los Románticos que presidía Cunqueiro. Se en Compostela é unha figura valorada, Cunqueiro en Mondoñedo é todo un personaxe.

Slide 15

No Casino de Mondoñedo en 1929

Slide 16

Vallibria, semanario literario (1930-1940) En Mondoñedo desde 1930 publica na revista Vallibria, e impulsa e dirixe Galiza até 1933. En Galiza (1930–1933, revista monolingüe de forte carga nacionalista) escriben Castelao, Otero, Risco e os mozos Aquilino I. Alvariño e Xosé Díaz Xácome.

Slide 17

Nunha aldea mindoniense dando flores a unha moza. Non todo son alegrías: en 1931 mórrelle a nai.

Slide 18

En 1931 Cunqueiro recibe con entusiasmo a chegada da República.

Slide 19

Na primavera dese ano intervén con Fole, Sigüenza e Picallo nun mitin en Ribadeo da ORGA. Suárez Picallo Ribadeo

Slide 20

Fundación do Partido Galeguista. 5-11-1931 Cunqueiro afíliase ao recén creado Partido Galeguista.

Slide 21

O PG é unha fronte nacionalista onde coexiste desde o seu antimarxismo até o nacionalismo de esquerdas de Picallo. Homenaxe a Castelao, Lugo, 1932 Á dereita da bandeira, Manuel Lugrís e Castelao. Á esquerda, entre outros, Ramón Vilar Ponte, Francisco Fernández del Riego, Antón Vilar Ponte, Plácido Castro, Otero Pedrayo, Rodríguez Somoza, Manuel Beiras . Á dereita, Suárez Picallo, Carlos Maside, Bóveda…

Slide 22

Artigos do Anteproxecto de Estatuto (1931) O PG reclama, por primeira vez na historia de Galicia, o dereito de autodeterminación e proclama, como primeiro obxectivo político, a redacción dun Estatuto de Autonomía. Castelao e Otero Pedrayo, parte do comité executivo do PG

Slide 23

Decisivo na carreira de Cunqueiro como escritor foi Luís Seoane. Luís Seoane Colaboraban os dous en A NosaTerra, voceiro semanal do PG. Seoane (afín á corrente de Picallo e estudante de Dereito) ilustrará os seus poemarios de preguerra.

Slide 24

Cunqueiro debuxado por Seoane

Slide 25

ANXEL CASAL ANXEL CASAL Editor e galeguista, propietario da im-prenta Nós, editora da revista de igual nome, clásica do na-cionalismo galego. En agosto do 36, cando era alcalde de Santiago, o seu corpo apareceu nunha gabia de Cacheiras asasinado polos falanxistas. Grazas a Seoane, Cunqueiro coñece a Ánxel Casal.

Slide 26

Tamén se encargou de ilustralo e de que a prestixiosa Nós lla imprimise. Seoane animouno a publicar o pri-meiro libro: Mar ao Norde (1932). Pola técnica vangardista (o poema concíbese como unha xustaposición de imaxes meta-fóricas) e tamén pola temática (ambiente mariño), moitos dos poemas deste libro poden relacionarse coa poesía de Manuel Antonio. Cando Cunqueiro publicou este libro, o único precedente vangardista en sentido estrito que había na poesía galega era a do rianxeiro.

Slide 27

En 1932, Cunqueiro e Seoane colaboran nas tres publi-cacións periódicas máis interesantes do momento:

Slide 28

Cunqueiro publicará tamén en revistas como a porteña Céltiga, a lusa Descobri-mento, nos diarios El Compostelano, La Región... e, sobre todo, en El Pueblo Gallego e en Nós.

Slide 29

Ilustracións de Seoane. O libro, que inicia o surrealismo na literatura galega, vertebra unha peculiar historia de amor entre uns enigmáticos El e Ela. En 1933 publica Poe-mas do si e do non.

Slide 30

J. J Nunes difundiu os cancioneiros medievais publicando as cantigas de amigo (1928) e as de amor (1332). Co precedente inmediato de Nao senlleira de Bouza Brey, inaugura a corrente neotrobadoresca, inspirada pola lectura dos cancioneiros medievais. … e Cantiga nova que se chama ribeira (1933).

Slide 31

Toda a casa estaba chea de espellos para soñar, ai amante! Nenos frolidos de choiva enterrárona cantando, ai amante! Pandeireta de mamoros cantaba cancións albinas, ai amante! Nos beizos do corvo mouro morreu de beilar soñando, ai amante! Sís e nóns de vidros noivos deixáronlle olleiras finas, ai amante! Muñeira de cen augas deprendeunos a beilar, ai amante! O poemario, que obtivo en 1934 o premio Gil Vicente, reeditouse en 1957 con engade seis poemas máis. Poema manuscrito Os dous libros nen 1933, son dous discursos diferentes. Cunqueiro é un experimentador nato e certeiro.

Slide 32

Xa entón escribiu teatro, de corte surrealista: Cunqueiro segundo Seoane Rúa 26 Xan, o bo conspirador

Slide 33

Cunqueiro, con Iglesia Alvariño e Vidarte, funda en Mondoñedo a factoría vangardista OFICIÑA LÍRICA DO LESTE GALEGO Vidarte Aquilino dirixe a editorial Un (que sacara Poemas do si e do Non) publica tres revistas: Papel de Color (1933-1935) Frol de Diversos (1935) Impresos Sentimentais (1935-1936)

Slide 34

Papel de Color (1933-1935)

Slide 35

Deu aplaudidas conferencias sobre o seu amigo o pintor Colmeiro. Manuel Colmeiro (1901-1999) Os seus escritos sobre temas literarios, musicais e de artes plásticas adquiren sona. Colmeiro Colmeiro

Slide 36

Barcelona. Vista desde o Monjuich A sona de Cunqueiro chega a Cataluña. Alí aprezan a súa poesía. En 1934 vai dar unha conferencia a Barcelona invitado polos AMICS DE LA POESÍA. Libraría Catalònia. No 35 colabora na revista Quaderns de Poesía, xunto a Carner, Salinas, Éluard, Lorca, Martín de Riquer, Segarra, Gabriela Mistral…

Slide 37

Carta de Cunqueiro a Tomás Garcés Conservamos dous poemas de Cunqueiro en catalán.

Slide 38

O PG INTÉGRASE NA CANDIDATURA DA FRONTE POPULAR nas eleccións de feb. de 1936 fixando como condición plebiscitar o Estatuto de Galiza. CUNQUEIRO OPUXÉRASE Á INTEGRACION, PERO SEGUIU NO PG (Chegou mesmo a ser membro suplente da Dirección).

Slide 39

Celebración en Madrid da victoria da Frente Popular Castelao acada acta de deputado

Slide 40

Portada de‘ El Sol', coa imaxe de Manuel Azaña, quen asumiu a presidencia do Goberno tralas eleccións.

Slide 41

Publicidade Partido Galeguista , 1936

Slide 42

Publicidade Partido Galeguista , 1936

Slide 45

Mitin en Pontevedra a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia, 1936.

Slide 46

A Guarda, 1936

Slide 47

Derradeira foto de Bóveda durante un mitin galeguista en xuño de 1936 no palco da música do Cantón de Lugo

Slide 48

Portada do xornal “El Pueblo Gallego” do 28 de xuño de 1936.

Slide 49

Cunqueiro participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de 1936, como orador e como articulista.

Slide 50

«Que se me escoite hoxe falar da miña Patria, cuios muros gardo e cuia lei defendo. No tocante ao que unha patria pide aos seus, ése ou non se é. Eu quero ser... » El quería “ser”. Pero non foi quen... En “El Pueblo Gallego” reclama a liberdade para o pobo galego.

Slide 51

Elvira Roiz Mesías. IES “Concepción Arenal”. Ferrol, 2011. CONTINÚA

URL:
More by this User
Most Viewed