A REPRODUCIÓN ANIMAL

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

REPRODUCIÓN

Slide 2

A REPRODUCIÓN ANIMAL Nos animais, ao igual que no resto dos seres vivos, existen dous modelos básicos de procesos reprodutores: o asexual e o sexual. En certos casos, como nalgúns celentéreos, danse simultaneamente ambos os dous tipos de reprodución; fálase entón, de reprodución alternante.

Slide 3

REPRODUCIÓN ASEXUAL Nos animais, a reprodución asexual está pouco representada. Os novos individuos orixínanse a partir dun fragmento do seu proxenitor. Tódolos descendentes son xeneticamente iguais, non hai variabilidade. Efectúase por escisión ou fragmentación, poliembrionía ou ben por xemación.

Slide 4

REPRODUCIÓN ASEXUAL ESCISIÓN OU FRAGMENTACIÓN O proxenitor fragméntase en dúas ou máis partes, cada unha das cales é capaz de rexenerar un individuo completo. É típica de poríferos, celentéreos, equinodermos e anélidos. POLIEMBRIONÍA Os embrións, nas primeiras fases do seu desenvolvemento, fragméntanse en varias porcións, cada unha das cales orixina un individuo completo. É típica de algúns insectos e excepcionalmente dalgún mamífero, como o armadillo. XEMACIÓN Certas células migran do interior cara á superficie, producindo unhas protuberancias externas que, tras separarse del, desenvolven un novo individuo. É típica de esponxas.

Slide 5

REPRODUCIÓN SEXUAL É o tipo de reprodución máis xeneralizado no reino animal. Lévase a cabo coa intervención de células sexuais especializadas ou gametos, que conteñen a información xenética dos pais e que, tras a súa fusión (fecundación), dan lugar a un novo ser. Os descendentes presentan mestura da información xenética dos dous proxenitores.

Slide 6

REPRODUCIÓN SEXUAL Consta de tres etapas: Formación dos gametos nas gónadas ou órganos sexuais. Fusión da información xenética dos gametos mediante a súa unión (fecundación) e a fusión dos seus núcleos (cariogamia), o que da lugar a célula ovo ou cigoto. Desenvolvemento do cigoto ou desenvolvemento embrionario, segundo o plan trazado nas novas combinacións xénicas existentes no individuo.

Slide 7

GAMETOXÉNESE É o proceso de formación dos gametos no interior das gónadas, a partir das células xerminais. Distínguense dúas modalidades: Espermatoxénese: dá lugar aos espermatozoides. Prodúcese a partir das células xerminais situadas nas paredes dos tubos seminíferos. Consta de catro etapas: multiplicación, crecemento, maduración e diferenciación (espermioxénese) Ovoxénese: orixina óvulos. Desenvólvese nos folículos ováricos. Consta de tres etapas: multiplicación, crecemento e maduración.

Slide 8

GAMETOXÉNESE

Slide 9

FECUNDACIÓN É o proceso de unión dos gametos masculinos e femininos, seguido da fusión dos núcleos de ambos os dous (cariogamia), para formar o cigoto. Dependendo do lugar onde se realice, distínguense dúas modalidades de fecundación: Externa: típica de animais acuáticos e algúns terrestres (insectos e anfibios). Os óvulos son fecundados fóra do organismo materno. Non existe apareamento e o encontro dos gametos ocorre de maneira fortuíta. Interna: característica dos animais terrestres e de moitos acuáticos (como algúns peixes). O óvulo é fecundado no interior do aparato reprodutor feminino (nas trompas de Falopio, no caso da especie humana). O gameto masculino chega ao feminino mediante cópula, que require a existencia dun órgano copulador no macho.

Slide 10

DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO É o proceso polo que se forma un novo individuo a partir do cigoto. Prodúcese en dúas etapas sucesivas o período embrionario e o postembrionario. O período embrionario comprende os feitos que se producen desde a formación do cigoto ata o nacemento do novo ser. O período postembrionario iníciase tras o nacemento e termina cando o novo ser alcanza as características de adulto propias da especie, é dicir, é a fase de crecemento ou desenvolvemento.

Slide 11

DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO Distínguense dous tipos de desenvolvemento: Directo: ocorre se o embrión se desenvolve sen pasar por unha fase larvaria intermedia. Indirecto: preséntase en insectos e anfibios. Prodúcese se o individuo pasa por unha etapa larvaria, cunha morfoloxía, un modo de vida e unha alimentación diferentes aos característicos do estadio adulto. A transición da vida larvaria á adulta, denominada metamorfose, realízase mediante unha reorganización anatómica, total ou parcial, que leva á desaparición de moitas estruturas larvarias (como, por exemplo, a cola ou as branquias dos cágados) e á aparición das estruturas adultas definitivas.

Slide 12

DESTINO DO EMBRIÓN Unha vez concluído o desenvolvemento do embrión, este debe independizarse e xurdir como un individuo diferente. Segundo isto existen: Animais ovíparos: as femias expulsan os ovos ao exterior (posta) protexidos máis ou menos por certas envolturas, en cuxo interior se produce o desenvolvemento do embrión. Son ovíparos: numerosos invertebrados acuáticos, insectos, peixes, anfibios, moitos réptiles e aves.

Slide 13

DESTINO DO EMBRIÓN Animais ovovivíparos: producen ovos que se desenvolven no interior do oviduto da femia. A eclosión (ruptura) do ovo prodúcese no interior desta, que pare crías vivas. É o caso de certos insectos e quenllas, e dalgúns réptiles (lagartos e serpes)

Slide 14

DESTINO DO EMBRIÓN Animais vivíparos: desenvolven os seus embrións no interior do aparato reprodutor feminino, nutríndose a partir do alimento proporcionado pola femia, coa que o embrión establece unha estreita relación a través das paredes do útero. Mamíferos, exceptuando monotremas, e algunhas quenllas.

URL:
More by this User
Most Viewed