Traballo de investigación da multiplicación de plantas por esgallado.

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

MULTIPLICACIÓN POR ESGALLO Jose Manuel Iglesias Souto

Slide 2

Definición de esgallado É unha técnica de multiplicación de plantas a partir de fragmentos de outras plantas chamadas plantas nai e que é posible gracias entre outros ó fenómeno da rizoxésnesis. Todalas plantas obtidas do mesmo individuo son xenéticamente idénticas e chámanse clons.

Slide 3

Rizoxéneses Consiste no desenrolo das raíces adventícias ( todas as que non proveñen da radícula do embrión). Proceso: As células que estan nas zonas de corte da estaca cicatrizan e rexeneranse en tres fases: 1 a suberina sela o corte. 2 empeza a formarse o callo. 3 emisión de raíces adventicias. A orixe das raíces depende do tipo de esgallo: - En esgallos de ramas infúe decisivamente o cambium. - En esgallos de folla o proceso xeral é o mesmo que o dos talos pero a planta formase na base do peciolo ou dos meristemas adventicios de tipo radical nun primeiro momento e despois de tipo caulinar (do talo). - E para esgallos de raíces o que ocorre e que se ramifica o esgallo. Etapas da rizoxéneses: -1 actividade inicial; A polaridade fai que na base da estaca saian raíces e no polo oposto xemas. - 2 desdiferenciación celular. - 3 mitoses sucesivas que producen meristemas primarios. - 4 reorganización; a partir dos meristemas primarios as células organizanse para formar un meristema de raíz.

Slide 4

Plantas nai: elección dos pés nai As plantas nais deben cumprir: Ser fieis ó nome e tipo. Estar libres de enfermidades e pragas. Ter un estado fisiolóxico axeitado, e dicir, que sea vigoroso e cun bo porte.

Slide 5

Época de instalación das plantas nai: a primavera Na primavera teremos unha boa vexetación e ademáis aforraremos custes de calefacción po lo que é o mellor momento para a instalación dos pes nai.

Slide 6

Coidados das plantas nai: a poda É moi importante porque nos permite obter máis esgallos e de mellor calidade. Faise de distinta forma según que persigamos: Recepado ou poda moi severa. Pódase na base das ramiñas de 2-3 xemas co cal obtemos ramas longas e vigorosas. Para plantas leñosas. Poda severa. Eliminase a metade da parte aérea. Habitual en plantas florecentes sobre madeira do ano anterior. Poda moderada. Eliminase 1/3 en plantas de menor crecemento. Poda de talla dobre.En leñosas que se multiplican por esgallos herbáceos para obter máis esgallos.

Slide 7

Coidados das plantas nai: mantemento Manter unha boa vexetación. Para eso debemos abonar en función do absorvido polas plantas e extraer esgallos das partes novas da planta. Manter as plantas libres de pragas e enfermidades

Slide 8

Idade da planta nai Canto máis nova é unha planta máis elevada é a súa capacidade de multiplicación por esgallo. Non todas as especies se ven afectadas da mesma forma pola idade e tamén inflúe o número de cortes pero como termo medio reemplazaranse cada 7-8 anos.

Slide 9

Factores propios do esgallo Dentro do material de cada planta non se pode establecer un que sexa mellor para todas as especies pero si se sabe que as estacas teñen que ter suficientes hidratos de carbono e o mesmo tempo non sexan moi vellas para non perder capacidade de enraizamento.

Slide 10

Época do ano Condiciona o tipo de esgallo que se vai realizar: Esgallos herbáceos. Non importa a época sempre que a planta nai estea en bo estado vexetativo. Semileñosos. Fín de verán ou principio do outono. Leñosos. En outono ou inverno, cando non haxa follas. De raíces. Ó final do repouso vexetativo, a principio da primavera ou ó final do verán.

Slide 11

Realización técnica Reducir parte da follaxe para que haxa menos transpiración. Eliminar flores, xemas florais, e estípulas. Facer rápido o esgallado. Facer un corte limpo, perpendicular ó talo uns mm debaixo dún nó. Raspado na base en algunhas especies para inducir máis enraizado.

Slide 12

Control do medio: a humidade O esgallo non ten raíces para poder absorver auga polo que so recibe algunha por capilaridade a cal debemos conservar: Reducindo o volume de follaxe. Mantendo unha humidade relativa alta (maior do 80%) para evitar a transpiración. Emprego de antitranspirantes.

Slide 13

Control do medio: a temperatura Con temperaturas diurnas de 21-27 ºC e nocturnas de 25ºC desenrolanse ben as raíces das estacas da maioría das especies pero con estas temperaturas ambientais desenrolanse tamén as xemas que provocan transpiración. Por iso é moi importante ter maior temperatura nas raíces ca na parte aérea o cal se pode conseguir con camas quentes.

Slide 14

Control do medio: a luz O aumento da luz nos pés nai aumenta o número de esgallos pero disminúe algo o enraizamento. Nos meses con maior intensidade de luz hai que poñer mallas de sombreo sobre os esgallos para que transpiren menos. Ahilado. Consiste en descabezar os pés nai e poñer caixas negras xusto antes do regromo ata que teñan 10cm, momento no que se retiran e se sacan os esgallos inmediatamente. Branqueo. Consiste en recubrir os brotes para que se produza tamén o ahilado.

Slide 15

Medio de enraizamento As funcións do medio de enraizamento (substrato) son: Estabilizar a estaca mentras non enraiza. Proporcionarlle humidade á estaca. Permitir a aireación da base da estaca.

Slide 16

Tipos de sustratos Solo. Para especies caducifolias de madeira dura e estaca de raíz. Son preferibles os solos areosos que os moi arxilosos. Area. É barata e fácil de conseguir pero retén mal a auga. Turba. Mesturase con area e fai un bo medio de enraizado. Perlita. Pode usarse soa ou con turba e ten boa drenaxe. Turba de coco prensada en tacos.

Slide 17

Reguladores hormonais: hormonas de enraizamento Poden perseguirse distintos obxetivos cando se tratan esgallos con hormonas de enraizamento: Aumentar o % de esgallos que enraízan. Acelerar a formación das raíces. Aumentar a calidade das raíces. En todo caso deben empregarse cando esteamos traballando con especies que enraizan con dificultade e non se deben olvidar os demáis factores do esgallado.

Slide 18

Auxinas Con este nome son coñecidas as hormonas que estimulan a formación de raíces. No mercado podemos atopar: AIA. Sustancia natural que é pouco estable e migra rápidamente na planta. AIB. Sustancia máis estable, menos soluble polo que migra menos sendo así máis eficaz en doses máis baixas. ANA. Como o AIB pero máis tóxica para a planta. As presentacións destes produtos son: - En seco. Os esgallos frotanse coa base nese po. - Absorción ou remollo. Paquetes de esgallos remollanse pola base durante ata 48 horas. - Inmersión. Variante do anterior donde se somerxen por completo. - Pulverización. Despois da plantación os esgallos son pulverizados.

Slide 19

Coidados das estacas: o substrato Preparación das camas de enraizamento e colocación das estacas. As camas de enraizamento deben levantarse do solo ou equiparse con sistemas que garanticen un bo drenaxe. Deben ter profundidade axeitada para que estacas de uns 10cm sexan enterradas a metade e queden con 2cm de cama por debaixo. O substrato debe ser regado antes da plantación e debese protexer contra a desecación. Despois da plantación das estacas regaremos ben para asentar o substrato ó redor das estacas

Slide 20

Coidado das estacas durante enraizado e posterior manexo As estacas que enraizan con humidades moi elevada requiren : Control de Tª e humidade par evitar murchamento. Se lle damos calor, controlalo con termómetro no medio do enraizado e evitar Tª superior a 24ºC. Manter limpeza no entorno do esgallo. As plantas deben arrancarse en días nubrados e sen vento. A maior parte da terra debe desprenderse doadamente. Replantar rápidamente ou aviveirar se se prevén demoras.

Slide 21

Proteción fitosanitaria O medio ideal de reprodución por esgallo tamén é propenso á proliferación de fungos, sendo os do solo os máis dañinos. Para evitalos débese: Manter a zona de enraizado limpa de restos orgánicos. Desinfectar todolos materiais empregados(os propios esgallos, ferramentas e substratos) Ventilación periódica.

Slide 22

Vantaxes do esgallado Reprodución fiel. Plantas homoxéneas. Permite a fixación de fenotipos interesantes. Cultivo máis curto que por multiplicación sexual ou por enxerto. Permite a reprodución de plantas que non dan semente.

Slide 23

Inconvintes do esgallado Dificultade para obter esgallos en algunhas especies. Hai especies que non se reproducen ben por este sistema. Obtención e coidado das plantas nai. Produción limitada ós esgallos producidos polas plantas nai. Transmisión de enfermidades virales e bacterianas e, en menor medida, fúnxicas. Risco de aparición dun mutante dun parásito especialmente perigoso para un clon. Require instalacións axeitadas e persoal moi especializado.

Slide 24

Aplicacións do esgallado A maioría dos arbustos. Coníferas ornamentais. Árbores de sombra e forestais so algúns xéneros como Populus, Tamarix, Salix, Ginkgo etc.

Slide 25

Tipos de esgallos Estacas de talo. Poden ser á súa vez de madeira dura, semidura ou herbáceos. Estacas de folla. Estacas de folla e xema. Estacs de raíz.

Slide 26

Estacas de talo segundo a base Tipo mazo. É unha especie de te invertida que inclue unha parte de madeira máis vella Tipo talón. Nesta deixase unha parte máis pequena da rama vella Tipo simple. Con ou sen madeira vella é a que máis se emprega.

Slide 27

Estacas de talo segundo o ápice Esgallos en cabeza. Posúen unha xema terminal. Esgallos de partes intermedias. Fanse de partes de ramas de 7 a 15cm de longo con follas na parte superior. Esgallos de folla con xema. É unha modalidade dentro da anterior consistente nunha folla con peciolo e un anaco de talo con xema axilar.

Slide 28

1- Estacas de talo Faise sempre dun talo enteiro ou porción do mesmo, que posúa alomenos unha xema viva.

Slide 29

a) Estacas de madeira dura sen follas En vexetais leñosos é en repouso vexetativo. É un dos sistemas máis doados é baratos. Estacas van de 10 a 75cm de longo é 0.5 a 2.5cm de diámetro en función da especie é con 2 a 3 nós. Cortanse baixo un nó pola base e con bisel por riba dunha xema na parte superior. Conservaranse hidratados é sen cambios bruscos de temperatura (en frigorífico se é posible) ata a plantación. Selecionaremos talos vigorosos pero desbotando tanto o ápice se é moi tenro como as xemas de flor. Técnica aplicada esencialmente nos arbustos é árbores ornamentais, en certas especies forestais como Salix, Platanus e Populus nos que as estacas soen facerse de 80 a 250cm.

Slide 30

b) Estacas de madeira dura con follas En vexetais leñosos de folla perenne. En outono ou principios do inverno. Deben ter humidade suficiente para o enraizado, proceso que vai de meses ata un ano como por exemplo os de coníferas, Prunus laurocerasus, Ilex, Viburnum tinus. Coníferas. Todo o ano pero mellor de Setembro a Outubro ou na primavera. Empréganse só os extremos das ramas colleitados inmediatamente antes da aparición dos gromos novos. Tardan moito en enraizar e primeiro emite o callo cicatricial que hai que labrar se fora moi grande e repetir hormonas. Retiraranse as acículas da parte que se enterra. Pode empregarse a vara astillada que consiste en arrancar a estaca en lugar de cortala co cal formarase un talón.

Slide 31

c) Estacas de madeira semidura Especies leñosas de folla perenne é ancha. Fanse no verán despois dun período de crecemento. As mellores son as de madeira flexible pero que rompe se a dobramos brucamente. Ex: Fucsia, Pelargonium, Erica, Ceanothus, Hypericum, Ilex …

Slide 32

d) Estacas herbáceas Sácanse das partes xoves de plantas nai en plena vexetación. Levan follas e fanse de plantas herbáceas e suculentas. Requiren proteción contra a seca. Dous tipos: Primaveira cedo, que se fai de marzo a abril no cal o esgallo é un gromo pequeno que se corta a ras da rama ou arrancase con pel da rama e que medrará só pola xema apical axudado con cama quente. O segundo tipo é primaveira verán, que se fai de maio a xuño cando os gromos xa teñen xemas axilares maduras que permiten facer esgallos de entrenó cortados por debaixo dunha xema e sacando as follas da base recortando as outras para evitar tanta transpiración.

Slide 33

2- Esgallos de xema Talo con xemas opostas, pártese pola metade para obter dous esgallos nos casos en que teñamos pouco material para esgallar.

Slide 34

3- Esgallos de follas e porcións de follas Sobre todo en plantas caules (con talo moi curto) Modalidades: Folla completa (limbo e peciolo). Lámina da folla (pode estar fragmentada ou non sempre que leve nervación principal)

Slide 35

4- Esgallos de raíz De finais do inverno a principios da primavera. De plantas nai xoves. Arríncase a planta nai, lávase a raíz e cortase en anacos de 2 a 5 cm de longo e trasplántanse en vertical os de maior diámetro e en horizontal os de menor. Sobre todo en plantas vivaces.

Slide 36

Datos biolóxicos Totipotencia celular é a capacidade das plantas para multiplicarse a través dunha célula ou grupo de células con actividade históxena (de tecidos) ou orgáxena (de órganos) chamados meristemas. Depende de varios factores como a idade da planta, parte da planta da que proveñan os meristemas entre outros. Estacas con ou sen xema foliar. So precisan a formación de raíces adventicias xa que posúen un sistema caulinar en potencia (xema) Estacas de raíz. Deben crear o talo a partir de xemas adventicias. Estacas de folla. Necesitan crear tanto o sistema radicular como o de talo.

Slide 37

Meristemas Meristema caulinar. Produce o aparato aéreo da planta. Meristema radical. Produce o aparato subterráneo. Meristemas primarios. Están no ápice da raíz, xemas apicais e xemas auxiliares. Provocan o crecemento en lonxitude. Meristemas secundarios. Están nas partes máis vellas da planta e producen o crecemento en grosor da planta. Hai dous tipos: Cambium vascular que produce xilema secundario cara o interior e liber ou floema cara o exterior. Cambium suberóxeno, que produce felodermis cara dentro e corcho ou suber cara fóra. Meristemas adventicios. Son os formados por unha desdiferenciación localizada, que pode ser natural ou aparecer baixo condicións particulares como pode ser o esgallado. Poden ser de orixe caulinar ou radical.

Slide 38

Bibliografía: Apuntes da sección de produción de planta da aula virtual do I.E.S. de Arzúa. F. Xabier Martínez Farré: Multiplicación de ornamentales por esqueje de tallo.

URL: