|
|
NON HAI NOITE TAN LONGA Agustín Fernández Paz Club de lectura Arao Adultos Biblioteca IES Pedra da Aguia
O autor Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba en 1947. Agustín profesor También traballou na elaboración de materiais didácticos de lingua e literatura (un dos seus traballos obtivo o Premio Nacional “Emilia Pardo Bazán” para libros de texto non sexistas). Traballou como profesor durante máis de 30 anos. Sempre ligado aos movementos de renovación pedagóxica. Desenvolveu unha ampla actividade teórica e divulgativa: introdución dos medios de comunicación na aula, promoción da lectura, fomento da lingua galega e didáctica da lingua.
O autor Agustín Fernández Paz escribiu numerosos libros para rapaces. As flores radioactivas, Contos por palabras, Trece anos de Branca, Cartas de Inverno, Aire negro, Tres pasos polo misterio, O raio veloz, Noite de voraces sombras, O único que queda é o amor… Aquí temos algunha portadas doutros: Agustín escritor Aquí tedes un enlace para saber máis sobre o autor : http://www.filix.org/ranholas/agustin.html
O autor Premios literarios Recibiu numerosos premios literarios pola súa obra: Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Barco de Vapor, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove, Xosé Neira Vilas, Martiño Sarmiento… (*) A lista de Honra do Ybbi é unha selección que se fai cada 2 anos de libros infantís e xuvenís de interese pola súa calidade. No ano 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil . No ámbito internacional ten varios libros incluídos na Lista de Honra do YBBI …(*) No ano 2011 concedéronlle o VII Premio Iberoamericano SM polo conxunto da súa obra.
O autor Tradución da súa obra Agustín escribe os seus libros na nosa lingua. Moitos deles están traducidos non só ás linguas da Península Ibérica, tamén a outras linguas: castelán, catalán, éuscaro, bable, italiano, francés, portugués, árabe e coreano. A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes ten unha páxina dedicada a Agustín Fernández Paz. Aquí tedes o enlace por se queredes visitala: http://www.cervantesvirtual.com/portales/fernandez_paz/
O libro A cuberta Na páxina 98 do libro descríbenos a fotografía que aparece na cuberta do libro. A foto está nunha das paredes do cuarto de Milena. Gabriel fíxase nela e Milena explícalle que a muller da fotografía é Rosa Parks, unha costureira do estado de Alabama nos tempos da segregación racial, que se negou a ceder o asento que ocupaba no autobús a un home branco. Por este motivo foi encarcerada. Fai referencia a varias película sobre este tema: Arde Missisipi (Pl-335) de Alan Parker Matar un reiseñor (Pl-200) de Robert Mulligan Hai unha película sobre Rosa Parks feita para tv. Aquí tedes o enlace ao seu trailer. http://www.imdb.com/video/screenplay/vi1660485913/ Este feito supuxo o inicio da loita polos dereitos civís nos Estados Unidos.
O libro O título Unha noite tan longa O título non é casual, quere transmitirnos unha mensaxe de esperanza no futuro. Está recollido dunha frase de Macbeth de W. Shakespeare: «Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día».
O libro Rosa Parks - Loita contra a Segregación racial Se queredes máis información desta loita neste enlace tedes un pouco de historia. http://www.youtube.com/watch?v=qUy3lM-VPxs Os negros non só eran relegados económica e laboralmente, eran reprimidos polas autoridades e marxinados de dereitos fundamentais como o voto ou a libre expresión. Ademais debían sufrir a humillación cotiá de non poder compartir cos brancos os mesmos lugares públicos: escolas, restaurantes, salas de espera; incluso os baños e bebedoiros lucían letreiros de "brancos soamente" ou "negros non".
Un libro de libros É un libro de libros. Son numerosas as referencias a outros autores e libros: Georges Simenon e o comisario Maigret, A metamorfose e O proceso de Frank Kafka, Un soño de igualdade de Martin Luther King, A peste de Albert Camus, As uvas da ira de Jhon Steinbeck, O palacio da lúa de Paul Auster… Na inicio da segunda parte (capítulo IX), na casa da súa irmá, hai unha magnífica biblioteca. Gabriel pídelle un libro e Milena acompáñao. Falan arredor dos libros e a lectura. Detrás do libro hai un gran traballo de documentación do autor. Aparecen numerosas referencias históricas, cinematográficas e literarias.
Paisaxe humana Gabriel: protagonista central, volve a Monteverde despois de 30 anos coa intención de esclarecer os feitos que motivaron a súa marcha. Está casado con Christine, ten 2 fillas e vive en París. Elsa, a súa irmá, que permaneceu en Monteverde. Está divorciada e ten 2 fillos Xavier e Milena. Milena é quen mellor acolle a Gabriel. Celia Salgado, nai de Gabriel, que volve a Monteverde cando ela morre. Mamá Clara, avoa de Gabriel, mestra represaliada polo franquismo. A ela débelle Gabriel a paixón pola lectura. O seu avó Servando era republicano. Félix Barral, avogado do pai, enfermo de Alzheimer. A súa filla Diana axudará a Gabriel. O libro ten uns personaxes moi ben construídos.
Milucha, mediomoza de Gabriel, dos tempos do instituto, funcionaria do Concello de Monteverde, sente que lle quedou unha asignatura pendente… Natalia Valcárcel - Acusaron ao pai de violala. Senén Louzao, garda civil, o máis novo no cuartel cando deteñen ao pai de Gabriel. O Rinchón, a súa irmá Asunción declarou no xuízo contra o pai de Gabriel. Fonsito de Castro, fillo do notario, de familia moi estirada. Ten un irmán, Carlos Luís, alto cargo dun banco. Eduardo, amigo de Gabriel dos tempos de instituto. Humberto Baena: hai unha referencia na novela a esta persoa real, un dos últimos executados por Franco, no ano 1975. http://es.wikipedia.org/wiki/Humberto_Baena Marie-Hélène, secretaria de Gabriel; Herminio, tío de Gabriel, axúdao cando este foxe a París; Libertad, filla de Antón Ferreiro, camarada de Herminio; Sulema, empregada doméstica de Gabriel; Gervasi e Teresa, conducen a furgoneta que o leva a Francia; Sebastián Antúnez, xustifica a condena ao pai de Gabriel.
A culpa, a vinganza, a ansia, o amor, a morte, a esperanza, a xustiza son algúns dos temas principais desta novela. O libro Temas para falar Preséntanos unha ollada crítica sobre a nosa sociedade nos últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI. A emigración por diferentes motivos: o exilio. A confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas. (...) A loita pola igualdade de dereitos na famosa fotografía de elixida para a cuberta. A dignidade individual e a firmeza fronte a discriminación. http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=55770&folderId=36737&name=DLFE-11322.pdf Para rematar unha páxina que recolle a tertulia que tivo lugar na Biblioteca Central Rialeda de Oleiros con Agustín. Paga a pena lela.
Summary: Presentación sobre o libro Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, para o club de lectura Arao da biblioteca do IES Pedra da Aguia.
| URL: |
No comments posted yet
Comments