|
|
BARROCO, XVII-XVIII Época de cambios en Europa Contrarreforma Política: monarquía absoluta Ciencia e filosofía: Copérnico, Kepler Termo con sentido despectivo, hoxe revalorizado, non é unha dexeneración do Renacemento, crea unha linguaxe propia Trazos xerais: busca: o movemento, a tensión dramática, a sensación escenográfica, a irregularidade, a sorpresa - rexeita: a razón, o equilibrio, a proporción, a medida.
Barroco burgués e protestante Países Baixos Diferencias segundo a clientela a Igrexa as monarquías a burguesía Barroco católico da Contrarreforma e o Concilio de Trento Italia e España cos seus dominios (Flandes) Barroco cortesano do absolutismo, para a súa propaganda Francia
ARQUITECTURA Transmitir o poder da Igrexa Católica e do Papa. A cidade de Roma Difundir os dogmas e verdades de Trento Espertar sentimentos relixiosos Crear espacios relixiosos para estes fines. Modelo xesuítico acorde a Trento Estudio urbanístico: a cidade coma un todo Esquema do urbanismo barroco da cidade de Roma Promovido polo Papa Sixto V Calles regulares, eixes que unen os principais puntos da cidade e dan acceso ás basílicas, principais centros de peregrinación Prazas que estructuran o espacio urbano e que se unen mediante estas vías e rúas Ó fondo da praza a fachada dunha igrexa e no centro un obelisco ou unha fonte
VIGNOLA- Igrexa do Gesú en Roma Modelo xesuítico: planta lonxitudinal, máis conectada coa tradición cristiá; unha soa nave para facilitar a visión da liturxia e a audición da predicación; escaso desenvolvemento do cruceiro porque desde el non se ve o altar; capelas laterais comunicadas pero independentes; resalte da ábsida Espacio dos fieis en penumbra
Edificios: igrexas, palacios. Materiais: cantería, mármore de cores para os interiores, bronce para decoración - Plantas, idea de espacio continuo. Prefire plan central: elípticas, ovais, formas xeométricas complexas (para innovar e sorprender). As lonxitudinais responden a Trento - Soportes: columna salomónica; atlantes; estípites; ordes colosais. A miúdo ornamentais. Segue a utilizar arcos de medio punto. Contrafortes en forma de volutas CARACTERÍSTICAS FORMAIS Cubertas: mantén a cúpula pero aniquila a súa forma por pinturas, estucos,.. (ilusionismo); bóvedas ovais, estreladas,.. - Ornamentación: moi abundante e variada chegando a ocultar os elementos estructurais. Emprega todo tipo de elementos curvos e mixtilíneos, formas quebradas, que favorecen os contrastes lumínicos: volutas, elipses, óvalos, aletóns, cortinaxes, frontóns alternados, molduras. Integra a escultura - Exteriores. Concepción de masa única, como grandes esculturas. As fachadas, pantalla sen conexión co interior, posúen valor autónomo, sobresaen cara á rúa, conr formas cóncavas e convexas que as dinamizan. Importantes escalinatas. - Interiores. Efectos fantásticos por medio de luces, trampantollos, perspectivas ficticias,.. Ostentosos porque simboliza a riqueza e a santidade.
Fachada de San Pedro do Vaticano MADERNO
BERNINI O mellor intérprete do espírito da Contrarreforma ó servicio da Igrexa (nomeado arquitecto do Vaticano) Transforma o espacio interno da basílica de San Pedro e urbaniza o espacio anterior Na súa evolución barroquizante non abandona os elementos básicos como a columna, a mesura e os materiais nobres, respectando as proporcións das ordes e as regras de composición Plenamente barroco na configuración de espacios con curvas e contracurvas, na súa busca da sorpresa e no efectismo así como na luz escenográfica e teatral
PRAZA DE SAN PEDRO Auspiciada por Alexandre VII como exaltación do poder estatal do Pontífice. Urbanismo ó servicio do dinamismo e a a teatralidade barroca. Busca sorprender, provocar emocións Ocupa espacio do circo romano, o obelisco xa estaba Obxectivos: escenario teatral para as aparicións públicas do Papa espacio para congregar os fieis, corrixir en parte o efecto da ampliación en anchura da fachada, favorecer a visión do impoñente edificio, relacionar co obelisco Simboloxía: o Pontífice coroado pola tiara (cúpula) abre os brazos acollendo a cristiandade Dobre espacio: trapezoidal para reducir visualmente a anchura da fachada de Maderno e potenciar a cúpula de Miguel Anxo elíptico configurando un pórtico tetrástilo de orde xigante (columnas toscanas pareadas, para romper monotonía, e entaboamento xónico), arredor do obelisco e dúas fontes q marcan o eixe ortogonal A unidade ven dada pola balaustrada e as figuras de santos na parte superior (Palladio no Teatro Olímpico) Multiplica os puntos de vista en oposición á perspectiva central renacentista
Os pórticos de columnas toscanas teñen evocación paleocristián e das columnatas honoríficas romanas.
CÁTEDRA E TRANSPARENTE, BALDAQUINO. S. PEDRO Os materiais, os recursos e os elementos decorativos contribúen a transformar un espacio renacentista nun barroco.Tamén modificou os machóns do cruceiro abrindo nichos para esculturas
Encargo de Urbano VIII. Semella unha arquitectura efémera pero en bronce (obtido do revestimento do pórtico do Panteón), un gran palio coma un templo sobre a tumba do Apóstolo, na que se suma a escultura e a pintura pola cor do bronce natural e dourado Altos podios mármore con columnas salomónicas: parte inferior estriada e parte superior con follas de vide (Eucaristía), abellas dos Barberini. Capitel corintio. Fragmento d entaboamento Liñas curvas nas grandes volutas que dende os anxos das esquinas marcan un ritmo ascensional ata a cúspide coa bola do mundo Exaltación do papado contestado polos protestantes
SAN ANDRÉS DO QUIRINAL Planta oval colocada en sentido transversal rompendo co sentido lonxitudinal Capelas alternadas elípticas e cuadrangulares. As centrais mais amplas. Altar maior precedido de pares de columnas exentas e adiantadas, no alto do frontón, curvo e partido, S. Andrés sobre nubes Lanterna sobre o altar maior, despregase unha gloria de anxos A prolongación do eixe curto polo altar e o pórtico de entrada fai que interiormente se cree a sensación de círculo Interior: espacio articulado por medio de pilastras; decoración escultórica integrada na arquitectura; materiais ricos (mármores e pedra de cores); luz non uniforme, fragmentada e controlada para xerar emoción
Anxos con grilandas e pescadores, configuran un anel ornamental sobre os vanos do arranque da cúpula
Fachada situada no eixe menor. En conxunto os elementos son clásicos pero empregados con liberdade. A severidade exterior en contraposición co interior; pilastras xigantes sostendo un frontón; columnas na entrada formando un pórtico que recorda un medio tholos. Contrastes de liñas rectas e curvas. Escalinata saínte, invitando a entrar
O seu temperamento apaixonado reflíctese en obras dun dinamismo inaudito, cheas de fantasía, con grandiosos efectos espaciais e de luz Transgrede toda norma: novas proporcións e motivos ornamentais; espacios inestables, perspectiva para ampliar espacio Efectos de claroscuro ó afiar perfís, engadir resaltes e crear arestas Representa a opción anticlásica fronte ó clasicismo de Bernini Obras de pequeno tamaño e materiais pobres (encargos de ordes relixiosas) BORROMINI
SAN CARLOS DAS CATRO FONTES Orde dos Trinitarios de San Xoán de Malta, integra residencia, templo, portería e claustro. Materiais pobres: ladrillo estucado e pintado. A igrexa é de pequeno tamaño, dise que cabería nun piar de San Pedro do Vaticano Planta: elipse cruciforme (eixo maior lonxitudinal, oposto a Bernini), coas capelas configura un muro no que se suceden liñas cóncavas e convexas, provocando a sensación de muro dinámico, orgánico. Trátase dun modelo modular inspirado na tradición dos canteiros medievais, é a xeometría a que xera o espacio non o cálculo aritmético como sucedía na ordenación clásica. Fachada (rematada posteriormente), volve a introducir a curva nos elementos clásicos xerando novas ondulacións, opostas en ambos pisos. Diferencia dous corpos separados polo entaboamento e a balaustrada e tres rúas: convexidade central flanqueada por outras dúas convexas e con columnas adosadas de xeito que avanza cara ao viandante.Combinación de orde xigante e orde clásico coma en Miguel Anxo. Esculturas subordinadas á arquitectura, confinadas no seu espacio. No alto elementos ornamentais: querubíns, grilandas, medallón oval. Lanterna de formas elípticas En conxunto: efectos ilusionistas, xogos de luz, espectacularidade. Aparente desorde fronte a orde interna
Interior. Revestimento en estucos; muro ondulante con nichos; moldura continua para dar unidade; Cúpula ovalada sobre pechinas, casetóns octogonais, hexagonais e cruciformes, diminuíndo progresivamente o seu tamaño de xeito que favorece a ilusión de profundidade Luz desde a lanterna e as fiestras abertas na base da bóveda (quedan ocultas tras a moldura decorativa)
INGLATERRA A inestabilidade política do XVII impediu o desenvolvemento artístico mantivo a tradición gótica e non houbo practicamente Renacemento. Ademais non hai nin absolutismo nin Igrexa nin burguesía. O XVIII segue a ser clásico con mais ornamento WREN. CATEDRAL DE SAN PABLO. LONDRES Resposta anglicana á S Pedro do Vaticano Enorme cúpula oval peraltada sobre alto tambor As altas torres eclipsan a fachada Inspiración renacentista e distorsión barroca
Fischer von Erlach - S Carlos Borromeo (Viena) Barroco tardío, segunda metade do XVIII debido á Guerra dos Trinta Anos, polo q enlaza có rococó na exuberancia decorativa. Máis na liña de Borromini que de Bernin CENTROEUROPA Suma da tradición italiana e o carácter escenográfico
FRANCIA Barroco absolutista, máis pacego que relixioso. Os palacios son os escenarios do poder do absolutismo de Luís XIII e Luís XIV (París pasa a ser o centro político, social e artístico de Europa) Modelo: desenvolvemento horizontal, un corpo central e dúas alas laterais que enmarcan un xardín (a natureza ordenada). Exteriores de pureza clásica cheos de equilibrio e sobriedade. Pola contra os interiores son suntuosos ó máximo. Tellados con bufardas Colbert dende a Academia controla e unifica a producción artística, impoñendo o clasicismo Mansart. Igrexa dos Inválidos de París Cruz grega inscrita nun cadrado e capelas radiais nos ángulos
VERSALLES. Le Vau, Le Brun, Mansart, Le Nôtre Sobre un atigo palacete de caza de Luís XIII. Reflexo do poder e especialmente de Luís XIV. Dobre función: residencia real e sede do goberno Suntuosidade interior, equilibrio e harmonía exterior (severidade clásica) Planta en U, case cadrado, sendo o saledizo ao centro do edifico (onde está a habitación real) e dúas alas engadidas por Mansart, quen tamén pecha a terraza central para facer a galería dos espellos Un todo no que se unen o espacio urbanístico, o palacio e a natureza
Tres corpos: basamento de aparello marcado horizontalmente; planta nobre cos salóns principais, é o corpo de maior altura, decorada con piastras que enmarcan as fiestrs e columnas en corpos saíntes;parte superior para os apousentos íntimos. Remata cunha balaustrada ornamental. Racionalidade absoluta exterior que contrasta coa suntuosidade interior. A única veleidade barroca son os corpos saíntes
Xardíns combinando a natureza libre coa organización racional. Son mais para ver que para pasear. Organizados ao longo dun eixo central con vías subordinadas. Engádense esculturas de retratos e mitolóxicas, obra de Girardon e Coisevaux
Naturalismo para conmover (pathos) Captar o instante da acción, o momento de maior intensidade dramática Sentido escenográfico: torsións, diagonais, escorzos, contrastes de luz, teatralidade, roupaxes ó vento Tensión emocional e xestualidade expresiva Mestura de todo tipo de materiais con calidade táctil Unida á arquitectura e á pintura, perde o seu carácter independente En canto á temática: Temas relixiosos para a Igrexa, con función propagandística Temas alegóricos para fontes e espacios públicos Temas mitolóxicos para os palacios ESCULTURA
Afonda na quebra da linguaxe clásica a través da ruptura da forma e da expresión Virtuosismo técnico Profundo naturalismo na procura de veracidade Composicións abertas, luz dirixida Diversidade de traballos: tumbas, fontes, retratos, mitolóxicos,... BERNINI
DAVID Tamaño case natural. Acción, loita e esforzo, dinamismo e emoción rompen a serenidade clasicista Figura serpentinata. Expansión que multiplica os puntos de vista
APOLO E DAFNE Lectura moral: premio á virtude
RAPTO DE PROSERPINA
CAPELA CORNARO. EXTASE DE SANTA TERESA Capela funeraria do cardeal Cornaro. Escenografía teatral para persuadir e converter ós fieis por medio de representacións que arrebaten os sentidos Semella unha arquitectura efémera. Os recursos e os elementos decorativos contribúen a transformar un espacio renacentista nun barroco, combinando arquitectura, escultura e pintura Grupo principal en hornacina curva (baixo bóveda que semella o ceo) e membros da familia Cornaro, axeonllados nos laterais, que asisten ó milagre
Momento xusto no que o anxo levanta o dardo para volver a cravar e insuflar o amor de Deus Contrates: de peso, de texturas, dinamismo vivo e dinamismo de sentimentos, pracer-dor, erotismo-espitirualidade, vertical - diagonal Pregas para destacar determinadas partes, ocultando e encorsetando a anatomía Anxo clasicista, como un Cupido Santa: corpo relaxado dentro do arrebatado manto, cun expresionismo helenístico, o pathos, que recorda o Laoconte Luz desde a bóveda, luz dirixida materializada nos raios e que expresa a divindade
Veíale en las manos un dardo de oro largo y al fin del hierro me parecía tener un poco de fuego. Este me parecía meter con el corazón algunas veces y que me llegaba a las entrañas: al sacarle, me parecía las llevaba consigo, y me dejaba abrasada en amor grande de Dios. Era tan grande el dolor que me hacía dar aquellos quejidos, y tan excesiva la suavidad que me pone este grandísimo dolor, que no hay que desear que se quite (…) No es dolor corporal, sino espiritual, aunque no deja de participar el cuerpo algo, aún harto. Es un requiebro tan suave, que pasa entre el alma y Dios, que suplico yo a su bondad lo dé a gustar a quien pensare que miento”. (Vida, cap. XXIX).
FONTE DOS CATRO RÍOS. PRAZA NAVONA (antigo circo de Domiciano)
TUMBA DE URBANO VIII (gran erudito e afamado coleccionista) Concibido como un monumento de autoglorificación. Coroado pola triple tiara (rei, bispo e Papa) Alegoría da Caridade e a Xustiza. A Morte retirando o nome que quedará só na memoria eterna (a fama) Composición piramidal. Disposición de Miguel Anxo nas tumbas dos Medici (prototipo que pervive) Abellas dos Barberini no alato do pedestal O único elemento funerario é o sarcófago Combinación de materiais TUMBA DE ALEXANDRE VII
Naturalismo. A imaxe, resulta de ideas non de feitos, ha ser verosímil máis que verdadeira pois ha de convencer e ensinar. Fidelidade máxima, incluso a vellez ou a fealdade Gusto polo efectista e aparatoso. Importancia do xesto Predominio da cor (a mancha define a forma) sobre o debuxo, que provoca a perda dos detalles e o esvaecemento dos contornos. Intenso e dramático Profundidade continua, acentuando as tres dimensións. Abandona o rigor da perspectiva lineal para crear a profundidade por medio de liñas converxentes, escorzos, primeiros planos desmesurados, escuridade diante, xogos de luces e perspectiva aérea Hexemonía da luz, incrementando os claroscuros. Desaparece o esfumato pasando a planos de luz e sombras con formas ben definidas Composicións asimétricas pero claras; preferencia polas diagonais e os desequilibrios Incide no movemento, sensación de turbulencia, inestabilidade. Uso de escorzos Xeneraliza o uso do óleo sobre lenzo no lugar de sobre táboa. Variedade temática: bodegóns, naturezas mortas, autorretratos, retratos colectivos, paisaxe, vida cotiá Nova iconografía relixiosa como a Inmaculada ou o Anxo da Garda. Multiplica martirios e vida de santos, sacramentos, autoridade papal PINTURA
Xunto coa tendencia naturalista coexisten outras dúas Clasicista:síntese entre o equilibrio renacentista e a tensión barroca. Eclecticismo e antimanierismo. Os Carracci Decorativista: bóvedas de enganosas perspectivas de falsas arquitecturas (trampantollos). Cortona, Tiépolo
Introduce unha profunda renovación na pintura italiana do XVII Naturalismo (visión subxectiva) ata a falta de decoro Tratamento expresivo e selectivo da luz: tenebrismo Composicións diagonais, a miúdo en contrapicado. Figuras en primeiro plano, poderosas e arbitrariamente recortadas (antecedente da fotografía) Fondos escuros nos que resaltan as figuras, sen contexto ambiental. Importancia do xesto Austeridade, rexeita elementos superfluos Tivo gran influencia en España (Ribera) CARAVAGGIO
BACO Caravaggismo claro: luz homoxénea Bodegón en primeiro plano Fondo neutro Non heroico, vulgar e ambiguo Calidades dos materiais Debuxo rotundo e neto, pincelada lustrosa sen que se note
CENA DE EMAUS San Lucas dixera que apareceuse doutra forma, por iso mais xoven e sen barba.Recoñéceno ao bendicir, o criado non. Sorpresa Fronte á tensión do momento, serenidade da visión estática Os escorzos crean profundidade. O xesto da man esquerda de Xesús como Miguel Anxo no Xuízo Final
ENTERRO DE CRISTO Cristo de influencia miguelanxelesca Elixe un breve momento do feito: a deposición Expresividade xestual e luz tenebrista Composición en diagonal, escorzos A figura cos barazos en alto parece chamar ó espectador
DORMICIÓN DA VIRXE Sen indicios de ascensión, só o drama humano da morte Severa, triste, solemne. Luz, diagonal e desde o alto, dirixida ó centro de interese deixando partes en penumbra Punto de vista baixo
CRUCIFIXIÓN DE SAN PEDRO, CONVERSIÓN DE SAN PABLO
A VOCACIÓN DE S. MATEO O tema era habitualmente representado con San Mateo dentro e Xesús fora convocándoo a través da fiestra. Agora todo no interior, silencio e tensión dramática
Claro sentido narrativo: Mateo reconta os cartos con catro axudantes. Xesús, cunha sinxela aureola, entra con San Pedro e fai o chamamento (man de Miguel Anxo) ao tempo que xa cira os pes para saír. Mateo. Sorprendido e case cegado pola luz, xesticula preguntando. Os demais non se enteran ou reaccionan con sorpresa e confusión. Vestimentas contemporáneas. Modelos tomados das xentes das tabernas Non hai movemento, é a luz tenebrista a que xera a tensión. En realidade hai tres focos de luz: a que entra pola fiestra, a da porta entreaberta que ilumina os rostros e a de detrás de Xesús e San Pedro, ¿luz milagrosa? Espacio: arriba baleiro e abaixo compacto conectando os dous grupos pola mán de Xesús Compositivamente coidado repertorio de horizontais e verticais (fiestra, liña de cabezas dos sentados) e os seus contrastes por diagonais secundarias (espada e pernas dos cabaleiros) Idea: a indecisión humana diante dun desafío, o momento antes da reacción. Simboliza o chamamento á humanidade
FRANCIA Pintura clasicista Claudio de Lorena- Embarco en Ostia Poussin- Et in Arcadia ego Pintura naturalista Le Nain- Familia de campesiños La Tour- San Xosé carpinteiro
Pintura rococó (mediados do XVIII) A vida alegre e frívola das clases adiñeiradas Watteau- O embarque cara a Citerea Fragonard- O bambán Rocalla: decoración na que predominan curvas- en C e S-, formas de cuncha e elementos orientais.
HOLANDA E FLANDES Os Países Baixos quedan divididos tras o triunfo da Reforma protestante en dous territorios con características distintas: Flandes permanece unida a España Holanda. Trunfa o protestantismo e independizase de España
Barroco cortesán e católico en Flandres Identificada cos ideais da Contrarreforma: temática relixiosa. A aristocracia impulsa o desenvolvemento de asuntos profanos ou mitolóxicos, plasmados con exuberancia e sensualidade en grandes lenzos para as estancias pacegas. Son tamén característicos os temas costumistas: festas aldeáns,bodegóns e naturezas mortas con abundancia de alimentos e froitos RUBENS Da súa viaxe por Italia asume: o tenebrismo de Caravaggio, o estudio anatómico de Miguel Anxo e o cálido colorido veneciano Vitalidade e dinamismo de curvas e diagonais, as liñas estáticas parecen non existir para Rubens As formas femininas: carnes moles e voluptuosas que lles restan sensualidade Sen profundidade psicolóxica, mostra o físico non o interior Pincelada solta e rápida Tódolos temas Estancias en España, Francia e Inglaterra. Labor diplomática
Tríptico da Catedral de Amberes
O DESCENDEMENTO Expresividade da luz que subliña a diagonal que atrae todas as miradas Vermello fronte á palidez de Cristo, sobre a branca tela de liño, que semella desplomarse Movemento, incluso músculos de Cristo en tensión. Escorzos. Volume corporal con carácter escultórico que recorda o Laoconte e a Miguel Anxo Dor contida e tenrura. Busca impacto pero gardando o decoro Punto de vista moi baixo e espacio pouco definido
AS TRES GRACIAS Virxes ao servicio de Afrodita, simbolizan a Beleza, a Gracia e a Fertilidade, espertaban a alegría de vivir Paisaxe idílico e grilanda enmarcan as figuras Composición circular, conexión das tres Formas grandiosas, cor perlada
O xuízo de Paris
RAPTO DAS FLLAS DE LEUCIPO Castor e Polux (fillos de Leda) raptan as fillas do rei de Mesina, Leucipo O cabola reforza a violencia Dobre diagonal, movemento ascendente, liña de horizonte moi baixa Contraste de tonalidades
DUQUE DE LERMA O home máis poderoso da España de Filipe III. Idealizado: máis novo e con coidada barba Retrato de poder: retórico, maxestosos, teatral. A súa presencia impón, parecer virse cara ó espectador Monta briosos cabalo, na man o bastón de xeneral, armadura, colar da Orde de Santiago De fronte, diferencia coa tradicional disposición do retrato ecuestre, en perfil como Carlos V de Tiziano. Modelo que seguirán Van Eyck e Velázquez Fondo con escena de batalla Liña horizontal moi baixa, perspectiva en contrapicado (sotto-in-sú) Psicoloxicamente exhibe altanería e orgullo O ceo en aureola, con luz de tempestade Domina a liña, que logo irá abandonando. Detallismo: armadura, engarces do cabalo Dinamismo nas crins e nas arbores Con esta obra dáse a coñecer en España, onde a súa obra gozará de gran estima
Barroco burgués en Holanda República protestante coa burguesía como cliente Os temas relixiosos en pequeno tamaño, trata asuntos bíblicos para o interior das vivendas A mitoloxía desaparece Importante: a paisaxe, os interiores, os bodegóns e os retratos (individuais e de grupo –doelen ou retrato corporativo-). Habitualmente pequeno tamaño Estética austera e intimista O artista carece de recoñecemento social Frans Hals.As rexentes do asilo de anciáns de Haarlem
Luz dourada, non natural. Define o espacio e crea atmosfera. Dirixida ó centro de interese, xoga coas sombras que semellan ter sustancia (as figuras emerxen delas). Toma trazos do caravaggismo pero sen tanto contraste Preocupado por captar o interior do ser humano, o invisible Pincelada espesa, moi empastada, aplicada en grandes manchas para suxerir as formas Gama sombría con ouros, pardos, ocres e negros, derivado do seu ascetismo protestante REMBRANDT
LECCIÓN DE ANATOMÍA Feito habitual (disección) para amosar a sabedoría de Deus ó crear o home individualización e realismo
A ROLDA DE NOITE
AUTORRETRATOS
VERMEER Visión amable dunha sociedade satisfeita de si mesma Realismo con coidado detalle dos obxectos Luz que crea atmosfera clara e diáfana Esquema xeométrico de perspectiva Cores característicos: amarelo limón, gris claro e azul apagado Serenidade, quietude, separación do mundo exterior
by asunbacharte | Added: 2 years ago
Language: Galician (Detected) | Topic: Education
| 42 Views | 2 Embeds |
| URL: |
No comments posted yet
Comments