O Magosto - Melody

+8

No comments posted yet

Comments

Slide 1

O Magosto Que ben saben , que ben saben as castañas do magosto. Que ben saben, que ben saben cando non teñen chamosco. Temos a barriga chea pois comemos un montón, temos a barriga chea pois comemos un montón. Agora imos xogar os trompos pra facer a dixestión, agora imos xogar os trompos para facer a dixestión.

Slide 2

O Magosto, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas.

Slide 3

O Magosto consiste en realizar varias fogueiras. Unha vez que están as ascuas, colócase sobre elas algo metálico con varios buracos e aí e onde se poñen as castañas pra asar. Aínda que na maioría dos lugares tíranse directamente ás ascuas pra que se fagan.

Slide 4

Antigamente o magosto, era unha forma de agradecemento pola colleita que se recibía ese ano.

Slide 5

En Galicia tamén se celebraba no atrio da igrexa ou na encrucillada do pobo, ao pé dun cruceiro. O día 1 de novembro, os celtas tranquilizaban os poderes do outro mundo e propiciaban a abundancia das colleitas coa celebración da festa Samahain. Pra uns era o comezo do inverno e pra outros, o final do verán.

Slide 6

Cantigas Acabáronse as vendimas e veñen as esfolladas, paa comer coas mozas catro castañas asadas. Con castañas asadas foxe o friíño, con pescada e sal presa no hai ruín viño. Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto non chas quero, non chas quero, que me cheiran ó chamosco.

Slide 8

Refráns -As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro. -Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño. -Fíxate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara. -Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

Slide 9

FIN By: Melody Imaxes de: Google Colaboración: Mamá

Tags: tic medio celebraciones

URL: