|
|
“POESÍA EN GALEGO “ CEIP DE ANDRADE CURSO 2008/09
O GATO PERICO Un día atopeime cun gato E dinlle de comer un rato. O meu gato chámase Perico E xoga co seu irmán Federico; Gústalle moito comer peixe E mancha o bigote con leite, Durme nun cesto de palla E algunhas veces déitoo na cama. Inés 2º ciclo
Fun a un cumpreanos Dun amigo chamado Carlos. Fíxose nun xardín Con moitos xasmíns. Había moitos globos E explotaron todos. Estabamos brincando ben Cando chegou Raquel. Fómonos contentos E tocamos moitos instrumentos. Pedro 2º ciclo
O MEU AUTOBÚS No meu autobús Cómense moitos chupa-chups. Todos os nenos séntanse Porque senón tambaléanse. Se nos sentamos mal Á coidadora séntalle fatal. Cando nos sentamos ben A coidadora alégrase ben A min gústame ir no bus Aínda que non tome chupa-chups. Paula 2º ciclo
UNHA VIAXE Eu fun a Madrid E atopei a David. Fun ao parque de atracccións E metémonos nun caixón, Fun ver o Museo do Prado E atopeime con Ricardo Despois fun ao Parque do Retiro, E alí vin a Ramiro. Pola noite voltei para San Xoán E ceei queixo con pan. Carla 2º ciclo
O MEU CAN Eu tiña un can, Que lle gostaba o champán. Chamábase Rodolfo Porque era moi golfo. E un día leveino de paseo E deulle un mareo; Boteille un vaso de auga fría E multoume a policía. Non o saquei mais a pasear Para que non se volva marear. Daniel 2º ciclo
NA GRANXA Nunha granxa había un ganso Que era grande e manso, Chegou o granxeiro E trouxo un queixo. Tamén había unha avestruz Chamada Mariluz, Entrou Alex nun cabalo E saltou un valado. Baixouse de repente E case rompe un dente. Alex 2º ciclo
A CADELA Eu tiña unha cadela Chamada Nela, E estaba feliz Coma unha perdiz Gustábanlle moito as croquetas E tamén as galletas, Era moi delgadiña Coma unha agulliña, Tiña moitas manchas Negras e brancas. Sandra 2º ciclo
UNHA SAÍDA Fun á casa de Inés Co meu gato siamés, Atopamos a Daniel, Co seu irmán Manoel, Collemos a bicicleta E caemos na cuneta Collemos o botiquín E curamos nun periquín. Andrea Rodeiro 2º ciclo
O MEU CAN Eu teño un can Que lle chamo Pan. Cando o chamo Vén de contado. E se o acariciamos Move os ollos e o rabo. E así vaise contento En cada momento. E se vén o meu avó Ramón Dalle moito xamón. Almudena 2º ciclo
MARCELINO O pingüín Marcelino Bebeu moito viño. Estaba o campo nevado E colleu un resfriado. Vivía no Polo Norte E facía moito deporte. Tirouse no xeo E pillou un mareo. Román 2º ciclo
A GATIÑA Eu teño unha gatiña Chamada Perliña. Gústalle moito beber leite E tamén comer o peixe. Chegou unha cadela E quixo comela. Pero a gatiña durmía De noite e de día. A gatiña espertou E á cadela rabuñou. Andrea Vázquez 2º ciclo
Autores destes fermosos POEMAS E ILUSTRACIÓNS: Inés Sanmartín Pedro Pérez Paula Díaz Carla Díaz Daniel Fernández Alejandro González Sandra Blanco Andrea Rodeiro Almudena Fuentes Román Prado Andrea Vázquez.
| URL: |
No comments posted yet
Comments