|
|
Reunión informativa sobre o protocolo a seguir ante a gripe A nos colexios 1ª parte: que é a gripe A, síntomas, persoas de risco, medidas preventivas… 2ª parte: Como pode afectar esta situación aos colexios e protocolo a seguir.
Que é a gripe A A nova gripe é unha enfermidade respiratoria aguda, causada por un novo virus da gripe tipo A (H1N1); precisamente por ser novo, non estamos inmunizados e hai moitas persoas que estarán en risco de contraelo.
Síntomas da gripe A Febre alta (38° C ou máis) Tose, esbirros, mucosidade nasal, dificultade respiratoria, etc. Dor de cabeza, de gorxa, dores musculares e malestar xeral. Algunhas veces, pode asociarse diarrea e vómitos.
Persoas consideradas como grupo de risco (I) Mulleres embarazadas, especialmente no segundo e terceiro trimestre. Persoas con enfermidades cardiovasculares crónicas (excluíndo a hipertensión). Persoas con enfermidades respiratorias crónicas. Persoas con diabete mellitus tipo I e tipo II con tratamento farmacolóxico. Persoas con insuficiencia renal moderada ou grave.
Persoas consideradas como grupo de risco (II) Persoas con enfermidades do sangue (hemoglobinopatías ou anemias). Persoas con asplenia. Persoas con enfermidade hepática crónica avanzada. Persoas con enfermidade neuromuscular grave. Adultos e nenos que teñen inmunosupresión (incluída a orixinada polo VIH, fármacos ou receptores de transplantes). Persoas con obesidade mórbida (persoas cun índice de masa corporal superior a 40)
Persoas consideradas como grupo de risco (III) Nenos e adolescentes (menores de 18 anos) que reciben Aspirina a longo prazo e que poderían estar en risco de experimentar a síndrome de Reye logo da infección polo virus da gripe. Estes grupos poden sufrir cambios, segundo avance o coñecemento sobre a enfermidade, polo que é importante consultar con frecuencia a web: http://www.galiciasaude.es/gripe
A prevención é a mellor medida Medidas hixiénicas Lavarse as mans, con auga e xabón, con frecuencia. .
Como lavar as mans Mollar as mans Poñer xabón. Frotar ben as mans contando ata dez: fregar cada palma contra o dorso da outra man entrelazando os dedos, fregar as puntas dos dedos, arredor dos polgares e dos pulsos. Aclarar e secar cunha toalla dun só uso. Unha alternativa ao xabón pode ser o xel hidroalcohólico.
Cando lavar as mans Despois de tusir ou esbirrar. Tras sonarse, tocarse a nariz ou a boca. Antes e despois de cada comida. Tras cambiar cueiros. Tras ir ao aseo. Tras xogar ou tocar xoguetes comúns. Cando estean visiblemente sucias.
Outras medidas hixiénicas Cubrir a boca e o nariz cun pano de papel ao esbirrar ou tusir, xusto despois tirar o pano usado ao lixo. Se non se ten pano, esbirrar sobre a manga da camisa.
Outras medidas hixiénicas Evitar tocar os ollos, o nariz ou a boca. Non compartir alimentos, obxectos persoais, de hixiene ou aseo (vasos, garfos...) Non chupar lapis, bolígrafos, material escolar e calquera outros obxectos propios nin alleos. Prestarlle moita atención á saúde, especialmente cando hai síntomas de gripe. Quedar na casa cando se estea enfermo.
Medidas hixiénicas do contorno Ventilar máis a miúdo cuartos e espazos comúns, abrindo as fiestras. Limpar máis frecuentemente, cos produtos de limpeza habituais, as superficies de mobles, tiradores das portas, teléfonos, xoguetes….. Colaborar coas autoridades sanitarias.
¿Cómo pode afectar a gripe A aos centros educativos?
¿Cómo pode afectar a gripe A aos centros educativos? Na situación actual e, segundo as recomendacións dos organismos españois e internacionais de saúde pública, non está recomendado pechar un centro educativo ante a aparición de casos de persoas afectadas pola gripe A. Así que todo membro da comunidade escolar que non presente ningún dos síntomas da mesma, asistirá ao centro con total normalidade.
¿Cómo pode afectar a gripe A aos centros educativos? No caso que unha persoa presentase algún dos síntomas deberase seguir o protocolo enviado ao centro pola Consellería de Educación.
Protocolo a seguir ante un posible caso de gripe A no centro escolar Illar ao alumno/a nun aula,… dispoñible a tal efecto e tranquilizalo, explicándolle que debe agardar a que veñan recollelo. Avisar á familia para que veña a recollelo. Tomarlle a febre. Comunicarlle a algún profesor/a de garda, a algún membro do Equipo Directivo, ao conserxe... que estean pendentes da chegada da familia do neno/a. Manterse a unha distancia prudencial (1 metro), si é posible. Si non é posible, poñerlle unha máscara ao neno/a e poñer outra máscara o profesor/a ou persoa que o acompañe, desbotándoa o lixo unha vez utilizada. Ventilar a habitación, lavar as mans, limpar.
Protocolo a seguir ante un posible caso de gripe A no centro escolar Familias Non traer ao colexio aos nenos/as cando teñan síntomas de estar enfermos, aínda que sexan leves. Acudir a buscar ao neno/a o máis urxentemente posible ante a chamada de aviso de que este se atopa enfermo/a. Levar ao seu fillo/a ao médico e seguir as prescricións do facultativo. Si se confirma gripe A, comunicarllo ao colexio para que este tome as medidas oportunas.
¿Cómo pode afectar a gripe A aos centros educativos? Cando a enfermidade estea superada e transcorrido o período de exclusión recomendado, poderá incorporarse con normalidade ás súas actividades cotiás.
Medidas de prevención nos centro educativos Na comunidade escolar, se reforzarán co alumnado as medidas xerais de prevención e, de forma especial as medidas hixiénicas persoais explicadas anteriormente.
Medidas de prevención nos centro educativos Así mesmo extremaranse as medidas hixiénicas do contorno: ventilar diariamente o centro, aulas, salas de reunións, comedor e calquera outro espazo común; limpar con frecuencia superficies, mobiliario docente (mesas e cadeiras) e aqueles obxectos de uso común (vaixela, mesados, aseos, tiradores, varandas, xoguetes, teléfonos, teclados e ratos de ordenador, equipamento deportivo,..) con produtos de limpeza habituais.
Páxinas de interese Onde se pode atopar información rigorosa en relación coa gripe A? Portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/portal/ Consellería de Sanidade: www.galiciasaude.es/gripe Ministerio de Sanidad y Política Social: http://www.msc.es/ Ministerio de Educación: www.educacion.es Organización Mundial de la Salud: www.who.int/es Información sobre os casos da nova gripe A no ámbito mundial OMS: http://www.who.int/csr/disease/swineflu/en/index.html
Summary: Información sobre a enfermidade da nova gripe. Coidados preventivos.
| URL: |
No comments posted yet
Comments