|
|
A reportaxe: saber máis sobre o que acontece
Unha reportaxe, para que? Nunha reportaxe amplíase a información e incorpóranse perspectivas sobre un feito noticiábel, que normalmente foi ou é nese momento noticia. O obxectivo é profundar sobre todo no como e no porqué.
Unha reportaxe, para que? Chegar a saber iso permíteo unha reportaxe, aínda que coa perspectiva do xornalista condicionando a nosa visión das cousas.
Para escribirmos a reportaxe Tema de interese do que partimos (que foi / é noticia) Aspectos que queremos ampliar / incluír (causas, consecuencias, perspectivas...) Información que precisamos e como obtela (feitos básicos + datos novos + declaracións...) Organización da información (cronolóxica, explicativa..., con apartados específicos) Presentación da información (apertura atractiva, combinación de datos e declaracións...)
Para escribirmos a reportaxe Tema de interese do que partimos Aumento na venda de auga embotellada Aspectos que queremos ampliar / incluír Críticas, venda de augas premium, iniciativas fronte o consumo... Información que precisamos e como obtela Postura das organizacións ecoloxistas e de consumidores, datos sobre vendas, acceso á auga potábel no mundo... Organización da información Explicativa, con apartados sobre a situación específica no Estado, sobre as iniciativas institucionais... Presentación da información Apertura cun caso persoal, disposición das declaracións... Por exemplo
Estrutura da reportaxe
Elementos e trazos da reportaxe O titular Tipos principais: Con recurso retórico (hipérbole, apelación ao lector...): Necesitas a túa dose de auga mineral? Con ambigüidade: O prezo da auga mineral [prezo: valor, custo, esforzo] Con reformulación de títulos ou frases feitas: Auga que van vender, non a deixan correr [sobre: auga da que non vas beber, déixaa correr] PREGUNTA: De que tipo será Esta polémica vai en botella nunha reportaxe sobre o consumo de auga envasada?
Elementos e trazos da reportaxe A entrada ou lead Dúas grandes posibilidades: Cos datos das circunstancias (que, quen, onde...): O consumo de auga envasada dispárase en todo o mundo a pesar do aumento das críticas polo seu impacto ambiental Cunha declaración: "Depreciouse a imaxe da auga da billa, cada vez dá máis apuro pedir un vaso de auga en vez dunha botella nos restaurantes", sinala Victoria Iglesias, directora de medio ambiente do Concello de Donosti PREGUNTA: En que caso se achega unha visión obxectiva e en cal subxectiva?
Elementos e trazos da reportaxe A apertura do corpo Algunhas opcións para captar a atención: A revelación de algo oculto na noticia: O petróleo e a auga embotellada rivalizan por ser a mercadoría cuxo comercio xera máis diñeiro no mundo. En ambos os casos, Estados Unidos é, con diferenza, o primeiro consumidor. Algunha suposición intrigante: Terá a industria que comercia coa auga embotellada que ver co medre do número de persoas que non teñen garantido o consumo de auga potable? Indicios non faltan. Unha anécdota ilustrativa ou a narración dun caso persoal: A vida de Boone Pickens, un multimillonario que se axusta ao ideal de empresario feito a si mesmo, está entre as favoritas da prensa estadounidense. Forxou a súa fortuna hai medio século nas explotacións petroleiras de Texas. E, con 80 años, segue interesado no subsolo. Só que agora, en vez de reservas de ouro negro, compra reservas de auga. PREGUNTA: Que caso sería referirse ás vendas dun restaurante concreto?
Elementos e trazos da reportaxe A organización da información no corpo Entre outras posibilidades: Avance cronolóxico ou temporal: inicios do negocio da auga embotellada > procura de mercados e formación de hábitos > intereses actuais das multinacionais do sector > os movementos sociais de oposición > perspectivas de futuro Avance explicativo: expansión do negocio da auga embotellada > aumento do consumo, mesmo das augas premium > críticas polo gasto en petróleo para a produción de botellas e no transporte > contraste entre a produción en España e nos EE.UU. > iniciativas para o fomento do consumo responsábel versus publicidade > contrapunto: acceso á auga potábel no mundo. PREGUNTA: Poderán coincidir nalgúns casos o avance temporal e o explicativo?
Elementos e trazos da reportaxe A relación entre feitos-datos e mais declaracións Combínanse en cada parágrafo a información e as declaracións a) Feitos e datos: A súa botella cadrada de Fiji Water é un complemento habitual de moitos famosos, fascinados polo seu exotismo: a auga provén dun acuífero baixo dunha tupida selva desta illa (Fidxi) do Pacífico. Nas cartas dos restaurantes máis luxosos, figuran augas que proveñen dun manancial baixo un volcán xaponés (Finé), da chuvia recollida en Tasmania (Cloud Juice), ou filtrada de glaciares canadenses (Berg). b) Declaracións: Coa auga “está pasando como ocorreu co viño, hai moito interese por coñecer augas con características singulares", segundo comenta Andrea Gambus, de Wawali, unha empresa especializada na distribución de augas premium. A compañía destaca que está a "centos de quilómetros de distancia de calquera continente". PREGUNTA: Relaciona os exemplos de a) e b). De que xeito se unirían no texto? Exemplos
Elementos e trazos da reportaxe As citas As declaracións aparecen normalmente como citas textuais (en estilo directo co uso de “comiñas” e verbos de dicción como afirmou, sinalou, manifestou, explicou...) No inicio da oración: "Aquí a auga da rede é de altísima calidade. O noso obxectivo é reducir na orixe a produción de residuos", sinala Victoria Iglesias, directora de medio ambiente da corporación vasca. No final: Irene Zafra, secretaria xeral de Aneabe, a asociación que representa o sector, alega ademais que outras bebidas incorren en custos similares ou maiores, "cando é moito máis saudable beber auga embotellada". PREGUNTA: Que cambios hai que facer en cada caso se queremos empregar os dous puntos para dar paso á cita?
Elementos e trazos da reportaxe A presenza do emisor Intercálanse valoracións do xornalista, ás veces con linguaxe expresiva Algunhas fórmulas: Afirmación (dunha postura) con perífrase: Débese actuar xa ante o empeoramento do acceso á auga potable no mundo. Adxectivo valorativo: E, o que é máis grave aínda, nesta recóndita illa do Pacífico, case un terzo dos seus habitantes carece de acceso garantido á auga potable. Se o prezo da auga mineral máis común é, en comparación coa que sae da billa, entre 350 e 1.000 veces máis caro, nestes casos a diferenza é disparatada. Adverbio valorativo: Tamén se ofrece a través das billas cun custo enerxético infinitamente menor. Comparación subxectiva: Este dito popular é como o mellor informe. PREGUNTA: Que fórmula será O regueiro de críticas colleu a forza dun torrente?
Elementos e trazos da reportaxe Os apartados Organizan os aspectos complementarios, con titulares e, nalgúns casos, en ventás PREGUNTA: Relaciona contidos e titulares.
Elementos e trazos da reportaxe O material gráfico PREGUNTA: Que teñen en común en canto á forma ambos os elementos que se reproducen? Imaxes Gráficas .....
Elementos e trazos da reportaxe O peche Conecta no último parágrafo coa idea central da reportaxe e soe incluír: Unha conclusión Se hai un argumento común nos conflitos que se auguran para os próximos anos, ese é o acceso á auga. En Texas, a árida terra na que Boone Pickens se fixo rico, un dito popular sintetízao así: "Para beber, whisky; para pelexar, auga". Unha suxestión ou proposta, etc.
Materiais Modelo de reportaxe con marca das características Guía para planificar, redactar e revisar a reportaxe ______
by xanocebreiro | Added: 3 months ago
Language: Galician | Topic: Education
| 73 Views | 7 Downloads | 4 Embeds |
Summary: Cuestións básicas con exemplos, actividades e ligazón a materiais de apoio
| URL: |
No comments posted yet
Comments