|
|
ESCOLMA DE XOGOS POPULARES CEIP PORTO – CABEIRO CURSO 2009-2010
XOGO “O BURRO” “A miña nai contoume un xogo que lle contou a súa nai, chámase o burro”. Trátase de que haxa un grupo de nenos e nenas, máis de 5, que esta en posición do burro. Tíñan que separar máis de un metro. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “O BURRO” Despois un dos xogadores tiña que saltar por enriba deles coas as mans colocadas no lombo e saltando coas pernas abertas. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “O BURRO” Cando saltes por enriba do último xogador colócaste coma un burro, e o primeiro empeza o xogo outra vez. Os burros teñen que ter a cabeza encollida para non mancarse. O que caia perde. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “OS XOGADORES DAS CAIXAS DOS MISTOS” Cando eu estaba na escuela o xogo que había era o xogo dos xogadores das caixas dos mistos.O xogo consistía en desde unha altura, tirar o xogador ao chan e o que quedaba por encima era o que gañaba. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “O XOGO DAS CAIXAS DOS MISTOS” Xogábase collendo varias caixas de mistos baleiras. Tirábase contra a parede e a caixa caía enriba das outras que estaban no chan. Gañábase se tocaba as caixas que estaban no chan, e son para o xogador.
XOGO “O ARO” A miña avoa contoume que de pequena xogaba ao aro. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “O ARO” Collían un aro dun caldeiro ou dun pipote, e outro ferriño máis pequeno, e con el construían o xogo. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “O ARO” Quen aguante máis tempo co aro en movemento é o gañador. Non pode caer ao chan, se non perdes. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “A MONECA” A moneca de pao: Este xogo díxomo a miña avoa. Cantos máis xogadores haxa, máis divertido é. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “A MONECA” A miña avoa de pequena, cunhas amigas, xogaba a crear unha moneca co corpo de pao ou cana. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “A MONECA” Os ollos podíanse facer de varias formas, segundo queiramos, pintados, poñéndolles un anaco de la etc. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “ A PEDRIÑA” Este xogo contoumo tamén a miña avoa. Os xogadores poden ser cantos queiramos.Consiste en marcar unhas liñas no chan, logo coller unha pedra ou un anaco de tella e tirala ao chan. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “ A PEDRIÑA” A pedra ou tella non pode tocar as liñas se non perdes. Tes que mover a pedra de casiña en casiña, dándolle toques co pé sen que toque as liñas. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “AS BRUXAS” Póñense todos nun círculo menos un, que elixe a 3 ou 4 persoas para que sexan as bruxas. Cando as bruxas esten dentro do círculo cantan unha canción mentras dan voltas ao redor das bruxas. Cando termina a canción os xogadores din nomes do que foron dicindo as bruxas ao longo da canción. Feito esto o gran grupo dille ás bruxas: quen sodes? , o que elas responderan: “ As bruxas “. Todos empezan a escapar e as bruxas os intentan alcanzar. Os últimos en ser atrapados poden ser as bruxas no seguinte xogo. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “AS BRUXAS” CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “PASE MI SI” A miña avoa, Concha, contoume un xogo para xogar en grupo. Escóllense dous nenos que fan unha ponte cos brazos e deciden que van preguntar paises,cidades, cores, etc CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “PASE MI SI” Os demais nenos fan unha fileira e pasan por debaixo da ponte, mentras se canta a canción: “Pase mi si, pase mi sa, polas portas de Alcalá. Os de diante corren moito, os de atrás se quedarán” . CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “PASE MI SI” Preme aquí Ao rematar a canción os dous nenos que forman a ponte baixan os brazos e atrapan a un neno ao que lle preguntan que prefiren das cousas que escolleron antes. Segundo a resposta, pasan detrás do neno que lle corresponda. Cando se atrapan todos os nenos faise unha liña no chan, e os dous equipos tiran hacia atrás. O equipo que cruce a liña perde. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “ CASTELO DE CAROZOS” Necesíntanse carozos. Poden xogar un ou máis xogadores. Cada xogador ten que facer o seu propio castelo, poñendo 2 carozos en vertical, logo enriba 2 en horizontal e así ata que teñas un castelo. Gaña o xogador que consiga o castelo máis alto sen que lle caia. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “ O FÍO” 3 4 2 1 4 CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF) PREME NESTE VÍDEO
XOGO “ O FÍO” 5 6 7 8 CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “O TIRAPEDRAS” O xogo que me contaron é o “tirapedras” O tirapedras consiste en coller unha pedra, metela entre a goma e despois tirar hacia atrás, e soltar. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “O TIRAPEDRAS” Como se fai un tirapedras? Córtase un pao, pero a punta do pao ten que ter unha forma de i grega (“Y”), despois colles unha goma e atala nas dúas puntas. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “A PULGA” A pulga facíase cunha capsuliña de calquera cousa, por exemplo dun medicamento, na que se metía unha bola pequena de ferro CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “A PULGA” Coa pulga facíanse varios xogos. Un era facer circuítos. Facíanse cunha táboa de madeira na que se poñían obxectos que se pegaban na táboa e despois había que inclinar a táboa e intentar que a pulga esquive os obxectos. Preme aquí CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “A PULGA” Outro xogo era ir pasando a pulga de man en man pero rodando sen que se lle caera a ninguén. Se alguén se lle caía quedaba descalificado. Este xogo podía ser de dous ou máis xogadores e os que perdían dábanlle unha pulga cada un ao gañador. Hoxe en día chámase: “Tico-Tacos” CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “AMO-ATÓ” Vou contar un xogo que se chama amo-ató e poden xogar de 4 a 20 persoas. Dun grupo escóllense dúas nenas, unha fai de nai e outra de ama, logo a nai ponse nuha esquina e a ama noutra. A que fai de nai ten con ela o resto das nenas e a ama canta para escoller unha nena CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “AMO-ATÓ” Ama: Amo-ató matarilerilerile, amo-ató matarilerilerón, chim-pon Nai: Que quere vostede, matarilerilerile, que quere vostede matarilerilerón chim-pon Ama:Eu quero un paxe matarilerilerile, eu quero un paxe matarilerilerón, chim-pon Nai: Que paxe é ese matarilerilerile, que paxe é ese matarilerilerón chim-pon Ama: A “Sandra” polo sue nome matarilerilerile, a “Sandra”polo seu nome matarilerilerón, chim-pon Nai: Que oficio lle vai poñer? matarilerilerile, que oficio lle vai poñer? matarilerilerón chim-pon Ama: O oficio de mestra matarilerilerile, o oficio de mestra matarilerilerón, chim-pon Nai: Aquí a ten vostede, matarilerilerile, aquí a ten vostede matarilerilerón chim-pon CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “AMO-ATÓ” Logo xúntanse as tres, fan unha roda e cantan: “ Ao pasar o trébole, o trébole o trébole. Ao pasar o trébole a noite de San Xoán. E a filla despídese da nai gritándolle: Adeus mamá!. E así repítese todo ata que se rematen todas as nenas, tendo ao final cada unha o seu oficio. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO DE MANS Preme aquí para ver os movementos das mans Unha pomba, punto e coma. Quería saír do niño, punto e seguido. Quería ser cantante, punto e aparte. Pobre animal! Punto e final.
XOGO “O PATEIRO” Este xogo que me contou o meu avó é moi antigo, e chámase o xogo da billarda. É así: Collemos dous paos un mais pequeno que o outro. O pequeno de 15 ou 20cm e o grande de 80 ou 90 cm Este xogo, ademáis de chamarse “ o pateiro” ou “a billarda”, tamén se chama “a pincha”. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
XOGO “O PATEIRO” Xogan os xogadores que queiran pero teñen que ser pares. Ponse o pao pequeno no chan cun dos extremos un pouco levantado para poder darlle co pao grande. Cando o pao pequeno está xirando no aire dámoslle co grande. O pao pequeno chámase “canícola” e o grande “vara”. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
OUTROS XOGOS CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
OUTROS XOGOS
RELACIÓN DE XOGOS “ O BURRO ”………………………………………………………………………..……….1 “ O XOGO DAS CAIXAS DE MISTOS ”…..……………………...........................…….3 “ O XOGO DAS CAIXAS”……………………………………………..............................5 “ O ARO”……………………………………………………………………………………..6 “ A MONECA DE PAO…………………………………………….………………………..9 “ A PEDRIÑA”………………………………………………………………………………12 “ AS BRUXAS ”……………………...……………………………………………………..14 “ PASE MI SI ”……………………………………………………………………………...16 “ O CASTELO DE CAROZOS ”………………………………………………………….19 “ O FÍO ”……………………………………………………………….............................20 “ O TIRAPEDRAS ”………………………………………………………………………. 22 “ A PULGA ”………………………………………………………………………………..24 “ AMO – ATÓ ”……………………………………………………….........................…..27 “ XOGO DE MANS ”………………………………………………………………………30 “ O PATEIRO ”……………………………………………………………………………..31 “OUTROS XOGOS: BOLICHE, CHAPAS, TABAS, CANICAS……………………….33 Autores:Carla, Fernando, Andrea, Carla L. F.,Eva, Alexis, Andrea B., Uxía, David,Daniel, Breogán, Ana, Asunción, Lucía Mª, Laura, Miriam, José Mª, Alejandro,xunto coa colaboración dos seus avós, avoas, pais, nais … Mestra: Ánxela D.M. CEIP PORTO-CABEIRO (PROF. EF)
Summary: Escolma de xogos na que participan os alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria do Ceip Porto-Cabeiro.Axudáronnos os avós, avoas, pais e nais.
| URL: |
No comments posted yet
Comments