Mosteiros de Galicia

+1

No comments posted yet

Comments

Slide 1

MOSTEIROS E CONVENTOS DE GALICIA Música: Berrogüetto – “ Vilalbalcan I”

Slide 2

MOSTEIROS E CONVENTOS DA PROVINCIA DA CORUÑA San Xoán de Caaveiro San Salvador de Bergondo San Francisco de Betanzos Santa María de Monfero San Domingos de Trasouto Santa María A Real do Sar San Martín Pinario Santa María Sobrado dos Monxes

Slide 3

San Xoán de Caaveiro Na comarca do Eume, no medio da solitaria e impresionante paisaxe que constitúen as fragas do río Eume, mantéñense aínda en pé os restos deste antigo mosteiro románico do século XII. O conxunto consta de: Adro de entrada, arco de entrada e torre barroca do século XVIII, casa de Quintáns, sacristía e unha igrexa románica, de finais do século XII.

Slide 4

San Salvador de Bergondo Ao noroeste da comarca da Coruña, moi preto da costa, case lindando coa de Betanzos, é dicir, en pleno corazón das Mariñas dos Condes, encóntranse os restos deste antigo mosteiro benedictino. Hoxe quedan poucos restos do antigo mosteiro que se organizan arredor dun patio no lugar que debeu ocupar o primitivo claustro regular, situado ao sur da igrexa. A igrexa é un fermoso exemplar de arquitectura románica da segunda metade do século XII, ten planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares.

Slide 5

San Francisco de Betanzos Na zona antiga do concello de Betanzos, formando un conxunto monumental coa igrexa de Santa María de Azogue, encóntrase a igrexa gótica de San Francisco, único resto que queda do antigo convento franciscano. Aínda que o convento foi fundado no 1219, a igrexa foi rematada no 1387 polo señor da cidade no seu momento de máximo esplendor, Fernán Pérez de Andrade, segundo reza a inscrición do seu sepulcro, que se encontra no interior. A igrexa constitúe un bo exemplar do oxival galego da segunda metade do século XIV, aínda que con tradicións románicas na ornamentación, Ten planta de cruz latina, cunha soa nave, capelas laterais, cruceiro e tres capelas absidais.

Slide 6

Santa María de Monfero Nunha das zonas máis agrestes da comarca do Eume, no concello de Monfero, dominando un extenso val, encóntranse os restos deste mosteiro cisterciense do século XII, aínda que se pretende fundado no século X por San Rosendo. A igrexa e un enorme templo barroco clasicista do século XVII, reemprazando ao románico do século XII. O Claustro Reglar e galerías coas bóvedas estreladas son do século XVI.

Slide 7

San Domingos de Bonaval Este convento dominico encóntrase moi achegado á Porta do Camiño, en Santiago de Compostela. Hoxe dedicado a Museo do Pobo Galego e Panteón de Galegos Ilustres, é veciño do Centro Galego de Arte Contemporánea. A tradición atribúe a súa fundación ao propio San Domingos de Guzmán, da familia galega dos condes de Traba, que peregrinou a Compostela en 1219. A maioría dos edificios conservados foron construídos en estilo barroco a finales del siglo XVII y comienzos del XVIII.

Slide 8

San Lorenzo de Trasouto O mosteiro de San Lourenzo de Trasouto encóntrase ao sudoeste da cidade de Santiago, contiguo ao campus universitario, no medio dunha paisaxe de carballos centenarios que xa cantou Rosalía de Castro. Fundado no século XIII por don Martín Arias, bispo de Zamora, pasou no século XIV a depender dos franciscanos. Da obra orixinal mantéñense en pé fundamentalmente a igrexa e o claustro. Estas dependencias foron moi transformadas ao converterse en pazo dedicado á restauración. A igrexa é de planta de cruz latina, cunha única nave de catro tramos, curto cruceiro e capela maior de planta sensiblemente cadrada.

Slide 9

Santa María A Real do Sar A colexiata de Santa María do Sar, antigo mosteiro dos Cóengos Regulares de San Agostiño, encóntrase situada nas aforas do antigo casco histórico de Santiago de Compostela, nas marxes do río Sar. A súa fundación corresponde ao Arcebispo Diego Gelmírez no século XII. Das antigas construccións medievais só queda a igrexa e a á norte do antigo claustro. A igrexa, de arquitectura románica, é de planta basilical con tres naves que se prolongan en tres ábsidas poligonais. A progresiva inclinación, acentuada no século XVII, motivou as obras de consolidación realizadas no 1732, consistentes fundamentalmente nos grandes arcobotantes apoiados nos primitivos contrafortes que agora caracterizan a igrexa.

Slide 10

San Martín Pinario Este mosterio benedictino encóntrase no casco histórico da cidade de Santiago de Compostela. Foi fundado no século X. Ao longo da Idade Media este monasterio creceu de tal forma que a finais do século XV converteuse no mosteiro máis rico e poderoso de Galicia o que conlevou a que fose reconstruído en estilo barroco no século XVII, polo que o conxunto arquitectónico presenta unha variedade de estilos. O mosteiro ten dous claustros. A igrexa rematada a finais do século XVI ten unha impresionante fachada plateresca, ten planta de cruz latina con tres naves no brazo principal e unha no transversal, recorridas por unha tribuna. Na actualidade é sede do seminario maior da arquidiócese compostelana.

Slide 11

Santa María Sobrado dos Monxes Este mosteiro cisterciense encóntrase situado ao norte da comarca da Terra de Melide, no concello de Sobrado dos Monxes, ao lado da lagoa do mesmo nome, que desauga no río Tambre. Foi fundado no século X e no século XII, incorpórase ao Cister. Aínda que a súa orixe é medieval, actualmente e tras as reformas dos séculos XVI ao XVIII é un dos principais monumentos de barroco galego. A fachada barroca da igrexa é do 1676

Slide 12

MOSTERIROS E CONVENTOS DA PROVINCIA DE LUGO Santo Estevo de Chouzán Santa María de Ferreira de Pallares San Salvador de Lourenzá Convento de San Francisco Lugo Santa María de Meira Santa María de Ferreira de Pantón San Xulián de Samos Nosa Señora de Valdeflores San Francisco de Viveiro

Slide 13

Santo Estevo de Chouzán Este antigo mosteiro feminino levantábase na ladeira occidental do río Miño ao seu paso pola comarca de Chantada, no profundo val hoxe inundado polo encoro dos Peares. Actualmente só se conserva a igrexa convertida en parroquial, trasladada máis arriba ao realizarse o embalse, no concello de Carballedo. A igrexa foi construída no século XII, aínda que ten reformas nos séculos XIV, XVIII e XX.

Slide 14

Santa María de Ferreira de Pallares . Ao sur da comarca de Lugo, na parroquia de Ferreira de Pallares, concello de Guntín, no fértil val que forma o curso do río Ferreira, encóntrase este antigo mosteiro benedictino, hoxe igrexa parroquial. Trátase dun mosteiro cunha das orixes máis antigas das que se ten constancia documental. Os seus descendentes restaurárono e entregárono aos monxes benedictinos a principios do século XII. A igrexa é románica, de finais do século XII, ten unha soa nave rectangular, dividida en catro tramos con teitume de madeira apoiada en arcos lixeiramente apuntados. Ao lado da ábsida hai unha capela funeraria gótica.

Slide 15

San Salvador de Lourenzá . Na comarca da Mariña Central, no val de Lourenzá, ao occidente da serra da Cadeira, encóntrase Vilanova, capital do concello de Lourenzá, formada arredor do antigo mosteiro benedictino de San Salvador. Mosterio de estilo barroco fundado no século X polo Conde Osorio Gutiérrez. O seu maior apoxeo chegou nos séculos XVII e XVIII, nos que se substituíu completamente o primitivo mosteiro medieval, do que a penas quedan restos. O conxunto da edificación consta da igrexia monasterial e parroquial, capella de Valdeflores, capela da Virxen de Valbanera, dous claustros, cámara abacial e portería, convento, patio do Conde Santo e Museo de Arte Sacro. O máís impresionante da obra é a fachada barroca da igxexa planteada a modo de retablo de pedra flanqueado por dúas torres.

Slide 16

Convento de San Francisco de Lugo . Este antigo convento franciscano encóntrase case no centro do recinto amurallado da cidade de Lugo, na praza da Soidade. O antiguo convento foi fundado durante o xéculoo XII e conserva a cociña, o refectorio e o claustro. A igrexa ten planta de cruz latina, cunha soa nave no brazo maior e outra no cruceiro, ao que se abre unha cabeceira composta por tres ábsidas poligonais; a fachada é gótica de finais do século XIV e de principios do XV. O claustro tamén é gótico pero con peminiscencias románicas. Actualmente é unha das sedes do Museo Provincial de Lugo.

Slide 17

Santa María de Meira Este mosteiro cisterciense localízase no centro da pequena vila de Meira, situada ao oeste da Serra de Meira (Lugo), xusto ao lado onde nace o río Miño . O mosteiro posiblemente foi fundado, entre 1151 e 1154. Do antiguo mosterio só se conserva o tramo sobre a porta que da á nave sur del Claustro das Procesións, parte do Claustro renacentista e a súa igrexa en bon estado. A igrexa abacial é un dos mellores exemplos da arquitectura románica cisterciense, ten planta de cruz latina con tres naves lonxitudinais de nove tramos, cruceiro dunha soa nave con brazos de dous tramos, e cabeceira de cinco ábsidas.

Slide 18

Santa María de Ferreira de Pantón . Este mosteiro feminino cisterciense encóntrase na comarca da Terra de Lemos e na beira do río Carabelos, que discorre polo centro do fermoso e fértil val de Lemos ata desembocar no Sil. Aínda que se pretende fundado a principios do século X, incorpórase ao Cister no século XII. Sufre importantes reformas nos séculos XVI e XVIII. A igrexa, románica, constitúe a parte máis antiga do conxunto, Foi rematada na segunda metade do século XII. É de nave única rectangular, cun fermoso artesonado de madeira baixo a cuberta a dúas augas, solución inusual en Galicia de inspiración mudéxar, con entrelazados de tipo xeométrico pero tamén con motivos vexetais moi estilizados, podería datarse entre finais do século XVI.

Slide 19

San Xulián de Samos Este mosteiro benedictino atópase no concello de Samos pertencente á comarca de Sarria. Foi fundando no século VI. Nos seus moitos anos de historia (séculos VI- XVII), foi un colexio de Teoloxía e Filosofía, ao mesmo tempo, que é unha parada indispensable no Camiño de Santiago, xa que conta cunha hospedaxe. No conxunto monástico podemos recoñecer distintos estilos arquitectónicos: gótico tardío, renacentista e barroco, aínda que o denominador común en toda a obra é a búsqueda da grandiosidade, ao mesmo tempo que destaca pola sobriedade na decoración.

Slide 20

Nosa Señora de Valdeflores Este antigo convento dominico localízase nas aforas de Viveiro, na costa da comarca da Mariña Occidental. A súa fundación é do século XIV, renóvandose nos séculos XVI e XVII. As dependencias do convento organízanse arredor dun único claustro clasicista de planta cadrada. A igrexa data de finais do século XIV e consta dunha soa nave rectangular coa cabeceira tamén rectangular. No exterior, destaca a porta da igrexa, situada na fachada sur, de tipo románico-oxival con dobre arquivolta, moi lixeiramente apuntada, apoiada sobre columnas pareadas acobadadas con capiteis de decoración vexetal.

Slide 21

San Francisco de Viveiro O convento da orde mendicante de San Francisco encóntrase no centro da vila de Viveiro. A igrexa que actualmente está destinada a igrexa parroquial, é obra gótica de finais do século XIV. A planta da igrexa é de cruz latina, cunha única nave lonxitudinal composta de seis tramos e unha transversal de tres, a cabeceira por unha ábsida heptagonal. Sufriu varias reformas de importancia nos séculos XVII e XVIII, que fundamentalmente afectaron ás bóvedas, ao cruceiro e á torre campanario. No lado sur da igrexa sitúanse dúas importantes capelas. O convento conserva un claustro renacentista tardío, do século XVII.

Slide 22

MOSTERIROS E CONVENTOS DA PROVINCIA DE OURENSE San Salvador de Celanova San Pedro de Rocas San Clodio de Leiro Santa María de Melón Santa María de Montederramo Santo Estevo de Ribas de Sil San Francisco de Ourense San Domingos de Ribadavia Santa María de Oseira Santa María de Xunqueira de Ambía Santa María de Xunqueira de Espadañedo

Slide 23

San Salvador de Celanova Este antigo mosteiro benedictino atópase na vila de Celanova. Foi fundado por San Rosendo no sñeculo X. O mosteiro conserva elementos monumentais de tres estilos principais, mozárabe, románico e renacentista. A capela mozárabe de San Miguel, unha pequena xoia do século X, é o único resto da época de fundación do mosteiro. A actual igrexa monástica, é barroca cunha remodelación no século XVIII . A igrexa ten planta de cruz latina composta de tres naves de tres tramos e cruceiro. A fachada constitúe a porta do mosteiro.

Slide 24

San Pedro de Rocas No concello de Esgos, na Ribeira Sacra, encóntrase unha extraordinaria paraxe de exuberante vexetación coñecida como Rocas. Ábrese sobre a foz do río Rebordoverde, afluente do Loña, na cunca fluvial do Miño. Neste lugar, totalmente integrado nunha paisaxe de redondeadas formas graníticas que afloran por todas partes, levántase un dos mosteiros de orixe máis antiga de Galicia, cunha igrexa rupestre escavada nunha das rocas que o caracterizan. Posiblemente existise a finais do século IV vida eremítica na zona, nalgunha cova natural que despois daría orixe a un primeiro mosteiro, composto de varias celas ou capelas primitivas escavadas na roca. Estas serían ampliadas posteriormente para darlles o seu actual aspecto románico, probablemente xa no século XII. O conxunto actual componse de dous edificios, o correspondente á igrexa e o do priorado do século XVII. O da igrexa componse á súa vez doutros dous, a igrexa rupestre escavada na roca coa súa fachada do século XII, e a chamada igrexa nova, situada transversalmente á anterior de forma que oculta a súa fachada

Slide 25

San Clodio de Leiro Ao norte da comarca do Ribeiro, no extenso val que forma o río Avia, afluente do Miño, a metade de camino entre Rivadavia e Carballiño, encóntrase este mosteriro cisterciense. As orixes sitúan o mosteiro a finais do século VI, integrándise no século XIII na orden do Cister . A igrexa abacial é de planta basilical, construída entre finais do século XII e principios do XIII, está composta de tres naves de catro tramos e cabeceira con tres ábsidas semicirculares. Ten dous claustros: Procesións (século XVI) e Portería (s. XVII). A portada do mosteiro é do século XVIII Este mosteiro foi recentemente restaurado para fins hoteleiros.

Slide 26

Santa María de Melón Os restos deste mosteiro encóntranse na comarca do Ribeiro, concello de Melón, ao lado da desembocadura do río Cortella dentro da conca fluvial do Miño. Foi fundado a mediados do século XII, a instancias de Afonso VII, pero o proxecto románico foi rápidamente sustituíido por outro máis acorde co gusto cisterciense e cercano á sensibilidade gótica. Da construcción inicial do século XII, soamente se conservan a cabeceira e a parte do claustro e as naves. Merecen especial mención as magníficas bóvedas de crucería, o claustro renacentista así como a elegante xirola que rodea a capela maior. Coa desamortización de Mendizábal e os danos ocasionados por unha tormenta a finais do século XIX, este mosteiro queda prácticamente en ruínas ata os nosos días.

Slide 27

Santa María de Montederramo Este mosterio cisterciense encóntrase na comarca de Terra de Caldelas, xunto ó río Mao, na Ribeira Sacra. Foi fundado en 1124 por Teresa de Portugal e a mediados do século XII pasa á Orde del Císter. O mosteiro componse da igrexa, dous claustros e as correspondentes dependencias monacais. A igrexa orixinal tardorrománica del siglo XII foi completamente sustituida por otra en 1598, agás un ventanal románico aparecido na última restauración no muro sur da igrexa. A nova igrexa renacentista do século XVI é de planta de cruz latina e cabeceira de cinco ábsidas, presenta pilares estriados rematados con capiteis xónicos e bóvedas de crucería góticas arcaizantes. A igrexa é parroquial e as antigas dependencias do convento acollen hoxe aínda un colexio público, unha panadería, un bar, vivendas, etc., aínda que están en marcha as labores de restauración.

Slide 28

Santo Estevo de Ribas de Sil Este antigo mosteiro benedictino encóntrase no concello de Nogueira de Ramuín, na escarpada pero fermosa ladeira meridional do río Sil, en pleno centro da Ribeira Sacra, espacio natural de orixinal beleza. A existencia do mosterio está probada no século X, se ben a súa orixe parece remitirse aos séculos VI e VII. Neste mosteiro alternanse estilos desde o románico ao barroco e cabe destacar os tres claustro de estilos románico, gótico e renacentista. A igrexa abacial, de orixe inicial románica de finais do século XII, pero con modificacións posteriores, é de planta basilical, con tres naves e a cabeceira está formada por tres ábsidas semicirculares Na actualidade este mosteiro é un Parador Nacional

Slide 29

San Francisco de Ourense O convento de San Francisco de Ourense encóntrase situado na parte alta da cidade, na atalaia de Vista Alegre. A igrexa, trasladada a principios do século XX, encóntrase agora na praza de San Lázaro, no centro da cidade. Considérase que foi fundado a mediados do século XIII, aínda que o actual convento, inicialmente composto pola igrexa e as dependencias arredor do claustro gótico, construíuse no século XIV. A antiga igrexa conventual, hoxe encaixada entre edificios que desmerecen a súa importancia, mantén da primitiva unicamente a cabeceira, a portada e o rosetón da fachada

Slide 30

San Domingos de Ribadavia O antigo mosteiro de Santa María de Valparaíso, máis tarde de San Domingos, encóntrase no casco antigo de Ribadavia, capital da comarca do Ribeiro e antiga capital do reino independente de Galicia. A igrexa e o convento fundáronse no século XIII. O único que se mantén do primeiro edificio do mosteiro é unha portada de arquivoltas sostidas por columnas con capiteis que representan motivos vexetales. O templo sufriu dous incendios e estivo en período de reconstrución ata o século XVIII. A igrexa é de planta basilical, con tres naves e un cruceiro que as prolonga, a cabeceira está formada por tres ábsidas poligonais. O conxunto actual está formado pola igrexa e o que queda das antigas instalacións conventuais, moi modificadas, que cerran o patio unicamente por dous lados. Tamen forma parte do conxunto a capela da Virxe do Portal.

Slide 31

Santa María de Oseira Este monasterio cisterciense está situado no concello de Cea. Foi a primeira fundación do Císter en Galicia. A súa construcción desenvólvese ao longo de diferentes séculos e con diferentes estilos, dende o século XII co románico ao XVIII co barroco, pasando polo gótico e o renacentista. A igrexa abacial é do estilo románico oxival, comezada a finais do século XII, é de planta de cruz latina. A fachada principal da igrexa é do século XVII. O conxunto está formado pola igrexa coa capela de San Andrés pegada, os tres claustros coas súas dependencias anexas, dous corpos sobresaíntes (o do dormitorio de anciáns e o da hospedaría coa biblioteca) e dúas construccións exentas (o muíño e a tafona)

Slide 32

Santa María de Xunqueira de Ambía Este antigo mosteiro da Orde de Cóengos Regulares de San Agostiño atópase no concello de Xunqueira de Ambía, na comarca de Allariz-Maceda, no val formado polo río Arnoia. Foi fundado no século XII. A igrexa colexiata, da metade do século XII constitúe un dos exemplos más importantes da arte románica en Galicia. É de planta basilical, composta de tres naves rematadas con tres ábsidas semicirculares, Actualmente consérvanse, do primitivo conxunto, a igrexa, o claustro coas súas dependencias e o antigo palacio prioral, que foi utilizado tamén como residencia de verán polos bispos ourensáns.

Slide 33

Santa María de Xunqueira de Espadañedo Este antigo mosteiro cisterciense encóntrase no concello de Xunqueira de Ambía, ao norte da comarca de Allariz-Maceda, na Ribeira Sacra. O mosteiro fundouse no século XII, en plena época medieval pero ao longo da historia sufriu numerosas ampliacións e modificacións de estilo renacentista, barroco e neoclásico. A igrexa abacial ten planta basilical, con tres naves de cinco tramos, a central de maior anchura, e cabeceira de tres ábsidas semicirculares. Actualmente a igrexa converteuse en parroquial e as dependencias do mosteirro foron rehabilitadas e están ocupadas polo Concello para sede de diversas dependencias municipais

Slide 34

MOSTERIROS E CONVENTOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Santa María de Acibeiro Santa María de Armenteira Santa María de Oia San Xoán de Poio San Domingos de Pontevedra San Francisco de Pontevedra San Salvador de Lérez San Lourenzo de Carboeiro

Slide 35

Santa María de Aciveiro Este mosteiro cisterciense encóntrase no concello de Forcarei na comarca de Terra de Montes. É un mosteiro medieval cisterciense que vertebrou a vida económica e social da Terra de Montes dende a súa fundación, no século XII, ata a exclaustración producida pola desamortización no século XIX. A igrexa é de planta basilical, con tres naves de cinco tramos remadas por tres ábsidas que constitúen a cabeceira. Na actualidade a igrexa serve como igrexa parroquial mentres que as dependencias monacais foron obxecto de restauración e acollen un hostal-monumento.

Slide 36

Santa María de Armenteira Este mosteiro cisterciense encóntrase no concello de Meis, na rica comarca vinícola do Salnés, moi cerca da ría de Pontevedra. O mosterio presenta numerosos engadidos dos séculos XVI-XVII, pero aínda conserva a igrexa románica. O conxunto foi cuidadosamente restaurado. A A antiga igrexa abacial constitúe un valioso exemplo da arquitectura románica da segunda metade do século XII e consta de planta de cruz latina con tres naves e remata nunha cabeceira de triple ábside. Destaca a fachada coronada por un gran rosetón.

Slide 37

Santa María de Oia Este mosteiro cisterciense encóntrase no concello de Oia, na comarca do Baixo Miño. Foi fundado a finais do século XII. Podemos considerar tres importantes etapas constructivas no actual conxunto monacal: románica, renacentista e barroca. A antiga igrexa abacial é románica de transición de finais do século XII. Ten planta de cruz latina composta de tres naves e a cabeceira está formada por cinco capelas rectangulares escalonadas. A fachada é de estilo barroco de finais do S. XVIII. Actualmente a igrexa é parroquial e o mosterio é propiedade particular.

Slide 38

San Xoan de Poio Este mosteiro benedictino encóntrase no concello de Poio, moi cerca da ría de Pontevedra. A actual igrexa abacial, do s. XVII-XVIII que integra elementos renacentistas e barrocos, sustituiu ó primitivo templo medieval. O exterior destaca a fachada principal da igrexa, obra clasicista de finais do século XVII e principios do XVIII. O claustro do século XVI ten unha fonte barroca e unha orixinal escalera. Na actualidade está dedicado a convento e hospedería turística rexida por monxas.

Slide 39

San Domingos de Pontevedra As ruínas deste antigo convento dominico dos séculos XIV-XV encóntranse no centro histórico da cidade de Pontevedra, e na actualidade forma parte do Museo de Pontevedra. A súa igrexa era o maior dos templos dominicanos galegos, tiña nave única e cuberta de madeira a dúas augas, cruceiro con resalte e teito de madeira, e tres ábsidas poligonais con bóvedas nervadas e ventanais resgados, amainelados e apuntados. Consérvanse en pé as cinco ábsidas abovedadas da cabeceira, o transepto e boa parte da sala capitular

Slide 40

San Francisco de Pontevedra Este convento franciscano encóntrase situado no antigo casco histórico de Pontevedra, na praza da Ferrería. Trátase dun edificio construído entre los séculos XIV y XV de estilo ojival tardío. A igrexa é de planta de cruz latina, e a cabeceira está composta de tres ábsidas poligonais.

Slide 41

San Salvador de Lérez Este antigo mosteiro benedictino encóntrase nun alto das aforas da cidade de Pontevedra, sobre o outro lado do río Lérez. Foi fundado a principios do século X e durante os séculos seguintes aumenta a súa importancia, ata alcanzar o seu maior auxe ó século XII. A penas quedan restos do antigo conxunto románico e o que chegou aos nosos días pertence ao renacemento e ao barroco. Do claustro renacentista do século XVI unicamente se mantén en pé a ala norte, pegada á igrexa. A actual igrexa é dunha soa nave, con ábsida rectangular. A fachada, moi sobria, presenta elementos do barroco de placas, e foi rematada no século XVIII. Está constituída por un corpo central enmarcado por dúas esveltas torres.

Slide 42

San Lourenzo de Carboeiro Estratexicamente situado sobre un escarpado promontorio nunha volta do río Deza, no concello de Silleda, levántase este antigo mosteiro benedictino do século X. A súa igrexa do século XII é unha xoia románico-gótica. É de planta de cruz latina cunha gran cabeceira constituída por un deambulatorio con tres capelas radiais formando a ábsida e dúas máis pequenas abertas directamente ó transepto. No século XIX coa desamortización quedou totalmente en ruínas. Recentemente foi restaurado a igrexa e o que queda do antigo mosteiro sitúase no lado norte da igrexa.

Summary: Principales monasterios de Galicia

Tags: monasterios de galicia

URL:
More by this User
Most Viewed