Velázquez

+2

No comments posted yet

Comments

Slide 2

ETAPA SEVILLANA Temas relixiosos, bodegóns Naturalismo moi realista: xentes do pobo Tenebrismo Cores ocres Pincelada compacta, moi fina, a base de pequenos toques Composicións sinxelas con poucas figuras, habitualmente de medio corpo Figuras de contornos ben definidos, sen relación e estáticas Importancia dos obxectos e os materiais cos que están feitos Obras destinadas a minorías cultas, capaces de apreciar a novidade de unir os temas flamengos de cociñas ca técnica naturalista

Slide 4

VELLA FRITINDO OVOS Un bodegón con figuras, un dos mellores da pintura española. Mestura unha escena de xénero con figuras de medio corpo e todo un inventario de utensilios de cociña tratados ó mínimo detalle, case fotográfico Ninguén se atrevera con escenas tan absolutamente triviais Mentres a vella frite os ovos, entra o rapaz cun melón e unha frasca de viño Tenebrismo por medio dun potente foco de luz central e naturalismo de Caravaggio (o lixo do pano) Contornos aínda ben nítidos Composición ben equilibrada, estructurada por un óvalo e a diagonal central. Para captar mellor emprega dobre perspectiva, adiantándose no tempo, pois sitúa o punto de vista moi alto e levanta o plano da mesa e o anafe Incomunicación dos personaxes Cores cálidas e gama pobre: amarelo, vermellos e ocres en contraste cos brancos

Slide 5

O AUGADOR DE SEVILLA Algúns ven unha alegoría das tres idades do home: o home maduro que ofrece ó xove unha copa de auga (a sabedoría da vida) que a toma con tranquilidade mentres que a figura na penumbra apúraa coa avidez Excepcional realismo: a mancha do cántaro, a copa có figo para darlle sabor, os golpes da xarra

Slide 6

PRIMEIRA ETAPA MADRILEÑA (1623) Nomeado pintor de cámara de Filipe IV Amplía os seus coñecementos artísticos (coleccións reais con obras de Tiziano e Rubens, así como as novas correntes que chega á capital) Maior luminosidade e colorismo. Tonos rosados e branquecinos A pincelada faise máis solta (Rubens) Temas característicos da etapa: os retratos FILIPE IV Posición típica: man apoiada, pes en ángulo recto, punto de vista baixo. Na man dereita un paep q recorda as obrigacións burocráticas De negro = a “pragmática austeridade” dictadas polo Rei que prohibía traxes ostentosos e xoias excesivas Simbolismo Trata de captar o carácter

Slide 8

TRIUNFO DE BACO OU OS BORRACHOS Contrastes: personaxes divinos e humanos, espidos e vestidos, xuventude e vellez, o fermoso e o vulgar, mitolóxico e profano. Unha das escasas escenas mitolóxicas da pintura española pero semella costumista e profana polos personaxes da dereita. En realidade está a humanizar os deuses(recordar Caravaggio) que adeais acompaña de tipos vulgares Conserva a importancia do bodegón: obxectos do primeiro plano Baco coma un deus sobre o seu trono, un barril, e coroado por follas de vide. Ofrece aos homes o viño que libera, temporalmente, dos problemas cotiáns, con sátira: coroa. Tratado de xeito realista e popular Maior claridade e importancia da luz, pero un tanto artificial, seguramente baixo a influencia de Rubens. Pincelada mais solta no fondo O nu permítelle amosar a seu dominio no tratamento das anatomías, seguramente de influencia italiana Incrementa a gama de cores coa introducción dos rosas e as carnacións brillantes Comp: 2 metades, á esquerda centrada no deus moi iluminado (Caravaggio)e á dereita os borrachíns (Ribera). Conxunción de diagonais. Abre o espacio ó horizonte

Slide 9

PRIMEIRA VIAXE A ITALIA (1629) Para comprar obra para as coleccións reais. Está en Venecia, Roma e Nápoles Completa a súa formación sobre cor, luz, perspectiva aérea e o nu Pincelada máis fluída, solta e pastosa Abandona totalmente o tenebrismo Pinta A fragua de Vulcano

Slide 11

A FRAGUA DE VULCANO Capta un momento concreto, case un instante De Italia: as anatomías, efecto espacial por medio de planos, a luz Crea espacio pola oposición das figuras Perda da liña de debuxo (paisaxe). Difumina as formas (brazo de Vulcano) Non hai movemento físico, si emocional: indignación de Vulcano, sorpresa e expectación Contrastes entre a idealización de Apolo e a rudeza dos ferreiros Detallismo dos obxectos

Slide 12

SEGUNDA ETAPA MADRILEÑA (1631-49) Traballos para a Corte: retratos ecuestres para glorificación da monarquía, históricos, os bufóns, ... Sebastián de Mora Profundo escorzo Inmóbil, mirada penetrante, actitude firme Un dos estudios máis penetrantes de carácter feitos por Velázquez O neno de Vallecas Ananos e bufóns na Corte, neste caso ó servicio do príncipe Baltasar Carlos A serra de Madrid ó fondo en grises abre a composición A pincelada solta dálle un aire abocetado que o enche de frescura e instantaneidade (o tempo detido) Foco de luz sobre o rostro que se recorta sobre o fondo escuro

Slide 14

A RENDICIÓN DE BREDA OU AS LANZAS Para o Salón dos Reinos no Palacio do Bon Retiro. Colocaríanse as victorias militares e os retratos ecuestres. Idea do conde-duque de Olivares Historia: no reinado de Filipe IV volvera a incendiarse a guerra nas provincias do norte (Holanda), despois dunha tregua de 12 anos firmada no reinado anterior. Antes daquela tregua, a cidade de Breda caera en mans holandesas e, reemprendida a contenda, agora reconquistase. Orde do rei: Marqués, tome Breda. Eu, o Rei. Despois de sitiada moito tempo foi tomada en 1625. Para o Salón dos Reinos no Palacio del Buen Retiro. Idea do Conde-duque de Olivares, para decorar coas victorias militares (a maior gloria da monarquía) A victoria dos Tercios sobre os holandeses en Breda (10 anos antes). Sen os convencionalismos bélicos de sangue, dor, destrucción,... O xeneral Spínola recibe as chaves da cidade de mans de Xustino de Nassau. A fidalguía española impide a humillación do vencido Composición: dúas metades arriba-abaixo, dereita-esquerda para os dous grupos, os españois coas súas picas á dereita, encerrados polos cabalos en posición inversa e un espacio intermedio coa cidade no que destacan as chaves sobre un fondo luminoso. Ó fondo os soldados desfilan, algo azulados polo efecto da distancia Galería de retratos non recoñecible, ¿Velázquez? Profundidade: grupos laterais, picas, e a paisaxe de fondo (inspirase en gravados) con perspectiva aérea e a liña de horizonte moi alta Non queda rastro do tenebrismo, luminosidade xeral que inunda a escena Paleta rica: prateados, grises e azuis do fondo con marróns, verdes, amarelos e rosados de primeiro plano. A pincelada solta domina sobre o debuxo Semella un instante detido no tempo

Slide 15

PRÍNCIPE BALTASAR CARLOS Diagonal de dentro a fora O Guadarrama de fondo cunha luz fría, invernal SALÓN DOS REINOS Rei, Filipe IV, con cabalo en corveta, raiña, Isabel de Borbón, ó paso

Slide 18

RETRATO ECUESTRE DEL CONDE DUQUE DE OLIVARES O poderoso valido de Filipe IV, vestido con coiraza ornamentada en ouro, sombreiro de ala ancha, banda de estado en carmesí e bastón de mariscal na man dereita Para o Salón dos Reinos, a maior tamaño que os outros ecuestres. Ecuestre a pesar de non ser rei, cabalo tamén en corveta pero á inversa, mentre xira a cabeza cara ao espectador, o que conforma unha composición en diagonal de gran profundidade Tamén por non ser rei faise alusión directa ó tema polo que se glorifica, ó fondo unha batalla. Pagou dúas compañías de soldados para evitar a invasión francesa en Fuenterrabía (se ben el non estivo presente) Retrato que reflicte a personalidade, unha seguridade, un poder e unha amnición maior que a do propio rei. Vaidade, en todo caso non deixa indefirente, causa odio-rexeite-aprecio Cor: domina unha gama fría cos marróns e dourados da figura e os verdes, grises e azuis prateados da paisaxe. Aplicada en grandes manchas de xeito que deixa de subordinarse ao debuxo, especialmente solta nos efectos atmosféricos Como é habitual non firma pero deixa un papel (esquerda sobre unha pedra)

Slide 19

SEGUNDA VIAXE A ITALIA (1649-51)

Slide 20

VENUS DO ESPELLO. Primeiro nu integral da pintura española. Sensualidade por medio de lliñas curvas. O aire que circula entre as figuras. Canon máis estilizado que Rubens ou Tiziano. A cinta vermella de Cupido = o amor e vencido pola beleza. A profundidade ven dada pola superposición de elementos

Slide 21

INOCENCIO X As telas Demasiado real, dixo o Pontífice

Slide 22

TERCEIRA ETAPA MADRILEÑA (165-60). Madurez plena

Slide 24

AS FIANDEIRAS Dun cadro de xénero a un tema mitolóxico, o tema principal da fábula de Aracné queda en segundo plano mentres no primeiro ocultao nun tema costumista Aracné á dereita e Atenea a esquerda (a perna e as falsas canas) A perspectiva aérea Xogo de luces, fondo brillante. Cor luminoso en gama variada cos vermellos salpicados Equilibrio compositivo con grupos a ada lado e apertura central cara ao fondo

Slide 25

Nieto Velázquez Aposentador da Raiña Marcela de Ulloa (Garda Maior) e o Gardadamas Maribárbola e Nicolasito Portosanto Isabel de Velasco Agustina Sarmiento Filipe IV e Mariana de Austria Infanta Margarita (5 anos) Futura emperatriz Copia de Jordaens (Apolo e Marsias) e copia de Rubens (Minerva e Aracné) Temas de desafío aos deuses, ¿á monarquía?

Slide 26

Estancia que tiña asignada como taller na planta baixa do antigo Alcázar Ambigüidade por posibilidades: pinta a Infanta, pinta os Reis, o que se reflicte no espello é un cadro O verdadeiro protagonista está fora do cadro, o espectador a quen se dirixen todas as miradas. Así amplía o espacio Infanta mª Teresa, co que estarían todos

Slide 27

O espacio. Perspectiva lineal con punto de fuga no fondo, as figuras diminúen de tamaño. Pero tamén perspectiva aérea: difuminado das formas Prolóngase cara ao exterior pois todos miran para fora Metade superior e inferior

Slide 28

Composición Metade superior e inferior Triángulos

Slide 29

Luz: alternancia de fiestras abertas e pechadas, apertura no fondo co maiordomo a contraluz.

Slide 30

Cor vibrantes, dominio dos prateados salpicados de vermellos Miradas

Slide 31

Pincelada solta, de cerca non hai nada definido

Tags: arte barroco velazquez

URL:
More by this User
Most Viewed