Cunqueiro_4

+1

No comments posted yet

Comments

Slide 6

Na entrevista a Fondo: “yo estaba cansado moralmente, fatigado moralmente, y necesitaba pues una larga cura de soledad y de silencio que me vino muy bien. Hay esas curas de las que sale otro que tiene nostalgia del otro pero, en fin, ha salido, ha salido nuevo.

Slide 12

día 4 de marzo de 1909 viña ao mundo na casa de Tristán, en pleno Morrazo, Xosé María Castroviejo y Blanco-Cicerón, unha das personalidades máis controvertidas e contraditorias da Galicia do século XX. Reside unha gran parte da súa vida en terras compostelás, onde comezada a Guerra Civil faise cargo da única división carlista galega daquel entón, feito este que o marcará o resto dos seus días, xa que os seus detractores verán nela o apoio de Castroviejo ao fascismo, aínda que para outros recibe a consideración de "tradicionalista e carlista crítico co franquismo". Ferido durante o conflito bélico, casa en 1938 en Compostela mentres está convalecente das súas lesións e será a partir da posguerra cando desenvolva unha función fundamental no xornalismo e na cultura galega da época. En 1941, con pouco máis de trinta anos, Xosé María Castroviejo é nomeado director do único xornal galego que pertence a cadea do Movemento, El Pueblo Gallego, que se edita en Vigo. Este diario, fundado en 1924, fóralle incautado no 36 ao centrista republicano Xosé Portela Valladares. Castroviejo faise cargo da dirección nun momento moi difícil, xa que todos os medios padecen fortes restricións, principalmente de papel. Con todo, sabe conectar o medio coa sociedade. No derradeiro número deste xornal, publicado o 30 de xuño de 1979, amosábase coma un home canso coa sociedade en que lle tocara vivir, amais de considerarse a si mesmo coma "un home que loitaba contra a censura", que tiña "unha dote especial para esquivar o lapis vermello do censor". Só catro anos despois de asumir a dirección, en 1944, o rotativo acada unha tirada superior aos 14.000 exemplares diarios, que o converte no periódico de maior difusión de Galicia, ao que tamén contribúen as circunstancias especialmente favorábeis que concorren para o matutino olívico (dispuña de mellor maquinaria e de máis papel). Defensa do galego A partir da década dos cincuenta comeza a etapa do Castroviejo máis contraditorio. Neste tempo, no que principia a súa amistade co tamén escritor e xornalista mindoniense Álvaro Cunqueiro, son frecuentes os seus enfrontamentos coas autoridades, nalgún caso por defender o emprego da lingua galega. A máis coñecida, neste sentido, é a súa polémica con Juan Aparicio, director xeral de prensa, que criticara con dureza a editorial Galaxia por publicar unha tradución de Heidegger. Pero, estas diferencias non quedarían aí e xorde o Castroviejo máis cáustico. En 1954 é cesado da dirección do "seu xornal" por asinar un sarcástico comentario sobre "os aduladores que pululan arredor do Caudillo na busca de favores persoais", aludindo os que se achegaban xunto ao ditador, aproveitando a súa estadía estival nas Rías Baixas. O cesamento do director de El Pueblo Gallego leva aparellado un cambio de rumbo na traxectoria dun rotativo que se caracterizaba, na medida do posíbel, pola humanidade e o achegamento á cidadanía. De modo proporcional, o diario do Movemento comeza unha carreira descendente da que xa non se recuperará. Teoricamente enfrontado ao réxime franquista, Castroviejo será colaborador de distintos medios de comunicación e fundará as primeiras publicacións destinadas aos emigrantes americanos. Así, en 1961 ve a luz "Carta de América", de breve duración, en que trataba de poñer en contacto a aqueles que se encontraban alén dos mares e que levaban moitos anos sen comunicarse.

Slide 17

A asamblea fundacional da Editorial Galaxia ten lugar en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1950 baixo a presidencia de Otero Pedrayo. Vinculado desde os inicios tamén estivo Francisco Fernández del Riego, amigo íntimo de Cunqueiro desde a infancia. Anos máis tarde, a partir de 1963, Don Paco, como era coñecido o laurentino, codirixiu con Ramón Piñeiro a revista Grial na que colaborará o mindoniense. Pero Galaxia tamén foi a editorial que publicou a maior parte da narrativa en galego de Cunqueiro

Slide 24

Era un dos seus personaxes mas queridos

Slide 29

A de cores a segunda edicion BELLO FERNÁN, Xuan, asturiano traduciuno ao asturianu.

Slide 38

Introdución. I: Infancia e mocidade 1: Mondoñedo e Lugo. II: Infancia e mocidade 2. Compostela III:. Cunqueiro xornalista do réxime franquista. IV: O regreso á Terra. V: Anos de colleita e recoñecemento. VI: Últimos anos.

Slide 1

1947-1961 O regreso á Terra

Slide 2

III: De volta a Mondoñedo

Slide 3

Instalado no faiado da casa da praza da catedral coa vella máquina de escribir recorre aos tempos antigos (os novos non lle atraen…) e fabulará, versificará, dramatizará ... Casa dos irmáns Cunqueiro desde 1949, Praza da Catedral.

Slide 4

Casa dos irmáns Cunqueiro desde 1949, Praza da Catedral. Dicía que non era capaz de escribir se non sentía o cheiro das mazás de Mondoñedo (“o dondo sabor das ma-zás”). Unha amiga de Mondoñedo llas fará chegar cando xa non viva aquí… No faiado gozaba do seu cheiro preferido: o das mazás e as peras esparexidas polo chan.

Slide 5

Volve fracasado, desorientado, decepcionado de si mesmo, triste… Coa truncada carreira como xornalista do réxime (acabaron para sempre as exaltacións fascistas...), unha situación económica moi precaria, unha crise irreversible no seu matrimonio (A muller acaba de deixalo no ano de nacemento do neno pequeno, Álvaro). Cunqueiro regresa sumido nunha fonda depresión. Moitos dos amigos republicanos estaban exilados; outros viráronlle as costas polo pasado falanxista. Pasou un purgatorio. Durante varios anos atoparase melancólico “canso, soio, triste, á nugalla”.

Slide 6

Alameda dos Remedios. Mondoñedo Cunqueiro estará en Mondoñedo até 1961. Son anos de reflexión, de lecturas, de paseos, de contacto cos paisanos e os amigos de sempre... «O poeta está a soas coa verdade do corazón, coa mágoa que sabe superar. Templa a súa arte e medra en bondade humana. Arte e humanidade serán os alicerces da súa vida. A saudade do amor será a constante compañía.» (Luz Pozo) “Véxome soio, aconchado nun buraco”, escribiulle a Del Riego.

Slide 7

Grazas á súa intercesión, logrou colaboracións nas páxinas culturais do diario 'La Noche‘. Tamén –burlando con pseudónimos a prohibición de escribir- traballará noutros diarios galegos e na prensa estatal. PERO PAGAN TARDE E MAL… Del Riego, gran persoa e mellor amigo, veu tenderlle a man.

Slide 8

Huxley Shelley Rilke Shakespeare Hölderlin Homero Dante Frobenius Mahoma Worringer Whitehead Walter Pater Ruskin Rosalía de Castro Alberti Refuxiado na literatura, le e escribe día e noite.

Slide 10

Por Laxeiro Sereas debuxadas por C. en 1961 Autorretrato, 1951 A Cunqueiro teríalle gustado moito ser un bo debuxante. Debuxaba frecuentemente.

Slide 11

Finais do 40 en Mondoñedo

Slide 12

El e mais o seu amigo Xosé Mª Castroviejo fixeron nos anos 50 unha xira de exitosos coloquios por toda Galiza partillando /polemizando sen guión previo. Con Xosé Mª Castroviejo Xosé Mª Castroviejo

Slide 13

Cunqueiro cos dous fillos, César e Álvaro, na feira de San Lucas, 1950.

Slide 14

Cos dous fillos e unha sobriña

Slide 15

Con amigos e integrantes da rondalla dirixida polo barbeiro e músico O Pallarego (Mondoñedo. Comezos dos 50).

Slide 16

Froito das súas melancolías… “Agora trobo a lúa / e mailo vento irado, non o cervo do monte, / meu amigo pasado”. En 1950 publica Dona do corpo delgado.

Slide 17

…e en 1955 Galaxia publica a súa primeira novela en galego: Merlín e familia e outras historias. O Merlín supuxo un fito no tocante á renovación da nosa narrativa. Del Riego convenceu a Cunqueiro de que escribira narrativa en galego. Este resistíase, pois víase como poeta… Del Riego, testán, insistiu e insistiu… Un día apareceu con 20 folios do Merlín. Para moitos, obra cumio. Cunqueiro, que fora poeta arengado na súa mocidade por Pimentel, foi um prosista arengado na súa madurez por Del Riego.

Slide 18

Arredor da figura dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Pastoriza e Miranda, aparecen fascinantes e engaioladoras historias. Adobiada dun fino humor, sorprende por unha extraña capacidade para facer convivir o mito co mundo real. Un dos debuxos de Prego de Oliver que ilustran o Merlín Desenvólvese nunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián.

Slide 19

Con amigos, ensinando o Merlín Dominaba todas as estratexias propias da narración oral. «O propio dun escritor é contar claro, seguido e ben”, dixo.

Slide 20

O quitasoles e o quitatebras O Castelo de Belvís As condesiñas deFolgar Miss Spindle, Delfina de Tulé Romualdo Nistal D. Esmeraldino Felipe de Amancia Doña Simona Dona Ginebra Ofelia Co gallo do cincuentenario FAUSTO ISORNA púxolle cara ás personaxes do libro, dentro dunha exposición que organizou Galaxia. Cobillón A serea grega

Slide 21

A primeira novela galega de C. é xa unha novela universal, considerada precursora do realismo máxico.

Slide 22

En 1956 sae As crónicas do Sochantre Fala dun lúdico ultramundo: fai do maca-bro festa. Inspírase nunha tradición bretoa análoga á Santa Compaña galega: nunha carroza funeraria viaxan as ánimas en pena... Traducida ao castelán por el e Del Riego, recibe o Premio Nacional da Crítica en 1958. Ilustración: Xohán Ledo Describe a paisaxe da Bretaña –que non coñece– con sorprendente exactitude. É UN NOVO XÉNERO: SON RELATOS, INCLÚE TEATRO … HAI MAXIA, REALISMO….

Slide 23

En 1958 sae O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca. Drama da perda absoluta da identidade, a traxedia do home diante do absurdo sen máis saída que o suicidio. A C. fascináballe o teatro. As dificultades para representar na época, unidas á súa crenza de que “teatro para ler, eu non o concibo”, fixeron que escribise menos pezas teatrais das que lle gustaría. No Hamlet fai unha lectura freudiana do personaxe shakespeareano (culpa, adulterio, inces-to…). A representación estivo PROHIBIDA POR INMORAL, até que un despistado censor lle deu o visto e prace pensando que era unha tradución da obra de Shakespeare. Os atrancos da censura iniciáranse cunha coñecida exclamación de Serrano Castilla –o censor de turno- ao ver o texto teatral: "Voy a llevar a Don Hamlet al paredón”. Esta vez a obra –en galego! –levouse aos escenarios e nada menos que ao Teatro Colón. Non foi fácil…

Slide 24

Na estrea de O incerto Señor Don Hamlet (Teatro Colón, A Coruña, ag. de 1959) Tivo tamén que defenderse dos prexuízos que non entendían como un príncipe danés podía falar galego... Na estrea reuníronse os comprometidos coa cultura galega e, por primeira vez desde o comezo da Ditadura, cantouse en público o himno galego. OUTRA VEZ CUNQUEIRO, COMPROME-TIDO DE NOVO CO GALEGUISMO. ABRINDO UNHA PORTA, ACENDENDO UNHA LUZ NAQUELA NOITE DE PEDRA...

Slide 25

Cunqueiro le o Hamlet a uns amigos

Slide 26

En Mondoñedo co seu amigo Eduardo Lence-Santar. En xaneiro de 1960 morre Lence-Santar. Cunqueiro aspira a sucecelo como Cronista Oficial de Mondoñedo. Son moitos os que asinan varias cartas apoiando a solicitude ao concello de Mondoñedo. Entre outros: Xosé Mª Castroviejo Valentín Paz-Andrade Emilio Álvarez Blázquez Fernández del Riego Celso Emilio Ferreiro Vicente Risco Otero Pedrayo Celestino Fdez. de la Vega Anxel Fole Manuel María Carvalho Calero Antonio Rosón… Solicitude de Cunqueiro Até que, por fin , déronlle o cargo…

Slide 27

Co seu amigo Bernardino Vidarte Co seu amigo Díaz Jácome

Slide 28

En 1960, Las moceda-des de Ulises (relato de iniciación, cheo de ecos homéricos.)

Slide 29

En 1960 sae tamén Escola de menciñeiros. Mestura personaxes reais e imaxinarios e reinventa algúns dos que o autor coñeceu de neno. Detrás está sempre Galiza. Será o primeiro volume da súa triloxía máis famosa. Edición asturiana C. sentía fascinación pola idiosincrasia do “ser galego” Inclúe un apartado, «Fauna máxica», que é unha especie de manual de zooloxía fantástica.

Slide 30

Viloalle. Mondoñedo. O CEGO DE VILOALLE De entre os tipos galegos, sentiu especial fascinación polos cegos que cantaban nas romarías. Para o cego de Viloalle versificou ducias de crimes que acadaron grandes éxitos.

Slide 31

Na Feira de S. Lucas de Mondoñedo

Slide 32

Tamén en 1960 publica a obra dramática A noite vai coma un río. Nela predomina o elemento lírico.

Slide 33

María Barcala foi Dona Inés na montaxe de Xulio Lago (1986)

Slide 34

No ano 61 sae Si o vello Sinbad volvese ás illas. Versión ao castelán feita por Cunqueiro

Slide 35

Cos seus fillos.

Slide 36

Otero Pedrayo, Carlos Maside e Cunqueiro

Slide 37

Carné de periodista de Cunqueiro Se ben Cunqueiro asinou co seu nome as súas colaboracións en “Faro de Vigo” desde 1950 ,tardou toda unha década en recuperar o seu carné de xornalista.

Slide 38

Elvira Roiz Mesías. IES “Concepción Arenal”. Ferrol, 2011. CONTINÚA

URL:
More by this User
Most Viewed