MINERÍA CON CIANURO

+6

No comments posted yet

Comments

Slide 1

MINERÍA CON CIANURO: POR QUE ESTAMOS EN CONTRA

Slide 2

QUE É A MINARÍA CON CIANURO? No proceso de extracción de ouro trabállase así: Primeiro hai que remover a capa superficial da montaña, para acceder aos xacementos onde está a rocha con mineral. Despois, con voladuras, desfacer esa rocha. As rochas que conteñen o ouro son trituradas e convertidas nun granulado que se leva a unha pileta de decantación. Alí régase con cianuro sódico e outros tóxicos. O cianuro é o que permite separar o ouro do resto do mineral. Utilízase gran cantidade de cianuro, unha substancia altamente tóxica para todos os seres vivos, xa que inhibe o proceso de respiración celular.

Slide 3

Para obter gramo e medio de ouro, hai que triturar unha tonelada de roca co mineral. E para obter esa roca que contén o ouro, primeiro hai que extraer varias toneladas de rocas que non conteñen ouro. Así prodúcense moitas toneladas de residuos mineiros. No documento inicial fálase de 20 millóns de metros cúbicos de estériles de mina. Parte dos residuos son inocuos, pero os desperdicios que foron rociados con cianuro, poden conter cianuro e compostos de cianuro. Os residuos líquidos contaminados van a unha balsa, que normalmente permanece despois de abandoada a explotación.

Slide 4

O cianuro tamén tende a reaccionar fácilmente con moitos outros elementos químicos, producindo una unha ampla variedade de compostos tóxicos Aspersores regando coa disolución de cianuro sódico unha pila de lixiviación

Slide 5

O CONSUMO DE AUGA A minaría de ouro con cianuro consume enormes cantidades de auga para o tratamento do mineral. Este consumo pode afectar as fontes subterráneas, e provocar escaseza nelas. Pódese ver mermada, polo tanto, a cantidade de auga dispoñible para outros usos.

Slide 6

AFECCIÓNS Á AUGA Contaminación: Aínda que o cianuro na auga descomponse rápidamente – en presencia da luz do sol- en substancias maiormente inofensivas, tamén tende a reaccionar fácilmente con moitos outros elementos químicos, formando centenares de compostos diferentes con diferentes graos de perigosidade, como cianatos e tiocianatos, que permanecen na auga. Cambio do pH das augas. Especialmente significativa adoita ser a acidificación da auga a consecuencia do drenaxe ácido de mina.

Slide 7

Afectación das augas subterráneas ou freáticas: as xeomembranas colocadas debaixo dos embalses de residuos tóxicos permiten filtracións a través de roturas, que pasan ao chan, podendo chegar ás augas subterráneas. Membrana rota, mina Bellavista, Costa Rica Afectación das augas superficiais: os residuos sólidos finos provintes da explotación poden dar lugar a unha elevación da capa de sedimentos nos ríos. Diques e balsas de residuos mal construídas ou mal mantidos, ou inadecuado manexo, almacenamento ou transporte de insumos (como combustibles, lubricantes, reactivos químicos e residuos líquidos) poden contaminar as aguas superficiais.

Slide 8

Ademais, os embalses de almacenamento están diseñados para resistir grandes crecidas e fortes chuvias, pero non sempre impiden os desbordamentos, ou as roturas dos muros de contención (como ocorreu en Aznalcóllar). Nese caso, os metais pesados e a auga contaminada con cianuro poden dar lugar a gravísimos accidentes, afectando á flora e á fauna, e contaminando a auga.

Slide 9

O cianuro pode permanecer por períodos de tiempo moi longos nas augas subterráneas porque o sol e o osíxeno que se precisan para descompoñelo en outras substancias non se encontran alí. A contaminación das augas subterráneas é a forma máis importante de contaminación con cianuro nestas minas, porque os sistemas diseñados para previr estes sucesos non son impermeables e teñen grandes probabilidades de sufrir danos estructurais (pinchaduras ou grietas). Un informe científico titulado "Inseguridades do cianuro", realizado en 1998 chegaba á conclusión de que o cianuro pode formar compostos que son tóxicos para a vida acuática, poden permanecer durante longos períodos de tempo, e acumularse nos tecidos de plantas e peixes.

Slide 10

A BALSA DE RESIDUOS TÓXICOS Á balsa onde vai parar o líquido contaminado despois de ser usado para a lixiviación, é un perigo, por conter moitos residuos tóxicos e contaminantes. Estes poden pasar ao medio ambiente por filtración ou por desbordamento. Estes escapes causan daños á flora e fauna que ten contacto con concentracións letais da solución de cianuro (especialmente aos peixes, máis sensibles a este produto), e representan unha amenaza a longo prazo para as augas subterráneas (freáticas).

Slide 11

IMPACTO SOBRE A POBOACIÓN Ruídos das voladuras Afeccións das voladuras ás construcións próximas á mina Expropiacións.

Slide 12

CONTAMINACIÓN DO AIRE O aire pode resultar contaminado con impurezas sólidas, por exemplo polvo e combustibles tóxicos ou inertes, capaces de penetrar ata os pulmóns, provintes de diversas fases do proceso. Tamén pode contaminarse o aire con vapores ou gases de cianuros contidos en gases residuais, procesos de combustión incompleta ou emanacións de charcos ou lagoas de augas non circulantes con materia orgánica en descomposición.

Slide 13

EFECTOS SOBRE O CHAN Xeneración de drenaxe ácido producido pola oxidación dos sulfuros contidos nas rochas. Isto facilita a mobilización dos metais pesados, e a disolución das súas sales. Desertización: deforestación, erosión, pérdida de solo fértil. Modificación do relevo, alteración da dinámica dos procesos de ladeira. Cambio do relevo-aumento da escorrentía-erosión Peligros xeotécnicos: Desestabilización de ladeiras por sobrecargas e/ou excavacions e alteracions no nivel freático.

Slide 14

Contaminación por metais pesados xenerada por efluentes líquidos e sólidos. Acidificación por acumulación e oxidación de sulfuros e drenaxe ácido. Adición de sales ao solo (sulfatos).

Slide 15

O ABANDONO DAS INSTALACIÓNS UNHA VEZ FINALIZADA A EXPLOTACIÓN As empresas mineiras non se caracterizan pola súa transparencia nin responsabilidade “...a minería con cianuro crea pouco emprego e só por un período de entre oito e dezaseis anos, pero pode provocar enormes danos ecolóxicos que, polo xeral, non son compensados polas empresas explotadoras responsables, que adoitan desaparecer ou ir á creba, senón polo Estado afectado, é dicir, polos contribuíntes” Quen afirma iso? Os chalados de Greenpeace? Os tolos de Adega? Os chiflados de Verdegaia? Non: O PARLAMENTO EUROPEO

Slide 16

AFECCIÓN DE FLORA E FAUNA O río Anllóns, rede natura, pasa no seu curso pola área de explotación prevista no documento inicial do proxecto. A fauna do río pode verse afectada se hai vertidos a este Se accidentalmente un animal resulta contaminado por cianuro e morre, outro animal que o coma verase contaminado tamén, pasando o cianuro á cadea trófica. Afección á capa vexetal no momento inicial, que non chega a recuperarse por completo. Moitos dos subproductos que se orixinan a partir do cianuro, que xeralmente son menos tóxicos que o cianuro orixinal, son moi tóxicos para os organismos acuáticos. Ademais, poden persistir no medio ambiente durante largos periodos, e existe evidencia de que algúns destes compostos pódense acumular nos tecidos das plantas (Eisler, 1991) e peixes (Heming, 1989).

Slide 17

IMPACTO PAISAXÍSTICO Debido á gran cantidade de rocha que hai que extraer ata chegar ao mineral, a minería de ouro ten un gran impacto paisaxístico. Deixa enormes cráteres nos sitios onde antes había agradables paisaxes.

Slide 18

POSIBLES ACCIDENTES Derrames Verquidos Accidentes no transporte de substancias altamente contaminantes. Desbordamentos Rotura ou deterioro da membrana que aílla os residuos do chan

Slide 19

DE ENTRE OS NUMEROSOS ACCIDENTES, CITAMOS... Colorado, E.E.U.U.: En Colorado, derramamentos de cianuro e outros contaminantes da mina de ouro Summitville, posuída por Galactic Resources Lta, contribuíron a graves problemas ambientales nunha parcela de 17 millas ao longo do Río Alamosa. A mina foi aberta en 1986, e abandonada en 1992. Montana, E.E.U.U.: Pegasus Corporation pechou recentemente a mina de ouro Zortman-Landusky en Montana. Aberta en 1979, foi a primeira mina de lixiviación en pilas con cianuro de larga escala nos Estados Unidos. A mina experimentou varias fugas e descargas de cianuro durante a súa vida de operación, o que resultou en mortes da fauna silvestre e unha seria contaminación de correntes e da auga subterránea.

Slide 20

Nevada, E.E.U.U.: Despois do fracaso dunha estrutura de lixiviación en 1997, a mina Gold Quarry en Nevada derramou aproximadamente máis de 900.000 metros cúbicos de desperdicios de cianuro en dous regatos locais. En 1989 e 1990, unha serie de oito fugas de cianuro ocurriu na mina de oro Echo Bay Company’s McCoy/Cove en Nevada, derramando un total de case 450 kilos de cianuro ao medio ambiente. Dakota del Sur, E.E.U.U.: O 29 de maio de 1998, entre seis e sete toneladas de tailings de cianuro da Mina Homestake foron derramadas no regato Whitewood Creek nas Black Hills (Montañas Negras) de Dakota do Sur, o que resultou nunha matanza sustancial de peixes. Probablemente o río tardará anos en recuperar enteiramente. Kirgistan: O 20 de maio de 1998, un camión transportando cianuro á mina Kumtor en Kirgistan caeu dunha ponte, derramando casi dúas toneladas de cianuro de sodio (1762 kilos) nas augas superficiais locais.

Slide 21

Guyana: En 1995, máis de 32 millóns de metros cúbicos de solución de cianuro foron derramados nun río principal en Guyana cando unha presa se derrubou na mina de ouro Omai da compañía mineira Cambior. España: O 25 de abril de 1998, unha balsa de residuos de metais pesados moi contaminantes de case 5 hm³, procedentes dunha mina da empresa de capital sueco Boliden-Apirsa, situada na localidade de Aznalcóllar, rompeu por dous dos seus lados, liberando gran cantidade de líquido de moi baixo pH (alta acidez). O verquido producido no río Agrio chegou rapidamente ao Guadiamar, que vai cara o Parque natural de Doñana, onde foi freado e desviado mediante diques para que chegara con máis rapidez ao Guadalquivir, e de alí ao mar. Investigadores do Instituto de Recursos Naturais e Agrobioloxía (IRNAS), dependente do CSIC, viñan sinalando dende había anos a existencia de significativos niveis de metais pesados no Guadiamar (procedentes das explotacións mineiras), advertindo do risco que supoñía para Doñana a existencia dunha balsa de residuos de tales dimensións, sen que dende as distintas administracións se chegase a facer nada para impedir o previsible desastre. Os verquidos tóxicos arrasaron colleitas, fauna, flora e solos. As perdas agrícolas estímáronse no seu día do orden dos 1.800 millóns de pesetas.

Slide 22

PAÍSES QUE PROHÍBEN O USO DO CIANURO NA MINERÍA Turquía, dende 1999, despois dunha campaña iniciada pola sociedade civil, a Corte Suprema prohibiu o uso de cianuro na minería neste país. Arxentina, varias provincias prohibiron o uso de cianuro no transcurso da década de 2000. Chubut (Lei 5.001 del 08/05/2003), Río Negro (Ley 3.981 do 21/07/2005), Tucumán (Ley 7.879 do 20/04/2007), Mendoza (Lei 7.722 do 20/06/2007), La Pampa (Lei 2.349 do 16/08/2007), Córdoba (Lei 9526 do 24/09/2008); e San Luis (Lei 634 do 1/10/2008) República Checa, o Senado no ano 2002, despois de que o Parlamento xa o fixera en 2000, prohibiu o uso de cianuro no proceso de lixiviación (Lei de minas nº44/1988 de 2000). Alemania, un decreto prohibiu o uso de cianuro en 2002. Estados Unidos, 5 condados prohibiron o uso de cianuro no Estado de Colorado. En Montana, unha iniciativa da sociedade civil resultou na prohibición do uso de cianuro e das minas a ceo aberto para a explotación de novas minas de ouro. Hungría, en decembro de 2009, o parlamento votou a prohibición do uso de cianuro cunha maioría aplastante: 365 votos contra 1 (Lei de minas nº 48/1993 de 2009). En moitos outros sitios -La Rioja (Argentina), Costa Rica, Grecia, Honduras, Perú, Filipinas, Rumania, Alaska...-, a sociedade civil estase a mobilizar para impedir o uso do cianuro na minería.

Slide 23

E OS POSTOS DE TRABALLO, QUE? O maior atractivo da mina de ouro son os postos de traballo que crea. Estes son provisionais En caso de accidente, quen nos asegura que non vai pasar como en Aznalcóllar? Alí, os mineiros aínda están agardando a cobrar a compensación polo despido. Que pasa cos postos de traballo que se poden chegar a destruír? Mariscadoras e pescadores non queren ver arriscado o seu posto de traballo. Subvencións millonarias ás empresas mineiras. Con esas subvencións poderíanse crear postos de traballo sustentables e duradeiros na comarca, sen poñer en risco o seu medio.

Slide 24

QUEREMOS POSTOS DE TRABALLO SUSTENTABLES PARA A NOSA ZONA. POSTOS DE TRABALLO QUE NON ARRISQUEN O FUTURO DAS XENERACIÓNS QUE VEÑEN DETRÁS. NON QUEREMOS PAN PARA HOXE E FAME PARA MAÑÁ MINA NON!!!

Summary: Os efectos da minería con cianuro. Mina de ouro de Corcoesto..

Tags: corcoesto cianuro mineria ouro

URL:
More by this User
Most Viewed