GRECIA 3

+3

No comments posted yet

Comments

Slide 2

Deriva das primitivas xoanas en madeira, ao que se engade a influencia exipcia Temática: deuses e home. Primacía da figura humana. Valor exemplarizante Función: de culto para os templos, conmemorativos e para tumbas na honra do defunto (modelos arquetípicos). Nunca eventos históricos nos espacios sagrados. O retrato aparece no período helenístico Cobra autonomía ó separarse da arquitectura Problema pola ausencia de orixinais Materiais (pedra, mármore, bronce, e crisoelefantina (ouro e marfil) Policromía agás as de bronce Engadidos nalgúns casos: labios en prata, ollos en pasta vítrea Beleza entendida como harmonía de proporcións Naturalismo idealizado. Avanza logo na procura do realismo (mimesis) Evoluciona na conquista do movemento, da expresión de sentimentos, da beleza por medio da idealización (a beleza é medida, proporción e harmonía) e do volume

Slide 3

Frontalidade Hieratismo Concepción en bloque, pechada Xeometrización (musculatura, peiteados) Sorriso arcaico Ollos globulares PERÍODO ARCAICO OBRAS CARACTERÍSTICAS Korés Kurós Estelas funerarias Escultura monumental Avanza cara ao naturalismo Remata por independizarse da maxia e da relixión Convertese nunha pura imitación e variacións da realidade Responde ao gusto dunha clase dirixente poderosa, dunhas cidades enriquecidas e dunhas colonizacións afortunadas EVOLUCIÓN

Slide 4

Dama de Auxerre (s VII) As korés pequeno tamaño e sempre vestidas actitude orante ou oferente sorriso arcaico coidada decoración (pelo, xoias,...) Vestimenta: estilo xónico con chitón e himatión; estilo dórico con chitón e peplos, máis un manto

Slide 5

Koré do peplos (s VI)

Slide 7

Kuros do Metropolitan Museum (s VII) Os kuroi -hieratismo e frontalidade -carácter de bloque: 4 planos e forma pechada -simetría cun claro eixo vertical brazos pegados ó corpo e puños pechados -a perna esquerda lixeiramente avanzada -pes firmemente asentados no chan -músculos esquemáticos por medio de incisións (pectorais en U, xeonllos en triángulo invertido), o mesmo que as roupas -torso claramente triangular (exipcios) -peiteado tratado coma unha masa con volumes xeométricos -sorriso arcaico - en oposición a Exipto: exentos totalmente, espidos -maior tamaño que as korai

Slide 8

Kuros: Cleobis e Bitón e do cabo Sunion (s.VI)

Slide 9

Kuros de Anavysos (s.VI) Coñecemos o seu nome, Kroisos, pola inscrición : Permanece triste, en en pe xunto da estela do falecido Kroisos, loitador de primeira liña, a quen o tempestuoso Ares arrebatou. Trataríase pois de parte dun monumento funerario Consegue volume con formas máis redondeadas, eliminando as formas planas. Deixa de ser traballado coma os 4 planos dun cubo Pero o cabelo segue a ser unha masa Logra transmitir que a forma externa recobre un interior de músculos e osos

Slide 10

Critios (s.V) Cambios na cadeira, ó apoiar o peso do corpo nunha perna, e no peiteado

Slide 11

Moscóforo (s.VI) Cabaleiro Rampin (s.VI)

Slide 12

Estelas funerarias: de Aristión e do Metropolitan Museum

Slide 13

Escultura monumental: frontóns Problema da da adaptación ao marco Conceptualmente son relevo aínda que se labran coma vulto redondo redondo Templo de Artemisa en Corfú Templo de Afaia en Egina

Slide 14

Scopas Praxíteles Lisipo TRANSICIÓN- Estilo severo 1ªm. s V TARDÍO s. IV Auriga de Delfos Poseidón do cabo Artemisión PLENO 2ªm s. V Mirón Policleto Fidias PERÍODO CLÁSICO

Slide 15

CLASICISMO DE TRANSICIÓN: ESTILO SEVERO

Slide 16

Auriga de Delfos Atribuído a Pitágoras de Regio por encargo de Polyzalos de Gela (Sicilia)

Slide 18

Poseidón de cabo Artemisión A pesar da disposición mantén a frontalidade

Slide 19

CLASICISMO PLENO

Slide 20

MIRÓN: Discóbolo Morreu despois de lanzar o disco Representa o HOME, non unha acción nin un exvoto Orixinal en bronce, varias copias romanas Equilibrio interior-exterior (harmonía) Perda da frontalidade Disposición atrevida: instante fugaz Composición simétrica (dobre arco) Maior naturalismo (non realismo) Proporcións matemáticas (canon de beleza) Movemento contido en equilibrio (brazos-pernas) Diferencia dos costados: curvo e zig-zag Puntos de tensión: o pé, a cadeira e os ombreiros Perfección técnica A musculatura aínda resulta plana Rostro impasible, sen expresión de esforzo Desaparece o sorriso arcaico e os ollos amendoados

Slide 21

POLICLETO, Doríforo Broncista da Escola de Argos (Peloponeso). Creador do “Kanon” (norma) para representar a figura masculina espida, no que o número xoga un papel decisivo nas relacións proporcionais Módulo de proporción, a cabeza: altura = 7 cabezas A cabeza dividida en tres partes iguais: fronte, nariz e queixo Simetría entre as partes e entre estas e o todo Marcada diartrose, articulacións, para subliñar a harmonía entre as partes Idealismo naturalista Certo arcaísmo no tratamento da musculatura Perfecta expresión do movemento en potencia, está en pausa do camiñar Afonda na terceira dimensión: lanza e brazo esquerdo cara a detrás É conveniente que a cabeza sexa a sétima parte da altura total da figura, o pé tres veces a lonxitude da palma da man; mentres a perna,desde o pé ata o xeonllo, deberá medir seis palmos e a mesma medida haberá tamén entre o xeonllo e o centro do abdome

Slide 22

Contraposto: oposición de membros relaxados e en tensión; a liña de cadeira e ombros faise oblicua Crea ritmo en S resultado do equilibrio entre os efectos de carga e descarga do peso do corpo, tamén contribúe a cabeza ladeada (liña oblicua) Contraste entre o lado dereito pechado, que o xiro de cabeza acentúa, e o lado esquerdo aberto

Slide 23

Diadúmeno Máis concentrado na acción: cinguir a taenia Formas máis doces e suaves Perna atrás e cabeza adiante para maior naturalidade e ritmo O embigo é o centro dunha circunferencia

Slide 24

FIDIAS Ateniense a amigo persoal de Pericles que lle encargou a supervisión de todos os traballos escultóricos e obras públicas de Atenas Atribúenselle un total de 15 obras (non conservamos ningún orixinal), sendo Atenea Partenos e Zeus de Olimpia as que maior fama lle reportaron. Pero si chegaron ata nos os relevos do Partenon, se ben hai que entender que parte desta obra é froito do traballo do seu taller non obra persoal aínda que sempre baixo as súas directrices Atenea Partenos (criselefantina, 11-12 m de altura polo que houbo de colocarse antes de acabar o edificio) Baixo o escudo a serpe que matou a Laoconte; no peito a éxida (coiraza de pel de cabra propia dos deuses, inclúe serpes e a cabeza de Medusa); unha niké na man dereita; casco cunha esfinxe e os cabalos de Pegaso

Slide 25

Atenea Lemnia, para a Acrópole de Atenas En actitude pacífica, vestida cun peplo sobre o que porta a égida. Ladea a cabeza para mirar o casco que porta na man dereita mentres se apoia na lanza da man esquerda Prototipo de beleza feminina

Slide 26

RELEVOS DO PARTENON Estilo propio dunha obra colectiva baixo a dirección e supervisión de Fidias: Elegancia Superación do marco Suxerencia de profundidade Panos mollados e efectos de luz Expresividade O programa iconográfico ten como finalidade proclamar a gloria de Atenea e de Atenas Localización: metopas, frontóns e friso

Slide 27

As metopas Son as primeiras en realizarse Medio relevo, axustado ao marco e tendendo a composicións triangulares Amosan certa falta de cohesión Temas: Xigantomaquia Amazanomaquia Guerra de Troia Centauromaquia

Slide 28

Frontón occidental: a loita entre Atenea e Poseidón pola protección de Atenas, diante dos primeiros poboadores: Crecops e Erecteo) Os frontóns Conceptualmente é un relevo aínda que labrado coma vulto redondo Gran tamaño, 1 m de profundidade e 30m m de altura máxima Moi pegadas ó borde, incluso o supera (non se limita ao marco)

Slide 29

Frontón oriental. Nacemento de Atenea en presencia dos deuses e outras figuras coma as Parcas e as Horas, deidades que presiden o nacemento e a morte Nos ángulos, as cabezas dos cabalos dos carros de Selene e Helios

Slide 30

Cabalos do carro de Helios Dionisos Deméter Koré Artemisa

Slide 31

Hestia, Dione e Afrodita ou as Parcas Logra expresividade que supera o insulso equilibrio espiritual Carácter monumental e gran perfección técnica: corpos, movemento, tecidos

Slide 32

- Friso das Panateneas Procesión das festas das Grandes Panateneas que se celebraban cada 4 anos e culminaba coa entrega do peplo a Atenea Os protagonistas son os cidadáns atenienses, individualizados, (xinetes, portadores de víctimas para o sacrificio, músicos, anciáns portadores de ramas, mozas,...) que comparte espacio cos deuses, aínda que este non chegan a facerse humanos,algo tremendamente novidoso Preside a asemblea dos deuses sen que os humanos se aperciban da súa presencia Percorre os catro lados da cella (160 m de largo por 1 m de alto) a modo de un friso xónico. Comeza nunha esquina, segue direccións opostas ata confluír na escena da ofrenda do peplo ós deuses, situada no eixo da fachada Inclinado para fora na parte superior

Slide 34

Bastante plano Escena real e verista, interrelacións Cohesión de estilo, “estilo Partenon” Formas plásticas Traballo dos panos Anatomías ben definidas Seriación oblicua Lonxe do relevo histórico romano

Slide 38

Poseidón, Apolo e Artemisa

Slide 39

A finais do s. V e seguindo o estilo de Fidias, “estilo fermoso”, caracterizado pola delicadeza dos rasgos e o tratamento virtuoso dos panos, realízanse outras obras.

Slide 40

Contexto histórico No 404 a. C. Atenas é derrotada por Esparta ( guerra do Peloponeso), os ideais do gran século de Pericles entran en crise Crece a clientela privada, o mercado da arte e o interese por coleccionar Tamén a arte rompe cos grandes ideais e xira cara ao que se aprehende polos sentidos, a procura do inmediato, ao realismo: aparencia antes que esencia Tres novas tendencias A charis praxiteliana, expresión de emocións líricas O pathos de Scopas que tende ao estado dramático A fusión de ambas tendencias en Lisipo En xeral Estilización do canon Acentuación do naturalismo, o movemento e a expresión emocional Deuses moi humanizados, na liña de Fidias pero sen a súa maxestuosidade Aparece o espido feminino CLASICISMO TARDÍO

Slide 41

SCOPAS Os traballos no Mausoleo de Halicarnaso déronlle fama Afonda no patetismo (pathos): figuras atormentadas, inflamadas pola paixón, xestos violentos e tortuosas expresións Rostros de amplas frontes, bocas anhelantes (cabeza de Meleagro) Ménade danzante Rito dionisíaco, un frenesí que distorsiona a figura Concibida para ser vista de lado, desde onde logra maior viveza e sensualidade Panos profundamente traballados para produciren claroscuro Significa a ruptura do clasicismo pleno

Slide 42

PRAXITELES Estudioso das obras dos seus antecesores, especialmente de Policleto Temas agradables, cheos de encanto (charis) e tratados con suavidade Formas brandas e delicadamente fermosas Humaniza os deuses ao representalos en actitudes cotiáns e rompe a tradición ao espir as deusas Xoga cos volumes para xerar contrastes de luz e sombra Contoneo sinuoso por esaxerado contraposto: curva praxiteliana que desequilibra as figuras, ó exonerar unha perna do peso do corpo precisa un punto de apoio Anticipado manierismo en tanto que acentúa a sensualidade Hermes con Dionisos Da man dereita de Hermes penduraba un racimo de uvas que Dionisos trata de coller (momento fugaz) Posible orixinal (sería o único), aínda que o realismo do manto, a musculatura, o tratamento do cabelo e o abombamento da fronte poñen en dúbida a atribución Sentido narrativo; sen conexión afectiva; Hermes, ensemismado Rompe definitivamente coa frontalidade pero ningún elemento impide ver a parte frontal completa

Slide 43

Afrodita de Cnido Primeiro nu feminino da Arte, só porta o brazalete Colocada nun templete aberto como imaxe de culto, pero tamén prima a contemplación estética No rostro idealizado, o sorriso inxenuo faina humana Corpo sobrio e macizo en formas suaves, sen os intensos contrastes de Fidias Prototipo das Venus púdica

Slide 44

Apolo Sauróctonos Desequilibrio Ensemismado Nunca corta a visión frontal

Slide 45

LISIPO Chega a a traballar para Alexandre Magno (inicia o atema dos retratos) Parte tamén de Policleto pero reformula o canon de beleza, alongándoo e estilizándoo (8 cabezas) e reducindo a cabeza Incrementa os puntos de vista Crese que realizou 1500 esculturas de gran tamaño, a maioría en bronce Temas preferidos: atletas, heroes e deuses

Slide 46

Apoxiómenos Acción posterior á victoria: limparse co estrígilo. Momento nada heroico, imponse o cotián O escorzo obriga o espectador a xirar, rompendo o efecto de relevo e creando espacio Máis brando nas formas (carnes) Posición pouco estable, oscilante: o pé non se afinca coma no Doríforo Moi persoal a actitude e o xesto sen ser un retrato Claro paso cara ao realismo

Slide 47

CONTEXTO Reinos que fundan novas cidades de maxestosos edificios e obras: urbanismo Conxugación de elementos gregos e orientais Desenvolvese a arquitectura ao servicio dos reis (Mausolo) Fundamentase no período clásico (copias e reinterpretacións) PERÍODO HELENÍSTICO

Slide 48

CARACTERÍSTICAS Realismo que parte da veracidade de Lisipo Desaparición do equilibrio Expresividade: exploración de sentimentos e emocións (ata a fealdade) Teatralidade (procura a sorpresa e a emoción) Monumentalidade e barroquización pola exhuberante decoración Multiplicación dos puntos de vista por medio de composicións en espiral Temas: retratos, nu feminino, de xénero, personificacións. Grupos Personificación do Nilo (escola de Alexandría)

Slide 49

Pérgamo: grandes composicións, carácter teatral ESCOLAS Altar de Pérgamo Xigantomaquia en alusión á victoria sobre os galos, os bárbaros invasores

Slide 50

Monumento a Atalo I. Galo moribundo Para conmemorar a victoria sobre os gálatas Corpo en torsión cun naturalismo exacerbado, adiviñase o momento final Diagonais de composición opostas Racialmente distintos dos mediterráneos: altos, fortes, cabelo espeso. Detalle do torques

Slide 51

Rodas: colosalismo e movemento Touro Farnesio Suplicio de Dirce (os fillos de Antíope vingan a súa nai, atando a Dirce a un touro que a arrastra ata matala) Obra de Apolonio e Taurisco de Tralles que introducen a paisaxe Neno da oca Fauno Barberini Recostado sobre unha árbore, semella esperar se pasen os efectos da bebida

Slide 52

Victoria de Samotracia Seguramente unha doazón dos rodios ao santuario da cidade para conmemorar unha victoria naval

Slide 53

Laoconte e os seus fillos Desvela o plan do cabalo de Troia polo que os deuses o castigan pois contradice o destino fixado polos propios deuses Recordar xigante do altar de Pérgamo

Slide 54

Atenas: multitude de retratos; máximo realismo; estudios anatómicos Torso Belvedere Púxil das termas

Slide 55

Hermafrodito O Espinario

Slide 56

Afrodita de Milo Obra orixinal grega Influencia de Praxíteles no cabelo e na sinuosidade amplificada polas formas espirais de Lisipo. O tratamento dos panos ven de Fidias: quebrados en abundantes pregas que contrastan coa suavidade do corpo Sensualidade, case provocación Contraste de texturas Certa melancolía e ensoño

Slide 58

PERÍODO XEOMÉTRICO FIGURAS NEGRAS FIGURAS VERMELLAS ÁNFORA E CRÁTERA KILYX, ÁNFORA CRÁTER, OINOCHOE

Slide 59

ARTISTA E MECENADO O artista é considerado un home con habilidades manuais, non un “ xenio”, nin sequera en caso de nomes tan populares como Fidias ou Policleto. O traballo coas máns é un desprestixio, e a arte como concepto equivale a techné, é dicir habilidade, destreza. O mesmo Platón indica que a inspiración ( o que denomina enthusiasmos, a influencia das Musas), é unha intervención divina, só reservada a músicos e poetas, pero non a escultores ou pintores que traballaban seguindo unhas regras da técnica. En canto ó mecenado, en principio e posto que a arte está ligada á relixión, as obras dependen das castas nobiliarias dominantes. Cando o incremento do comercio favoreceu o desenvolvemento de clases medias, os comerciantes enriquecidos son os que exercen o mecenado. No helenismo comeza a valoración da obra en si mesma e do artista. Non mellora a súa consideración social pero sí a súa situación económica, especialmente cando se adscriben ás novas cortes (Lisipo e Alexandre Magno). Nun mundo tan amplo e variado, tamén aparecen círculos intelectuais e sectores con diñeiro que estarán detrás das obras máis modestas, espontáneas e realistas, moi diferentes das obras monumentais dos reis.

Tags: arte grecia escultura

URL:
More by this User
Most Viewed