|
|
O GATIÑO RIN Nunca casa moi fermosa por fora, pero moi revolta por dentro, vivía un gato que revolucionaba a todo o mundo. Este amigo noso, chamábase Rin.
Rin era un gato marabilloso;era de cor branca e tamén tiña moito pelo. Facía sempre o que quería; saía á rúa a xogar con outros gatos, pero non había un so día en que non se enfadara con eles, porque sempre o quería facer el todo.
Aínda así, os seus donos queríanno moito.
Un día, Rin, coma sempre, foise xogar á rúa, pero de camiño ata alí atopou un can e...¡A QUE SE ARMOU, O CAN QUERÍAO MORDER!. O noso amigo botou a correr ata unha árbore moi grande, saltou para unha póla, e o can non conseguiu collelo.
De súpeto, apareceu un ratiño e ocorreu o seguinte: -¿Non te dá vergoña – dixo o ratiño- abusar de alguén que é máis pequeno ca ti? -Non, eu sempre fago o mesmo e ninguén me di o que teño ou non que facer – dixo o can coma se non lle importara.
O can foise, e Rin quedouse pensando no que dixera o ratiño. El facía sempre o mesmo cos seus amigos... Cando xa se recuperou do susto, Rin foise para a súa casa e olvidouse por completo de que non fora xogar.
Ao día seguinte, Rin foi xunto aos seus amigos e díxolles o seguinte: -Amigos perdoádeme, sinto moito que sempre queira mandar eu. -Non pasa nada – dixeron todos. - A partir de agora non será así, volo prometo – dixo Rin.
E así foi, dende aquela Rin, o noso amigo, cambiou moitísimo, e os seus donos agora están máis contentos con Rin.
E colorín , colorado este conto xa está rematado. Fin
by maestraprimaria | Added: 3 years ago
Language: Galician (Detected) | Topic: Education
| 9 Views | 3 Embeds |
| URL: |
No comments posted yet
Comments