|
|
O día e a noite
Na clase de primeiro aprendemos algunhas cousas do día e a noite. Todo empezou o Día das Bibliotecas Escolares...
Ese día recibimos unha carta do ratiño Paco:
OLA AMIGOS! Como sabedes paso o día entre os libros da biblioteca.porque me gustan moito os vosos contos. Necesito a vosa axuda, estiven pensando estes días que me gustaría saber... por qué hai luz de día e de noite está escuro?. Queredes axudarme a buscar na biblioteca? Agardo con impaciencia a vosa resposta!
Na clase falamos... Pero non estabamos moi seguros de saber porque nuns sitios é de día e noutros de noite...
Breixo: A Lúa xira arredor da Terra e a Terra arredor do Sol. O Sol pode explotar e morrer todos. Silvia: Nun lado está o Sol e noutro a Lúa.Nalgúns sitios é de noite e noutros de día e a Terra vai xirando e por eso é de noite e de día. Nerea: A Terra xira e cando mira ao Sol é de día, e cando mira a Lúa é de noite. Hugo Carballo: Cando aquí é de noite nos estamos na parte de arriba, e os de abaixo están durmindo e é de noite.
Nacho: Pero si a Lúa ponse diante do Sol pode facer un eclipse. Todos: Que é un eclipse? Nacho: Un eclipse é cando a Lúa e o Sol póñense xuntos, porque a Lúa tapa o Sol e fan un eclipse. Rubén: O Sol está cerca da Terra, e a Terra cerca da Lúa. Juan: O Sol, a Terra e a Lúa están en fila. O planeta vai dando voltas moi pouco a pouco.
Izan: Non notamos que a Terra xira porque se move pouco a pouco. Lorena: O planeta xira, e a Lúa e o Sol están quietos. Alba: O planeta tarda en dar unha volta enteira un ano. Hugo Calo: Si fora sempre de noite, onde estaría o Sol?
Entón decidimos buscar a información nos libros da biblioteca
Atopamos varios que falaban do día e a noite , e levámolos para consultalos na hora de ler.
Despois escribimos o que aprendemos.
Logo xuntos fixemos unha carta larga, sen debuxos, porque xa somos maiores.
Para compartir cos outros nenos do cole fixemos estes carteis. Gústanvos?
Ceip quintela de moaña 1º de Primaria Curso 2011 - 2012
Summary: Proxecto educativo sobre o día e a noite en primeiro de primaria
| URL: |
No comments posted yet
Comments