catálogo máxia verde

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Haga clic para agregar notas

Slide 1

VIVEIROS MÁXIA VERDE SRL CATÁLOGO 2012

Slide 2

Estimado cliente: Viveiros Máxia Verde comprácese en presentarlle o seu novo catálogo de productos e prezos para o ano 2012. Estamos ao seu dispor para informalo sobre orzamentos, características específicas de cada especie ou calquer outra cuestión que poidera ser do seu interese. Saúdos cordiais. Contacte connosco no: Móbil: 678666888 E-mail: info@maxiaverde.com

Slide 3

Acer saccharinum - pradairo prateado H 20-25m Ø 8-10m; porte de columna alongada e crecemento moi rápido. Resitente ao frío, contaminación, salinidade. Prefire terreos frescos, húmidos e ácidos. Árbore de folla caduca. De fermosa cor verde clara e con matices prateados polo reverso das follas, voltándose amarelas-avermelladas no outono. Follas profundamente lobuladas e pequenas flores de cor verde amarelenta. Froitos en disámaras. Usos: aillado, formando grupos, en paseos.

Slide 4

Acer saccharinum

Slide 5

Aesculus hippocastanum - castiñeiro de indias H 20-25m Ø 10-15m; porte redondeado e crecemento rápido. Resitente ao frío e á contaminación. Árbore maxestuosa de folla caduca e follas compostas moi grandes. De fermosa cor verde vira a un amarelo encendido no outono. Espectacular floración na primavera tardía en grandes panículas cónicas de cor branca. Froitos parecidos a grandes castañas encerrados en ourizos espiñentos. As xemas primaverais son pegañentas. Usos: aillado, paseos.

Slide 6

Aesculus hippocastanum

Slide 7

Albizia julibrissim - acacia de Constantinopla H 6-8m Ø 6-8m; porte redondeado-aparasolado e crecemento rápido. Resitente ao frío moderado (ata-5ºC) e á salinidade. Necesitan solos con boa drenaxe e exposición a pleno sol. Árbore pequena de longas ramificacións, de folla caduca similares ás dos fentos (con forma de pluma). Flores perfumadas, compostas por numerosos estames sedosos de cor crema-rosado. Froitos en vaiñas planas. Usos: aillado, en grupos, paseos.

Slide 8

Albizia julibrissim

Slide 9

Alnus glutinosa - ameneiro H 20-25m Ø 6-8m; porte de columna ancha e crecemento rápido. Resitente ao frío intenso (ata-15ºC). Necesitan solos moi húmidos, ácidos e exposición de semisombra. Árbore frugal de folla caduca ideal para zonas moi húmidas. Froitos similares a pequenas piñas que se poden usar como flores secas. Usos: en grupos, paseos, como barreiras cortaventos.

Slide 10

Alnus glutinosa

Slide 11

Betula alba “berrucosa” - biduero H 20-25m Ø 8-10m; porte de columna ancha e crecemento rápido. Resitente ao frío e aos terreos ácidos. Necesita solos húmidos, con boa drenaxe e tolera exposición a pleno sol. Árbore de pequenas follas caducas de cor verde clara que vira a cor amarela dourada no outono. Tronco de cor branco prateado. Froitos en pequenas sámaras bilabiadas. Usos: en grupos, paseos.

Slide 12

Betula alba “berrucosa”

Slide 13

Catalpa bignonioides - catalpa H 10-15m Ø 10-15m; porte extendido e crecemento rápido. Resitente ao frío intenso (ata-15ºC). Tolera distintos terreos e exposicións, preferindo a de solana. Moi resistente á contaminación urbana. Árbore de folla caduca de cor verde intensa con follas de grandes dimensións con forma de corazón. Flores en grandes panículas, de cor branca tinxidas con pequenos toques amarelos e púrpuras. Froitos en forma de longas vainas que duran ata ben entrado o inverno. Usos: aillados, paseos.

Slide 14

Catalpa bignonioides

Slide 15

Cedrus atlantica“Glauca” - cedro do Atlas H 20-25m Ø 8-12m; porte cónico piramidal e crecemento medio. Resitente ao frío, tolera exposición a pleno sol e climas marinos. Árbore grande con ramas ascendentes cando son novas e lixeiramente colgantes na madurez. Follas en espiral, aciculares de cor gris azulada. Froitos abundantes en conos. O máis rústico de tódolos cedros. Usos: aillado, en grupos, indicado para áreas grandes.

Slide 16

Cedrus atlantica“Glauca”

Slide 17

Cedrus deodara - cedro do Himalaia H 20-30m Ø 10-15m; porte piramidal e crecemento rápido. Resitente ao frío, tolera exposición a pleno sol. Árbore grande con ramas horizontais e cos ápices caídos en disposición chorona. Follas aciculares de cor verde intensa. Estróbilos verticais en forma de barrilete. Usos: aillado, en grupos, indicado para áreas grandes.

Slide 18

Cedrus deodara

Slide 19

Cercis siliquastrum - árbore do amor H 6-10m Ø 6-10m; porte extendido e crecemento medio. Resitente ao frío intenso (ata-15ºC), exposición a pleno sol. Árbore pequena de folla caduca de cor verde e forma acorazonada. Chamativa e densa floración de cor rosa-violácea ao principio da primavera, ao longo das polas e antes de que agromen as follas. Froitos en longas vainas que permanecen colgadas durante o inverno. Usos: aillado, en grupos, en paseos, sebes libres.

Slide 20

Cercis siliquastrum

Slide 21

Crataegus monogyna - espiño albar H 6-10m Ø 6-8m; porte redondeado e crecemento medio. Resitente ao frío, moi frugal, tolera todo tipo de solos sempre que estos sexan húmidos. Resitente á salinidade e á contaminación urbana. Árbore pequena, moi lonxeva e de folla caduca. As follas son lobuladas, lisas e de cor verde escura. Floración moi abundante, aromática e de cor branca, Froitos de cor vermella e redondeados que permanecendurante todo o inverno na árbore. Moi espiñento. Usos: aillado, en grupos, en paseos estreitos, para formación de sebes.

Slide 22

Crataegus monogyna

Slide 23

Eucaliptus gunnii - eucalipto da sidra, gomero H 20-30m Ø 6-12m; porte cónico e crecemento moi rápido. Resitente ao frío intenso (ata-15ºC), tolera todo tipo de solos con boa drenaxe. Árbore perenne, as follas son ovaladas-redondeadas de cor azul prateada. As follas vellas son elíptico lanceoladas de cor verde azulada. Ten a codia de cor crema. Floración de cor branca no verán. Pódase para conseguir ramificación abundante e porte máis pequeno. As ramas novas úsanse en arte floral. Usos: aillado, como árbore de aliñación.

Slide 24

Eucaliptus gunnii

Slide 25

Fraxinus excelsior - freixo H 25-30m Ø 15-20m; porte extendido redondeado e crecemento rápido. Resitente ao frío e á salinidade. Necesita solos húmidos, con boa drenaxe e tolera a exposición a pleno sol. Árbore caducifolia de follas verde escuro compostas por 9-11 foliolos ovales que collen unha cor amarelenta no outono. As xemas de cor negro azabache resultan moi aparentes no inverno. Notable o seu aspecto primaveral polas flores que reviven a árbore antes de que agromen as follas. Sementes formando grandes grupos de sámaras. Usos: aillado, formando grupos, en paseos.

Slide 26

Fraxinus excelsior

Slide 27

Ginkoa biloba - gingo, árbore dos 40 escudos H 25-30m Ø 10-15m; porte erguido cando é novo, vaise facendo máis cónico na súa madurez. Crecemento rápido. Resitente ao frío, á salinidade e á contaminación urbana. Necesita solos profundos e húmidos e prefire a semisombra. Árbore caducifolio de polas longas con follas de dous lóbulos de fermosa cor verde que viran a un amarelo encendido no outono. Follas reunidas en grupos densos e caedizos. Úsanse pés masculinos para evitar o cheiro dos froitos. Usos: aillado, formando grupos, en paseos.

Slide 28

Ginkoa biloba

Slide 29

Gleditsia triacanthos - acacia de tres espiñas H 15-20m Ø 12-15m; porte extendido e crecemento rápido. Resitente ao frío intenso (ata-15ºC) e á contaminación urbana. Tolera distintos terreos e exposicións, preferindo a de solana. Árbore caducifolio con grandes follas compostas de 30 ou máis foliolos. De cor verde suave viran amarelas no outono. Desenvolve longas espiñas nas polas e no tronco. Froitos en longas vainas. Usos: aillado, formando grupos, en paseos.

Slide 30

Gleditsia triacanthos

Slide 31

Lagerstroemia indica - árbore de xupiter H 4-6m Ø 4-6m; porte redondeado e crecemento medio. Resitente ao frío moderado (ata-5ºC) e á salinidade. Necesitan solos húmidos e exposición a pleno sol. Árbore caducifolia de porte pequeno. Moi usada en xardinería pola floración abundante que recubre con panículas lixeiramente colgantes as súas ramas durante todo o verán. Usos: aillado, en grupos, paseos, en macetas.

Slide 32

Lagerstroemia indica

Slide 33

Ligustrum lucidum - aligustre do xapón H 3-6m Ø 3-6m; porte erecto e crecemento rápido. Resitente ao frío intenso (ata-15ºC). Tolera distintos terreos e exposicións, preferindo a de solana. Resistente á contaminación urbana e á salinidade. Árbore perennifolia de porte pequeno. Follas grandes, ovales, moi lustrosas de cor verde escura. Floración en grandes panículas de flores brancas e lixeiramente perfumadas. Froitos en drupas de cor negra-azulada. Usos: aillado, en grupos, en paseos estreitos, para formación de sebes.

Slide 34

Ligustrum lucidum

Slide 35

Liquidambar styraciflua - liquidambar H 20-30 Ø 10-15m; porte piramidal ou cónico. Crecemento medio. Resitente ao frío. Necesita solos profundos, húmidos e ácidos. Prefire exposicóns de solana. Árbore caducifolia con follas de 5 lóbulos, tupidas, de cor verde clara que no outono se tinxen de amarelo, laranxa e púrpura. Presenta a codia suberosa. Froitos globosos e péndulos. Usos: aillado, en grupos, paseos, como barreiras cortaventos.

Slide 36

Liquidambar styraciflua

Slide 37

Liriodendron tulipifera - liriodendro H 20-30 Ø 10-15m; porte cónico ensanchado. Crecemento rápido. Resitente ao frío. Necesita solos profundos, húmidos e lixeiramente ácidos. Prefire exposicóns de solana. Árbore caducifolia con follas de 4 lóbulos acuminados, recortadas no ápice e con longos peciolos. De fermosa cor verde vira a un amarelo oxido no outono. Flores perfumadas con forma de tulipán de cor branco verdosa e toques alaranxados. Usos: aillado, en grupos, paseos.

Slide 38

Liriodendron tulipifera

Slide 39

Magnolia grandiflora - magnolia H 15-20m Ø 8-15m; porte piramidal e crecemento medio-lento. Resitente ao frío moderado (ata-5ºC) e á salinidade. Necesitan solos frescos, profundos e húmidos, baixos en calizas. Exposición a pleno sol. Árbore perennifolia con grandes follas ovaladas, coriáceas de cor verde lustrosa pola face e de cor ferro-óxido polo envés. Floración efímera pero abundante dende finais da primavera, grandes flores aromáticas de cor branca. Usos: aillado, en grupos, en paseos.

Slide 40

Magnolia grandiflora

Slide 41

Paulownia tomentosa - paulonia H 10-12 Ø 8-10m; porte aberto redondeado e crecemento rápido. Resitente ao frío moderado (ata-5ºC) e á contaminación urbana. Necesitan solos frescos, profundos e con boa drenaxe. Exposición a pleno sol. Árbore caducifolia con grandes follas ovaladas acorazonadas e longamente pecioladas. Flores en grandes panículas terminais de cor lila-rosada. Froitos en cápsulas elípticas con numerosas sementes. Usos: aillado, formando grupos, en paseos.

Slide 42

Paulownia tomentosa

Slide 43

Populus alba - chopo branco H 25-30m Ø 15-18m; porte redondeado e crecemento rápido. Resitente ao frío e á salinidade. Necesita solos húmidos. Prefire exposicóns de solana. Árbore caducifolia con follas lobuladas de cor verde escura pola face e brancas e lanosas polo envés. Codia de cor branca. Usos: aillado, en grupos, paseos, como barreiras cortaventos.

Slide 44

Populus alba

Slide 45

Prunus serrulata “Kanzan” - cerdeira de flor H 6-8m Ø 6-8m; porte ensanchado e crecemento medio. Resitente ao frío intenso (ata-15ºC) e á salinidade. Gusta de terreos frescos e con boa drenaxe, prefire a exposición de solana. Árbore pequena, caducifolia e en forma de vaso. As follas novas son de cor bronceada que cando maduran viran a verde escura. Espectacular floración con grandes e dobres flores de cor rosada. Usos: aillado, en grupos, en paseos.

Slide 46

Prunus serrulata “Kanzan”

Slide 47

Quercus palustris - carballo palustre H 20-25m Ø 10-15m; porte cónico-aberto e crecemento rápido. Resitente ao frío intenso (ata-15ºC). Gusta de terreos ácidos, frescos e húmidos, prefire a exposición de solana. Árbore caducifolia de copa densa e ramas caídas nos seus extremos. Follas profundamente lobuladas de cor verde intenso que viran a amarelo-ouro e avermelladas no outono. Usos: aillado, en grupos, en paseos.

Slide 48

Quercus palustris

Slide 49

Sorbus aucuparia - serbal de cazadores, capudre H 10-12m Ø 8-10m; porte extendido e crecemento medio. Resitente ao frío. Gusta de terreos ácidos, frescos e húmidos, prefire a exposición de solana. Árbore caducifolia de folla composta de 9-15 foliolos dentados e de cor grisácea polo envés. Flores brancas de maio a xuño e froitos de cor vermella no outono Usos: aillado, en grupos, en paseos estreitos.

Slide 50

Sorbus aucuparia

Slide 51

Tamarix gallica - tarai, tamarindo H 4-6m Ø 4-6m; porte erecto e ensanchado, de crecemento medio. Resistente ao frío intenso (ata-15ºC) e á salinidade. Pouco esixente en solos gusta de exposicións soleadas. Árbore caducifolia de porte pequeno. Caracterízase polo seu aspecto lixeiro e plomoso. Follas en disposición helicoidal que se cubren unhas a outras a modo de tellas. Flores rosadas que forman ácios densos de 1-4cm de longo. Usos: aillado, en grupos, en paseos estreitos, paseos marítimos.

Slide 52

Populus alba

Slide 53

CONDICIÓNS XERAIS DE VENTA: A realización de calquer pedido supón a aceptación sen reservas das condicións seguintes: OFETAS: Non poderá considerar en firme o seu pedido ata que lle teñamos dado a nosa conformidade. TRANSPORTE: As plantas son vendidas, tomadas no noso almacén e viaxarán por conta e risco do comprador. EMBALAXES E RECLAMACIÓNS: Tódolos embalaxes e os carretaxes serán sempre por conta do comprador, cesando a nosa responsabilidade coa entrega da mercancía ao transportista, non facéndonos responsables dos desperfectos que poidesen ocorrer por variacións de temperatura ou neglixencia da empresa transportadora. En caso de ser necesaria unha reclamación, esta deberá realizarse nos oito días seguintes á recepción dás plantas. ARRAIGUE: Tendo en conta o elevado estandar de calidade das nosas plantas e sendo moi difícil de determinar as causas do fracaso no arraigue, non nos faremos responsables de dito fracaso. PREZOS: As plantas véndense sen I.V.E. FORMAS DE PAGO: As persoas non relacionadas con esta casa, deberán efectuar a metade do pago do pedido por anticipado. Non se admitirán pedidos inferiores a 300€. Os pagos faranse na conta que a nosa empresa posúe en NovaGaliciaBanco. LITIXIOS: En caso de litixio, este resolverase nos tribunais de xustiza. XERENTE: Alejandro Patiño

URL: