Minería de ouro con cianuro: por que estamos en contra

+3

No comments posted yet

Comments

Slide 1

MINERÍA CON CIANURO: POR QUE ESTAMOS EN CONTRA

Slide 2

QUE É A MINARÍA CON CIANURO? No proceso de extracción de ouro trabállase así: Primeiro hai que remover a capa superficial da montaña, para acceder aos xacementos onde está a rocha con mineral. Despois, con voaduras, desfacer esa rocha. As rochas que conteñen o ouro son trituradas e convertidas nun granulado que se leva a uns tanques. Alí régase con cianuro sódico e outros tóxicos. O cianuro é o que permite separar o ouro do resto do mineral. Utilízase gran cantidade de cianuro (unha tonelada e media diaria), unha substancia altamente tóxica para todos os seres vivos, xa que inhibe o proceso de respiración celular.

Slide 3

Para obter gramo e medio de ouro, hai que triturar unha tonelada de roca co mineral. E para obter esa roca que contén o ouro, primeiro hai que extraer varias toneladas de rocas que non conteñen ouro. Así prodúcense moitas toneladas de residuos mineiros.. Parte dos residuos son inocuos, pero os desperdicios que foron pulverizados con cianuro, poden conter cianuro e compostos de cianuro. Os residuos líquidos contaminados van a unha balsa, que permanece despois de abandonada a explotación.

Slide 4

O CONSUMO DE AUGA A minaría de ouro con cianuro consume enormes cantidades de auga para o tratamento do mineral. Este consumo pode afectar as fontes subterráneas, e provocar escaseza nelas. Diminúe, polo tanto, a cantidade de auga dispoñible para outros usos.

Slide 5

AFECCIÓNS Á AUGA Contaminación: Aínda que o cianuro na auga descomponse rápidamente – en presencia da luz do sol- en substancias maiormente inofensivas, tamén tende a reaccionar fácilmente con moitos outros elementos químicos, formando centenares de compostos diferentes con diferentes graos de perigosidade, como cianatos e tiocianatos, que permanecen na auga. Cambio do pH das augas. Especialmente significativa adoita ser a acidificación da auga a consecuencia do drenaxe ácido de mina.

Slide 6

Afectación das augas subterráneas ou freáticas: as xeomembranas colocadas debaixo dos embalses de residuos tóxicos permiten filtracións a través de roturas, que pasan ao chan, podendo chegar ás augas subterráneas. Membrana rota, mina Bellavista, Costa Rica Afectación das augas superficiais: os residuos sólidos finos provenientes da explotación poden dar lugar a unha elevación da capa de sedimentos nos ríos. Diques e balsas de residuos mal construídas ou mal mantidos, ou inadecuado manexo, almacenamento ou transporte de insumos (como combustibles, lubricantes, reactivos químicos e residuos líquidos) poden contaminar as augas superficiais.

Slide 7

Ademais, os embalses de almacenamento están deseñados para resistir grandes crecidas e fortes chuvias, pero non sempre impiden os desbordamentos, ou as roturas dos muros de contención (como ocorreu en Aznalcóllar). Nese caso, os metais pesados e a auga contaminada con cianuro pode dar lugar a gravísimos accidentes, afectando á flora e á fauna, e contaminando a auga. Segundo fontes do Instituto de xeoloxía Isidro Parga Pondal, os cálculos de sismicidade da balsa de Corcoesto non están feitos dunha maneira correcta.

Slide 8

O cianuro pode permanecer por períodos de tempo moi longos nas augas subterráneas porque o sol e o osíxeno que se precisan para descompoñelo en outras substancias non se encontran alí. A contaminación das augas subterráneas é a forma máis importante de contaminación con cianuro nestas minas, porque os sistemas deseñados para previr estes sucesos non son impermeables e teñen grandes probabilidades de sufrir danos estruturais (pinchaduras ou fendas). Un informe científico titulado "Inseguridades do cianuro", realizado en 1998 chegaba á conclusión de que o cianuro pode formar compostos que son tóxicos para a vida acuática, poden permanecer durante longos períodos de tempo, e acumularse nos tecidos de plantas e peixes.

Slide 9

A BALSA DE RESIDUOS TÓXICOS Á balsa onde vai parar o líquido contaminado despois de ser usado para a lixiviación, é un perigo, por conter moitos residuos tóxicos e contaminantes. Estes poden pasar ao medio ambiente por filtración ou por desbordamento. Estes escapes causan danos á flora e fauna que ten contacto con concentracións letais da solución de cianuro (especialmente aos peixes, máis sensibles a este produto), e representan unha ameaza a longo prazo para as augas subterráneas (freáticas).

Slide 10

IMPACTO SOBRE A POBOACIÓN Ruídos das voaduras Afeccións das voaduras ás construcións próximas á mina Expropiacións. Perda de valor patrimonial das súas posesións. Redución da calidade do seu entorno. Riscos para a saúde

Slide 11

CONTAMINACIÓN DO AIRE O aire pode resultar contaminado con impurezas sólidas, por exemplo po e combustibles tóxicos ou inertes, capaces de penetrar ata os pulmóns, provenientes de diversas fases do proceso. Tamén pode contaminarse o aire con vapores ou gases de cianuros contidos en gases residuais, procesos de combustión incompleta ou emanacións de pozas ou lagoas de augas non circulantes con materia orgánica en descomposición. Outro factor de contaminación do aire é o arsénico que, ao producirse as voaduras, se pulveriza e pasa ao aire. O arsénico é tóxico por inhalación, a OMS alerta do seu potencial canceríxeno.

Slide 12

EFECTOS SOBRE O CHAN Xeración de drenaxe ácido producido pola oxidación dos sulfuros contidos nas rochas. Isto facilita a mobilización dos metais pesados, e a disolución das súas sales. Desertización: deforestación, erosión, perda de solo fértil. Modificación do relevo, alteración da dinámica dos procesos de ladeira. Cambio do relevo-aumento da escorrentía-erosión Perigos xeotécnicos: Desestabilización de ladeiras por sobrecargas e/ou escavacións e alteracións no nivel freático.

Slide 13

Contaminación por metais pesados xerada por efluentes líquidos e sólidos. Acidificación por acumulación e oxidación de sulfuros e drenaxe ácido. Adición de sales ao solo (sulfatos).

Slide 14

O ABANDONO DAS INSTALACIÓNS UNHA VEZ FINALIZADA A EXPLOTACIÓN As empresas mineiras son as empresas con maior experiencia no testaferrato “...a minería con cianuro crea pouco emprego e só por un período de entre oito e dezaseis anos, pero pode provocar enormes danos ecolóxicos que, polo xeral, non son compensados polas empresas explotadoras responsables, que adoitan desaparecer ou ir á creba, senón polo Estado afectado, é dicir, polos contribuíntes” Quen afirma iso? Os tolos de Adega? Os chiflados de Verdegaia? Os chalados de Greenpeace? Non: O PARLAMENTO EUROPEO

Slide 15

AFECCIÓN DE FLORA E FAUNA O río Anllóns, rede natura, pasa no seu curso moi próximo á área de explotación, na que se encontra algún dos seus afluentes. A fauna do río pode verse afectada se hai vertidos a este. Se accidentalmente un animal resulta contaminado por cianuro e morre, outro animal que o coma verase contaminado tamén, pasando o cianuro á cadea trófica. Moitos dos subprodutos que se orixinan a partir do cianuro, que xeralmente son menos tóxicos que o cianuro orixinal, son moi tóxicos para os organismos acuáticos. Ademais, poden persistir no medio ambiente durante largos períodos, e existe evidencia de que algúns destes compostos pódense acumular nos tecidos das plantas (Eisler, 1991) e peixes (Heming, 1989).

Slide 16

O solo da zona da explotación ten un elevadísimo nivel de arsénico. As voaduras, ao pulverizar a rocha, facilitan enormemente a incorporación dese arsénico aos cursos de auga e ao aire. O arsénico incorpórase así ao río, e del vai dar ao esteiro do Anllóns. Un recente estudo do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e a Universidade de Vigo alerta do aumento do nivel de arsénico nalgúns puntos do curso do Anllóns como consecuencia da anterior explotación, que facilitou a súa incorporación ao río. Este aumento sería exponencial se se aproba un proxecto desta magnitude, poñendo en perigo toda a biodiversidade do río e o esteiro. AFECCIÓN DE FLORA E FAUNA

Slide 17

IMPACTO PAISAXÍSTICO Debido á gran cantidade de rocha que hai que extraer ata chegar ao mineral, a minería de ouro ten un gran impacto paisaxístico. Deixa enormes cráteres nos sitios onde antes había agradables paisaxes.

Slide 18

POSIBLES ACCIDENTES Derrames e vertidos Accidentes no transporte de substancias altamente contaminantes. Desbordamentos da balsa de lodos (sería unha auténtica catástrofe) Rotura ou deterioro da membrana que illa os residuos do chan

Slide 19

ACCIDENTES HABIDOS Colorado, E.E.U.U.: En Colorado, derramamentos de cianuro e outros contaminantes da mina de ouro Summitville, posuída por Galactic Resources Lta, contribuíron a graves problemas ambientales nunha parcela de 17 millas ao longo do Río Alamosa. A mina foi aberta en 1986, e abandonada en 1992. Montana, E.E.U.U.: Pegasus Corporation pechou recentemente a mina de ouro Zortman-Landusky en Montana. Aberta en 1979, foi a primeira mina de lixiviación en pilas con cianuro de larga escala nos Estados Unidos. A mina experimentou varias fugas e descargas de cianuro durante a súa vida de operación, o que resultou en mortes da fauna silvestre e unha seria contaminación de correntes e da auga subterránea.

Slide 20

Nevada, E.E.U.U.: Desois do fracaso dunha estrutura de lixiviación en 1997, a mina Gold Quarry en Nevada derramou aproximadamente 245 000 galóns de desperdicio de cianuro en dous regatos locais. En 1989 e 1990, unah serie de oito fugas de cianuro ocurriu na mina de oro Echo Bay Company’s McCoy/Cove en Nevada, derramando un total de case 450 kilos de cianuro ao medio ambiente. Dakota do Sur, E.E.U.U.: O 29 de maio de 1998, entre seis e sete toneladas de tailings de cianuro da Mina Homestake foron derramadas no regato Whitewood Creek nas Black Hills (Montañas Negras) de Dakota do Sur, o que resultou nunha matanza substancial de peixes. Probablemente o río tardará anos en recuperar enteiramente. Kirgistan: O 20 de maio de 1998, un camión transportando cianuro á mina Kumtor en Kirgistan caeu dunha ponte, derramando casi dúas toneladas de cianuro de sodio (1762 kilos) nas augas superficiais locais.

Slide 21

Guyana: En 1995, máis de 860 millóns de galóns de tailings de cianuro foron derramados nun río principal en Guyana cando unha presa se derrubou na mina de ouro Omai da compañía mineira Cambior. España: Unha presa da mina de cinc Los Frailes (Aznalcóllar) en Andalucía, rompeu en abril de 1998, derramando unha cantidade estimada de 1.3 billóns de galóns de tailings de metal ácidos nun río principal e sobre as terras das granxas adxacentes. Mentres os informes de prensa da matanza masiva de peixes asociada non mencionaron o cianuro ou produtos relacionados entre os desperdicios, a súa presenza é máis que probable dada a natureza dos metais extraídos neste sitio. A restauración pagámola os contribuíntes españois. A empresa non se fixo cargo dos danos causados.

Slide 22

E OS POSTOS DE TRABALLO, QUE? O maior atractivo da mina de ouro son os postos de traballo que crea. Estes son provisionais Que pasa cos postos de traballo que se poden chegar a destruír? Subvencións millonarias ás empresas mineiras. Con esas subvencións poderíanse crear postos de traballo sustentables e duradeiros na comarca, sen poñer en risco o seu medio.

Summary: Presentación sobre os riscos da minería de ouro con lixiviación de cianuro

Tags: mineria ouro cianuro arsénico risco ambiental

URL:
More by this User
Most Viewed