|
|
Cronoloxicamente coincide cos Austria menores (Filipe III, Filipe IV e Carlos II) ata os primeiros Borbón (Filipe V). Reis débiles que empregan a arte para propaganda e se serven dos validos Segue os principios contrarreformistas de Trento Expande o estilo a América BARROCO-ESPAÑA
Arquitectura de aparencias: Materiais pobres. Pedra reservada para portadas. Unha excepción: Galicia Bóveda encamonada Obras de pouca envergadura e sobrias, interese centrado nas fachadas. Avanza na ornamentación Urbanismo: as Prazas Maiores en Castela (espacio multifuncional) ETAPAS: Primeira metade do s. XVII. Pervive o estilo herreriano: sobriedade Segunda metade do XVII.Estilo ornamental (estípites) S. XVIII. Derivación rococó, chegado cos Borbóns (Palacios Reais) ARQUITECTURA
PRAZA MAIOR DE SALAMANCA- ALBERTO CHURRIGUERA, GARCÍA DE QUIÑONES Case cadrada; porticada; catro niveis: soportais e balconadas Remate en balaustrada e pináculos
GÓMEZ DE MORA. PRAZA MAIOR DE MADRID
Nos séculos XVII e XVIII, Galicia converterse nun importante centro artístico Remodelación urbana e construccións barrocas en Santiago O granito Dunha decoración miúda ó Barroco de placas Mecenado do clero Diferenciar tres etapas
1ª metade XVII, arquitectura clasicista, sobria e severa, influencia escurialense San Martiño Pinario. FREI GABRIEL DE LAS CASAS e CASAS NOVOA Orde xigante sobre enormes podios, aletóns unindo, hornacina na rúa central, gran balcón = espírito cívico Centro, peineta e escaleiras son de CASAS NOVOA (característica a flor na metopa) Claustro das Procesións. FERNÁNDEZ LECHUGA Influencia de Vignola e Palladio, protagonismo á propia arquitectura especialmente os soportes. Desornamentación
2ª metade do XVII, comeza a difundirse a exuberancia e o ornato PEÑA DE TORO na CATEDRAL DE SANTIAGO Peche da cabeceira Porta Santa Porta Real Ciborio Torre das campás
Peche da cabeceira Toda unha fachada en granito, rematada por unha balaustrada con pequenos obeliscos. Remodelada logo por Andrade
Porta Santa Porta Real
Porta Real: como unha pantalla, unha fachada telón. A nodo dun arco de triunfo con dous corpos separados por unha cornixa, o corpo inferior dividido en rúas por medio de columnas xigantes adosadas e con almofado. Corpo superior cun templete de frontón partido. Escudos, trofeos militares, sartas de froitas, formas xeométricas (bolas, Herrera) completan a decoración
Porta Santa: decorase con esculturas románicas procedentes do taller do Mestre Mateo. Corpo superior como retablo con hornacina para o Apóstolo
ANDRADE. TORRE DO RELOXIO OU BERENGUELA Sobre unha pequena torre medieval preexistente, Berenguela Tres corpos superpostos que se alixeiran e estreitan a medida que ascende, separados por pequenos templetes cupulados angulares e balaustradas (como Peña de Toro) Remate en cúpula bulbosa e lanterna, é o elemento mais ornamentado Decoración por medio de sartas de froitas (recompensa aos vencedores), eses, volutas e trofeos militares (a Igrexa triunfante) Recorda unha arquitectura efémera, un xogo de artificio Tivo secuelas noutros campanarios galegos e de fora de Galicia
1ª metade do XVIII, barroco de placas CASAS NOVOA. Realiza o mosteiro de Lourenzá e a capela da Virxe dos Ollos Grandes na catedral de Lugo
FACHADA DO OBRADOIRO Necesidade de protexer o Pórtico da Gloria, crear unha fachada digna con sentido escenográfico e equilibrar con outra torre xemelga da xa existente. Ademais precisábase dotar de luz o interior Fachada pantalla, sen relación racional co interior configurada como un xigantesco arco de triunfo enmarcado polas torres de baseamento medieval (Carraca, obra súa á esquerda, e das Campás, obra de Peña e Toro). Choca coa severidade da praza Diferencia clara de dous corpos e tres rúas con sentido piramidal, ascensional, subliñado polos pináculos, cara ó templete que acolle o Apóstolo. Unha verticalidade case gótica Reminiscencia románica na porta de entrada con arco de medio punto e parteluz Desmaterializa o muro por medio dos grandes ventanais, necesarios para a iluminación e que serven para alixeirar o muro Decoración abondosa que o aproxima a Churriguera pero que nunca desborda o marco arquitectónico: volutas, heráldica, froitos. Dinamismo. Entrantes e saíntes xeradores de sombras, frontóns rotos, orelleiras. Todo en talla de placas Espello e peineta calada Teatralidade, verticalidade, ornamentación abondosa, pero estructural de xeito que non resulta excesiva Composición triangular enmarcada polas torres
O Apóstolo e os seus discípulos, todos vestidos de peregrinos, no medio a representación da urna e da estrela que levou a seu descubrimento
SIMÓN RODRÍGUEZ. CONVENTO DE STA CLARA Máxima xeometrización, totalmente anticlásico: retrae a fachada, sen relación co interior, e saca a escaleira en busca do paseante Organizada entre pilastras caixeadas (evocación do almofado) pero nun lado está o lenzo non a pilastra de modo que rompe a simetría. Tres rúas, mais decorada a central, especialmente na parte alta Porta caixeada con enorme molduraxe e orelleiras, nos lados dúas molduras elípticas de gran volume; moldura separando segundo corpo, balcón (hoxe pechado) e camarín coa Santa; ambos elementos encadrados entre volutas conectadas, moi grandes, en C, sobre elas un conxunto de placas rectangulares e circulares dispostas en distintos planos (volutas e placas substitúen ás pilastras). Ambas partes conéctanse por unha especie de asas que semellan un frontón semicircular partido Terceiro corpo cun frontón quebrado curvo sobre dúas enormes pilastras, acolle o escudo , en contraste con pequenas sartas de froitas. Remata con cilindros apoiados sobre rectángulos. Ö ser 3 pode ser alusión á Trindade. Sensación de inestabilidade Elementos ornamentais: formas xeométricas como espirais, liñas quebradas, cilindros, frontóns partidos. Posiblem inspirada nalgún grabado manierista, de feito Serlio presentaba os 3 cilindros e as elipses, pero como molduras non con tanto volume
Escasea a escultura exenta civil (estatuas ecuestres en bronce: Filipe III e Filipe IV), maioría relixiosa e en madeira que permite maior dramatismo Fundamentalmente relixiosa e contrarreformista (carácter pedagóxico): retablos e tallas A súa finalidade é “persuadir os homes á piedade e levalos a Deus”, por iso ha de empregar a linguaxe do verosímil para emocionar e conmover ós fieis Tres focos: Castela: Gregorio Fernández Andalucía: Martínez Montañés, Alonso Cano Murcia: Salzillo (gracia, elegancia, colorista; introduce os beléns; para os pasos moitas figuras en complexas composicións) ESCULTURA
Talla de madeira -Ferramentas:gubias, para rebaixa-la madeira e ir dando a forma, e escofinas ou limas para pulir e alisa-la superficie - En ocasións, se a peza é de gran tamaño, precísase ensamblar varios bloques pegándoos Os postizos. Son elementos realizados en materiais distintos para incrementa-la sensación de realismo. Os máis utilizados son: ollos e bágoas de cristal, uñas de asta de touro, dentes de marfil, cabelo e pestanas naturais, corcho e coiro para as feridas, telas, puntillas, coroas,…
ESCOLA CASTELÁ Esaxerado realismo, máxima expresividade case caricaturizada, dinamismo GREGORIO FERNÁNDEZ. CRISTO XACENTE É dos primeiros en abandonar os dourados e romper co clasicismo Signos claros do sufrimento: as feridas, os ollos e a boca entreaberta, pelo mollado polo suor. Expresión agónica Canon estilizado de anatomía realista e perfecta no seu tratamento. Tratamento dos cabelos: como húmidos, en mechóns; as barbas divididas en dúas puntas asimétricas A sabana traballada en pregas angulosas, ríxidos e ampulosos que xeran claroscuros
ESCOLA ANDALUZA Realismo un tanto idealizado, sen esaxeracións. Beleza, equilibrio, serenidade, formas suaves MARTÍNEZ MONTAÑÉS (Sevilla). CRISTO DA CLEMENCIA Modelado clásico sen símbolos extremos da tortura (catro cravos): complicado deseño do pano de pureza que serve para dar. Movemento fronte á quietude vertical. Alongamento do corpo case manierista Seguindo as normas de Trento é un Cristo vivo que antes de expirar dirixe unha mirada serena e doce ós fieis
ALONSO CANO (Granada). INMACULADA Idealización e dozura, mais sensible que Montañés.Tallas de pequenas dimensións. Crea este modelo de Inmaculada cos anxos ós pes; forma xeometrizada en fuso; rostro melancólico e abstraído; menos pregas, traballado en grandes masas e sen decoración
Temática Cortesán (o retrato) e relixiosa (espírito da Contrarreforma) O bodegón, paisaxe, pintura de xénero e as vanitas A mitoloxía case non existe ou encárgase a artistas foráneos Clientela: Igrexa e monarquía (non hai burguesía e a aristocracia pouco interesada na arte) Influencias: tenebrismo e naturalismo de Caravaggio + o colorismo de Rubens Evoluciona cara á luminosidade con preferencia pola cor, aplicada en pinceladas soltas Composicións e formas abertas Pouco interese polos fondos (excepto Velázquez) Expresión de sentimentos a través das expresións dos rostros Chea de contrastes: estatismo-dinamismo, luces-sombras, realidades á vez fermosas e horribles, realista pero chea de simbolismos e misticismo PINTURA
Valdés Leal. As vanitas Nun abrir e cerrar de ollos Finis gloriae mundi
RIBERA, O ESPAÑOLETO Naturalismo e tenebrismo Anciáns, mendigos, santos. Sempre con gran dignidade, sen exacerbar o cruel ou morboso Evoluciona cara a un maior cromatismo e a unha luminosidade ó modo veneciano Pincelada pastosa que da lugar a superficies ásperas (pel) Excelente debuxante e mestre nas composicións O ZAMBO
SAN ANDRÉS
MARTIRIO DE SAN FILIPE Formato cadrado pero de gran verticalidade que ven dada polo madeiro incompleto da cruz que leva a nosa vista cara ao alto Os preparativos (crucificado sen cravos). Debilidade e resignación do mártir (presentado mais novo do que debería ser) Punto de vista moi baixo. Grupos: os verdugos (concentrados na tarefa), os espectadores (curiosos e impasibles), só a muller co neno mira ó espectador. Nin inocencia nin culpabilidade. Naturalismo dos corpos, a anatomía do santo reflicte na caixa torácica o esforzo e o peso, pero rostro mais sereno. Modelos vulgares. Diagonais e verticais de composición e escorzos que provocan tensión. Triángulos Tenebrismo claro, hai unha luminosidade de influencia veneciana na ampla celaxe aínda que as sombras se conserven no primeiro plano e no lado esquerdo Liña de debuxo encerrando as formas Contrates: espido-vestidos, frontalidade-escorzos, luz-escuridade, esforzo de tirar cara abaixo-resistencia do ascenso, formas moi definidas na dereita-formas borrosas na esquerda, actitudes dos grupos laterais (na dereita, a única figura que mira ao espectador e o implica na acción) Cor aplicada en grandes áreas, gama rica de marróns, grises, verdes, vermellos, amarelos terrosos. Luz centrada no santo
ZURBARÁN Sevillano coma Velázquez Pintor dos frades: o monacato como canto á severa relixiosidade Os brancos cunha enorme gama (ata cen tonalidades), é gran colorista pero a temática das ordes impide esta faceta Importancia da luz que semella irradiar das propias figuras Formas volumétricas con gran valor do debuxo
NATUREZA MORTA Tema moi propio do Barroco polo estudio realista que permite Suma sinxeleza e veracidade. Sensación de orde, serenidade e limpeza. Sen interese pola profundidade Diferentes materiais que quedan perfectamente plasmados así como o reflexo da luz neles. Mestre as sensacións táctiles. Luz con tratamento tenebrista
SAN HUGO NO REFECTORIO DOS CARTUXOS
O milagre. O cadro de fondo, Fuxida a Exipto e San Xoán Bautista, tamén en relación co tema: o xaxún Austeridade e penitencia Só un en actitude de oración coas mans xuntas, os outros en actitude contemplativa. Espléndidos retratos Os brancos Bodegón Espacio arcaizante, unha caixa que se rompe pola porta aberta da dereita Perspectiva forzada Composición un tanto ríxida e esquemática Rompe a monotonía da mesa distanciando de distinto xeito os elementos que son sempre os mesmos Reflicte á atmosfera propia do monacato: simplicidade, sobriedade e contemplación
MURILLO Cara doce da Contrarreforma e da realidade Na súa etapa final aproximase ó rococó
Inmaculada de Soult Modelo exitoso como imaxe de devoción: a Purísima. Reproducida en estampas Muller xove, de gran beleza e rostro idealizado. Roupaxe en branco (pureza) e azul (eternidade). Estática en oposición ós querubíns. Pisa a media lúa, símbolo de Lucifer Composición triangular Luz dourada que dilúe os contornos
by asunbacharte | Modified: 3 years ago
Language: Galician (Detected) | Topic: Education
| 32 Views | 6 Embeds |
| URL: |
No comments posted yet
Comments