PRESENTACION_CORCOESTO

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Proxecto mineiro de Corcoesto

Slide 2

*Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 18 do EIA 7.736.000 m2 é a superficie das concesións do proxecto* Unha nova concesión adxacente: a Julia 2. Que dimensión ten en realidade o proxecto?

Slide 3

O cinto Malpica-Tui

Slide 4

Concesións mineiras en Galiza

Slide 5

*Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 127 do Proxecto de explotación 64.024 Tm de material se removerían cada día (365 días ao ano)*

Slide 6

*Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 184 do Proxecto 17.080.751 Tm de residuos procedentes do mineral tratado, dos cales 800.000 Tm son residuos de lixiviación* (No derrame do Prestixe vertéronse 63.000 Tm de petróleo)

Slide 7

207.154.182 Tm residuos totais ao longo de todo o período de explotación (estériles de mina+residuos de tratamento do mineral)* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 103, táboa 7-5

Slide 8

1.400.000.000 de litros é o consumo anual de auga estimado no proxecto Veñen sendo uns 3.835.616 litros diarios* *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 31 do EIA

Slide 9

A ubicación prevista da balsa de lodos está moi próxima a zonas habitadas *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Planos

Slide 10

Voaduras: 196 tipo A cada ano 42 tipo B cada ano A: 37.800 m3 de material arrancado en cada unha 2640 m de barrenos utilizados en cada unha *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 128 do Proxecto B: 18.900 m3 de material arrancado en cada unha 1.440 m de barrenos utilizados en cada unha

Slide 11

As voaduras levantarían po, que pode conter arsénico, igual que a rocha. Ata onde pode chegar?

Slide 12

As concentracións de arsénico nas augas do río Anllóns xa son agora elevadas: aumentan 2,1 veces ao atravesar a zona mineira de Corcoesto, ata acadar os 3,96 microgramos/litro. * *Fonte: Estudio do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), divulgado pola SGHN Ao moer a rocha que contén o arsénico, aumentaría a solubilización deste, que podería ir parar ao medio acuático a través da chuvia ou de filtracións ao solo.

Slide 13

Auga de bebida Inxestión de alimentos contaminados (por exemplo, vexetais regados con augas ricas en arsénico) Inhalación involuntaria de po enriquecido en arsénico (persoas que traballan na mina, po fino transportado polo vento) Especialmente importante para a poboación infantil, máis sensible á inxesta de metaloides por exposición accidental. Fonte: Informe de Rubinos e outros, 2013 Vías de entrada do arsénico no noso organismo:

Slide 14

Concentracións de arsénico en proximidades de explotacións mineiras de ouro Fonte: Informe de Rubinos e outros, 2013

Slide 15

O arsénico pode producir: Aumento da mortalidade por cancro de pulmón, estómago e tracto respiratorio Altas concentracións en ouriños en mineiros e poboación escolar da zona Incremento do risco relativo de todo tipo de cancro nos homes, e de melanoma nas mulleres. Fonte: Informe de Rubinos e outros, 2013 Actividades mineiras: graves efectos para a saúde humana

Slide 16

Fonte: Informe de Rubinos e outros, 2013 Danos do arsénico sobre a saúde: A exposición crónica oral provoca: Lesións dérmicas Problemas gastrointestinais Cancro de pel, vexiga, pulmón, cerebro, fígado, ril, estómago. Efectos sobre o sistema inmunitario

Slide 17

271 persoas traballarían durante a fase de explotación. O proxecto non especifica a duración de cada posto de traballo Meses? Semanas? Anos? * *Fonte: Proxecto presentado pola empresa. Páxina 134 do Proxecto 133 dos 271 postos de traballo serían por medio de subcontratas. As quendas de traballo son de 12 horas diarias*

Slide 18

Máis de 1000 explotacións agrogandeiras na área de influencia do proxecto, segundo datos proporcionados polo SLG A estas hai que engadirlles os postos de traballo que hoxe representa a pesca, o marisqueo, o turismo…actividades que se verían afectadas polo proxecto

Slide 19

É o ouro un material imprescindible? Fonte: World Gold Council. Gold Demands Trends. Full year 2011

Slide 20

Chegaría para 100 anos, mesmo sen ter en conta a posibilidade do reciclado É o ouro un material moi escaso?

Slide 21

Pódense reciclar os residuos tecnolóxicos? Máis do 95% dos elementos dun móbil pódense recuperar, reciclar, e volver a utilizar O 5 % restante non reciclable son residuos perigosos, como o chumbo, selenio, bromo e outros metais pesados Fonte: informe “Minería e lixo electrónico”, de Greenpeace

Slide 22

Eficiencia de reciclado de materiais presentes nun ordenador (PC e monitor) Fonte: Informe Greenpeace “Minería e lixo electrónico”. Microelectronics and Computer Technology Corporation (MCC). 1998.

Slide 23

Minaría de recuperación /minaría de extracción Fonte: United Nations Environment Programme & United Nations University: “Recycling from E-waste to resourses. Sustainable Innovation and Technology Transfer Industrial Sector Studies”, Julio 2009. Páxina 10

Slide 24

Minaría de recuperación /minaría de extracción Fonte: Warmer Bulletin – January 2003

Slide 25

Beneficios principais da minaría de recuperación: Moito menor uso da terra. Moita menos agresión á terra usada Consume menos enerxía Emite menos substancias perigosas Xera menos residuos (de feito, recupera os residuos xerados por outras actividades) Menor emisión de CO2

Slide 27

1.Usando tecnoloxías que permiten unha extracción rápida cun baixo investimento: minaría a ceo aberto e lixiviación con cianuro. Estas tecnoloxías teñen demostrado a súa enorme agresividade para o medio, así como riscos que quedan patentes no elevado número de accidentes derivados, por exemplo, do uso do cianuro na minaría, que levaron ao Parlamento europeo a pedir a súa prohibición aos países da Unión europea.

Slide 28

Recibindo suculentas subvencións por parte dos poderes públicos. Subvencións á actividade mineira Subvencións a “sociedades mineiras sen ánimo de lucro”

Slide 29

Con vantaxes como as que tería o proxecto Corcoesto se fose declarado “proxecto estratéxico”: exencións fiscais, non suxeición á normativa urbanística…

Slide 30

Usando man de obra barata e cunhas condicións laborais terceiromundistas. Situación de crise aguda Paro Quendas de 12 horas (páxina 102 do proxecto de explotación)

Slide 31

Cunha lexislación pouco esixente en materia medioambiental.

Slide 32

Fraccionando un megaproxecto en proxectos consecutivos no tempo e próximos no espazo. (Fases) Corcoesto-Santa Comba-Coristanco… Mesma maquinaria, novas subvencións en cada ocasión. Deste xeito minimízanse os impactos incrementais e sinérxicos de todo o conxunto das explotacións programadas.

Slide 33

Prescindindo da contratación dun seguro que cubra tódolos gastos derivados dun posible accidente.

Slide 34

Todo isto só é posible se se dá unha condición: A CONIVENCIA DAS ADMINISTRACIÓNS COAS EMPRESAS MINEIRAS Promoven cambios lexislativos que son auténticas patentes de corso para o sector (algúns deles, mesmo redactado pola propia Cámara mineira, como o PSAE)

Slide 35

Conceden axudas e exencións fiscais que reducen considerablemente os custes das explotacións Fan a “vista gorda” en materia medioambiental: metodoloxías obsoletas para o cálculo da mobilidade do As na lixiviación, peticións (concedidas) de non publicar en tempo real os parámetros dos vertidos ás augas, permitir o cambio do curso (mesmo se fala da súa desaparición) de case 3 km dun río, o Lourido…

Slide 36

Obvian informes contrarios ao proxecto feitos polos expertos da propia administración. Informe da Subdirección xeral de recursos cinexéticos e piscícolas.

Slide 37

Se o poder local nos vende ás empresas multinacionais… …non nos queda outra que organizarnos e presentar batalla!!!

Slide 38

Contraminacción: http://www.mineriagalicia.org/ https://www.facebook.com/contraminaccion (Contraminacción, rede contra a minaría destrutiva de Galiza) Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños: http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/ https://www.facebook.com/groups/226028780784366/ (Corcoesto, non todo é brillo no ouro)

Summary: Presentación sobre o proxecto mineiro de Corcoesto

Tags: corcoesto mina arsénico ouro cianuro lixiviación

URL:
More by this User
Most Viewed