Roberto Vidal Bolaño

+32

No comments posted yet

Comments

Slide 2

Unha vida dedicada ao teatro

Slide 32

“Era moi bo compañeiro, era moi boa persoa, e tiña moito talento”

Slide 46

Slide 54

Slide 76

Deixaba tres fillos, Roi, Miguel e Carme (Antón Dobao).

Slide 2

LETRAS GALEGAS 2O13

Slide 3

...E UN DOS DRAMATURGOS EUROPEOS MÁIS IMPORTANTES DO ÚLTIMO CUARTO DO SÉCULO XX. FIGURA IMPRESCINDIBLE PARA COMPRENDER A DIMENSIÓN DO TEATRO GALEGO...

Slide 4

A súa produción, contribuíu á definitiva profesionalización do mesmo. Vidal Bolaño foi, desde a década dos 70, con Manuel Lou-renzo e Euloxio R. Ruibal, un dos maiores impulsores do noso teatro.

Slide 5

Autor de rexistros múltiples, dunha obra moi extensa e moi representada. Grande axitador do mundo do teatro.

Slide 6

Autor FACTOTUM: dramaturgo, director, actor, iluminador, produtor…

Slide 7

.... que tocou todos os paus da arte teatral, como o teatro de actores, o teatro infantil,o teatro de obxectos e o teatro de rúa. Fotógrafo: Xoan A. Soler

Slide 8

Traballou en teatro, cine, televisión.

Slide 9

Moi influído por Otero Pedrayo e máis aínda por Valle-Inclán, a súa obra mestura realismo, simbolismo, surrealismo, expresionismo. Otero e Valle-Inclán Vidal Bolaño bebe da tradición culta e da popular.

Slide 10

FOTÓGRAFO: Santi M. Amil A súa obra foi evolucionando desde o claro compromiso antifranquista das primeiras pezas a unha clase de “neocostumismo feísta” ou “realismo suxo”.

Slide 11

O ton de farsa disimula unha amarga e sombría crítica da realidade.

Slide 12

“Como bo bufón, Vidal Bolaño se enfrontou cos conflitos da sociedade e co poder a través da súa pluma, sempre independente e comprometida.” (Margarita Ledo)

Slide 13

A obra de Roberto Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade.

Slide 14

“… un actor inmenso,un inmenso home de teatro, tocado de chapeu coma un señor antigo, oculta a súa sabedoría tras dun nariz que semellaba un carabel”. (Alfredo Conde)

Slide 15

Nunca eludiu unha batalla aínda que a vise perdida“ (Roi Vidal, fillo do dramaturgo) “...un home misterioso, sorprendente e xenial”. (Andrés “Pancho” Martínez)

Slide 16

FOTÓGRAFA: Patricia Rey “Entre o fidalgote oteriano e o antihe-roe americano en branco e negro, se me representa na lembranza Vidal Bolaño”. (Damián Villalaín)

Slide 17

…en cada praza, en cada rúa de Compostela, ao redor dos derrotados, como un máis, convencido de que o futuro é unha conquista, aparecía altivo, rexo, bondadoso e sempre entregado, Roberto Vidal Bolaño”. (Antón Dobao)

Slide 18

"un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas.” (Vidal Bolaño)

Slide 19

“É dificil saber quen se é, así, metido sempre no pelexo doutros”. (Vidal Bolaño)

Slide 20

Quen o coñeceu fala dun home bo, compañeiro, talentoso, comprometido, teimudo, loitador, xeneroso, acedo, pesimista, rebelde, rabudo, retranqueiro, orgulloso…

Slide 21

Fotógrafo: Merce Ares

Slide 22

FOTÓGRAFO: ALVARO BALLESTEROS Roberto Vidal Bolaño 1950-2002

Slide 23

Ese ano morrera Castelao no exilio arxentino.  Roberto Vidal Bolaño naceu, en palabras súas, “na Compostela grisenta de 1950”, no seo dunha familia humilde do barrio proletario de Vista Alegre, o 31 de xullo. Santiago de Compostela

Slide 24

Roberto só ten doce anos cando ten que comezar a traballar. Antes de ter que ir facer o servizo militar en Ceuta traballará nunha empresa de recambios de coches, en ultramarinos, nunha axencia de viaxes…

Slide 25

Aínda neno; Roberto Vidal Bolaño achégase as Xuventudes Obreiras Cristiás (XOC), rama obreira do apostolado xuvenil, onde foi abre os ollos á realidade social, e toma conciencia antifranquista. A ditadura caracterizouse polo medo, a represión política e social, o control ideolóxico e moral da poboación, a pobreza e a carencia das liberdades e dereitos humanos máis elementais, tanto individuais como colectivos. O goberno permitíase, entre outras cousas, perseguir as linguas, a cultura e aniquilar os dereitos sindicais e laborais da clase traballadora.

Slide 26

A estrea da súa primeira peza teatral foi ao ano seguinte, cando só tiña quince anos. En 1964 asiste ás sesións do Cine Clube da Asociación Fotográfica Compostelana, onde a súa intuición narrativa e dramática se alimenta xa cun coñecemento directo dos grandes mestres do cinema universal.

Slide 27

Estudou o bacharelato en horario nocturno no Instituto Xelmírez… Non lle quedou máis remedio que ir adquirir a súa formación cinematográfica de xeito autodidacta. ◄ ◄ ◄ Escola Oficial de Cine de Madrid (IIEC, logo, EOC, 1947-1975). ▲ ▲ ▲ Instituto Arcebispo Xelmírez ...para poder matricu-larse na Escola Oficial de Cine de Madrid… ...pero esta pechou can-do ía ingresar na nela.

Slide 28

Aínda que Roberto desexaba ser director de cine, a ausencia dunha industria audiovisual galega levouno ao teatro. ◄ ◄ ◄ Vidal Bolaño admiraba a John Ford, a Welles, a Bergman, a Pasolini...

Slide 29

En 1971 entra en contacto co Equipo Lupa, formado un ano antes por Euloxio R. Ruibal e Félix Casado. Euloxio R. Ruibal Alí coñece as formas parateatrais da cultura popular galega e toma contacto con dramaturgos como Bertolt Brecht, por quen sempre sentirá grande admiración. Bertolt Brecht

Slide 30

Amor e crimes de Xan o Panteira, farsa baseada na obra homónima de Blanco Amor (1975) ►►► En 1975 crea con García Marcos o "GRUPO ANTROIDO”.

Slide 31

Co grupo Entroido formou par-te do "GRUPO ABRENTE" que, na década dos 70, renovou e actuali-zou tanto a escrita como as repre-sentacións dramáticas galegas. Ribadavia Grupo Abrente, Xeración Abrente ou Grupo de Ribadavia, fai referencia a un conxunto de dramaturgos que partici-paron ou que se deron a coñecer nas Mostras de Teatro Abrente de Ribada-via, entre os anos 1973 e 1980. Naqueles primeiros anos dun teatro galego con conciencia de si, Vidal Bolaño vai ser figura dinamizadora e protagonista das montaxes máis destacadas como director, como dramaturgo, como actor. Ademais facía de escenógrafo co pseudónimo de “Julia Brens”. Amor e crimes de Xan o Panteira, farsa baseada na obra homónima de Blanco Amor (1975)

Slide 32

▲ ▲ ▲ Laudamuco, señor de ningures (1976) tivo máis de 90 funcións. Laudamuco, señor de ningures, (1976), reflexión próxima ao esperpento sobre as formas do poder, irrompeu naquel tem-po escuro coma un facho de luz e de liberdade expresiva. Levou o Premio Abrente das Mostras de Rivadavia.

Slide 33

En 1976, casa con Laura Ponte, unha das nosas máis grandes actrices, con que tivo ao seu fillo Roi en 1982. Laura Ponte Santasmarinas (Bos Aires, 1958) actriz de teatro, cine e televisión. Pioneira en Teatro Antroido na profesionalizaición do teatro galego. Laura Ponte Roi Vidal Ponte, (Compostela 1982) licenciado en Filoloxía galega, é un artista polifacético: poeta, dramaturgo, crítico, teatral, músico.

Slide 34

As falcatrúas do Marques de Patacón (1976). Versión libre da farsa francesa do séc.XV de autor anónimo Maistre Pierre Patelin, feita por Euloxio R.Ruibal

Slide 35

Así foi que se superou a pantasma de "amador“ (teatro afeccionado) que caracterizaba a historia do noso teatro . Debido a ser despedido en 1977 na caixa de aforros na que traballaba, ao ano seguinte, Vidal Bolaño, viuse na obriga de converter o Grupo Antroido, aos tres anos de ter sido creado, na primeira compañía teatral galega profesional. ▲▲▲Casa da Parra na Praza da Quintana (Compostela), onde o Teatro Antroido tiña o seu local de ensaio.

Slide 36

ANTROIDO NA RÚA I ►►► Antroidada choqueira baseada en partes do texto Memoria de mortos e de ausentes, de Vidal Bolaño (Mención honorífica no Premio Abrente 1978), e das lendas do Meco.1978, Teatro Antroido. Autoría e dirección: Vidal Bolaño

Slide 37

◄◄◄ ANTROIDO NA RÚA I I Antroidada choqueira de Teatro Antroido, Obradoiro de aprendizaxe teatral Antroido e o grupo de Gaitas O Toxo a partir dalgúns cadros da Xaxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón, ou como trocar en rato pequecho o meirande xigantón e sacando á rúa aos Santos do Pórtico da Gloria.

Slide 38

◄◄◄ Vidal Bolaño a fins dos anos 70.

Slide 39

Bailadela da morte ditosa (1980) dirixida por Eduardo Alonso e estreada polo Teatro do Estaribel, unha cooperativa na que participaron os grupos Antroido e Andrómena. En 1980 estrea o seu texto Bailadela da morte ditosa, que recibiría ese mesmo ano o Premio Abrente. As sete “bailadelas” son unha impresionante mostra de suicidios (sete for-mas de encarar a morte con dignidade) de extraordinaria forza dramática.

Slide 40

◄◄◄ Ruada das papas e do unto (1981). Mención honorífica no V Concurso de Teatro Infantil O Facho. Cartaz de Touporroutou da lúa e do sol (1982) e a edición da AS-PG. ►►►

Slide 41

En 1983, Vidal Bolaño constrúe un dos espectáculos máis fondos e ousados da historia do noso teatro con Percival, so-bre textos de Méndez Ferrín e producido por Teatro Antroido. Vidal Bolaño. Percival, 1983

Slide 42

O Percival, que Vidal Bolaño dirixe e protagoniza, é un espectáculo multidisciplinar que combina actores con bonecos e se acompaña con música e proxeccións. Vidal Bolaño. Percival, 1983 Ademais de acadar grande éxito de público en Galicia e mesmo fóra, a obra produciu unha grande polémica, tanto pola proposta estética como pola súa clara liña política, como sempre no autor, en claro compromiso coa realida-de social, cos pobres, cos excluídos individuais ou colectivos. Galicia como personificación do seu pobo traballador, humilde e oprimido. MEDALLA DE OURO CIUDAD DE VALLADOLID AO MELLOR TEXTO DUN AUTOR ESPAÑOL VIVO NA TEMPORADA 1983-84.

Slide 43

En 1984 a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia crea o Centro Dramático Galego (CDG). Vidal Bolaño escribe e dirixe ese ano a segunda das montaxes: Agasallo de sombras, con Rosalia de Castro como tema. Salón Teatro, sede do CDG, no casco histórico de Santiago

Slide 44

Agasallo de sombras, 1984 Fermosa e dura a un tempo, é unha visión densa e desmitificadora arredor de da grande escritora e da súa relación con Murguía. O autor, que acredita na relación de Rosalía e o poeta Aurelio Aguirre, presenta á escritora como víctima dos manexos políticos e culturais de Muguía. Co uso de máscaras, a Negra Sombra encarna todas as sombras que perturbaron a poeta.

Slide 45

Vidal Bolaño durantes os ensaios de Agasallo de sombras.

Slide 46

Isto debía supór o inicio dunha frutífera colaboración entre o CDG, que exercía de crisol das poucas profesionais que existían, e o noso autor, que loitara pola existencia dun teatro institucional... ...pero non foi así: Vidal Bolaño, belixerante na defensa dun do teatro nacional galego, foi vetado polo poder político, desapareceu dos escenarios oito anos. Salón Teatro, sede do CDG. Vidal Bolaño

Slide 47

Antes de deixar o teatro, Vidal Bolaño, que non sentiu a solidariedade de moitos colegas seus, no monólogo bufo Caprice des Dieux (1985), arremete contra a clase política dominante con nomes e apelidos (Fraga, Portomeñe…) e denuncia os males do teatro galego.

Slide 48

Celebraba así os dez anos de Teatro Entroido, ao tempo que facía a última función antes de cambiar de oficio, no que algúns chamaron “suicidio”. “Voces houbo que criticaron a logorrea moral do autor”. (Óscar Iglesias)

Slide 50

"O conselleiro case se sentiu alagado por ser o protagonista dun espectáculo de éxito, os máis dos compañeiros viron cómo medraba a satisfacción das máis cativas das súas comenencias, e a min botáronme dos escenarios durante case oito anos. Só polos pelos me librei de ter que facer vídeos pedindo o voto para candidatos cara os que sentía un profundo desprezo". Vázquez Portomeñe, Conselleiro de Educación e Cultura daquela. Sobre este episodio, moitos anos despois pouco antes de morrer en 2002, en Sen ir máis lonxe (continuación do Caprice a xeito de monólogo co Apóstolo), Vidal Bolaño escribiría: Caprice des Dieux (Antollo de deuses), 1985.

Slide 51

En 1985 nace a Televisión de Galicia, e, con ela, as primeiras industrias audiovisuais. Instalaciones de la TVG en San Marcos. / Tucho Valdés  ►►► Vai traballar para TVG e para TVE. Vidal Bolaño, forzosamente afastado do teatro, será agora actor, director de sala e director artístico da produtora CTV, onde contribúe con afán normaliza-dor e coa máxima eficacia a dobraxe de películas.

Slide 52

No sector audiovisual, Roberto Vidal Bolaño atopará agora a súa principal fonte de ingresos: 1987: Novo de Parmuíde. Telefilme. Director. 1989: Os outros feirantes. Serie de televisión. (Primeira peza dramática adaptada para a TVG). 1991: Memorias dun parado. Curtametraxe.

Slide 53

1989: Sempre Xonxa. Filme. Papel: o mestre, D. Xosé Luís. 1990: Morosos. Director 1991: O resplandor da morte. Curtametraxe. (primeira longametraxe galega rodada en 35 mm). No sector audiovisual, Roberto Vidal Bolaño atopará agora a súa principal fonte de ingresos: 1992: Un café de ollos verdes. Telefilme.

Slide 54

1997: A noiva de medianoite. Filme. Papel: Pedro 1999 A lingua das bolboretas Filme. Papel: Boal 1999: Amor Serrano. Curtametraxe Papel: Amadeo 2000: Un mundo de historias. Serie de televisión. Actor e guionista. No sector audiovisual, Roberto Vidal Bolaño atopará agora a súa principal fonte de ingresos: Tamén participou nun episodio de Brigada central e en varios episodios da serie Mareas vivas.

Slide 55

Durante o seu período de maior actividade audiovisual, Roberto seguiu escribindo, dirixindo e producindo teatro. 1987, Cochos. Entre as voces que se oían, estaban as de Xosé Manuel Beiras e Miguel Cancio, facendo de si mesmos. Cochos (1986) é talvez a súa peza máis salientable. Cochos presenta o mundo da emigración galega a Europa e o choque da cultura rural e urbana na figura dun emigrante que quere criar un porquiño no barracón no que vive en Alemaña. O actor Miguel de Lira, protagonista en Salomé, lembra que Vidal Bolaño achegouse á nova xeración de teatro convencido que os novos podían aprender dos vellos e os vellos dos novos. Tamén destaca a divertida e heterodoxa adaptación da Salomé de Oscar Wilde do grupo Chévere, que codirixiu con John Easthman.

Slide 56

En 1988 Vidal Bolaño sepárase de Laura Ponte e comeza unha relación sentimental coa actriz Cruz Comesaña. Cruz González Comesaña Mais a actriz morre ao ano seguinte. Vidal Bolaño. FOTÓGRAFO: J.M. CASAL

Slide 57

En 1992 casa coa tamén actriz Belén Quintáns, que vai ser a súa compañeira persoal e profesio-nal até el morrer. Con ela funda ese ano a compa-ñía TEATRO DO AQUÍ, coa que vai pór en escena talvez o máis poderoso da súa obra dramática. ◄▲Belén Quintáns e Vidal Bolaño tiveron unha filla, Carme Vidal Quintás. “Nalgún recuncho ignorado do noso presente, ten que haber un teatro do hoxe e do aquí” Vidal Bolaño explicou o sentido do nome da compañía:

Slide 58

En 1993 estrea coa nova compañía a súa obra Saxo Tenor , que dous anos atrás obtivera o Premio Álvaro Cunqueiro. Saxo Tenor supón para o noso teatro unha aposta por un teatro social, con novos códigos temáticos e dramáticos. Saxo tenor, 1993. Compañía Teatro de aquí ►►►

Slide 59

A peza dramática, moi vinculada ao cine, iníciase cun flashback: alguén vai contar toda a verdade sobre a morte violenta dun rapaz de boa fa-milia que morrera dous anos atrás nun arrabalde. O pai da vítima era importante; o tema ficara tapado... Saxo tenor, 1991. Compañía Teatro de aquí. PREMIO COMPOSTELA 1993 PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO 1991

Slide 60

En 1992 estrea Días sen gloria, unha das súas obras máis celebradas. María Pujalte, actuou en Días sen gloria (1992) O paradigma amor-morte se revela en atmosfera inquietante, acompañando a uns peregrinos en plena invernía, dispostos a arriscalo todo. A peza, construída a xeito de road movie, (vense influencias da película “A raíña de África” de Huston) conclúe no final do camiño francés, ao pé de Compostela. FINALISTA DO PREMIO NACIONAL DE LITERATURA DRAMÁTICA PREMIO RAFAEL DIESTE 1992

Slide 61

Sen abandonar de todo a súa conexión co mundo audiovisual, Vidal Bolaño reinté- grase con plenitude ao campo teatral. Serán os seus anos máis produtivos, como dramaturgo, como actor, como director, iluminador… Cumprirase o seu desexo : a plena profesionaliza-ción teatral.

Slide 62

En 1994 Roberto Vidal Bolaño é premiado no II Concurso de Teatro Camiño de Santiago con As actas escuras, un texto que cuestiona ro-tundamente a ocultación da verdade. Vidal Bolaño era moi crítico co concurso pois esixía unha temática relacionada co Xacobeo e substituía o Premio Álvaro Cunqueiro, de tema libre. As actas escuras , CDG, 2010 A polémica estaba servida. A pesar de que as bases do concurso garantizaban a representación ao texto gañador, AS ACTAS ESCURAS NON SUBIRON A UN ESCENARIO ATÉ 2010. O tema, controvertido: a investigación ocorrida no século XIX arre-dor do que realmente garda en Compostela a tomba do Apóstolo...

Slide 63

“Na década dos 90 se fixo máis libre, radical e intelixente do que nunca o fora”. (Damián Villalaín)

Slide 64

Vidal Bolaño recibiu o Premio Maria Casares en catro ocasións (1998, 1999, 2001 e 2003). A listaxe de textos, montaxes e galardóns que Vidal Bolaño recibiu na última década da súa vida é abrumadora.

Slide 65

1998, Teatro do Aquí Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño. Elenco: Gonzalo Rey Chao. Miguel Varela, Vicente de Souza, Mónica Camaño, Pilar Pereira, Pepe Soto, Xaquin G. Marcos, Jorge Salinero. Axudante de dirección: Rubén Ruibal Produción e distribución: Belén Quintáns Escenografía e atrezzo: Julia Brens Música: Bernardo Martínez Vestiario: Gonzalo Vilas, Realización de vestiario: Celsa Bouzón Realización do atrezzo: Rodrigo Roel Fotografías: Ksado - Moisés Janeiro Realización de escenografía: Goyanes Deseño gráfico: Fausto C. Isorna PREMIO RAFAEL DIESTE 1997 Entre as obras da súa última e frutífera década destacamos: Doentes (1997) Recrea a estrutura cíclica de Luces de bohemia de Valle-Inclán nunha homenaxe a el «hai ecos de Valle Inclán en toda a miña obra, pero un día decidín que era hora de facelo explicitamente» “Doentes” foi levada ao cine en 2011 por Gustavo Balza (na foto no medio, entre “Morris “e “Pico, actores do filme). Vidal Bolaño

Slide 66

1997, Teatro do Aquí Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño Elenco: Roberto Vidal Bolaño, Evaristo Calvo, Anabell Gago, Xoán Carlos Mejuto, Ursia Gago Deseño de escenografía e vestiario: Júlia Brens Realización de vestiario: Carmen Domínguez Deseño gráfico: Fausto C. Isorna Fotografía: Rubén Ruibal Maquillaxe e perruquería: Maika Rizos Produción: Belén Quintáns Anxeliños (1997) Pon de manifesto de novo o seu gusto polo xénero negro, agora en ton de comedia. PREMIOS MARÍA CASARES 1998: MELLOR OBRA, MELLOR TEXTO ORIXINAL, MELLOR ACTOR SECUNDARIO: EVARISTO CALVO. Entre as obras da súa última e frutífera década destacamos: Anxeliños (1997) Vidal Bolaño

Slide 67

1998, Teatro do Aquí Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño. Elenco: Patricia de Lorenzo, Luís Iglesia, Xoán Carlos Mejuto, Rubén Ruibal. Música: Berrogüetto Espazo escénico e vestiario: Julia Brens Fotografía: Xosé Mejuto Produción e distribución: Belén Quintáns Deseño gráfico: Fausto C. Isorna Obra moi persoal na que deixa constancia das súas teimas, miserias, loitas e derrotas. Entre as obras da súa última e frutífera década destacamos: Rastros (1998) Vidal Bolaño

Slide 68

Destaca o humor negro que latexa na vida cotiá. 1999, Teatro do Aquí Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño. Elenco: Rubén Ruibal, Roberto Vidal Bolaño/ Vicente de Souza, Belén Constenla, Miguel Varela. Axudante de dirección: Carlos Losada Vestiario: Gonzalo Vilas Escenografía e atrezzo: Júlia Brens. Rodrigo Roel Cobertura técnica: Kachet Deseño gráfico: Fausto C. Isorna Produción e distribución: Belén Quintáns PREMIO MARÍA CASARES 2000. MELLOR TEXTO ORIXINAL. PREMIO MAX 2000 AO MELLOR TEXTO ORIXINAL EN GALEGO. PREMIO EIXO ATLÁNTICO 1999 Entre as obras da súa última e frutífera década destacamos: «Criaturas», na XVI Mostra de Teatro de Ribadavia. Fotógrafo: Santi M. Amil Criaturas (1999) Vidal Bolaño

Slide 69

Ten como temática o histórico secuestro do trasatlántico Santa María, que viaxaba de Venezuela a Lisboa e Vigo con 650 pasaxeiros a bordo. Aqueles homes galegos e portugueses esixían a fin das ditaduras de Franco e Salazar e a creación dunha confederación de pobos ibéricos. Entre as obras da súa última e frutífera década destacamos: Mar revolto (2001) Vidal Bolaño

Slide 70

Versión galega moi cunqueirá do mito de Don Xoán. 2000, Centro Dramático Galego Autoría e deseño de iluminación: Roberto Vidal Bolaño Dirección: Xan Cejudo Elenco: José Martins, Marcos Orsi, Maxo Barjas, Mónica Camaño, Susana Dans, Xúlio Lago, Gonzalo M. Uriarte, Vicente de Souza, Eva Fernández, Camila Bossa, Xulio Abonjo Escenografía, vestiario e atrezo: Marcelino de Santiago “Kukas” Música: Bernardo Martínez Entre as obras da súa última e frutífera década destacamos: A burla do galo (2000) Vidal Bolaño

Slide 71

2001, Centro Dramático Galego Autoría: Ramón Otero Pedrayo Dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño Elenco: María Barcala, Susana Dans, Xúlio Lago, Alfredo Rodríguez, Mónica Camaño, César Cambeiro, Mercedes Castro, Xan Cejudo, Xaquín García Marcos, Miguel López Varela, César Goldi, Pancho Martínez, Xoán Carlos Mejuto, Yolanda Muíños, Laura Ponte, Gloria Rico, Rubén Ruibal, Xosé Vilarelle Deseño de atrezo, vestiario e máscaras: Rodrigo Roel Música: Rodrigo Romaní Estrea: 19 de outubro de 2001 no Salón Teatro de Santiago Espectáculo austero, sinxelo, poético dun orixinal pensado para 5 ou 6 horas. Entre as obras da súa última e frutífera década destacamos: Rosalía (2001) Texto de Otero Pedrayo. Vidal Bolaño

Slide 72

2002, Teatro do Aquí Autoría, dirección e iluminación: Roberto Vidal Bolaño Elenco: Mónica Camaño, Avelino González, Rubén Ruibal Deseño de escenografía: Júlia Brens Deseño de vestiario: Gonzalo V. Coreografías: Teatro Bruto Produción e distribución: Belén Quintáns Cobertura técnica: Kachet Axudante de dirección: Carlos Losada Estrea: 15 de marzo de 2002 no Auditorio Municipal de Narón Relato en clave de humor da vida nunha urbanización onde se produce unha praga de caracois que pon de manifesto os paradoxos e contradicións da sociedade. Entre as obras da súa última e frutífera década destacamos: Animaliños (2002) Vidal Bolaño PREMIOS MARÍA CASARES 2003: MELLOR ESPECTÁCULO, MELLOR DIRECCIÓN, MELLOR TEXTO ORIXINAL E MELLOR ILUMINACIÓN

Slide 73

Ademais, cabe destacar o traballo de dirección de Xelmírez ou a gloria de Compostela (1999) de Daniel Cortezón.

Slide 74

Roberto Vidal Bolaño no ano 2001 representando «Os papalagui» en Carballo, visiblemte desmellorado pola doenza que padecía. ◄ ■ ■ ■ ► A Vidal Bolaño diagnósticáronlle en 2000 un cancro de pulmón que o mataría dous anos despois, máis a súa paixón polo teatro permitiulle traballar até o final.

Slide 75

Cun certo distanciamento humorístico fala de si mesmo, do seu pasado, das súas filias, das súas fobias… mesmo alude ao problema de pulmón que ten un fumador compulsivo… Uns meses antes de morrer, no nº 50 da revista “A Trabe de Ouro” publicou o seu monólogo Sen ir máis lonxe, que Méndez Ferrín denominou o seu testamento dramático. Conferencia no instituto de Carril

Slide 76

O 9 de setembro de 2002 ingresa no Hospital Clínico Uni-versitario de Santiago e morre tres días despois. Só tiña 52 anos e estaba no mellor da súa vida creativa. Morreu un 11 de setembro, como Salvador Allende. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela

Slide 77

O cadaleito, acompañado polo seu chapeu e o seu nariz de pallaso, foi velado no escenario do Salón Teatro por desexo dos seus compañeiros de profesión. Saíu de alí, no que sería a súa derradeira función, pola por- ta grande, a ombreiros dos compañeiros de “Teatro do aquí” camiño do Boisaca, camposanto da cidade onde nacera e onde repousa dende entón. ▲▲▲O dramaturgo Manuel Lorenzo, amigo seu, fundiuse coa viúva de Vidal Bolaño diante da tumba. Co chapeu e o nariz de clown.

Slide 78

“El, que criticara a Academia pola ausencia de dramaturgos, foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega a título póstumo.

Slide 79

Rematamos esta presentación coas emocionadas palabras dedicou ante a tumba de Vidal Bolaño o dramaturgo Manuel Lourenzo, compañeiro e amigo: «Pagou a pena ter collido o carro do teatro, porque nel tamén ías ti, Roberto. Pagou a pena ter montado no carro da vida, porque nel tamén viaxabas ti. Jean-Paul, cando era novo, dixo: ”A vida é unha paixón inutil”. Resulta evidente que non te coñecía, Roberto. A túa paixón foi a túa vida. E esa paixón é hoxe a túa inmortalidade. Décheste aos demais, a túa tribo humana e galega con ardor, sen avaricia, mesmo ás veces con fecundo exceso. Entregácheste enteiro, sementaches coas túas propias mans, mereceches a terra e conquistaches unha gloria que ninguén che vai negar. Así é que non ficamos orfos. Estamos plenos de ti, orgullosos de portar a túa forza, bautizada no caldeiro da memoria, e de plantala no futuro, para que renaza flor e canto, e se preciso for para que houbese primavera, coio e lapa. Non choredes. Recollei a tea. Espallai o lume». Manuel Lourenzo

Slide 80

X.M. Fernández Castro e Laura Tato escribiron os principais libros de referencia para coñecer a obra de Vidal Bolaño. Bibliografía Esta presentación é especialmente debedora dos seguintes traballos: Gracián, Ánxela: Caderno pedagóxico. As actas escuras. CDG, 2010, (http://www.centrodramatico.org/imxd/noticias/doc/1264435225Didactico_As_actas_escuras.pdf) Óscar Iglesias: O 'suicidio' de RVB. El País, 16-12-2011, (http://elpais.com/diario/2011/12/16/galicia/1324034305_850215.html) Dobao, Antón: Roberto Vidal Bolaño. Biografía. Real Academia Galega, 2012. (http://www.realacademiagalega.org/letras-actual) VVSS: Roberto Vidal Bolaño. Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013. http://robertovidalbolano.org/ Tato Fontaína, Laura: O teatro actual. ´Historia da Literatura galega. Núm. 45. tomo 5. AS-PG-A Nosda Terra. 1996 Óscar Iglesias. Vuelta y media al teatro de aquí Santiago de Compostela , El País, 25-6-2012 (http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/06/25/galicia/1340655709_907267.html) Roberto Vidal Bolaño (1950 - 2002). Bibiblioteca Virtual Galega. http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RobVidal&alias=&solapa=obras

Slide 81

Elvira Roiz Mesías. Departamento de Lingua e Literatura Galega. IES “Concepción Arenal”, Ferrol, 2013 Música: ABE RÁBADE TRÍO “ 9 contra 4”

Summary: Presentación power point sobre a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño, Letras Galegas 2013 elaborada polo Departamento de Lingua Galega do IES "Concepción Arenal" de Ferrol.

Tags: literatura galega teatro galego

URL:
More by this User
Most Viewed