|
|
ARTE ROMÁNICA, ss. XI e XII
CONTEXTO A partir do s. XI os pobos invasores son culturalmente asimilados e os musulmáns son detidos. O románico é o primeiro estilo común da Europa Occidental e cristián, aínda que con particularidades rexionais, que se corresponde coa sociedade feudal e a Alta Idade Media. Recibe este nome polas súas similitudes coa arte romana, sen embargo asimila influencias dos estilos anteriores, desde as romanas pasando polas bizantinas ata as islámicas. Nace en Francia no ambiente carolinxio Está ao servicio da Igrexa
a espiritualidade da época marcada polo milenarismo. Crenza xeneralizada do fin do mundo no ano 1000 (ou no 1033 = morte de Cristo). Manifestase na conciencia de culpa pero acompañada do perdón, seguido dun sentimento pietista (agradecemento). a consolidación do feudalismo: arte aristocrática con castelos de pedra a partir do s. X o desenvolvemento monástico (reforma benedictina de Cluny no s. X). o culto das reliquias e as peregrinacións: Xerusalén, Roma e Santiago. as Cruzadas Determinantes históricos:
ARQUITECTURA A principal innovación será a concepción espacial Carácter monumental e perdurable con sólidos volumes definidos por liñas simples: curvas e rectas que marcan claramente os seus límites espaciais. Esta solidez recorda unha fortaleza Métrica precisa que favorece a impresión dun todo organizado Abadía de Cluny Construccións: Relixiosas: igrexas, igrexas de peregrinación, mosteiros Civís: palacios urbanos e castelos Autoría: cuadrillas itinerantes dirixidas por un mestre de obra (marcas), inclúe canteiros, escultores,.. Traballan por encargo pero conforman escolas con trazos propios. Non existe o concepto de artista, a arte é simplemente o traballo ben feito
Plantas: 3 ou 5 naves separadas polos arcos formeiros, ábsidas semicirculares raramente centralizadas, por influencia bizantina e mozárabe basilical, por influencia romana de cruz latina S. Vicente de Ávila S. Martín de Frómista Vera Cruz de Segovia
Simboloxía das igrexas de cruz latina Cristo crucificado Idea de camiño A orientación Nas de peregrinación engádese o deambulatorio con capelas nas absidiolas Sta. Fe de Conques
Muro: cantería e cachotería, en ocasións ladrillo; groso (para soportar as bóvedas), macizo, con escasos vanos (umbrías), contrafortes para contrarrestar os empuxes das bóvedas. Soportes: piar románico (núcleo cadrado/rectangular + semicolumnas adosadas). Recolle o peso de arcos faixóns e formeiros. Nos claustros e exteriores, columna de fuste liso ou estriado. Tamén se emprega a columna con esculturas adosadas Gran variedade de capiteis: sen axustarse ás ordes; con decoración de motivos reais ou imaxinarios; historiados Con vanos de pouca luz (saeteiras), abucinados, encadrados en arquivoltas e columnas Domina o macizo sobre o vano
Arcos: de medio punto (ás veces dobrados) Bóvedas: as primitivas cubertas foran en madeira. Evolucionan na procura de lixeireza que permita abrir vanos nos muros bóvedas de canón con arcos faixóns, especialmente na nave central bóvedas de aresta por tramos cadrados nas naves laterais cúpulas ou bóvedas semiesféricas no cruceiro bóvedas de arcos cruzados nos ciborios bóvedas de cuarto de esfera nas ábsidas bóvedas de cuarto de canón nas tribunas
Alzado: desaparece o arco triunfal nave central e transepto máis alto, aproveitando a diferencia de altura para abrir fiestras tribuna sobre as naves laterais, nas igrexas de peregrinación horizontalidade, ao exterior só sobresaen torres e campanarios, lanternas e ciborios
Elementos ornamentais: nas portadas, fiestras, impostas, capiteis,.. Dinamizan o conxunto Pintura no interior axadrezado/taqueado jaqués bolas Dentes de serra bandas e arquiños lombardos baquetóns Tamén cravos ou puntas de diamante
Cornixas sostidas por canzorros (ménsulas curvas con decoración figurada)
Fachadas: reflicten a estructura interna do edificio. Habitualmente enmarcadas por torres e campanarios Portada evoca a idea clásica de arco de triunfo arquivoltas e abucinamento. Ás veces parteluz ou mainel.Xambas e tímpano, se o hai, decorados
Heteroxeneidade con peculiaridades locais De peregrinación: Santa Fe de Conques, San Saturnino de Toulouse, Magdalena de Vezelay Influencias bizantinas (bóvedas bulbosas e tellados de escamas) e lombardas Arquerías cegas Notre-Dame de Poitiers FRANCIA
Dobles elementos: dúas ábsidas, dous transeptos. Desenvolvemento vertical e multiplicación de torres ALEMAÑA
Separación dos elementos Decoración con mármores, non hai escultura Arquerías abertas, bandas lombardas S. Ambrosio de Milán Conxunto catedralicio de Pisa ITALIA
Chega tardiamente, 2ª metade do XI, desde Francia e Lombardía a través do Camiño de Santiago Rompe a evolución da arte autóctona, se ben se manteñen as súas influencias (visigoda, asturiana, mozárabe e, incluso, islámica) Non se pode falar dun románico español Hai tres momentos cronolóxicos, con diferencias rexionais: ESPAÑA Primeiro románico. 1ª metade s. XI. Iniciase en Cataluña: pequenas igrexas de carácter rústico e influencia lombarda
S. Martiño de Mondoñedo
Románico puro ou cluniacense, 2ª metade s. XI. S.Isidoro de León, Catedral Jaca, S.Martín de Frómista, Santiago Compostela S. Martín de Frómista
Difusión, s. XII . Catedral Zamora, Catedral de Lugo, Pazo de Xelmírez, mosteiros cistercienses (Poblet, Oia, Meira)
CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Santiago fora decapitado en Xerusalén, fora da cidade como era habitual, desde alí foi trasladado polos seus discípulos ata Galicia Santiago de Cereixo, Vimianzo Coruña, XII No 813, un ermitán, Pelaio, orientado polas luces e cánticos celestiais que saían dun lugar coñecido como Campus Stellae (Compostela), encontrou o sepulcro
O rei Afonso II, apoiado pola Igrexa, promove e difunde o culto xacobeo coma un feito relixioso e político para combater o Islam Teodomiro, bispo de Iria Flavia, identifícao como o do Apóstolo. Traslada o sartego e manda construír nese lugar un templo para venerar as reliquias A península estaba invadida polos musulmáns. O descubrimento do corpo do Apóstolo supuxo un espaldarazo na loita contra eles: a súa “aparición” na batalla de Clavijo nun cabalo branco e matando mouros. De aí virá o que sexa considerado como patrón de España.
A catedral románica é en realidade o cuarto edificio que se levanta no lugar Un mausoleo romano (s. I) en forma de pequeno edículo No século IX superpúxose unha pequena capela para conter as reliquias que viñan de ser descubertas Afonso III, a finais dese mesmo século transforma a capela nunha basílica de estilo prerrománico que foi destruída no 997 pola invasión musulmán comandada por Almanzor. Reedificouse de novo unha basílica no século XI.
Campañas constructivas a partir do 1075: Mestre Bernardo: ergue a cabeceira e pouco máis. A obra interrómpese pola dimisión do bispo Diego Peláez acusado polo rei de intrigar na Corte. Mestre Estevo, encargado das obras polo novo bispo Diego Xelmírez a partir de 1140. Constrúese practicamente todo o conxunto catedralicio, só quedan sen rematar os últimos tramos das naves, a fachada occidental e as torres que a flanquean. Mestre Mateo. Dirixe desde 1168 a derradeira campaña de edificación. Encargase de rematar as obras, realiza a chamada Catedral Vella ou Cripta que sosterá o Pórtico da Gloria (1188 data nos dinteis), tamén realiza o Coro Pétreo na nave central. En 1211 consagrase definitivamente a catedral. Referencia a Afonso III: REGNATE PRINCIPE ADEFONSO CONSTRUCTUM OPUS Capiteis conmemorativos, no deambulatorio, do comezo das obras da Catedral Referencia ó bispo Diego Peláez: TEMPORE PRESULIS DIDACI INCEPTUM HOC OPUS FUIT
Ano 1116 Ano 1188
A cripta ou catedral vella para soster o Pórtico da Gloria
Reconstrucción do aspecto exterior no XII
Tipoloxía: igrexa de peregrinación Modelo que aparece tamén nas igrexas monásticas (Cluny) Deriva da necesidade funcional: acoller as multitudes que visitan as reliquias e facilitar o discorrer de procesións sen alterar a celebración dos oficios. Polo tanto desenvolve a cabeceira cunha xirola en torno do altar maior, amplía o transepto e monta capelas nel e na ábsida por medio de absidiolas (estaba prohibido celebrar misa no mesmo altar por día) Doutra banda procura a emoción relixiosa a través da desmesura das proporcións. Adquiren dimensións catedralicias e unha grandiosidade sinónimo de beleza e do poder da Igrexa Recordar os exemplos franceses
Planta de cruz latina, 3 naves 3 fachadas. A do Oeste ós pés, as outras dúas nos brazos do transepto Transepto destacado, con 3 naves. Remata en fachadas monumentais Cabeceira: ampla ábside con xirola e 5 capelas radiais. A central é rectangular ao exterior Outras dúas capelas en cada brazo do transepto Bóvedas de canón con faixóns na nave central e bóvedas de arestas nas naves laterais. O mesmo sistema no transepto Tribuna sobre as naves laterais e a xirola, abertas en arcos xeminados Cripta baixo a capela maior Pórtico interior (da Gloria) detrás da fachada principal Ciborio no cruceiro Un total de 9 torres: fachadas, escaleiras á tribuna e ciborio
BÓVEDAS. Todos os espacios nos dous niveis teñen cubertas pétreas, con gran variedade de bóvedas: canón sobre faixóns (nave central), cuarto de canón (tribuna, inclúe arcos semicirculares de reforzo), bóveda de aresta (naves laterais), bóveda de forno e unha cúpula, probablemente, no ciborio. Nas esquinas dos brazos da cruz, na intersección dos cuartos de canón de cada lado prodúcese unha bóveda de unha sola aresta.
Extraordinaria esbeltez, case unha proporción de 1:2,75. Piares románicos: a columna adosada interior prolongase ata a base do arco faixón Sobriedade: capiteis vexetais, taqueado jaqués
Carece de fortes contrafortes externos a pesares da enorme altura da bóveda de canón central. As bóvedas de aresta laterais e as de cuarto de canón con arcos diafragma da tribuna,, apoiados en piares internos, serven de contrarresto e permiten un muro de cerramento bastante lixeiro. Luminosa, se ben os engadidos constructivos posteriores cegaron moitos vanos
O tellado pétreo estabiliza o edificio
Obradoiro (barroca) Acibachería (modificada) Praterías
by asunbacharte | Added: 2 years ago
Language: Galician (Detected) | Topic: Education
| 41 Views | 3 Embeds |
| URL: |
No comments posted yet
Comments