Venecia

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

ARTE VENECIANA-XVI Á marxe do humanismo e do neoplatonismo florentino, foron artistas foráneos os que difundiron o novo estilo Centro artístico importante tras do saqueo de Roma en 1527

Slide 2

PALLADIO Os catro libros da arquitectura Adaptación das formas da Antigüidade ás necesidades do momento ARQUITECTURA

Slide 3

Vila Capra, A Rotonda (Vicenza), 1560 As familias aristocráticas abandonan os cascos urbanos Catro fachadas idénticas con escalinatas, pórticos xónicos hexástilos, en orde xigante, a modo de pronaos Elevado basamento para permitir ver paisaxe desde a planta nobre Planta centralizada: sala circular central (Rotonda) cupulada con óculo central. Combina cadrado e círculo Simetría e proporción Separación de plantas: cociñas e administración; planta nobre

Slide 5

PINTURA Na segunda metade do s. XVI, Venecia desenvolve un estilo pictórico de personalidade propia, claramente definido polo protagonismo da cor aplicada con intensidade, luminosidade e moi empastada. Se os pintores florentinos buscaron o verismo no dominio do debuxo, na perspectiva e no volume, os venecianos comprenderon que a cor era algo mais que un elemento enriquecedor das formas, que era parte da mesma luz e da realidade mesma. Os fundamentos desta visión hai que buscalos na súa proximidade con Oriente e a arte bizantina Terá gran influencia na pintura barroca e particularmente na española do XVII

Slide 6

Devoción pola cor que predomina sobre o debuxo Luz dourada, relacionada co ambiente oriental da cidade Gusto polos obxectos e animais exóticos. Riqueza e opulencia Sensualidade nas calidades dos tecidos, dos corpos nus, dos brillos dos obxectos luxosos Importancia dos temas ue poden parecer secundarios ou anecdóticos, incluso desprazando o tema principal Integración das paisaxes de carácter poético, cheas de luces que iluminan desde o fondo Interiores de gran profundidade, coma escenarios teatrais cheos de elementos ornamentais tratados con moito detalle Óleos sobre lenzo, non sobre táboa Pincelada pastosa CARACTERÍSTICAS XERAIS

Slide 7

GIORGIONE A tempestade Venus durmida

Slide 8

TIZIANO Iniciouse no taller dos irmáns Bellini e logo con Giorgione Máxima importancia á cor e á luz para crear espacio e atmosfera Influencias manieristas Pincelada cada vez máis solta e pastosa Pinturas relixiosas, mitolóxicas e retratos (paisaxes de fondo, crea o de corpo enteiro, proximidade humana) Moi considerado socialmente, chegou a ser ennobrecido por Carlos V

Slide 9

Concerto campestre A cor define as formas, non o debuxo Non son figuras nunha paisaxe senón paisaxe con figuras, estas intégranse nel á vez que adquire valor por si mesmo, é unha paisaxe poética Luz potente que provoca zonas de sombras tamén con cor

Slide 10

Amor sacro e amor profano ou Venus e doncela Significación dubidosa. Amor sacro: figura vestida conectada cunha paisaxe presidida por unha fortaleza. Amor profano: espida e diante dunha paisaxe aberta e urbana. No centro Cupido e un sarcófago como fonte da vida. Tamén como a felicidade na terra e a felicidade eterna e celeste Semella un friso clásico pola composición equilibrada e pola serenidade expresiva

Slide 11

BACANAL Encargada polo duque d’Este para o seu palacio de Ferrara Tema tomado de textos do s. II: Ariadna esperta tras ser abandonada por Teseo na illa de Andros coincidindo coa chegada de Baco quen facía manar na illa ríos de viño e os seus habitantes vivían nun permanente embriaguez. As personaxes beben, cantan e bailan nun ambiente de festa e alegría. Ó fondo un barco no que chega Baco. Describe os efectos do viño. Na partitura: “quen bebe e non volve a beber, non sabe o que é beber”

Slide 12

Amor sacro e amor profano Venus de Urbino Simbolismos: can = fidelidade, mirto, a planta de Venus = amor eterno, criadas = fecundidade Os cortinóns, a apertura ao fondo

Slide 13

Amor sacro e amor profano Danae

Slide 14

Retratos de Carlos V Tanto Carlos V coma Filipe II foron ferventes admiradores de Tiziano por quen foron retratados en diversas ocasións

Slide 15

Carlos V tras da batalla de Mülhberg Victoria sobre os protestantes Ecuestre como os emperadores romanos, ó servicio do poder, de propaganda política O monarca recortase sobre unha paisaxe de bosque, cun río (a batalla tivo lugar nas proximidades do río Elba). No fondo dominan as gamas frías Luz de atardecer que lle da un certo tono de recollemento e tamén de soidade Composición equilibrada, efectos atmosféricos Cores vivas: o metal da coiraza, a manta do cabalo e o penacho do casco Contraste coa palidez e a melancolía do rostro (enfermo e xa próximo a retirarse en Yuste). Pero mantén un punto de determinación e seguridade As calidades dos materiais

Tags: arte renacemento venecia

URL:
More by this User
Most Viewed