plangripea

+1

No comments posted yet

Comments

Slide 1

PLAN DE ACTUACIÓN DO CEIP “CONDESA DE FENOSA” ANTE A GRIPE A CURSO 2009-2010

Slide 2

OBXECTIVOS Contribuír á información e sensibilización da comunidade educativa sobre as medidas básicas tendentes a minimizar a transmisión do virus da Gripe. Difundir o protocolo a seguir entre todos os membros da Comunidade Educativa. Informar ao profesorado e ás familias, se é o caso, das actualizacións das recomendacións por parte das autoridades sanitarias e educativas.

Slide 3

PROTOCOLO A SEGUIR ANTE A SOSPEITA DUN POSIBLE CASO DE GRIPE A (I) Se un alumno/a presenta febre ou malestar xeral, a actuación a seguir é a que se explica a continuación: Avisar ao compañeiro/a da aula máis próxima de que se vai ausentar por uns minutos.

Slide 4

PROTOCOLO A SEGUIR ANTE A SOSPEITA DUN POSIBLE CASO DE GRIPE A (II) Illar ao alumno/a na Sala das Coidadoras, que estará dispoñible a tal efecto mentres duren as instrucións proporcionadas polas autoridades pertinentes. Tranquilizar ao alumno/a. Avisar á familia para que veña a recollelo. Avisar ao responsable do control e seguimento da gripe A e/ou a algún membro do equipo Directivo da incidencia.

Slide 5

PROTOCOLO A SEGUIR ANTE A SOSPEITA DUN POSIBLE CASO DE GRIPE A (III) Manterse a unha distancia prudencial (1 metro), si é posible. Si non é posible, coller dúas máscaras e poñerlle unha máscara ao neno/a e outra o profesor/a, desbotándoa o lixo unha vez utilizada. Coller un termómetro e tomarlle a febre. Comunicarlle a algún profesor/a de garda, a algún membro do Equipo Directivo, ao conserxe... que estean pendentes da chegada da familia do neno/. Ventilar a habitación. Lavarse as mans.

Slide 6

PROTOCOLO PARA AS FAMILIAS (I) Non traer ao colexio aos nenos/as cando teñan síntomas de estar enfermos, aínda que estes sexan leves. Acudir a buscar ao neno/a o máis urxentemente posible ante a chamada de aviso de que se atopa enfermo/a. Levar ao seu fillo/a ao médico e seguir as prescricións do facultativo en canto ao tempo que debe estar na casa… Si se confirma gripe A, comunicarllo ao colexio para que tome as medidas oportunas.

Slide 7

¿QUE PODEN FACER AS FAMILIAS? (I) Colaborar co centro educativo seguindo todas as indicacións realizadas polo centro nesta materia. Prestar especial atención á saúde dos seus fillos/as, especialmente aos síntomas que presenta a gripe. Traballar e reforzar na casa as medidas hixiénicas preventivas tendentes a evitar contaxios: lavarse as mans e facelo con frecuencia, ensinarlles a tusir e esbirrar, ensinarlle a lavarse as mans correctamente... . Colaborar na provisión de materiais nos termos que lle indique o profesorado titor: panos de papel, rolos de papel para secar as mans... Evitar causar alerta nos nenos/as, mais conciencialos da necesidade de seguir as recomendacións realizadas nesta materia. Evitar traer aos seus fillos/as ante calquera síntoma leve de enfermidade. Permanecer na casa o tempo indicado polos facultativos. En todo caso, chamar ao colexio e comunicar sempre por que vai faltar o seu fillo/a, aínda que non se deba a enfermidade.

Slide 8

¿QUE PODEN FACER AS FAMILIAS? (II) Colaborar na provisión de materiais nos termos que lle indique o profesorado titor: panos de papel, rolos de papel para secar as mans... Evitar causar alerta nos nenos/as, mais conciencialos da necesidade de seguir as recomendacións realizadas nesta materia. Evitar traer aos seus fillos/as ante calquera síntoma leve de enfermidade. . Colaborar na provisión de materiais nos termos que lle indique o profesorado titor: panos de papel, rolos de papel para secar as mans... Evitar causar alerta nos nenos/as, mais conciencialos da necesidade de seguir as recomendacións realizadas nesta materia. Evitar traer aos seus fillos/as ante calquera síntoma leve de enfermidade. Permanecer na casa o tempo indicado polos facultativos. En todo caso, chamar ao colexio e comunicar sempre por que vai faltar o seu fillo/a, aínda que non se deba a enfermidade.

Slide 9

¿QUE PODEN FACER AS FAMILIAS? (III) Permanecer na casa o tempo indicado polo médico. En todos os casos, chamar ao colexio e comunicar sempre por que vai faltar o seu fillo/a, aínda que non se deba a enfermidade.

Tags: saude educación gripe a

URL:
More by this User
Most Viewed