|
|
ETAPA SEVILLANA Temas relixiosos, bodegóns Naturalismo moi realista: xentes do pobo Tenebrismo Cores ocres Pincelada compacta, moi fina, a base de pequenos toques Composicións sinxelas con poucas figuras, habitualmente de medio corpo Figuras de contornos ben definidos, sen relación e estáticas Importancia dos obxectos e os materiais cos que están feitos Obras destinadas a minorías cultas, capaces de apreciar a novidade de unir os temas flamengos de cociñas ca técnica naturalista
VELLA FRITINDO OVOS Un bodegón con figuras, un dos mellores da pintura española. Mestura unha escena de xénero con figuras de medio corpo e todo un inventario de utensilios de cociña tratados ó mínimo detalle, case fotográfico Ninguén se atrevera con escenas tan absolutamente triviais Mentres a vella frite os ovos, entra o rapaz cun melón e unha frasca de viño Tenebrismo por medio dun potente foco de luz central e naturalismo de Caravaggio (o lixo do pano) Contornos aínda ben nítidos Composición ben equilibrada, estructurada por un óvalo e a diagonal central. Para captar mellor emprega dobre perspectiva, adiantándose no tempo, pois sitúa o punto de vista moi alto e levanta o plano da mesa e o anafe Incomunicación dos personaxes Cores cálidas e gama pobre: amarelo, vermellos e ocres en contraste cos brancos
O AUGADOR DE SEVILLA Algúns ven unha alegoría das tres idades do home: o home maduro que ofrece ó xove unha copa de auga (a sabedoría da vida) que a toma con tranquilidade mentres que a figura na penumbra apúraa coa avidez Excepcional realismo: a mancha do cántaro, a copa có figo para darlle sabor, os golpes da xarra
PRIMEIRA ETAPA MADRILEÑA (1623) Nomeado pintor de cámara de Filipe IV Amplía os seus coñecementos artísticos (coleccións reais con obras de Tiziano e Rubens, así como as novas correntes que chega á capital) Maior luminosidade e colorismo. Tonos rosados e branquecinos A pincelada faise máis solta (Rubens) Temas característicos da etapa: os retratos FILIPE IV Posición típica: man apoiada, pes en ángulo recto, punto de vista baixo. Na man dereita un papel q recorda as obrigacións burocráticas De negro = a “pragmática austeridade” dictadas polo Rei que prohibía traxes ostentosos e xoias excesivas. Fondo neutro Elegancia, estatismo Trata de captar o carácter
TRIUNFO DE BACO OU OS BORRACHOS Contrastes: personaxes divinos e humanos, espidos e vestidos, xuventude e vellez, o fermoso e o vulgar, mitolóxico e profano. Unha das escasas escenas mitolóxicas da pintura española pero semella costumista e profana polos personaxes da dereita. En realidade está a humanizar os deuses(recordar Caravaggio) que adeais acompaña de tipos vulgares Conserva a importancia do bodegón: obxectos do primeiro plano Baco coma un deus sobre o seu trono, un barril, e coroado por follas de vide. Ofrece aos homes o viño que libera, temporalmente, dos problemas cotiáns, con sátira: coroa. Tratado de xeito realista e popular Maior claridade e importancia da luz, pero un tanto artificial, seguramente baixo a influencia de Rubens. Pincelada mais solta no fondo. Incrementa a gama de cores coa introducción dos rosas e as carnacións brillantes O nu permítelle amosar a seu dominio no tratamento das anatomías, seguramente de influencia italiana Composición: dúas metades, á esquerda centrada no deus moi iluminado (Caravaggio)e á dereita os borrachíns (Ribera). Conxunción de diagonais. Abre o espacio ó horizonte
PRIMEIRA VIAXE A ITALIA (1629) Para comprar obra para as coleccións reais. Está en Venecia, Roma e Nápoles Completa a súa formación sobre cor, luz, perspectiva aérea e o nu Pincelada máis fluída, solta e pastosa Abandona totalmente o tenebrismo Pinta A fragua de Vulcano
A FRAGUA DE VULCANO Capta un momento concreto, case un instante. Conserva o detallismo dos obxectos De Italia: as anatomías, efecto espacial por medio de planos, a luz Crea espacio pola oposición das figuras Perda da liña de debuxo (paisaxe). Difumina as formas (brazo de Vulcano) Non hai movemento físico, si emocional: indignación de Vulcano, sorpresa e expectación Contrastes entre a idealización de Apolo e a rudeza dos ferreiros
SEGUNDA ETAPA MADRILEÑA (1631-49) Traballos para a Corte: retratos ecuestres para glorificación da monarquía, históricos, os bufóns, os ananos,... Sebastián de Mora Profundo escorzo Inmóbil, mirada penetrante, actitude firme Un dos estudios máis penetrantes de carácter feitos por Velázquez O neno de Vallecas Ó servicio do príncipe Baltasar Carlos A serra de Madrid ó fondo en grises abre a composición A pincelada solta dálle un aire abocetado que o enche de frescura e instantaneidade (o tempo detido) Foco de luz sobre o rostro que se recorta sobre o fondo escuro
A RENDICIÓN DE BREDA OU AS LANZAS Para o Salón dos Reinos no Palacio do Bon Retiro. Colocaríanse as victorias militares e os retratos ecuestres. Idea do conde-duque de Olivares Historia: no reinado de Filipe IV volvera a incendiarse a guerra nas provincias do norte (Holanda), despois dunha tregua de 12 anos firmada no reinado anterior. Antes daquela tregua, a cidade de Breda caera en mans holandesas e, reemprendida a contenda, agora reconquistase. Orde do rei: Marqués, tome Breda. Eu, o Rei. Despois de sitiada moito tempo foi tomada en 1625. Para o Salón dos Reinos no Palacio del Buen Retiro. Idea do Conde-duque de Olivares, para decorar coas victorias militares (a maior gloria da monarquía) A victoria dos Tercios sobre os holandeses en Breda (10 anos antes). Sen os convencionalismos bélicos de sangue, dor, destrucción,... O xeneral Spínola recibe as chaves da cidade de mans de Xustino de Nassau. A fidalguía española impide a humillación do vencido Composición: dúas metades arriba-abaixo, dereita-esquerda para os dous grupos, os españois coas súas picas á dereita, encerrados polos cabalos en posición inversa e un espacio intermedio coa cidade no que destacan as chaves sobre un fondo luminoso. Ó fondo os soldados desfilan, algo azulados polo efecto da distancia Galería de retratos non recoñecible, ¿Velázquez? Profundidade: grupos laterais, picas, e a paisaxe de fondo (inspirase en gravados) con perspectiva aérea e a liña de horizonte moi alta Non queda rastro do tenebrismo, luminosidade xeral que inunda a escena Paleta rica: prateados, grises e azuis do fondo con marróns, verdes, amarelos e rosados de primeiro plano. A pincelada solta domina sobre o debuxo Semella un instante detido no tempo
PRÍNCIPE BALTASAR CARLOS Diagonal de dentro a fora O Guadarrama de fondo cunha luz fría, invernal SALÓN DOS REINOS Filipe IV, con cabalo en corveta, e a raiña Isabel de Borbón, ó paso
RETRATO ECUESTRE DEL CONDE DUQUE DE OLIVARES O poderoso valido de Filipe IV, vestido con coiraza ornamentada en ouro, sombreiro de ala ancha, banda de estado en carmesí e bastón de mariscal na man dereita Para o Salón dos Reinos, a maior tamaño que os outros ecuestres. Ecuestre a pesar de non ser rei, cabalo tamén en corveta pero á inversa, mentre xira a cabeza cara ao espectador, o que conforma unha composición en diagonal de gran profundidade Tamén por non ser rei faise alusión directa ó tema polo que se glorifica, ó fondo unha batalla. Pagou dúas compañías de soldados para evitar a invasión francesa en Fuenterrabía (se ben el non estivo presente) Retrato que reflicte a personalidade, unha seguridade, un poder e unha amnición maior que a do propio rei. Vaidade, en todo caso non deixa indefirente, causa odio-rexeite-aprecio Cor: domina unha gama fría cos marróns e dourados da figura e os verdes, grises e azuis prateados da paisaxe. Aplicada en grandes manchas de xeito que deixa de subordinarse ao debuxo, especialmente solta nos efectos atmosféricos Como é habitual non firma pero deixa un papel (esquerda sobre unha pedra)
SEGUNDA VIAXE A ITALIA (1649-51) XARDÍNS DE VILA MEDICI. ROMA
VENUS DO ESPELLO. Primeiro nu integral da pintura española. Sensualidade por medio de lliñas curvas. O aire que circula entre as figuras. Canon máis estilizado que Rubens ou Tiziano. A cinta vermella de Cupido = o amor e vencido pola beleza. A profundidade ven dada pola superposición de elementos
INOCENCIO X As telas Demasiado real, dixo o Pontífice
TERCEIRA ETAPA MADRILEÑA (165-60). Madurez plena
AS FIANDEIRAS Dun cadro de xénero a un tema mitolóxico, o tema principal da fábula de Aracné queda en segundo plano mentres no primeiro ocultao nun tema costumista Aracné á dereita e Atenea a esquerda (a perna e as falsas canas) A perspectiva aérea Xogo de luces, fondo brillante. Cor luminoso en gama variada cos vermellos salpicados Equilibrio compositivo con grupos a ada lado e apertura central cara ao fondo
Nieto Velázquez Aposentador da Raiña Marcela de Ulloa (Garda Maior) e o Gardadamas Maribárbola e Nicolasito Portosanto Isabel de Velasco Agustina Sarmiento Filipe IV e Mariana de Austria Infanta Margarita (5 anos) Futura emperatriz Copia de Jordaens (Apolo e Marsias) e copia de Rubens (Minerva e Aracné) Temas de desafío aos deuses, ¿á monarquía?
Estancia que tiña asignada como taller na planta baixa do antigo Alcázar Ambigüidade por posibilidades: pinta a Infanta, pinta os Reis, o que se reflicte no espello é un cadro O verdadeiro protagonista está fora do cadro, o espectador a quen se dirixen todas as miradas. Así amplía o espacio Infanta mª Teresa, co que estarían todos
O espacio. Perspectiva lineal con punto de fuga no fondo, as figuras diminúen de tamaño. Pero tamén perspectiva aérea: difuminado das formas Prolóngase cara ao exterior pois todos miran para fora Metade superior e inferior Composición Triángulos
Luz: alternancia de fiestras abertas e pechadas, apertura no fondo co maiordomo a contraluz.
Cor vibrantes, dominio dos prateados salpicados de vermellos Miradas
Pincelada solta, de cerca non hai nada definido
by asunbacharte | Modified: 3 years ago
Language: Galician (Detected) | Topic: Education
| 23 Views | 6 Embeds |
| URL: |
No comments posted yet
Comments