III Certame Carmela Loureiro

0

No comments posted yet

Comments

Slide 1

CARMELA LOUREIRO III Certame Literario

Slide 2

A súa traxectoria persoal e profesional é un exemplo do labor anónimo e xeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade. O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística (CENL) de Ferrolterra convocaron conxuntamente O III CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO. CARMELA LOUREIRO MONTERO foi profesora no IES “Fernando Esquío” de Neda e Presidenta da CENL moitos anos até a súa morte en maio do 2014. Dedicou o seu tempo e o seu saber á lingua e aos máis novos.

Slide 3

O xurado estivo composto por Xil López (CENL), Álvaro Mon-tes, Concelleiro de Normaliza-ción, Clara Vizoso García e Roi Saiz Mallo, alumnos propostos pola CENL, e a escritora María Casanova. Quixeron destacar a sorprendente e imaxinativa CALIDADE dos orixinais presentados neste ano. O Xurado reunido no Concello de Ferrol Álvaro Montes María Casanova Xil López Roi Saiz

Slide 4

De 19 centros achegáronse 83 traballos das distintas categorías. Nesta III Edición podía participar alum-nado de Prima-ria, Bacharelato e Ciclos de todos os centros do concello e dos da comarca que forman parte da CENL. Houbo tres categorías: microrrelato (menos de 150 palabras) micropoesía (seis versos) microteatro (menos de 600 palabras, novidade da pasada edición).

Slide 5

O noso Centro destacou entre todos os da comarca, obtendo tres premios: MICRORRELATOS  Categoría A, 3º ciclo de Primaria 1º premio: Viva a igualdade, Alejandra Fernández Armada CPR Ludy Accésits: O debuxo, Ariadna Gómez Méndez CPR Belén e A bolboreta sen ás, Sofía Sanjurjo López, CEIP Pazos. Categoría B, 1º ciclo da ESO 1º premio: Como te esquecín, meu medo, Lucía Pérez Serantes, IES Fernando Esquío Accésits: Entre catro paredes, Paula Soto Rodríguez, IES Saturnino Montojo Categoría C, 2º ciclo da ESO 1º premio: Contemplación libre, Sara Romaní Yáñez, IES Canido, 3º ESO Accésit A Marcha, de Cristina Vidal Beceiro, IES Canido Categoría D, bacharelato, ciclos formativos 1º premio: Utopías, Nerea Calvo Beceiro, IES Leixa 2º BAC Accésit A inxenuidade dos máis teimudo, Lidia González Teijido, IES Concepción Arenal   MICROPOESÍA Categoría A, 3º ciclo de E. primaria. 1º premio: A realidade, Blanca Fraga Rodríguez, Cª de María Accésit: Escribo, Angélica Piñeiro Díaz, CPR LUDY Categoría B, 1º ciclo da ESO: 1º premio: Vexo un mundo debuxado, Nerea Arroyo Salgado, IES Fene Accésit: Amizade eternal, Iker Fernández Arroyo, CPR Sagrado Corazón, Categoría C, 2º ciclo da ESO 1º premio: Marea escura da vida, María Pillado Rico, CPR Sagrado Corazón Accésit: O océano dos teu ollos, Laura Suárez Quintela, IES Saturnino Montojo Categoría D, bacharelato e ciclos formativos 1º premio: Namorado o tempo, Inés Lamas Cartelle , IES Concepción Arenal Accésit: Liberdade, Irene Ebang Late, IES Carvalho Calero   MICROTEATRO Categoría D, bacharelato e ciclos formativos 1º premio: A noite sen estrelecer, Cristovo Castro García,  IES Concepción Arenal Accésits: O que esconden os sorrisos, Seda Nikoghosyan, IES Saturnino Montojo; O primeiro amor, Alexia Calvo García, IES Carvalho Calero; Nada é real, Javier Dopico Vilanueva, IES Carvalho Calero LISTAXE DOS PREMIADOS

Slide 6

O SÁBADO 13 DE MAIO TIVO LUGAR A ENTREGA DE PRE-MIOS NO CENTRO CULTURAL “TORRENTE BALLESTER”.

Slide 8

Como premio, os gañadores das distintas categorías recibiron cadansúa tablet e os traballos premiados serán publicados polo Concello en papel e en formato dixital.

Slide 10

Inés Lamas Cartelle recibe o seu premio.

Slide 11

Lidia González Teijido recibe o seu premio

Slide 12

Cristovo Castro García recibe o seu premio Entregaron o premio Jorge Suárez, Alcalde de Ferrol e Pim Patinho, Presidenta do CENL Accesit microteatro

Slide 13

INÉS LAMAS CARTELLE 1º Premio micropoema

Slide 14

. LIDIA GONZÁLEZ TEIJIDO Accesit microrrelato

Slide 15

Suso Basterrechea, Lidia González, Inés Lamas, Cristovo Castro e a nosa Directora, María Estraviz.

Slide 16

Os nosos premiados; Lidia González Teijido, Inés Lamas Cartelle e Cristovo Castro García PARABÉNS AOS TRES!!!

Slide 17

Leamos os seus textos

Slide 18

Inés Lamas Cartelle (2º E) Primeiro premio de Micropoesía na cate-goría Bacharelato e ciclos formativos Quizais o amencer se fundiu co ocaso, derretido o tempo.   Quizais a eternidade sexa o máis pequeno, namorado o tempo.. NAMORADO O TEMPO

Slide 19

Lidia González Teijido Alto aí, un momentiño…! Creo que lle caeu algo. Nada ? Dígolle eu que si, que algo lle caeu, ou é que non ve esa bágoa que molla o chan, crendo ser pinga de chuvia. Non, non disimule, os ollos non enganan. Acougue, non a cuestionarei, xúrollo, non quero incomodala. Que quen son eu? Esa é unha boa pregunta, si señor. Pois mire, moitos dirían que son unha alma perdida, sen rumbo... que ando pola vida dando tombos. Pero se mo pregunta a min, eu direille a verdade. E é que non son outra cousa que un galante soñador, un aventureiro incansable e mesmo, hoxe, atreveríame a dicir que son un “aledador” de corazóns. Que como que un “alelador” de corazóns? Pois si, miña rula, ou non é certo que se acaba de sorprender cun sorriso nos beizos? Que, por certo, xa envexarían todas as gotas de chuvia do mundo. microrrelao presentado na categoría Bacharelato e ciclos formativos PERDER PARA ATOPAR

Slide 20

Alto aí, un momentiño…! Quen lle dixo a vostede que a quería acompañar? Un paxariño, di? Pois non lle digo que non, que aínda son ben latriqueiros. Deixareino pensar, pero xa lle digo agora que non, que non vou con vostede. Que por que? Pois por que vai ser? Que lle vou dicir á muller e aos nenos? Que non, que non. Mire ben, que seguro que hai outro que a quere acompañar na súa viaxe. Así que teño que ser eu, non? Pois entón vai ter que convencer-me. Que di que me promete? Vida eterna e un bo descanso? Pois dixérao antes! Apúntome! Aínda que… debería avisar primeiro na casa, non vaia ser que se asusten se non volvo á hora. Ai, xa os avisa vostede de contado? Entón amañado! Imos, logo? A INXENUIDADE DO MÁIS TEIMUDO Lidia González Teijido (1ºBac) Accesit de microrrelao na categoría Bacharelato e ciclos formativos

Slide 21

ACTO 1 A escena transcorre nun interior escuro, amplo e sombrío. Nela aparecen moitas persoas durmindo no chan. Entre elas atópase un neno duns dez anos, incapaz de durmir. O neno empeza a bufar. Nese intre un home algo maior decátase do neno e incorpórase para falar con el. Home: Durme rapaz, que necesitas as forzas. Neno: (Segue mirando ao teito) Non son capaz (incorpórase) o chan está moi frío . Home: Xa o sei mais necesitas enerxía, faime caso. Neno: Enerxía? (con curiosidade xira a cabeza cara o home) Para que? Home: (Queda pensando un momento) Acaso hoxe é o teu primeiro día aquí? Neno: Si, señor. Home: Comprendo… (cun xesto lúgubre) Durme. (Pasa un anaco e o home empeza a rezar) Neno: Que fas? Home. Outra vez? (o neno está bufando) Díxenche que durmises. Neno: E eu díxenche que non podo. Que era iso que facías? Home: Unha estrela. Neno: Unha estrela (con curiosidade) . Home: Si, unha estrela de David. Neno: E que é iso? Home: Un amuleto (case chorando) para nos protexer. Neno: De que? Home: Rapaz mira que es curioso, dos males, de que, se non? Neno: Ah, (sen comprendelo ben, pausa) a verdade é que boto en falta ver as estrelas, na miña casa de Praga víanse moi ben. (O home queda calado, sen saber ben que dicir.) 1º Premio de microrrelato . categoría Bacharelato e ciclos Cristovo Castro García (2ºC BAC) A NOITE SEN ESTRELECER

Slide 22

Neno: Estás durmido? Home. Si, cala. Neno: É que teño que preguntarche algo. Home: O que? Neno: Ti sabes onde estamos? Home: (Queda calado un momento, despois, con voz balbuciente, di) En Treblinka. Neno: E iso que é? Home: Unha especie de… (a punto de chorar) refuxio… Neno: Ah, (pausa) e sabes cando poderei ver o ceo? Home: Mañá ao espertar. Neno: Pero eu quero ver o ceo de noite que é cando hai estrelas. Home. Creme xa terás tempo de ver o ceo (case de maneira sarcástica) . (O neno ao fin queda durmido) ACTO 2 (Á mañá seguinte aparece una fila de soldados, a escena acontece no mesmo interior, a diferenza é que agora hai algo máis de luz) Soldado 1: Espertade! (berrando) Soldado 2: Os nenos á esquerda e os adultos á dereita! (en ton ameazante) (O home camiña cara á fila dereita cando de repente o neno o agarra do brazo) Neno: Ao final non me contestaches. Home: (Afundido)… Neno: Cando poderei ver o ceo? Home: Moi pronto rapaz (case chorando acaricia o cabelo do neno), moi pronto… 1º Premio de microrrelato . categoría Bacharelato e ciclos Cristovo Castro García (2ºC BAC) A NOITE SEN ESTRELECER

Slide 23

abe rábade trío, 9 contra 4 EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES “CONCEPCIÓN ARENAL”. FERROL, MAIO DE 2017 Música: Gypsy (Michael Flatley's Lord of the Dance) de Ronan Hardiman

URL: