Contra a violencia de xénero

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Slide 2

As irmás Mirabal Eran tres irmás dominicanas chamadas Patria, Minerva e Mª Teresa que foron asasinadas polo ditador Trujillo o día 25 de novembro de 1960 por defender a liberdade. Na súa memoria escolleuse este día para loitar contra a violencia de xénero. Tamén eran coñecidas como as “mariposas” por ser este o nome que utilizaban nas súas actividades clandestinas. A proposta da República Dominicana, en 1999, Nacións Unidas aprobou declarar o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Slide 3

No que vai deste ano 2012 xa van 43 vítimas mortais da violencia de xénero en España. Destas vítimas 33 son españolas e 10 estranxeiras. Só 7 destas mulleres presentaron denuncias por malos tratos. DATOS DESTE ANO, ESPAÑA Se coñeces algún caso utiliza este teléfono. Funciona 24 horas durante os 365 días do ano. A Comunidade Autónoma con máis vítimas é Cataluña con 11 mulleres mortas.

Slide 4

GALICIA Este ano en Galicia houbo 3 vítimas mortais Os xulgados galegos ditaron orde de protección sobre 975 mulleres. http://igualdade.xunta.es/gl/actualidade Se queres ter máis información podes visitar a páxina da Secretaría Xeral de Igualdade. Este é o enlace: Estas son as imaxes da campaña en Galicia.

Slide 5

Detido en Alcorcón, ingresa en prisión o acusado de matar á súa parella en Parla. Mario T. L. de 29 anos era o compañeiro sentimental de Malika A. J. de 20 anos. O asasino chamou ao 112 para alertar de que á muller déralle un paro cardiaco. Última morte: Madrid 19 de novembro Máis de cen persoas xuntáronse na Praza da Constitución de Parla, á portas do Concello, para condenar a súa morte.

Slide 6

HAI SAÍDA Este é o lema da campaña deste ano 2012 do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. Con el búscase non caer na resignación e animar a denunciar este tipo de situacións. Participaron na campaña, entre outros, Marc Márquez, Mario Casas, Imanol Arias, Rosana, India Martínez… SI LA MALTRATAS A ELLA, ME MALTRATAS A MI

Slide 7

IMAXES DE DIFERENTES CAMPAÑAS

Slide 8

http://www.guiaviolenciadegenero.com/jovenes.php Esta páxina web ten información interesante para adolescentes e mozos sobre as relacións de parella, a sexualidade, os métodos anticonceptivos… Mira con atención estas viñetas, que che parecen?

Slide 9

A violencia contra as mulleres dáse en todas as sociedades do mundo, sen distinción de posición económica, raza ou cultura. En todo o mundo a violencia impide ás mulleres exercitar os seus dereitos e disfrutar deles. O burca, as mulleres xirafa, a ablación do clítoris son algúns dos moitos casos de violencia de xénero que seguen a darse no mundo.

Slide 10

Moitos cantantes compuxeron cancións sobre a violencia de xénero. Aquí tes os títulos, podes ver os vídeos picando nos títulos. Ángel de amor – Maná El final del cuento de hadas – El Chojín Hogar – Pedro Guerra Malo – Bebe Salir corriendo – Amaral Y en tu ventana – Andi Lucas La bella y la bestia - Porta

Summary: Contra a Violencia de xénero. Biblioteca do IES Pedra da Aguia

URL: