|
|
COMENZOS DA ARTE CONTEMPORÁNEA Mediados do s. XVIII a mediados do s. XIX Cambio histórico: a Ilustración, a revolución industrial e as revolucións liberais. Período de convulsións Consecuencias protagonismo da burguesía individualismo independencia do artista Revisión da Historia, ¿cal é a base?, a resposta será diferente Sucesión de estilos con epicentro en Francia
Os novos réximes políticos adoptan o Neoclasicismo como modelo oficial pola súa conexión coas democracias gregas e a república romana. Pasa a América (Capitolio de Washington). Entra en crese a tradicional concepción de estilo artístico. Os acontecementos e as tendencias tenden a se acelerar Diante do esgotamento das formas decorativas do Barroco final (rococó) e favorecido pola Ilustración, hai que optar entre crear un novo estilo ou voltar a mirada ó pasado. Elíxese esta opción, recuperando na Antigüidade de uns modelos exemplarizantes (tamén morais como a figura do heroe) que aportaran unha serenidade desaparecida coa dislocación de formas e a embriaguez decorativa barroca As escavacións (recente descubrimento de Herculano e Pompeya) e publicacións sobre obras do mundo clásico favorecen o coñecemento do mundo clásico do que se toma o seu valor normativo (a idea de canon) e o seu bo gusto A dictadura das Academias. Favoreceron a desaparición da concepción artesanal das artes En España vai unido ó reformismo borbónico (Carlos III) e en Francia á Revolución Francesa e a Napoleón, que lle da un xiro máis propagandístico: ambientes de luxo cortesán, idealización e culto ó heroe Denomínase o estilo verdadeiro e pretende servir á nova sociedade por medio dos valores clásicos da arte, razón e moralidade, ao tempo que amosa o esplendor dunha civilización clásica ordenada
ARQUITECTURA. Linguaxe clásica: racionalidade e perfección técnica; ordes e proporción; horizontalidade; predominio do arquitectónico sobre ornamental; formas xeométricas claras; monumentalidade
VILLANUEVA: Museo do Prado. Madrid SABATTINI Porta de Alcalá. Madrid
A. CÁNOVA Paulina Bonaparte como Venus ESCULTURA Preferencia pola mármore, sen cor Temas mitolóxicos, retratos, monumentos conmemorativos Busca a beleza ideal, con actitudes repousadas Obras cheas de serenidade e pureza formal Amosa un gran dominio técnico pero resulta unha arte fría
As tres Gracias Eros e Psique
PINTURA O problema da falta de modelos clásicos Preferencia do debuxo sobre a cor (o tema das copias) e a luz. Contornos moi definidos para obter a máxima claridade do representado Luz difusa e dura que proporciona ás figuras o carácter de estatua Composicións ordenadas, pechadas, claras e simétricas. Un tanto artificiosas Transmite valores de virtude cívica, patriotismo e heroísmo Perde a naturalidade introducida polo Barroco
JACQUES LOUIS DAVID O pintor neoclásico por excelencia Igual que os ilustrados cría que a arte podía revelar verdades ás que non pode chegar a razón. Serve para ensinar Comprometido coa Revolución, pasou logo a ensalzar a figura de Napoleón. Arte ao servicio da paropaganda MADAME RECAMIER
MORTE DE MARAT Compromiso coa revolución: a figura heroica idealizada O momento xusto despois do asasinato (preferencia sempre polo antes ou o despois), aínda sostén a pluma, en paralelo ó coitelo. Pasa da dor á paz A oposición dos escritos (un cheque para unha viúva nai de 5 fillos) Sobriedade máxima, na obra e no personaxe Debullo escultórico subliñado pola luz lateral que destaca o tratamento muscular clásico Metade baleira. Composición a base de horizontais e verticais, pero tamén o triángulo Fondo escuro, neutro (a claridade da dereita ?) sobre o que destaca máis a palidez do corpo e o banco das telas Sucintas notas de cor
NAPOLEÓN CRUZANDO OS ALPES Victoria de Marengo, non tan importante como parece Representa o heroísmo non necesariamente a realidade. Culto ao Emperador (fora nomeado pintor de cámara). Carácter propagandístico
COROACIÓN DE NAPOLEÓN
Mantén o compromiso coa burguesía e os levantamentos liberais e nacionalistas (rebeldía contra a restauración e liberdade). - Defende o individualismo e a autonomía. O artista libérase das directrices académicas, non ha de estar ó servicio do poder Fronte ó Neoclasicismo, buscan inspiración no oriental e na Idade Media (arquitectura historicista), ó tempo que plasman os acontecementos do momento (loitas de liberación e pola liberdade) Déixanse levar polo sentimento, non pola razón coma os neoclásicos. Reivindica a subxectividade Composicións dinámicas, posicións convulsas e xestos dramáticos Potencian o colorido, liberado das formas e os límites excesivamente definidos Recupera as luces vibrantes e contrapostas para destruí-lo carácter escultórico Culto á paisaxe con nubes cargadas de electricidade, furiosas oleaxes,..
GERICAULT
A BALSA DA MEDUSA Drama dos abandonados polos oficiais (15 días á deriva). O home fronte ás forzas da natureza e crítica ó réxime borbónico. Interese polas anatomías e realismo. Dinamismo de liñas: diagonais, espirais, sig-zag. Violento contrate de luces e sombras
DELACROIX O seu tratamento da cor adiantase ó Impresionismo Abandona a normativa académica
A LIBERDADE GUIANDO O POBO Conmemora a revolución de 1830 (os tres días gloriosos) en contra de Carlos X Composición piramidal sobre a base dos cadáveres. Forma aberta, semella virse adiante A unión de clases segue á figura da liberdade A polvareda difumina os contornos Movemento e escorzos Forza das cores (azul, branco e vermello) e a luz, non real, que serven para potenciar o movemento Luces e sombras. A figura feminina recórtase sobre o lume e a fumareda de fondo Realismo matizado pola intencionalidade ideolóxica
INGRES Academicismo Interese pola forma (a liña), sen reivindicación social nin interese polo clasicismo Sensualidade e erotismo Beleza ideal, elegancia, equilibrio Tratamento realista Luces envolventes
PAISAXISMO INGLÉS
ESCOLA DE BARBIZON
| URL: |
No comments posted yet
Comments