Enerxías renovables e non renovables_Eugenia_Isabel

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

ENERXÍAS RENOVABLES E NON RENOVABLES.

Slide 2

A ENERXÍA A enerxía é a forza vital da nosa sociedade. Dela depende a iluminación, o quentamento, o transporte... A enerxía divídese en dous grupos: as renovables e non renovables.

Slide 3

ENERXÍAS RENOVABLES As enerxías renovables son aquelas que se producen de forma continua e son inesgotables a escala mundial. A continuación imos ver os diferentes tipos de enerxías renovables.

Slide 4

Enerxía solar A luz do sol pode ser utilizada para xerar enerxía eléctrica e calórica en cantidades suficientes como para cubrir as necesidades básicas dun fogar.

Slide 5

Enerxía eólica Os aeroxeradores son os aparellos empregados para transformar a forza do vento en electricidade.

Slide 6

Enerxía mareomotriz As mareas e as olas producen forzas que poden utilizarse para xerar enerxía eléctrica

Slide 7

Enerxía hidráulica O modo de aproveitar esta enerxía cinética e transformala en enerxía mecánica primeiro e despois en eléctrica, é mediante a instalación de centrais hidráulicas.

Slide 8

Agora imos ver que son e cales son as enerxías non renovables.

Slide 9

ENERXÍAS NON RENOVABLES Son aquelas que se encontran de forma limitada no noso planeta. http://www.google.es/search?tbm=isch&hl=es&source=hp&biw=1366&bih=667&q=energias+no+renovables&gbv=2&oq=energias+no&aq=0&aqi=g7g-S3&aql=&gs_sm=1&gs_upl=1990l18739l0l20796l13l13l1l3l3l0l210l1239l0.7.1l8l0#

Slide 10

Petróleo O petróleo é un composto orgánico formado por carbono e hidróxeno. É un recurso non renovable que aporta a maior parte do total da enerxía que se consume no mundo.

Slide 11

Carbón É un material de orixe orgánico constituido basicamente por carbono.

Slide 12

Gas natural É unha enerxía fósil que se encontra no subsolo da terra, procedente da descomposición da materia orgánica.

Slide 13

Enerxía nuclear As centrais nucleares producen electricidade cando se provoca unha fisión dos átomos de uranio ao ser bombardeados con neutróns.

Slide 14

A continuación veremos as diferenzas entre as enerxías renovables e as non renovables

Slide 15

DIFERENZAS ENTRE ENERXÍAS RENOVABLES E NON RENOVABLES As enerxías renovables supoñen un 8% do consumo en España fronte a un 92% das non renovables. As enerxías renovables proveñen de recursos naturais aos que se pode acudir de forma permanente fronte ás enerxías non renovables nas que as súas reservas son limitadas e van diminuíndo.

Slide 16

As enerxías renovables non teñen un impacto ambiental tan elevado como o das enerxías non renovables. As enerxías renovables son moito máis custosas cás non renovables.

Slide 17

ENERXÍA LIMPA E ENERXÍA RENOVABLE Ás veces a xente confunde a enerxía renovable coa enerxía limpa. As enerxías renovables son as que non se esgotan mentres que as limpas son as que non contaminan.

Slide 18

REALIZADO POR: Eugenia López González. Isabel López Fernández. PÁXINAS WEB: www.sotavento.es www.consumer.es www.google.es www.wikipedia.com www.energy4life-game.com

Summary: Presentación feita para a materia Proxecto Interdisciplinar, de 1º ESO, no curso 2011-2012. IES Leiras Pulpeiro.

URL:
More by this User
Most Viewed
Previous Page Next Page
This user hasn't uploaded any other presenations yet.
Previous Page Next Page