paraqueserveogalego

+2

No comments posted yet

Comments

Slide 1

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa… Aos apelidos: Vázquez, Nogueira… e alcumes: O Rachaoferro, O Bichoguizo…

Slide 2

Puxémoslle nomes ás nosas árbores: abeneiro, freixo, carballo, salgueiro, cerdeira… E apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela... Botamos aturuxos, arroutadas... e damos o colo, apertas...

Slide 3

Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, fatón, laranxa, amorodo... Aos arbustos: silva, xesta, salgueiro, carqueixa, toxo...

Slide 4

Ás comidas: grelos, cacheira, touciño, freba... aos insectos: vagalume, escornabois, vacaloura, cascuda...

Slide 5

Aos peixes: xouba, ollomol, pescada, robaliza... e aos mariscos: vieira, zamburiña, ameixa...

Slide 6

Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, As Combouzas, As Catedrais...

Slide 7

Ás serras: O Larouco, A Capelada, O Eixo... Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...

Slide 8

Ás rochas: Pena Corneira, A Pedra de Abalar, A Marola...

Slide 9

Aos ríos: Toxa, Xallas, Anllóns...

Slide 10

Ás vilas: Soutelo, A Peroxa, A Picota, Montederramo, O Carballiño...

Slide 11

Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño... Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo, A Estantía...

Slide 12

Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo...

Slide 13

Aos monstros: O Sacauntos, O Fendetestas... Ás vacas: A Marela, A Xeitosa, Rubia...

Slide 14

Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, Cigarrón... Aos vestidos: saia, polaina...

Slide 15

Aos sentimentos: morriña, agarimo, ledicia... Aos santos: A Franqueira, O Corpiño...

Slide 16

Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto... Á musica: os alalás, a chouteira, a muiñeira...

Slide 17

Aos xogos: a billarda, a porca... Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, os nocellos...

Slide 18

Aos paxaros: paporrubio, rula, pomba, carrizo...

Slide 19

Dispoñemos de sistemas operativos informáticos na nosa lingua…

Slide 20

…de telefonía móbil…

Slide 21

…xogos “na rede” na nosa lingua…

Slide 22

…xornais dixitais en galego…

Slide 23

…buscadores…

Slide 24

..e o galego ábrenos as portas a máis de 220 millóns de persoas en todo o mundo, a través da lusofonía

Slide 25

....e agora veñen con que para que serve o galego!

Slide 26

Pois é obvio...

Slide 27

para entendérmonos.

Tags: galego educación identidade

URL:
More by this User
Most Viewed