O espazo na pintura gótica

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

IES As Lagoas (Ourense) Historia da Arte Profesora: María Jesús Candau Chacón Giotto e Van Eyck O espazo pictórico na pintura gótica

Slide 2

Giotto: pranto sobre o Cristo morto (Capela Scrovegni, Padua. 1303-06)

Slide 3

A obra de Giotto ten un planteamento tridimensional, pero non da a mesma importancia as figuras que ao espazo A obra de Giotto ten un planteamento tridimensional, pero non da a mesma importancia as figuras que ao espazo Fondo pouco importante, case sen profundidade Figuras corpóreas, volumétricas O espazo acaba onde acaban as figuras

Slide 4

(Nas pinturas de Giotto onde hai edificios ou outros elementos da paisaxe, éstes parecen desproporcionados en relación coas figuras)

Slide 5

Recursos: Escorzos Figuras en planos superpostos Figuras en primeiro termo, diante do grupo principal, dando as costas ao espectador

Slide 6

Liñas e cores Liñas finas Valores cromáticos: volume, luces e sombras Cores soaves, pouco contrastadas: apréciase mellor a diferenza dos valores cromáticos

Slide 7

A luz utilízase unicamente para modelar o volume das figuras

Slide 8

Formas sinxelas, simplificadas: volumes macizos, corpóreos Predomina o conxunto sobre o detalle

Slide 9

Jan Van Eyck: Virxe do Chanceler Rolin (1435) Museo do Louvre

Slide 10

Van Eyck consegue unha gran sensación de tridimensionalidade, tanto no espazo como nas figuras

Slide 11

Liñas finas Valores cromáticos: volume, luces e sombras

Slide 12

Gran profundidade espacial Importancia da paisaxe Os elementos arquitectónicos crean liñas de fuga

Slide 13

(Ao eliminar as liñas de fuga creadas polas baldosas, o espazo aplánase)

Slide 14

Perspectiva empírica, non científica: as liñas de fuga non conflúen nun punto Diferentes ángulos de visión

Slide 15

Cores máis soaves no fondo (perden contraste coa distancia) Cores máis contrastadas e saturadas no primeiro plano Utilización das cores no espazo (perspectiva cromática) Fondo con detalles moi nítidos (non hai perspectiva aérea)

Slide 16

Utilización da luz no espazo Luz clara no exterior Arcada que separa os espazos Penumbra no interior

Slide 17

Formas detalladas, minuciosidade. Predominio do detalle sobre o conxunto

Slide 18

Síntese Ao longo da etapa gótica desenvólvese o interese pola tridimensionalidade (relacionado cunha figuración máis realista), e pásase da “pintura plana” á “pintura-ventá”. A pintura de Giotto (Italia, inicios s. XIV) céntrase no volume das figuras (valores cromáticos, modelado con luz e sombras..) Interese menor polo espazo (so interesa o espazo no que están os personaxes) O recurso principal na representación do espazo é a superposición de planos; as veces, escorzos. A pintura de Van Eyck (Flandes, 1ª metade do XV), polo contrario, amosa unha gran profundidade espacial, non so no espazo das figuras, senón tamen na paisaxe. A perspectiva utilizada non é a perspectiva científica (aínda non inventada), senón empírica. Utiliza tamén a cor e a luz para crear profundidade espacial. A pintura de Giotto presenta formas moi sinxelas (o que destaca a sensación de corporeidade das figuras); predomina o conxunto sobre o detalle. A de Van Eyck é moito máis minuciosa; predomina o detalle sobre o conxunto.

Slide 19

FIN

Summary: A tridimensionalidade na pintura de Giotto e de Van Eyck

Tags: arte pintura gótico espazo pictórico giotto vaneyck

URL:
More by this User
Most Viewed