A mina de Corcoesto, en cifras

+4

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Corcoesto: cifras (e algunhas letras) do proxecto

Slide 2

7.736.000 m2 é a superficie das concesións do proxecto* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 18 do EIA

Slide 3

95m é a súa profundidade con respecto ao nivel do mar Arredor de 300 m nalgúns puntos con respecto á altura actual do terreo *Fonte: Proxecto presentado pola empresa.

Slide 4

335.961 m2 ocuparía a escombreira norte* 1.879.735 m2 ocuparía a escombreira sur* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 31 do EIA

Slide 5

650.000 m2 ocuparía a balsa de lodos* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 31 do EIA

Slide 6

64.024 Tm de material se removerían cada día (365 días ao ano)* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 127 do Proxecto de explotación

Slide 7

*Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 184 do Proxecto 17.080.751 Tm de residuos procedentes do mineral tratado, dos cales 800.000 Tm son residuos de lixiviación* (No derrame do Prestixe vertéronse 63.000 Tm de petróleo)

Slide 8

207.154.182 Tm residuos totais ao longo de todo o período de explotación* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 103, táboa 7-5

Slide 9

1.400.000.000 de litros é o consumo anual de auga estimado no proxecto Veñen sendo uns 3.835.616 litros diarios* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 31 do EIA

Slide 10

2.740 m da canle do río Lourido serían desviados. Iso di o proxecto. A realidade é que desaparecerán, tal como alerta un informe da Subdirección Xeral de recursos cinexéticos e piscícolas* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 196 do Proxecto

Slide 11

0,077 mg de arsénico por litro calculan que terían os verquidos procedentes da drenaxe das escombreiras * 0,05 mg/l é o límite establecido nas normas de calidade ambiental (RD 927/1998) para as augas superficiais continentais *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 45 do Anexo “Caracterización de estériles”

Slide 12

As concentracións de arsénico nas augas do río Anllóns aumentan 2,1 veces ao atravesar a zona mineira de Corcoesto, ata acadar os 3,96 microgramos/litro. Esta concentración achégase á dos ríos europeos máis contaminados * O estudio apunta a que os sedimentos máis contaminados son consecuencia directa da antiga explotación de ouro que agora se quere reactivar... "debe ser consecuencia de rápidos picos de fluxo do río Anllóns que poden transportar sedimentos de maior tamaño de partícula procedentes da zona mineira". *Fonte: Estudio do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), divulgado pola SGHN Co proxecto de Edgewater, ao moer a rocha que contén o arsénico, aumentará a súa solubilización, igual que pasa co café. Ao entrar en contacto coa auga da chuvia, disolverase e irá parar ao medio acuático: ao LIC Río Anllóns e o seu esteiro.

Slide 13

0,036 mg de níquel por litro calculan que terían os verquidos* 0,02 mg/l é o límite establecido establecido nas normas de calidade ambiental (RD 927/1998) para as augas superficiais continentais *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 45 do Anexo “Caracterización de estériles”

Slide 14

196 voaduras anuais tipo A se levarían a cabo* 37.800 m3 de material arráncanse en cada voadura tipo A* 2.640 m de barrenos perfóranse en cada voadura tipo A* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 128 do Proxecto

Slide 15

42 voaduras anuais tipo B se levarían a cabo* 18.900 m3 de material arráncanse en cada voadura tipo B* 1.440 m de barrenos perfóranse en cada voadura tipo B* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 128 do Proxecto

Slide 16

1,49 Tm de cianuro diarias calcula o proxecto que se usarían* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Táboa 21 do EIA

Slide 17

200 m é a distancia da ubicación prevista da balsa de lodos ás vivendas máis próximas *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Planos

Slide 18

271 persoas traballarían durante a fase de explotación. O proxecto non especifica a duración de cada posto de traballo Meses? Semanas? Anos? * 133 dos 271 postos de traballo serían por medio de subcontratas.* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 134 do Proxecto

Slide 19

12 familias viven de explotacións agrogandeiras nas inmediacións dos terreos do proxecto. Arredor de 1000 explotacións agrogandeiras na súa área de influencia, segundo o SLG.

Slide 20

44% dos pobos abandonados de Asturias son antiguos pobos mineiros* *Fonte: INE. Nomenclator 2009

Slide 21

88% do ouro que se extrae no mundo úsase para fins especulativos ou como artigo de luxo* *Fonte: Informe de Greenpeace “Minería y basura electrónica

Slide 22

30 accidentes graves nos últimos 25 anos relacionados co verquido de cianuro * *Fonte: resolución do Parlamento Europeo, maio de 2010

Slide 23

0,000 € destina o proxecto á contratación dun seguro que cubra os gastos dun posible accidente *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Carece de partida algunha con esa finalidade

Summary: Presentación con información sobre o proxecto mineiro de Corcoesto

Tags: corcoesto verdegaia mineria ouro cianuro arsénico

URL:
More by this User
Most Viewed